Open uri20150703 3 1xnuctl?1435924212

El jubilado de Ferrolterra que se ganó la admiración del
público tras su paso por el programa «Buenafuente» ha
contestado a las preguntas de los internautas de lavoz.es

1 Alfonso Tellado 05/07/2015 19:03

2 Anónimo 05/07/2015 19:05

Inicio del encuentro

Alfonso Tellado:

Boas tardes. Nunca me vin nun encontro dixital, nin pensaba que a miña tivera tanto interese. Aquí estamos. Os que me coñecen ben, que non participen.

3 Anónimo 05/07/2015 19:03

Hola Alfonso, hace muchos años que nos conocemos y sabemos que siempre has sisdo un hombre con mucha retranca, ,una cosa si quiero decir que la retranca no tiene nada que ver con ser buenapersona y tu siempre has demostrado que lo eres, me alegro por tu triunfo aunque llegara tarde, pero como tu decias " Nunca es tarde cuendo la dicha es buena"

Alfonso Tellado:

Non considero que tivera ningún tipo de triunfo. Non competía con nada. Era para disfrutar. É certo que a retranca non ten que ver con ser boa persona..

4 Anónimo 05/07/2015 19:05

Felicidades. Tu debut ha sido estelar. Buenafuente creo que no estuvo fino en la segunda cita, espero que se salga en la tercera. ¿Puedes desvelarme si tiene un guión previo? Si te hacen una propuesta para colaborar con Buenafuente, ¿la aceptarías? Viva tu retranca. Un saludo.

Alfonso Tellado:

Comparto que na segunda el xa sabía máis de min. El quería controlar a situación, porque na primeira non controlou nada. Iso si, nin na primeira nin na segunda había un guión preparado. Non me prestaría a colaborar nos programas porque non é algo que me guste. Non estou preparado para iso, e creo que a xente que se chama «colaboradora» e non prepara os temas dos que opina é unha degradación para os medios de comunicación.

5 Anónimo 05/07/2015 19:05

te vas a presentar de alcalde de bouzamayor

Alfonso Tellado:

Home, de Bouzamaior, si, pero de San Sadurniño, que é o concello, non, porque xa ten unha equipa de persoas novas que,na miña opinión, o están a facer ben.

6 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿Por qué cree que los gallegos solemos contestar a una pregunta con otra?

Alfonso Tellado:

Estou convencido de que a retranca é un mecanismo de defensa que se pode dar en calquera país do mundo, o que pasa e que aquí quedou como un dos tópicos cos que quedamos marcados. Fumos enganados historicamente -como país- e seguramente teremos que desprendernos pouco a pouco desta forma de defendernos.

7 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿es cierto que Buenafuente se sube la silla para tener a sus invitados más bajos que él?

Alfonso Tellado:

Na segunda cita, falou conmigo case unha hora antes de que empezara. Somos máis ben da misma altura, así que trátase da propia disposición do decorado: a silla do presentador sempre está máis alta ca do invitado. Iso xa se pode ver en calquera entrevista. Agora, cun pivot do Barça o terá un pouco máis complicado.

8 Anónimo 05/07/2015 19:05

Non prepares as entrevistas, perdes chispa. Son un seguidor teu

Alfonso Tellado:

Nunca tiven entrevistas que preparar. Tiven intervencións sindicais e actividades sociais. ë certo. Teño que recoñecer que planifiquei algunha vez o que ía decir, e non funcionou. Ademais -e co respeto que isto me provoca- ¿como se pode ser seguidor meu?

9 Anónimo 05/07/2015 19:03

Buenos dias Sr. Alfonso. ¿Que lle aconsellaría a ZP pa mellorar España nestes momentos?. Un saludo desde Ordes. Dios o garde moitos anos. Sindo

Alfonso Tellado:

Son unha persoa moi limitada. Non sei de alta política. Sei das cousas que necesito como persoa e como galego, que xa me gustaría que se repararan: o tren de cercanías a Coruña; construcción naval; recuperación da nosa ría... Que me preocupe dos de Albacete... iso xa o farán alí.

10 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿Qué recuerdos tienes de cuando arbitrabas lloviendo en pistas como las de Santa Marina?

Alfonso Tellado:

A pista de Santa Mariña foi unha parte moi importante da miña vida. Aquela xunta directiva, o vello Sordo... era o deporte na súa pura esencia, complementada coa gastronomía (día dos callos, festa do deporte de Santa Mariña...) a pesar da carencia de medios. Aquelo era deporte deporte. Sei que fun respetado ainda que a arbitraxe fota absolutamente nefasta (a culpa a tiña Uría).

11 Anónimo 05/07/2015 19:05

Alfonso: Despois de case corenta anos dedicado ó sindicalismo. Que pensas do sindicalismo actual?

Alfonso Tellado:

Ten pouco que ver a miña experiencia sindical co que estamos vivindo actualmente. Son dunha xeneración na que ser sindicalista era unha forma de vida. Tiven a sorte de ser alumno daquelas persoas que entregaron unha parte importante da súa vida na defensa das libertades. Non existían os profesionais tal como hoxe existen, o que degrada a idea suprema de que o salario, a saúde, a defensa do emprego non se delegaba, agora si. Pero de non existir os sindicatos, os teríamos que inventar. Ou mellor dito: REINVENTEMOS O SINDICALISMO!!!!

