Segundo clasificado de la Vuelta 2010
El ciclista gallego, gran protagonista de la Vuelta que
acaba de finalizar, responderá a las preguntas de los internautas.
Hola a todos, gracias polas vosas preguntas. Espero responderos a todos pero se algunha non a respondo é porque non hai tempo para todas.
Quien fue tu corredor modelo
Creo que todos os da miña quinta nos fijamos en Indurain no seu día. O corredor perfecto no deportivo e no personal. Aparte de Indurain pois sempre hai outros como Jalabert, que te impresiona pola súa forma de correr.
Cuantos ciclistas como Miguel Manteiga han abandonado por no haber un Xacobeo hace 10 años?
Seguro que moitos. Miguel era un corredor que a bo seguro nos houbese dado moitos exitos o ciclismo galego. Afortunadamente penso que hai que ser optimista de cara ó futuro e que os ciclistas galegos teñan a meta do equipo galego con opción de futuro.
¿Que puerto del panorama internacional te gustaría coronar primero?
Tourmalet, Gavia o Mortirolo.
El Sábado me pasé toda la subida a la Bola del Mundo de pie enfrente del televisor empujándote en cada rampa y termine llorando de emoción al verte llegar primero. Solo quería darte las gracias por hacerme tan feliz.
Gracias por haberte emocionado e dígoche gracias porque o ciclista non e nadie sen os aficionados coma ti e coma tantos outros que te animan a pé de carretera.
Vendo as dubidas no voso deporte cos patrocionios.... Porque non pode existir unha base de clube coma noutros deportes!! Representandonos como facedes a min polo menos xa me teriades de socio!! no creo que cubrira todo o presuposto pero unha boa parte quen sabe....Gracias Ezequiel e Gracias Xacobeo!!
Gracias a ti porque xa vexo que estarias disposto a arrimar o hombro. Quizás habería que replantearse a maneira de financiar os equipos pero desde o meu punto de vista o único problema é que o producto está mal vendido. É incuestionable a rentabilidade de un equipo como o Xacobeo, por exemplo, de cara a calquer empresa privada que necesite publicidade. A relación investimento-retorno publicitario e moi grande para o que costa un equipo que corra nunha Grande.
Hola Ezequiel. Dado que habitualmente sempre funcionas mellor con frío que con calor, ¿ Cres que o Giro podería ser unha boa carreira para as túas cualidades ?
Desafortunadamente o clima é algo que non podes predecir e tes que adaptarte o que hai en tódalas carreiras, pero sí que as etapas dolomíticas do Giro, co clima que normalmente fai alí, adaptaríanse ben ás miñas características como corredor.
Ola Eze! Antes de nada, moitos parabéns pola gran Volta que te marcaches. Dende os tempos de Ciapucchi e o Chava non vivía o ciclismo como nesta Volta. A pregunta é ¿qué opinión te merece os finais de etapa tipo Bola del Mundo? e ¿para cando crees ti que a Volta visitará Pena Trevinca, A Moa, Os Ancares o Courel...? Grazas e unha aperta dende Boiro.
Gracias. Os finales como a Bola do Mundo son o que o ciclismo necesita porque non vía tanta xente na estrada desde o final do Angliru no 2008. Son etapas que generan tanta expectación que enganchan á xente. Os finales en todos eses portos que dis non dependen só da vontade da organización buscando recorridos. Hai un montón de factores que inflúen como poden ser a afluencia de público ou as cidades que financian as etapas. En calquer caso, polo que din igual non tardamos moito en ver unha etapa por ahí.
Cual es el futuro del ciclismo gallego, tanto a nivel individual como a nivel equipos
Temos moi boa canteira e unha boa cultura de clubes a nivel amateur. Solo é cuestión, como falábamos antes, de que o equipo profesional se manteña moitos anos para que os rapaces que empezan teñan unha saída profesional cando destaquen e non teñan que emigrar como fixeron moitos.
Como fueron tus inicios en el ciclismo ?
Duros como os de calquer corredor. No meu caso porque empecei tarde e custoume uns anos adaptarme ao ritmo de competición que había aqueles anos en Galicia, que contaba cun bo nivel.
Hola Ezequiel!, chámome José Pardo, e quéroche preguntar si corres o Tour, irás de xefe de filas, ou haberá que esperar ata xullo para saber quén pode ser o xefe, ti ou Riccó. Grazas e que teñas moita sorte, un amigo dos Ancares de Lugo.
