Open uri20150703 3 c673bn?1435922413

Tras la separación temporal de Los Tonechos, Víctor
Fábregas acude a un encuentro digital para charlar con los internautas.

1 Víctor Fábregas, de los Tonechos 05/07/2015 00:59

Ola, estou encantado de estar convosco e de que me dedicades un pouco de tempo tamén a min.

2 Anónimo 05/07/2015 00:59

Hola, ¿estudiaste en el instituto de Negreira?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Ata 2ºBUP, o antigo 2º de BUP. Vivía alí a miña madriña e me propuxo ir alí, cousa da que me alegro moito porque conservo moi bós amigos.

3 Anónimo 05/07/2015 00:59

por que vos separastes?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Básicamente porque nos apetecía facer cousas un pouco diferentes aos dous e non acabar perduxicando nin á nosa carreira nin á nosa relación persoal.

4 Anónimo 05/07/2015 00:59

E ahora que?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Pois agora, ilusión ante as novas cousas que vaian xurdindo, ilusión que era necesaria recuperar despois de tantos anos facendo o mesmo e ilusión que virá un pouco a escapar dunha rutina que se albiscaba nun horizonte próximo.

5 Anónimo 05/07/2015 00:59

Bos días. unha pena o dos Tonechos. menos mal que inda nos queda Air Galicia! Bueno, agora que non vas necesitar o casco...por qué non mo firmas pa poñer enrriba do televisor? SalU2.

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Porque o casco non o vou a colgar, por suposto, e supoño que me vai dar moi bós momentos aínda. Lamentablemente para a decoración da túa casa.

6 Anónimo 05/07/2015 00:59

Colliches algunha baixa laboral por problemas no pescozo derivados de levar sempre o casco na cabeza ?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Nunca collín unha baixa laboral, por tanto, a Seguridade Social ten que estar encantada conmigo. Son un exemplo a seguir, a abnegación do autónomo. E máis, ¿para cando a rúa adicada ao autónomo, a Praza do autónomo ou a festividade do Santo Autónomo?

7 Anónimo 05/07/2015 00:59

Hola soy Carmen de Ordenes mi hijo Joel es un adipto a los Tonechos soñaba con hacer un casting y trabajar con ellos seria Joelucho según el. sera posible que os vea pronto haciendolo reir?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Pois a verdade é que supoño que si, será posible tanto de forma individual ou conxuntamente. Cónstame que Roberto ten proxectos e eu tamén os teño e sempre deixamos aberta a porta de facer cousas xuntos.

8 Anónimo 05/07/2015 00:59

Victor, eres genial!!, muchos éxitos!! esperamos verte pronto en tvg!!

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Teño un proxecto baseado nunha idea de Xavier Manteiga que de contado terá nas súas mans a TVG e se dan o visto bó non tardará demasiado en que a xente poida disfrutar del coma nós estamos disfrutando coa súa creación.

9 Anónimo 05/07/2015 00:59

Hola Víctor, ¿cuáles son tus proyectos inmediatos? Creo que tienes un enorme background para hacer muchas cosas. Mucho éxito en esta nueva etapa.

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Agora mesmo o proxecto máis inmediato é o que me referín na anterior pregunta. Ademais, por fin tocarei o cine da man de Jorge Coira e espero que sexa nesta primavera, se todo vai ben e, tamén, unha pequena participación nun telefilme con Albert Ponte. Isto é o máis inmediato.

10 Anónimo 05/07/2015 00:59

He visto una grabación en cámara oculta tuy a que anda circulando por la red. Creo que cometiste un error, pero también creo que mereces una segunda oportunidad, y estoy seguro de que no volverás a caer en eso. La pregunta es ¿tiene algo que ver este video en la separación de los tonechos?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non, aproveito para desmentir calquera versión sobre a separación que non sexa a que nós estamos a dar, que é a real. En canto a todo tipo de gravacións, sexa miña ou doutro particular, coido que é unha herencia lamentable dos medios de comunicación basura e que a xente saiba que podo facer moito dano (aínda que non no meu caso) non respetando a intimidade da xente, que é o máis sagrado que ten unha persoa. E máis, simplemente basta con poñerse na pel dalguén que o sufre, para ver como nos sentaría a nós.

11 Anónimo 05/07/2015 00:59

Elige, ¿Depor o Celta?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Selección galega!!!

12 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿Piensa Ud. que le puede pasar como a la mayoria de los duos que se han separado no han triunfado de forma individual?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non, a materia prima cada un lévaa consigo. É a unha equipaxe que necesitamos os cómicos e, por suposto, que igualar un éxito como o de Os Tonechos é moi difícil pero os Tonechos serán sempre os Tonechos e Fábregas será sempre Fábregas ou quen corresponda. Non vou pasar a miña vida mirando hacia atrás, creo que sempre hai que ter a vista cara adiante.