12 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿É certo que GADIS te vai contratar como novo SUPERGALEGO e así xubilar ó gaiterio punk que sae agora nos anuncios?

Alfonso Tellado:

Tiven unha pequena proposta dun responsable da empresa para asistir a un simposio para facer alí unha representación de «galego», o que eu rexeitei porque non teño nada que ver con esa maneira de actuar. Non está mal que as empresas tiveran actitudes positivas hacia o galego, e non che quero decir, se tamén as tiveran de cara ós dereitos dos traballador@s. Iso sería a hostia!!!

13 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿Cree que el humor gallego se entiende fuera de Galicia?

Alfonso Tellado:

Home, eu creo que si. O humor é universal, igual que o galego.

14 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿Cómo ve el futuro de Ferrol?

Alfonso Tellado:

Saio dúas veces ó ano de viaxe. De volta sempre chego cabreado. Inevitablemente comparo o que vexo con Ferrol. Temos algo impresionante ó que non se lle saca partido. Iso por unha parte. É absolutamente ingrato ver como vivimos desde 1700 sendo o que o Estado quixo que fósemos. Perdida a importancia estratéxica e o sector naval achicado a mínimos, ¿cando recuperas o potencial económico sen unha forte aposta política?

15 Anónimo 05/07/2015 19:05

que es lo que menos te ha gustado de andreu buenafuente?

Alfonso Tellado:

A primeira vez fun voluntariamente a pasar uns días por Cataluña. Foi un divertimento incluso sen o pase por Buenafuente. A segunda, o que menos me gustou foi verme atrapado nun «tinglao» ó que non lle acabo de ver a importancia.

16 Anónimo 05/07/2015 19:05

para cuándo la visita de Buenafuente a nuestra tierra?

Alfonso Tellado:

Parece ser que se comprometeu a vir despois da Semana Santa. Non sei se é profesional ou privada a visita. Procurarei mantelo en segredo porque non quero verme na miña aldea crispando as galiñas e meténdolle estrés ó can.

17 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿ vostede teria algunha solucion para a crise?

Alfonso Tellado:

Si oh, claro que a teño. A repercusión tan extraordinaria que tivo a miña presencia mínima nun programa de humor significa que ademais de quen pregunta e a min, parece que a poucos máis lles preocupa o que pasa, dada a audiencia dos programas e as lecturas fáciles de dixerir. A crise se supera con participación.

18 Anónimo 05/07/2015 19:05

donde te sentis mellor en Buenafuente ou nas asambleas de turbinas Jaime de turbinas

Alfonso Tellado:

Nin punto de comparación. Moito mellor nas asambleas de Turbinas. Que por certo, todo o mundo me escoitaba e respetaba, pero as eleccións sindicais as ganaban outros.

19 Anónimo 05/07/2015 19:05

Que opinas de que Aznar diga que el defecto de Rajoy sea ser gallego y ejercer de gallego

Alfonso Tellado:

Un día Rosa Díez, outro Aznar, e así sucesivamente. Os galegos e galegas temos que escoller a quen nos respeta

20 Anónimo 05/07/2015 19:05

¿Nunca ha pensado en iniciar una carrera de cómico?

Alfonso Tellado:

Paiaso, cómico, sempre se usou para insultar, como ofensivo. Eu entendo o sentido do humor. Forma parte da intelixencia, da resistencia humana tamén. Para darlle a vida un toque menos ingrato, pero non por iso menos reivindicativo.

21 Anónimo 08/07/2015 14:26

¿La ha jugado su carácter "retranqueiro" alguna mala pasada?

Alfonso Tellado:

Non me lembro de ningunha, pero si é certo que hai cousas que tiña que explicar dúas veces.

22 Anónimo 08/07/2015 14:26

¿De verdade é para tanto? ¿A estas alturas aínda non se sabe por ahí que os galegos somos moito? Noraboa por representarnos.

Alfonso Tellado:

É certo que non é para tanto, pero discrepo en iso de que «somos moito» porque a nosa forma de vida, os nosos dereitos -ainda que solo sexa por comparación- non son os que deberan.

23 Anónimo 05/07/2015 19:05

Na Bazán todos teñen alcumes, cal era o teu?

Alfonso Tellado:

Os meus amig@s da CIG, nun homenaxe de recoñecemento, agasalláronme cunha placa que poñía: «Ao noso mudo».

24 Anónimo 08/07/2015 14:26

espero que non te ofenderas por decir que cantabas nos partidos, unha aperta dend Cariño!

Alfonso Tellado:

Non me ofende, porque ademais era certo. Para moitos eu sempre fun un pouco cantante. Por certo, cantei no Toxos e Flores.

25 Anónimo 08/07/2015 14:26

Y te descubren ahora?? Tu ya eras un crack cuando venías a As Pontes a pitarnos los partidos de basket. Sigues metido en el mundillo del basket ferrolano??

Alfonso Tellado:

Sigo metido no mundo, pero no do basket non. Teño unha canasta atornillada nunha pedra polo menos milenaria, que se me pillan os de Patrimonio...

26 Alfonso Tellado 05/07/2015 19:03

Gracias polo voso interese. Sempre fun unha persoa que vivín o meu tempo, en todas as actividades que puidera ter. A clave é vivir, compartir e participar, e despois... afrontemos o que nos veña. Un saúdo Alfonso Tellado