Open uri20150703 3 6l3sa4?1435924047

La candidata Silvia Seixas ha contestado a las preguntas
de los internautas.

1 Silvia Seixas 05/07/2015 18:53

bon día a todas e a todos. parabens á Voz por permitirnos ter esta interesante oportunidade de partillar convosco estes minutos.

2 Anónimo 05/07/2015 18:53

Cal é a túa postura na discusión do hiyav, e que pensas da carta enviada pola alcaldesa solicitando que aplacen a decision do consello escolar?

Silvia Seixas:

Son moi respectuosa coas tradicións dos demáis. Trátase dunha nena que entendo que ten uns dereitos fundamentais que se deben respectar. é un problema que debe resolver a xunta de galiza que é a administración que ten competencias.A respecto da carta penso que os políticos deberiamos despois de dar a nosa opinión deixar que as autoridades educativas actúen.

3 Anónimo 05/07/2015 18:53

Que le parece la idea de la actual alcaldesa de soterrar el tráfico en la avda. de Finisterre?¿

Silvia Seixas:

non comparto esta actuación faraónica. Gustaríame que se adoptaran medidas de mellora do tráfico e tamén para unha mellora da calidade de vida das persoas que viven na zona ao igual que dos peatóns mais faría unha actuación distinta e moito máis global. Arteixo ten problemas de mobilidade en máis zonas. Sería unha actuación conxunta. Recordo que custaría 32 millóns de euros como mínimo. con estes cartos mellorariamos moito o conxunto do concello.

4 Anónimo 05/07/2015 18:53

Como pode vostede criticar o goberno do bipartito se grazas a vostede estan eles gobernando

Silvia Seixas:

Que apoiaramos a investidura para que houbera un cambio de goberno non ten nada que ver con calar a boca diante da incapacidade e da incompetencia absoluta deste goberno.

5 Anónimo 05/07/2015 18:53

por qué o concello non se procupa de reclamar os 1% culturais?

Silvia Seixas:

Non lles preocupa a cultura nin o patrimonio do Concello, é evidente. Deixar de solicitar mais ou menos actuacións por valor de 8 millóns de euros é dunha irresponsabilidade total. Recordo que non o fixo nin o anterior goberno nin o actual. Estes 1% serían do Porto de Punta Langosteira, do AVE, do vial de acceso ao porto e da Autoestrada a Madrid.

6 Anónimo 05/07/2015 18:53

por qué o concello non se preocupou do estado e cuestion do castro cociñadoiro e non se pronuncia?

Silvia Seixas:

pois a verdade e que a min tamén me gustaría sabelo. levo meses preguntando nos Plenos e danme a calada por resposta. O BNG no congreso e no parlamento galego leva feitas moitas iniciativas desde o ano 2005. Queremos que se nos diga que se atopou, donde está , como está e que van facer con achádegos.

7 Anónimo 05/07/2015 18:53

De alcanzar responsabilidades de gobierno ¿cuales serian las primeras medidas, digamos las más importantes que considere de ejecución inmediata?

Silvia Seixas:

mellora dos servizos básicos para que de verdade foran de calidade (auga, abastecemento, limpeza viaria, limpeza e hixiene de fincas, alumeado público); un papel central sería adoptar medidas de mellora da mobilidade e do transporte ( transporte interparroquial); unha actuación importantísima e que ocuparía moito do meu tempo sería a creación de emprego no concello, medidas que axudaran a crear emprego.

8 Anónimo 05/07/2015 18:54

por qué cree que en arteixo non hai por parte do concello interés pola cultura e permiten que xente sen formación acceda a esas áreas, como é o caso de gayoso?

Silvia Seixas:

pois o certo é que non sei cal é o motivo de que durante anos a cultura non fora unha prioridade dos gobernos. A cultura no só son actividades, axuda a que non coñezamos a nós mesmo e xenera riqueza e postos de traballo.

9 Anónimo 05/07/2015 18:54

¿Que farías na parroquia de Chamín?, ¿Teríamos un campo da festa e un local social para actividades por fin?

Silvia Seixas:

habería que facer varias actuacións: saneamento, mellora da iluminación, transporte público de calidade e por suposto habería antes de que rematara o mandato un espazo público con local sociocultural para uso da veciñanza.

10 Anónimo 05/07/2015 18:54

qué oferta fomentaría para a xuventude en arteixo?

Silvia Seixas:

o primeiro que faría sería escoitar á xente nova que ten moito que aportar. Despois unha actuación que considero importante é a construción dun local para a mocidade donde poideran ter acceso gratuíto a novas tecnoloxías, locais de ensaio, biblioteca. Mais realmente o importante sería contar con eles de verdade.

11 Anónimo 05/07/2015 18:54

¿Cuando vamos a ver en Arteixo que se soluciona lo del plan de urbanismo y los problemas que arrastra como licencias de primera ocupacion?

Silvia Seixas:

é importante ter este documento de xeito inmediato mais só se fará cando haxa participación social. Non podemos facer un documento e que a xente non o coñeza. Desde o primeiro momento e en toda a tramitación ten de haber participación, ese é o noso compromiso. Eso foi o que faltou en Arteixo até o de agora.

12 Anónimo 05/07/2015 18:54

hola silvia, eu queria facerche una petición, unha area canina en meicende, hai un bo sitio enfrente a mapfre. E mais que cambiarades as farolas, con estas pouco se ve. Un bico.

Silvia Seixas:

vou tomar nota da túa solicitude, paréceme interesante a proposta. Sei que hai concellos en que este tipo de actuacións xa se levaron adiante. En canto ao das iluminación nas propostas do POS para o 2011 pedimos que se mellorara a iluminación de toda a travesía e repetimos a peticións nas propostas dos orzamentos. Na xuntanza con veciños e veciñas de Meicende comentaron que xa o solicitaran en multitude de ocasións. No inicio da nova lexislatura vouno facer.