13 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿en qué tipo de ocio-actividade gastas o teu tempo libre?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Pois a pesar do que poida parecer o contrario pola miña faceta pública gústame moito ler e facer deporte, máis concretamente correr, porque fixen atletismo 22 anos da miña vida e tocala guitarra, ver películas, viaxar, estar cos amigos e, incluso, non pensar, deixar a cabeza en barbeito.

14 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿e sempre o mesmo casco ou tes varios??

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Este é o cuarto. Regaloumo Luis Castro Zahera na nosa última tempada no Luar e costoulle 60 céntimos para máis datos. Conclusión: mínima inversión, maior rendabilidade.

15 Anónimo 05/07/2015 00:58

Victor, tiven o pracer que coñecerte persoalmente nuncha praia de Fisterra. Eres único e dexexoche o mellos na tua nova andadura. Un aperta dunha fan tua.

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Moitas gracias e espero que coincidamos máis veces na praia ou donde sexa, sempre que sexa para ben.

16 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿En qué momento da túa vida decidiche dedicarte ó humor?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non foi unha decisión consciente, simplemente déronse as circunstancias necesarias para que así fose e aquí estou. E non me importará adicarlle o resto da miña vida a facer humor se se tercia ou é necesario, que o é neste mundo de hoxe.

17 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿como definirias o teu humor?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non é fácil pero a min me gusta moito sacar o absurdo de situacións reais, diarias, polo tanto podemos dicir que é un humor cun toque surrealista. ¿Por que non? Moi galego, porque son galego porque cando me acusan de que fago humor galego de ¿onde queren que o faga? ¿de Murcia? Eu son de Esteiro, carallo.

18 Anónimo 05/07/2015 00:58

Hola Víctor. Perdón por tocar un tema espiñoso. Cando actuástedes nunha gala de TVE na que a vosa actuación non cuallou o presentador (Carlos Lozano) despediuvos dunha maneira moi maleducada e faltando ó respeto. A pregunta : Se despois non lle partístedes a cara ¿Cómo aguantástedes a tentación? Gracias, un saúdo. David Gustey

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Simplemente, Carlos Lozano é un profesional ao que respetamos moito e que digamos con nós, pese á impresión que puidese ter el a través da televisión, sempre tivo un trato excepcional.

19 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿como puideches decir que o que ti gañabas nun mes era o que gañaba un albañil en todo ano?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Porque eu antes de dicir iso fun obreiro e, polo tanto, teño os dous puntos de referencia e os pés no chan e sei do que falo. E, aparte, hai que saber ler entreliñas. Non estaba fanfarroneando, nin tentando facer escarnio de ninguén, nin de ningunha profesión, senón recalcando o absurdo do mundo no que vivimos.

20 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Esta politizada la television en galicia?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

É algo que non me correspondo a min dicilo. Simplemente trato de facer ben o meu traballo e que me deixen facelo.

21 Anónimo 05/07/2015 00:58

Tucho, tes parella. Eu non. Podiamos quedar un dia.

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Estou namorado e ela sabe que falo dela. Aínda así podemos quedar perfectamente.

22 Anónimo 05/07/2015 00:58

Que relación gardas con Roberto Vilar (Tonecho)?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Cordial, unha relación de dúas persoas que viviron 7 anos unha a carón da outra e que pasaron por unha etapa increíble, tanto no profesional coma no persoal. Volvamos ou non a traballar xuntos creo que os dous veremos esta etapa da nosa vida con gran cariño.

23 Anónimo 05/07/2015 00:58

te mola amadora a que si

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Mola mazo!!!

24 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿cuanto custaria unha actuacion tua na festa do meu pobo??

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Depende o que teñas para comer.

25 Anónimo 05/07/2015 00:58

É verdade que na realidade ti es máis vello que Tonecho

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Efectivamente, lévolle 5 meses.

26 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Por que gozais dando imagen de paleto al gallego?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

O problema non está en quen fai unha cousa senón nos ollos de quen a ve facer. Isto quen o queira entender que o entenda. Un abrazo.

27 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Me concederías una cita?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Temos que consultar a hora coa cita anterior. A ver se levantandolle ciumes, a miña namorada reacciona.

28 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Te suena de algo el nombre de Ana Castro?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Si, tivemos e temos unha gran relación persoal.

29 Anónimo 05/07/2015 00:59

estas loco

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Para vivir fai falta un certo grao de tolemia, senón sería imposible o simple feito de levantarse pola mañá.

30 Anónimo 05/07/2015 00:59

Victor eres un humorista y actor de primera. Me recuedas en tu aspecto a Chico y en tus formas a Harpo de los hermanos Marx sin que ello te encasille en un humor marxiano. ¿Como definirías tu humor? ¿Que te consideras primero más un actor o un humorista? Un saludo

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Primeiro, agradecerlle a comparación cuns dos grandes iconos do humor universal e en canto a se son máis un actor ou humorista, creo que se pode ser humorista sen ser actor pero todo actor debería ter un pouco de humorista. Creo que son máis actor que humorista, o humor na miña vida é circunstancial.

