Data?1436007977

Tras su marcha de Luar na Lubre para seguir otros
derroteros, la cantante y violonchelista Rosa Cedrón se
ha lanzado a una nueva aventura que trata de embarcar al
público en una travesía musical al pasado.
Cantigalia, que así se llama el proyecto,
bebe del espíritu medieval y sintetiza la
interpretación innovadora de la música popular que
aporta el grupo Doa.

1 Anónimo 10/07/2015 11:04

Que le recomendarias a un joven que toca pero no esta en contacto con agrupaciones o gente que simplemente toca para pasarlo bien? me gustaria tb que nos dijeras algunos artesanos donde comprar instrumentos de calidad en galicia;de viento, cuerda,percusio

2 Anónimo 10/07/2015 11:04

Que propón para a cidade da cultura?

3 Anónimo 10/07/2015 11:04

A parte da musica galega.. que outro tipo de musica lle gosta.. e se pode poñer algún exemplo de interpretes

4 Anónimo 10/07/2015 11:04

que tal te va en solitario...no echas de menos a "luar na lubre" ?un beso

5 Anónimo 10/07/2015 11:04

por que no haces un disco sólo de violonchelo., podian ser clasicos populares gallegos...

6 Anónimo 10/07/2015 11:04

Tuviste que cambiar algo tu estilo al entrar en Cantigalia?

7 Anónimo 10/07/2015 11:04

Deseaba saber si en esta nueva andadura musical,tienes previsto visitar la Isla Esmeralda ? Desde Tipperary,mi mas cordial saludo y mis mejores deseos de exito. curtispower@hotmail.com

8 Anónimo 10/07/2015 11:04

Sera que vamos a tener el placer de verte por Rio de janeiro? Diego Lema Raiño

9 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Por qué dejaste Luar na Lubre?

10 Anónimo 10/07/2015 11:04

Vimoste fai anos no Zeleste con SkyDance, fostes moito mellores ca eles. Porque ainda sae pouco polo mundo a música galega?

11 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Tiene Cantigalia pensado dar algunos conciertos en Andalucía?

12 Anónimo 10/07/2015 11:04

Aquí comienza el encuentro

Rosa Cedrón:

Ola. Son Rosa e xa estou aquí para o que queirades

13 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Para cuando un disco de estudio?

Rosa Cedrón:

Agora mesmo estou en proceso de composición. Escribindo letras, organizando todo o traballo destes últimos anos. Así que o disco aínda tardará un pouquiño. A modiño e con boa letra.

14 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Recogereis en un cd las canciones de Cantigalia?

Rosa Cedrón:

Temos moitas ganas de reflexalo nun disco, esperamos ter a oportunidade de facelo, pero estas cousas... xa se sabe.

15 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Qué crees que ha sido lo que más te ha aportado tu paso por Luar Na Lubre?

Rosa Cedrón:

Nove anos de moitas experiencias bonitas. Coñecer moito mundo e sobre todo o privilexo de poder levar as nosas verbas e a nosa música arredor de todo o mundo.

16 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Qué estilo musical adoptarías de hacerse realidad un nuevo trabajo discográfico?

Rosa Cedrón:

Nunca fun de poñer etiquetas. O estilo sería o meu. Un estilo que probablemente reflexe toda a bagaxe que levo acumulada todos estes anos: a clásica, o folk, rock... Escoito moitos tipos de música. O regalo xa o teño. Agora estou buscando o mellor papel e o mellor lazo para presentalo.

17 Anónimo 10/07/2015 11:04

Qué vas primar a parte instrumental ou a túa voz?

18 Anónimo 10/07/2015 11:04

Rosa, moitos azos! A lírica medieral GALEGA é unha xoia Patrimonio da Humanidade. Non debería acontecer o mesmo coa música medieval galega?

Rosa Cedrón:

Por suposto. Debería receber o mesmo tratamento, pero por desgraza non hai moita xente adicada a ela. Ademáis é moi difícil recuperala tal e como se interpretaba naquela época. Todo queda en meras recreación a gusto do artista contemporáneo.

19 Anónimo 10/07/2015 11:04

Que vas primar máis a parte instrumental ou a vocal?

20 Anónimo 10/07/2015 11:04

Tes planexada algunha colaboracion con outros artistas ademas de co grupo Doa?

21 Anónimo 10/07/2015 11:04

Tu legado como voz de Luar na Lubre será insuperable: ¿qué canciones guardarás siempre con especial cariño?¿Por qué?

Rosa Cedrón:

Tu gitana, por ser a primeira; Chove en Santiago, por todas as sensacións que segue a provocar en min hoxe en día; Camariñas, por ese amor polo mar, polas xentes do mar e polas terras mariñeiras; das últimas, Memoria da noite, porque ainda segue a poñerme os peliños de punta.

