Open uri20150703 3 k47431?1435923699

A legalidade do decreto do galego, a súa paralización
cautelar reclamada por A Mesa, o impulso do idioma... o
máximo responsable de Política Lingüística repasará este
intenso ano cos internautas.

1 Anxo Lorenzo 05/07/2015 14:10

Bos días a todos e todas, comezamos este encontro dixital en La Voz, agardo poder contestar o maior número de preguntas

2 Anónimo 05/07/2015 14:10

ola anxo, por primeira vez na historia autonómica apróbase unha norma entorno á lingua más restrictiva que a anterior, ¿é así como pensades dende o goberno da xunta fomentar, promocionar e normalizar a lingua galega cando está nunha situación de inferioridade con castelán? grazas (petroio)

Anxo Lorenzo:

Supoño que se refire ao decreto de plurilingüismo. Esta norma equilibra a presenza educativa das dúas linguas oficiais, promociona o galego nos centros educativos e marca un obxectivo ambicioso no tocante plurilingüismo.

3 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿Me puedo usted explicar por qué mis hijos (monolingües castellanos) tienen que hacer el esfuerzo de estudiar en gallego y en cambio Paco Vázquez, Losada, De Mesa, Corina Porro, no tienen que hacerlo y se declaran orgullosamente monolingües?

Anxo Lorenzo:

No sistema educativo non universitario prevese que o alumnado aprenda as dúas linguas oficiais de Galicia. Ese é un obxectivo coherente coa lexislación que temos e ademais é un obxectivo razoable a nivel político e social. O desexable é que todos os galegos estean en disposición de falar as dúas linguas oficiais e, despois, que o fagan en maior ou menor medida dependendo de factores varios.

4 Anónimo 05/07/2015 14:10

Como pensa avanzar no idioma Galego cando no meu centro de traballo 100 nen@s de E.I. de 3 anos son castelánfalantes(moita inmigración) e co seu Decreto seguiran ´falando castelán sen coñecer o Galego?

Anxo Lorenzo:

Na educación infantil, o decreto de plurilingüismo é claro: haberá unha lingua predominante, a lingua materna da maioría, e a outra lingua oficial formará parte das transmisións educativas. O obxectivo é que o alumnado teña contacto coas dúas, coa predominante e coa outra, para poder ter un ensino infantil bilingüe.

5 Anónimo 05/07/2015 14:10

O galego perde peso nas rúas, especialmente nas cidades inda que non só nelas. Non cre necesario, sen esquecer outras linguas, apoiar o noso idioma converténdoo en troncal nos estudos dos nosos fillos? Grazas

Anxo Lorenzo:

Desde logo hai un apoio constante e decidido cara ao galego dentro e fóra do sistema educativo, especialmente no tocante á mocidade urbana, que é a que sabemos que ten un bo coñecemento do galego pero non o usa coa amplitude que podería facelo.

6 Anónimo 05/07/2015 14:10

No cree que si ya hay suficiente fracaso escolar, el hecho de impartir otras materias en inglés, no hará más que aumentarlo?

Anxo Lorenzo:

A intoidución das linguas estranxeiras no sistema educativo, co obxectivo dun plurilingüismo efectivo, ten que ser un proceso lento e organizado. O fracaso escolar en Galicia, ainda que por baixo da media española, é un dos asuntos que debe levarnos a ser moi cautelosos na implantación dun terzo do horario semanal en linguas estranxeiras. Pero non por iso ese obxectivo debe desbotarse ou relativizarse.

7 Anónimo 05/07/2015 14:10

Como vería a posibilidade de recepción das TV e radios portuguesas en Galicia, apoiada polo goberno anteiror, no que vostede estaba?

Anxo Lorenzo:

Descoñecía a miña pertenza ao goberno anterior. Respecto da recepción das tv e radio portuguesas, sempre me pareceu un obxectivo interesante para achegar a cultura galego e mais a portuguesa, pero se vostede o pregunta pola parte vinmculada coa norma do galego, a miña postura segue sendo a de respectar a decisión da RAG cando elaborou un modelo de lingua estándar propio e independente do portugués.

