Open uri20150703 3 atzwsb?1435923976

El periodista es el presentador de la apuesta de V
Televisión para esta temporada. Dirige «Xiz», el concurso
que arranca el lunes 21 y en el que escolares de 64 colegios
miden su inteligencia y habilidad.

1 Emilio Guillín 05/07/2015 18:50

10, 9, 8... estas son as horas que quedan para a estrea!!!!!! A cefalea que teño desde hai dous días... témome por ónde ven!!!! Hoxe lúns, ás 20:15h, en V televisión... ESTREAMOS O CONCURSO "XIZ"!!!!!! Quedan 8 horas... e baixando!!!!!

2 Anónimo 05/07/2015 18:50

Como psicopedagoga, me parece un programa interesante porque es una muy buena manera de motivar al alumnado y premiarles por su esfuerzo a la hora de adquirir conocimientos. Pero ¿Cómo pueden reaccionar los niñosque no consigan el premio? ¿En esta sociedad tan competitiva en la que vivimos entenderán que lo importante es participar? Saúdos

Emilio Guillín:

Que satisfacción! Nós facemos "Xiz" con toda a vontade de entreter e formar. Pero que unha psicopedagoga refrende o noso concurso como fonte de motivación para os rapaces resulta moi interesante; e tamén motivador para o equipo! Polo tanto, grazas. Estou a descubrir que os rapaces son moi competitivos, pero comprenderán perfectamente que isto é un xogo; afeitos como están a eles no patio, na casa, etc. Saúdos!!

3 Anónimo 05/07/2015 18:50

¿Acáballe collendo cariño aos concursantes?

Emilio Guillín:

Buffffff! Nin te imaxinas. Eu son moi sentimental, e estou a confirmar o que xa sabía: son un neno máis!! Fanse querer, e iso vaise ver en cada programa.

4 Anónimo 05/07/2015 18:50

Buenos días D. Emilio! Si te hubiesen dicho hace 15 años todo lo que llevas hecho en el mundo de la tv, ¿qué les dirías?. Un abrazo Eres un crack! Antonio Regueiro

Emilio Guillín:

Home, Regueiro! (foi compañeiro de colexio meu e hai aaaaanos que non o vexo). Hai 15 anos, comezaba a traballar en Radio Televisión Compostela -tv local que xa non existe-; non podía imaxinar que o meu soño de adicarme á comunicación (tv, radio,...) comezaba a tomar forma. E, disque, o mellor está por vir. Que así sexa!

5 Anónimo 05/07/2015 18:50

Boas dias Emilio. Decirche que te admiro desde que estiven na grabación do programa MUNDO BERVENA el Ordes. Gran comunicador, gran desparpajo y gran simpatia. Una pregunta que si no me quieres contestar no pasa nada. ¿Tienes familia ascendiente en el pueblo de Ordes?.Un saludo

Emilio Guillín:

Sei quén es... o que podería ser o título dunha peli de intriga e suspense; pero creo que sei quén se agocha tras esta cuestión. "Mundo Verbena" foi un programa producido por Voz Audiovisual no ano 2006. Doblemente satisfactorio porque, ademáis de ser un espazo musical no que -grazas ao director, Jorge Coira- se reproducía unha das moitas verbenas da nosa terra, facíase en Ordes: a terra de meu pai, e de toda a miña familia paterna. Meu pai naceu na aldea de Barbeiros; meu avó paterno, tamén; e miña avoa paterna, de Abellá (no veciño Frades). Apertas!!

6 Anónimo 05/07/2015 18:50

Hola Emilio, para cuándo un programa que enseñe los sitios interesantes de Galicia?,...estilo a callejeros pero a la gallega!!

Emilio Guillín:

Na nosa terra poderíanse facer capítulos e capítulos dun programa como o que falas. Precisamente, V televisión ven de estrear "A mochila do viaxeiro"; programa que nos guía por lugares interesantes con festas tamén interesantes de Galicia.

7 Anónimo 05/07/2015 18:50

Bos dias Emilio, que prueba es la que más te gusta de XIZ? Manel

Emilio Guillín:

Ola, Manel! Só unha? Mira que hai sete!! Nunha teño que poñer lentes máxicos, noutra imos de viaxe por Galicia, noutra botámonos a cantar, etc. Imposible elixir só unha!!!! Pero voume animar: calquera das que xoga co noso léxico!!

8 Anónimo 05/07/2015 18:50

É a primeira vez que fas un programa no que os protagonistas son rapaces?, como foi esa experiencia?

Emilio Guillín:

Pídovos desculpas, porque temos moitas preguntas; e iso fai que vaiamos máis a modiño nas respotas. Si, é a miña primeira vez nun programa con nenos. O primeiro día fixen: "Glups!", pero estamos a facer un bo tandem; moi positiva a experiencia!!

9 Anónimo 05/07/2015 18:50

Enhorabuena por este nuevo proyecto, eres todo un profesional del medio y pronto me gustaría volver a verte a nivel nacional!!! Qué tipo de programa te gustaría hacer???Yo me apunto a copresentar contigo lo que quieras!!!V. G. M.

Emilio Guillín:

Grazas, V (televisión)!!! Jajajajaja!!! Como toquei varios 'paus' (informativos, magacines, concursos, musicais, etc), quedaríame con case todo de todos; pero os meus xéneros favoritos para traballar son os concursos e os magacines. E en directo!!!