22 Anónimo 10/07/2015 11:04

Carteles por Coruña anuncian un dúo con Dirección Norte ¿Qué nos puedes decir?

Rosa Cedrón:

Simplemente foi unha colaboración cuns amigos. E levando a práctica o que sempre dixemos, apoiar á xente que intenta sair adiante. Foi unha cuestión de amizade e de dar exemplo: ogalla todos os que temos un certo nome axudáramos os que queren chegar a algo na música.

23 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Cómo fue la colaboración en la BSO de Ilegal y cómo se puede conseguir?¿Está publicada en cd?

Rosa Cedrón:

Non teño nin idea de como se pode conseguir a banda sonora, a película estará nalgún tipo de catálogo. A colaboración foi moi rápida e fugaz. Chamoume Balboa -o compositor- e en cuestión de tres días estaba todo feito. Non me deu tempo a disfrutar moito.

24 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿De donde eres?

Rosa Cedrón:

De Monforte de Lemos. Coruñesa de adopción. Cidadá do mundo por vocación e profesión. Durante nove anos fun nómada.

25 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Pra cando a publicación do C.D. Cantigalia?

26 Anónimo 10/07/2015 11:04

vendras a zaragoza algun dia?

Rosa Cedrón:

Por suposto que si. Agardo invitacións. Envio moitos bicos e apertas para todos os zaragozanos.

27 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Por qué deixaches Luar na Lubre?

28 Anónimo 10/07/2015 11:04

é verdade que antes de adicarte a cantar tocabas o chelo?Non me imaxino que nos perdéramos a tua voz

29 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Concierto o estudio?¿Dónde se siente más cómoda Rosa Cedrón?

Rosa Cedrón:

Indudablemente, enriba dun escenario. O levo no sangue. É unha cuestión de adicción total. As tempadas que paso fora do escenario, non hai dios que me ature. Estou cun monazo que non sei que facer coa miña vida.

30 Anónimo 10/07/2015 11:04

por que no haces un disco sólo de violonchelo., podian ser clasicos populares gallegos...

Rosa Cedrón:

Xa me gustaría ter o nivel de violonchelo que tiña cando sain do conservatorio. Pasei de estudar oito horas diarias a facelo so cando podía. Sendo consecuente e moi respetuosa coa profesión, non procede basar todo un disco ou todo un traballo como solista de violonchelo.

31 Anónimo 10/07/2015 11:04

Por qué medieval?

Rosa Cedrón:

Porque tiña ganas de seguir afondando neste tipo de música. Xa tivera contacto coa música medieval cando estaba coa música clásica e a oportunidade de abordala desde outro punto de vista, con outro tratamento, pareceume moi atractiva. Non o pensei nin cinco minutos.

32 Anónimo 10/07/2015 11:04

Cal é o teu proxecto? Doa son os mesmos que hai anos?

Rosa Cedrón:

O meu proxecto é o meu proxecto. Valga a redundancia. No que ando a traballar nestes momentos, terminando de darlle forma. O de Doa foi algo aparte. Cantigalia é mais un proxecto de Doa ao que eles me invitaron a participar. Agora mesmo os que están en Doa son Piñón, Xaquín Blanco e Bernardo.

33 Anónimo 10/07/2015 11:00

Qué vas primar a parte instrumental ou a túa voz?

Rosa Cedrón:

A voz. E co que me sinto mais identificada agora mesmo. Da parte instrumental tamén me preocupo. Eu tamén estou a compoñer a parte instrumental da miña música.

34 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Cal é o artista que máis admiras, o que mais che axuda á hora de atopar o teu estilo?

35 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Que opinas do fenomeno OT?

Rosa Cedrón:

Pareceme que desvirtua totalmente o que é esta profesión. En ningún momento estou contra os rapaces. Eles teñen as súas ilusións, os seus soños... Está claro que teñen que loitar por cumprilos, pero si estou en contra da xente sin escrúpulos que está facendo chegar ao público unha imaxe moi errada do que é realmente ser músico, do que costa facer un disco. Evidentemente, non se fai un cantante en tres meses. Paréceme unha falta de respeto para con toda a xente que está a loitar día a día por ofrecer boa música, non versións ou voces clonadas. Pero bueno, para gustos se pintan colores.

36 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿ Non pensa que podra botar moito de menos os seus antigos compañeiros do grupo Luar na lubre ?

Rosa Cedrón:

Está claro que si. Pero todos en certo momento das nosas vidas necesitamos independizarnos. Pasa cos animais e coas familias... Chega un momento que hai que sair das faldas da nai e buscarse a vida.