¡Boa terra os Ancares! O calendario depende si entramos no Pro-Tour ou non. En calquer caso, non falamos aínda de calendario nin de galóns. De correr o Tour sería algo grande, tanto de capo como de currante.
¿Eres tan buena persona como pareces?
Eso terán que dicilo os demais.
Que ha supuesto para ti, despues de tantos años luchando el ser el favorito de la aficion aun estando en un equipo sin tantos medios?
Para min é algo gratificante demostrar que con un equipo ''pequeno'' podemos rendir ó nivel que rendimos na pasada Volta a España. Eso é un éxito que non depende solo de min, senón ó contrario, tiña un equipo detrás que non fallaba nunca. Eles levan menos protagonismo ca min, pero dévolles moito.
¿Qué etapa propondrías en tierras gallegas para una próxima Vuelta a España?
Un final en Peña Trevinca, sin duda.
opinión sincera!!! crees sinceramente que o xacobeo seguirá no 2011 no pelotón profesional!!
A día de hoxe, é un tema que non me ten preocupado como hai un mes, explícome: aínda que non hai nada concreto, todo apunta a que o equipo galego vai estar nas estradas o ano que ven. Non me entra na cabeza que o equipo desaparezca.
Que rol vas a ter no teu novo equipo? Para que tipo de carreiras pensaron en ti?
O rol vai a ser de líder para as carreiras por etapas españolas e algunhas do calendario europeo. Ademais, teñen especial interés en que axude á xente nova como veterano que son.
Hola Cañoto, ademais de Picholeiro e Tarzan... ¿que mais especimenes nos podemos encontrar por Galicia?
O raposo de Arteixo, o castrón de A Estrada, papá Veloso e o animaliño de Órdenes. Todos eles son unha fauna moi autóctona.
Hola Ezequiel!!! ¡¡¡¡Enhorabuena por tu podio en la Vuelta!! en casa vivimos muy emocionados las últimas etapas. Ahora que correrás en un equipo holandés, tendrás que ir a vivir allí? ¿Cuánto tiempo entrenas por tu cuenta? ¿Y cuanto tiempo con el equipo normalmente? Con el equipo donde soléis entrenar? Un abrazo!
Correr nun equipo de fóra non supón ter que ir a vivir alí. Tocarame pasar largas temporadas alí pero sacando carreiras e concentracións, seguirei adestrando polas estradas de sempre.
O alto de pena trevinca podria ser un bo final de montaña na volta a España, e hai algun porto dos da volta que teña esa lonxitude casi 27km polo lado galego
Só en Sierranevada, que eu sepa. É un gran puerto-tour en terras galegas.
Hasta donde puede llegar Igor Anton
Sempre dixen que Igor Antón é dos poucos que está á altura de Contador costa arriba. É xoven, está nun bó equipo e ten a cabeza ben amueblada. Creo que o veremos gañando máis dunha Grande.
Quienes crees que seran los grandes protagonistas del Tour de Francia en los proximos años
Aparte de Andy Schleck e Contador, Nibali, Peter Velits que me sorprendeu na Volta e o propio Igor Antón.
eze ...sonrisa permante!! eres un crack ... enhoraboa!! ademais do ciclismo que deporte practicas??
Gracias. Non son ningún hacha en ningún deporte. O ciclismo doúseme non sei por qué. Gustaríame probar ca pesca cando leve unha vida menos agetreada.
¿gustariache ser director despois da retirada?
Tería que probar, mais que nada por seguir en contacto con este deporte. Pero sin ningunha presión.
¿Pensache na retirada?
Sí o pensei, sobre todo nos momentos en que entrenas, compites e non acabas de andar como quixeras. Aínda que a retirada márcacha moitas veces cando deixa de compensar economicamente. Mentres, hai que seguir.
despois de ver a o traballo que fixo david garcia na volta,gustariache levalo contigo e quen sabe poder correr no mesmo equipo unha paris niza e un tour de francia.Un saudo e enhoraboa!!!
Claro que me gustaría, de feito estoulle moi agradecido porque ademais perdeu o décimo posto na xeral por traballar para min. De todas formas é algo que podo pedir pero non podo impoñer.
Imaginate que te ofrecen dirigir un equipo ciclista y puedes fichar a los 9 corredores del pelotón actual que más te gustan ¿cuales serian?
Ahora mismo ficharía aos meus oito compàñeiros da Volta a España mais Gustavo Domínguez. Un súper equipo.
Gracias por tantas preguntas, espero haber respostado da mellor maneira. Un saúdo e un abrazo para todos os aficionados a este noso deporte.