31 Anónimo 05/07/2015 00:59

Le suena de algo los encuentros de Tunas en Vilanova de Arousa? Tengo una foto que creo que le gustaria tenerla. Un saludo

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Recórdoa coma unha etapa moi bonita da miña vida, que foi a de universitario.

32 Anónimo 05/07/2015 00:59

e lojo tí de quen ves sendo

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Da miña nai e disque dun pai tamén.

33 Anónimo 05/07/2015 00:59

Acordome moi ben de RENATO, ese rexidor gay que trataba de poñer orde no programa con perdón. Teñome reido moito con el, Foi ese o teu primeiro traballo como actor? a que te adicabas antes?. aplausos, por mi madre!!

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Foi o meu primeiro traballo remunerado coma actor e a miña primeira aparición en televisión.

34 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿En quién te inspiraste para desarrollar a tu personaje Tito?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

A maior e millor inspiración está no día a día, no que te atopas na rúa, no supermercado, no ambultario, etc. Basta con coller algo da realidade e deformalo un pouco para ter unha situación ou un personaxe cómico.

35 Anónimo 05/07/2015 00:59

Cantos anos tes?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Fago o 11 de febreiro 38. Son acuario das dúas pernas.

36 Anónimo 05/07/2015 00:59

En casa vemos los videos vuestros en youtube varias veces, nuestro hijo de 4 años repite muchos dialogos vuestros, sois geniales.

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Moi amable e espero que teu fillo siga medrando así, con tan bó humor. Vese que sodes uns pais con criterio. Iralle ben na vida. Bicos.

37 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿Raíz cuadrada de 144?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

12. Esa é fácil.

38 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿pensas que eres bo humorista?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non son quen debe opinar sobre min, porque son bastante autocrítico. Prefiro deixalo para o espectador, ou para os demais.

39 Anónimo 05/07/2015 00:59

Manda nabo que co frío que vai ti andes en camiseta. Non tes frío ou???

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Son de mar ou!!!!!!!!!

40 Anónimo 05/07/2015 00:59

¿Pensas que a Televisión de Galicia debería empregar o galego da xente da rúa coma o das vosas actuacións no lugar desa creación academicista que non entende ninguén?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Parte do éxito de Os Tonechos supoño que a xente se identifica co xeito no que falan os personaxes. Pero está ben tamén que miremos de ter unha lingua normativizada porque é un pouco a maneira de englobar os moitos galegos que por sorte temos na nosa terra. Pero, o máis importante: que a xente fale galego. O galego que queira pero que o fale.

41 Anónimo 05/07/2015 00:59

Hola Víctor soy Ana de Lugo, te acuerdas de mi?Deseo que en esta nueva etapa te vaya bien, que proyectos tienes?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Moitas gracias polos teus bós desexos. Dos proxectos xa falei un pouco deles en anteriores respostas pero serían en televisión e en cine os máis próximos. Bicos.

42 Anónimo 05/07/2015 00:59

ligas moito dende q saes na tele??

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Se te acerca máis xente pero tamén te fai máis desconfiado.

43 Anónimo 05/07/2015 00:59

Tes fecha xa, para volver a tele?? Gustariame verte pronto!!

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non teño data pero si teño o proxecto. Se vai ben non debería ser máis alá da primavera.

44 Anónimo 05/07/2015 00:59

Que pensas da situación actual do humor galego. Temos boa saúde??

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Facer humor é moi difícil, tanto en Galicia coma no resto do mundo. Na nosa terra, por sorte ou por desgracia, o humor sempre sirveu para facer fronte ao día a día e o galeg@ levan a carga histórico-xenética da retranca. En xeral, creo que temos boa saúde pero iso non quere dicir que a descoidemos ou que caigamos nun estado de relaxación.

45 Anónimo 05/07/2015 00:59

Como che doe mais a cabesa,co casco posto ou aguantando a Galloso???

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Coma bó autónomo, cando teño que facer a declaración de IVE trimestral.

46 Anónimo 05/07/2015 00:59

Deixaches a moto ben aparcada?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Hoxe chove, vin en coche.

47 Anónimo 05/07/2015 00:59

A vosa maior gamberrada?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Non gamberrada, pero por citar algunha situación simpática, unha vez que nos viu a saudar o actual presidente da Xunta, o señor Touriño, finximos que non o recoñecimos.

48 Anónimo 05/07/2015 00:59

Tucho cando imos ver o autos lobelle, porque alguna vez teñote visto. Gustache o fútbol sala?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Gustame o fútbol sala e o deporte en xeral. Son un gran amante do deporte como deportista que fun e sempre serei.

49 Anónimo 05/07/2015 00:59

tienes página web propia?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Si: victorfabregasnotienemail.com.

50 Anónimo 05/07/2015 00:59

Si tienes que hablar a alguien que no os ha visto nunca ¿qué dirías de los Tonechos?

Víctor Fábregas, de los Tonechos:

Que os hai que ver.