8 Anónimo 05/07/2015 14:10

En centros educativos onde se dá practicamente un 100% de alumnos galego falantes ( como é o caso do mio), non cre que debería de haber normalización lingüistica en castelán, xa que brilla pola súa ausencia este idioma en todo tipo de actividades culturais?

Anxo Lorenzo:

O obxectivo lingüístico principal do sistema educativo é que o alumnado acade unha competencia igual en galego e castelán. Naqueles contornos galegofalantes, debe verificarse que a competencia lingüística en castelán sexa a adecuada en cada etapa e nivel. O mesmo pasa nos contornos castelán falantes, onde debe verificarse a adquisición progresiva do coñecemento do galego. Respecto das actividades culturais, están nornalmente enfocadas a afondar e poñer en valor a lingua galega, e non creo que sexa preciso cambiar esa dinámica.

9 Anónimo 05/07/2015 14:10

Bos dias Anxo. Gustaríame saber ademáis do mundo da educación que outras medidas CONCRETAS estan a tomar para fomentar o galego no mundo da empresa. Un saúdo

Anxo Lorenzo:

No mundo socioeconómico e empresarial estamos a pór en marchas iniciativas moi diversas. Por exemplo, o traballo coa Confederación de Empresarios de Galicia serve para asesorar a moitas empresas de todo tipo e tamaño no uso do galego en publicidade, webs, formación de traballadores/as, etc. Coas forzas sindicais temos conveniadas actividades de formación e de asesoramento lingüístico. E tamén seguimos prestando apoio a inicitaivas sociais de fondo calado, como é o Foro E. Peinador, mediante o cal se suman ao galego empresas de toda Galicia.

10 Anónimo 05/07/2015 14:10

Leva ano e medio á fronte da Secretaría Xeral. Considera que se conseguiu nese tempo algún avance significativo para o galego e para o proceso normalizador?

Anxo Lorenzo:

Os avances no proceso de extensión social do galego son lentos e de resultados non inmediatos na maior parte dos casos. Creo que o fundamental agora, ademais de seguir insistindo nas liñas de actuación de promoción do galego dirixidas a toda a a sociedade, é tentar entre todos quitar o debate lingüístico do foco do debate político, para poder ser capaces de imaxinar un escenario futuro (non moi lonxano) en que poidamos establecer acordos e pactos sobre o galego a medio e longo prazo.

11 Anónimo 05/07/2015 14:10

Buenos días, don Anxo: el iforme Pisa nos ha vuelto a colocar donde no deberíamos estar, un año más; si dentro de la Península los resultados son promedio, en comparación con muchos otros países, el sistrema educativo deja mucho que desear; ¿qué iniciativa educativas se están tomando desde la Xunta por lo que se refiere a metodología, actualización de los docentes, etc.?

Anxo Lorenzo:

Os resultados do informe PISA 2009 trasladan unha imaxe dunha parte do sistema educativo. Hai aspectos en que Galicia mellorou (lectura e ciencias) e outros en que non se produciu mellora (matemáticas), pero ese é o noso punto de partida e debemos facer unha lectira realista deses resultados e pensar, con seriedade, que debemos facer para mellorar todos os indicadores, coa participación neste debate de todas as partes implicadas, ademais da administración.

12 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿ Cree usted que la libertad individual de cada hablante debe ser sacrificada para fomentar un idioma?

Anxo Lorenzo:

Hai moitas formas de fomentar os idiomas. No noso caso, creo que é posible garantir as liberdades individuais (a través do principio de non discriminaciñón por razón de lingua) co fomento da lingua galega, que é o que nos pide o noso ordenamento legal. A normalización do galego é compatible con todas as liberdades colectivas e individuais.

13 Anónimo 05/07/2015 14:10

como especialista no tema, podería describir cal é súa percepción da situación actual do galego. Cre sinceramente que o decreto de plurilingüismo vai axudar a mellorar a situación do galego e por que?

Anxo Lorenzo:

A situación lingüística é complexa, con avances e retrocesos, con puntos fortes e febles. Eu fago unha interpretación que quere ser positiva, para recoñecer os cambios favorables dos últimos 30 anos, pero sabendo que hai aspectos do uso social e da actitude ante a lingua que deben mellorar, e niso tenmos que traballar desde os poderes públicos e desde a sociedade. O que non é admisible, desde o meu punto de vista, é lanzar cara á sociedade discursos catastrofistas sobre o presente e futuro do galego, porque son discursos sen base real e que tenden a crear un ambiente negativo e contrario á recuperación lingüística.