10 Anónimo 05/07/2015 18:50

Hola, bos días, nótase moito a diferencia entre os nenos e as nenas?

Emilio Guillín:

En absoluto. Das parellas que coñezo ata agora, nalgúns casos son elas as que lideran... e noutras, eles. Iso si: suman forzas con bo criterio sempre!!!

11 Anónimo 05/07/2015 18:50

Cando che dixeron de presentar ''XIZ'' que che pareceu?

Emilio Guillín:

Unha alegría que comparto con vós nestas liñas!!!!!!!! Volver facer concursos e, ademáis, na miña terra... A-LE-GRÍ-A!!!!!

12 Anónimo 05/07/2015 18:50

Hola Emilio, bó día!!,...qué pensas que falta na nosa terra para poder estar á altura doutras televisións?

Emilio Guillín:

Ata hai pouco, unha das teimas que había (e hai) sobre a televisión que se fai na nosa terra era a falla de diversidade (produtos moi parecidos, para un determinado público, etc). Contidos temos, e bos profesionais en todas as redaccións... tamén. Coa ampliación do espectro de canais, grazas á TDT, ábrese esa oferta de contidos e incorpóranse novos telespectadores que -se cadra- non se sentían identicados anteriormente.

13 Anónimo 05/07/2015 18:50

Como te vas a enfrentar todas las tardes a tantos niños??? Vaya locura, no????

Emilio Guillín:

Xa teño o truco: VOILA!!!!! Non botarei partida nin pachanga algunha, e reservareime para o "quecemento" antes de que comece "Xiz" (20:15h)

14 Anónimo 05/07/2015 18:50

Por qué no hay ningún colegio de Santiago?

Emilio Guillín:

Certo é. Como picheleiro (compostelán) que son, fíxenme a mesma pregunta. A planificación dos colexios a participar fíxose con criterios equitativos para as catro provincias, combinando -ademáis- escolas do rural e urbanas, etc. Espero que Compostela estea presente nunha segunda etapa de "Xiz"!!

15 Anónimo 05/07/2015 18:50

Tes gañas de que comece ''XIZ''

Emilio Guillín:

Teño tantas... como de que me pase a migraña (dos nervios!!!).

16 Anónimo 05/07/2015 18:50

Si te dieran a escoger entre un concurso para ñayores y uno para niños con cúal te quedases?

Emilio Guillín:

Ata hai uns meses, diría un de adultos (polo que dicía Hitchcok -e respondo aquí a outra pregunta-: non metas nun plató nenos nin cans); pero, sen ánimo de contradicir a D. Alfred... os nenos SON MOITO!!!

17 Anónimo 05/07/2015 18:50

que preguntas habera

Emilio Guillín:

Son sete probas: algunhas de léxico; outras, de xeografía; algunha musical; algunha física; etc. 30 minutos de entretemento cada tarde!!!!

18 Anónimo 05/07/2015 18:50

Que premios recibirán os gañadores????

Emilio Guillín:

A pregunta do millón: (o millón non é o premio, que xa escoito que os xefes chaman por min!!!!). Haberá premios para todos TO-DOS! Só destaco que o colexio gañador e o finalista... MARCHARÁN LONXE DE GALICIA!

19 Anónimo 05/07/2015 18:50

Ainda está a tempo o meu cole a apuntarse para esta tempada???

Emilio Guillín:

O cadro de participantes desta primeira temporada está pechado. Non perdades nin can do que vai ocorrer en V televisión cada tarde, tomade nota... e enviade os vosos datos a: xiz@vtelevision.es. Tamén podedes repescar o programa no web: www.xizoconcurso.com

20 Anónimo 05/07/2015 18:50

Crees que la cadena se va a guiar más por el share de audiencia o por lo bueno del proyecto?

Emilio Guillín:

V televisión demostroume unha gran confianza no proxecto -é a aposta da temporada para a canle- desde o primeira chamada que me fixeron. A, en ocasións, tiranía do 'share' non afectará a "Xiz" (polo menos, nesta primeira temporada)

21 Anónimo 05/07/2015 18:50

Se foses un neno da nosa idade, gostaríache concursar en Xiz?

Emilio Guillín:

Por suposto!!!! Iso si: non sei se chegariamos moi lonxe!!!

22 Anónimo 05/07/2015 18:51

Son unha alumna dun dos colexios participantes, e gustariame saber por qué elexistes o nome de Xiz para o concurso

Emilio Guillín:

Xiz é o material empregado para escribirmos nos encerados (tiza, en castelán). Hai algo que nos pringue máis... nos involucre máis no coñecemento escolar que UN XIZ????? Á marxe de encerados electrónicos, claro...

23 Anónimo 05/07/2015 18:51

Por que teño que ver esta tarde XIZ??

Emilio Guillín:

CONCURSO: garantízoche pasalo ben!!!! 20:15h (estás canso, pero non te botes á comida... que aínda queda un anaco para a cea) OS NOSOS RAPACES BATÉNDOSE EN DUELO: fillos, sobriños, veciños,... DESDE GALICIA, EN GALEGO: para nós!!!!! Agárdo por ti... e por todos vós.... de lúns a venres, ás 20:15h, en V televisión. ESTREAMOS HOXE!!!! Non me digas que non te enteraras...