13 Anónimo 05/07/2015 18:54

Sra Seixas,Que opinión lle merece o candidato do PP diga que prefiere ser do peor barrio da Coruña que do mellor de Arteixo...Grazas,dende A Baiuca

Silvia Seixas:

Non estou nada de acordo con el. O que temos é que traballar para que o concello mellore, que Meicende teña uns servizos de calidade do que sentirse orgullosos.

14 Anónimo 05/07/2015 18:54

Plazo estimado para la construccion de la residencia de ancianos

Silvia Seixas:

Fan falta vos servizos para maiores e dependentes no concello de Arteixo. Quero construír un centro de día residencia público como algo prioritario. E sobre todo o que é máis importante fareino legal para que logo non teñamos que lamentarnos como o que pasou co de Monticaño

15 Anónimo 05/07/2015 18:54

Bo día. Cal é o proxecto do BNG para Arteixo?. Pregaríalle que fose franca na resposta, pois a imaxe que teñen tódolos políticos de Arteixo é a de "que te quiten a ti para que me poñan a min". Grazas.

Silvia Seixas:

os veciños e veciñas en primeiro lugar: participando, colaborando, sentíndose orgullosos de que os escoiten. O mellor proxecto é traballar día a día para que os servizos sexan de calidade ( atención aos nenos e nenas, aos maiores, á xente moza...).De todos os xeitos estamos facendo un programa no que hai recollidas as propostas que nos fixeron chegar veciños e veciñas. En breve estará nas vosas mans. O meu compromiso é que vai ser realista, realizable, sen demagoxias.

16 Anónimo 05/07/2015 18:54

como veciña de arteixo preocúpame que xente como marquez poda acampar as súas anchas polos partidos? Cree que eso debería estar permitido? non pensa qué é moi descarado e delata ao que vai?

Silvia Seixas:

penso que estas persoas só se preocupan delas mesmas que non lles preocupan os veciños e veciñas. Son as persoas cos seus votos quen teñen o poder de castigar estas actitudes.

17 Anónimo 05/07/2015 18:54

¿Que harian desde el BNG para rebajar la alta tasa de paro que tenemos en nuestro ayuntamiento? uno de los más industrializados y sin embargo con una tasa elevadisima de paro, yo no lo entiendo.

Silvia Seixas:

Poñer en marcha o centro de formación en colaboración coas empresas que hai no concello. Tería un contacto permanente co comercio e coas empresas para que xeneraran emprego en Arteixo. Sería moi importante que os ciclos formativos do IES Sabón se adaptaran ao tipo de empresas que temos, habería axudas para por en marcha novas iniciativas empresariais; Habería novas iniciativas a través da posta en marcha de cooperativas. Ten que haber un apoio ao servizo de orientación do concello. Recuperar o terreo público do polígono de Morás no que construiremos naves para facer un viveiro de empresas.

18 Anónimo 05/07/2015 18:54

Silvia en Arteixo la población infantil es muy grande sin embargo tenemos que padecer un importante deficit de lugares de ocio para nuestros pequeños , se que os habéis interesado por este tema ¿para cuando más parques infantiles para nuestros hijos pequeños?

Silvia Seixas:

é unha poboación abandonada a pesares da nosa elevada taxa de natalidade. Non só non hai parques infantiles suficientes senón que son todos iguais o que é aburrido. faremos áreas de xogo educativas, distintas. as actuacións de mobiliario, semáforos, xardiñeiras..estarán adaptadas para os pequenos e pequenas. Camiños seguros á escola para que poidan ir camiñando, en bici, en patín. Espazos nos centros sociais e culturais adaptados, bebeteca, musicoterapia....

19 Anónimo 05/07/2015 18:54

Son dunha parroquia do rural en Arteixo e síntome illado en todos os sentidos: no transporte ,no internet, estamos abandonados, como se pode evitar esto?

Silvia Seixas:

As parroquias de Arteixo están abandonadas desde hai anos. Nós terémolas moi en conta. Todos e todas somos iguais tamén nas inversións. poñerei en marcha o do transporte interparroquial, medidas para que o rural teña acceso a internet, actividades culturais nas parroquias....

20 Anónimo 05/07/2015 18:54

como es posible que arteixo,con el potencial economico,geografico y de riqueza natural que tiene;sea un concello a la cola en cuanto a servicios ofrecidos a los vecinos,son los politicos los únicos culpables?

Silvia Seixas:

os políticos temos a responsabilidade de traballar e dar solucións aos problemas. Arteixo xa non é unha aldea é case unha cidade e polo tanto hai moito que facer para que os seus servizos tamén o sexan. Saneamento, abastecemento, recollida de resíduos, transporte público, mellora da rede viaria, melloras na sanidade....moito traballo que facer. Sufrimos a diario estes problemas e temos que resolvelos xa.

21 Anónimo 05/07/2015 18:54

Esta dispuesta a pactar con PSOE, TEGA y BNG con tal de que no gobierne el PP

Silvia Seixas:

O BNG quere gobernar co seu equipo e levar adiante o seu programa para amosarlle aos veciños e veciñas que ten capacidade de traballo, que ten ideas. Agora é o momento de achegarvos as nosas ideas que espero que teñan a vosa confianza.

22 Silvia Seixas 05/07/2015 18:54

Grazas a todos e a todas polas vosas preguntas e tamén polas vosas ideas das que tomo boa nota. Agardo vervos para poder achegarvos máis polo miúdo as nosas propostas para Arteixo e para escoitar as vosas. GRAZAS!!!