14 Anónimo 05/07/2015 14:10

Teño 42 anos, son 100% galego e amante da miña terra; como pode supoñer desde que se implantou o estudio do Galego nas escolas ata que rematei os meus estudios tiven a asignatura de Lingua Galega e Literatura Galega. Non obstante cada ano variaban as normas ortográficas, sintácticas... etc. Incluso, voluntariamente fixen os cursos de Iniciación e Perfeccionamento, e tamén variaban substancialmente esas normas. Non me considero ningún inepto; de feito teo o mellor expediente da miña xeración. Por iso pregúntolle: algún día poranse de acordo e haberá unha normativa única afín o

Anxo Lorenzo:

Non creo que a norma estándar do galego mudase tanto nestes anos. Houbo que aprobala e difundila desde 1982 e cambiou en 2003. É difícil difundir unha norma en tan pouco tempo, daquela moitos dos problemas normativos derivan desa dificultade de difusión. Tamén é certo que polo medio se produce o debate sobre se a norma do galego debía ser semellante á do portugués, e é certo que ese debate formal levou a certos sectores da sociedade a descolgarse do galego. Pero, afortunadamente, esa cuestión é hoxe moi minoritaria.

15 Anónimo 05/07/2015 14:10

Por qué non introduce o portugués no currículum escolar? Esta simple medida pontenciaría mais ó galego que calquera campaña de publicidade ao darlle unha utilidade visible como lingua ponte. O señor Feijoo falou algo na campaña electoral, en qué quedaron aquelas verbas?

Anxo Lorenzo:

Proximamente o goberno galego asinará un convenio para a potenciación do ensino do portugués en Galicia. Agora ben, a dita potenciación vai estar destinada á introdución do portugués como lingua estranxeira, non como fomento do galego, dado que galego e portugués son linguas diferentes.

16 Anónimo 05/07/2015 14:10

porque se suspenderon as axudas á educación en galego en cidades? se non se axuda iso, de que vale o seu departamento?

Anxo Lorenzo:

Non se suspendeu ningún tipo de axuda destinada ao ámbito educativo. Desde a SXPL continuamos apoiando o labor dos centros educativos no fomento do galego, orgtanizamos o concurso anual das letras galegas ao que se presentan os centros, acabamos de dar os premios de innovación en proxectos de normalización lingüística, seguimos preparando os seminarios de dinamización do galego que se celebrarán na primavera próxima, etc. Como pode comprobar, seguimos traballando arreo na promoción do galego no sistema educativo.

17 Anónimo 05/07/2015 14:10

Como valora a súa experiencia de ter facebook e twitter, e participar en animados cruces de opinións con outros usuarios. Un saúdo.

Anxo Lorenzo:

A experiencia é moi boa, teño capacidade para comunicar directamente o que estou a facer e teño retorno, o cal é positivo, aínda que ás veces máis que retorno teño 'ruído'.

18 Anónimo 05/07/2015 14:10

Os avós falan exclusivamente ,galego, os pais, menos e os netos case nada. Que podemos facer?

Anxo Lorenzo:

Afortunadamente non sempre é así. En calquera caso, e como non cereo nos milagres, penso que desde os poderes públicos e desde a sociedade (familias incluídas) debemos afrontar os tres retos: capacidade para falar, oportunidade de facelo e motivación. Sen conxugar eses tres aspectos, unha lingua ten unha situación social complicada.

19 Anónimo 05/07/2015 14:10

Porque españolizan cada vez mais o Galego?

Anxo Lorenzo:

Algúns pensan así e outros pensan que se está portuguesizando en exceso. Correspóndelle á Real Academia Galega a fixación da norma, e penso que están facendo un traballo serio e rigoroso.

20 Anxo Lorenzo 05/07/2015 14:10

Agradezo todas as preguntas recibidas e pido desculpas por non ter capacidade para respondelas todas. Ata outra!