37 Anónimo 10/07/2015 11:04

Con sinceridad ¿crees que Luar na Lubre tendrá el mismo éxito sin tí? En mi opinión tu voz y tu imagen aportaban muchísimo al grupo.

Rosa Cedrón:

Ogalla que sexa así. Nunca crinme imprescindible. Para a única persoa que son imprescindible é para min mesma. Quedan oito músicos de recoñecida sona, que van a seguir tirando do carro perfectamente.

38 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿Rosiña , pensas que a música galega verase beneficiada polo cambio de goberno?, ánimo que estás moi guapa

39 Anónimo 10/07/2015 11:04

Rosa ere-la mellor. Bikos dende Barcelona

40 Anónimo 10/07/2015 11:04

cando vai sair á venta o seu primeiro traballo nesta nova etapa??

Rosa Cedrón:

¡Xa me gustaría a min sabelo! Agardo que o antes posible, aínda que leva tempo.

41 Anónimo 10/07/2015 11:04

¿sueñas despierta?

42 Anónimo 10/07/2015 11:04

como descubriches a tua faceta de vocalista? a partir da primeira experiencia como cantante, comezaches algún tipo de técnica vocal? gracias!

Rosa Cedrón:

A miña experienza como cantante foi polos pasillos da miña casa collendo a maza de machacar allos a modo de micrófono e cantando por aí. Despois Luar na Lubre deume a oportunidade de cantar a nivel profesional. Chegou un momento en que, por saude, para non escarallar as cordas vocais, empecei clases de canto (técnica lírica).

43 Anónimo 10/07/2015 11:04

Cóntanos algunha anécdota graciosa que gardes da túa etapa en Luar na Lubre

44 Anónimo 10/07/2015 11:04

O día 8 estará nas festas do San Froilán en Lugo ¿que veremos neste concerto? ... estou ansioso. Bicos.

Rosa Cedrón:

A catro persoas ansiosas de compartir un pouquiño mais dunha hora con todos aqueles que queran disfrutar de un pouquiño de maxia e ambiente medieval nun marco incomparable como é a praza de Santa María. Temos moitisimas ganas. É un dos concertos que nos fai mais ilusión neste ano. Ademáis, teño ganas de ver á familia. Bicos tamén pra ti.

45 Anónimo 10/07/2015 11:04

Rosa, estuo namorado das túas mans dende que as tiven perto, nun concerto en Compostela.

Rosa Cedrón:

Agradezoche moito o cumprido. Se queres, mándoche unha foto delas. Un bico moi grande e unha aperta.

46 Anónimo 10/07/2015 11:04

O peor recordo que garde de todos os concertos

47 Anónimo 10/07/2015 11:04

Qué opinión che merecen orquestras verbeneiras que cobran millons por actación?

48 Anónimo 10/07/2015 11:04

Mas que una pregunta es felicitarte desde Rio de Janeiro, te apreciamos mucho, y nos encantaria que estes tocando por estas tierras prontito. Soy el hijo de Jose y Carmen de la libreria O castelo en La Coruña, amigos de tu madre, persona fina si las hay.

Rosa Cedrón:

Douvos as gracias e mandovos unha aperta moi grande. Xa me gustaria ir o Brasil pronto. En canto poda fago as maletas e me tedes alí.

49 Anónimo 10/07/2015 11:04

Penso que foi un erro tua marcha do grupo....pero quero preguntar se alguén te aconsellou ,algunha discografica ...etc

Rosa Cedrón:

É moi libre de pensar así. O único consello que seguín foi o do meu corazón. Sentía que necesitaba ofrecer algo exclusivamente meu. Ainda que chegue un día que teña que me retirar da música porque xa non teña por onde sair, na miña vida pensarei que cometín un erro. Nunca é un erro seguir pra adiante. Non te podes parar. O músico ten que cambiar e evolucionar, senón morre.

50 Anónimo 10/07/2015 11:04

¡Ola Rosa! ¿Que recordos tes do concerto con Mike Olfield en Londres na presentación do Tubular Bells III?. Eu ainda o vexo de vez en cando e disfuto como si o vira a primeira vez. Un saúdo. Carlos. Ourense.

Rosa Cedrón:

Chovía moito. Eu debatíame entre as gañas que tiña de sair ao escenario con tremendo monstro (da música) e as de sair correndo, facer á maleta e marchar para o aeroporto. Era a primeira vez que estaba actuando fora da miña casa, nun escenario tremendo, con tremendísimos músicos e sentindo unha responsabilidade moi grande. Así e todo, foi unha das millores semanas da miña vida.