Open uri20150703 3 wygc65?1435922638

El nuevo Secretario Xeral de Política Lingüística analiza
aspectos como la anunciada derogación del decreto sobre el
gallego o su intención de alcanzar un consenso lingüístico.

1 Anxo Lorenzo 05/07/2015 12:50

Ola, bo día a todos e todas, estou encantado de participar neste chat. Empezamos :-)

2 Anónimo 05/07/2015 12:50

Fai un mes, miña avoa estivo no hospital. A doutora que a atendeu non era galega e tampouco sabía moito o noso idioma. Foron incapaces de entenderse. Que sentido ten, pois, eliminar a proba de galego das oposicións?

Anxo Lorenzo:

O coñecemento de lingua galega non se elimina do acceso á función pública: faise unha proposta de cambio pero mantendo a necesaria acreditación do CELGA correspondente ou a realización dunha proba de galego (para os que non teñan CELGA). Respecto dos médicos/as, é preciso que coñezan a lingua galega, organizando cantas actividades formativas sexan precisas para que teñan un bo nivel oral e escrito de galego.

3 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Opina que los padres deben participar en el contenido del currículum escolar como Núñez Feijóo?

Anxo Lorenzo:

Creo que é posible conxugar a obtención dun coñecemento semellante de galego e castelán (así o di a LNL de 1983) coa atención ás opinións das familias, sempre e cando os recursos dos centros e da Consellería de Educación o permitan).

4 Anónimo 05/07/2015 12:50

Anxo, por que aceptaches este cargo?

Anxo Lorenzo:

Por responsabilidade.

5 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Dejará de estar segregado el castellano en la educación?

Anxo Lorenzo:

O castelán non está segregado da educación.

6 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Vai permitir escoller o idioma das asignaturas trocais?, e nese caso estaría a favor da separación por aulas ou centros?

Anxo Lorenzo:

Na miña opinión, a separación de linguas ou de centros por linguas non é un modelo válido para o contexto de Galicia. Eu sempre apoiarei un modelo de conxunción de linguas, onde se aprendan as dúas linguas cooficiais.

7 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿cree con sinceridade que o castelán está en peligro en Galicia?

Anxo Lorenzo:

Non.

8 Anónimo 05/07/2015 12:50

Hai unha gran falta de contidos normativos en galego na rede, por exemplo a academia galega ten un dicionario na web que non esta normativizado, pensan facer algo para amañar esta carencia?

Anxo Lorenzo:

Malia o esforzo de produción de materiais e de recursos para a lingua galega, seguimos notando carencias diversas, sobre todo no caso dos formatos electrónicos e a través da web. Insistiremos nesa liña durante esta lexislatura.

9 Anónimo 05/07/2015 12:50

Bo día, continuará o actual sistema dos certificados de lingua galega (Celga)? Grazas

Anxo Lorenzo:

O CELGA é un sistema de acreditación do coñecemento da lingua galega que está funcionando ben.

10 Anónimo 05/07/2015 12:50

Considera Vd. que son los padres quienes deben elegir la educación de sus hijos, en este caso la lengua en la que deben estudiar? O deben dejarlo en manos del gobierno, sea el que sea, que por cierto puede cambiar de color cada cuatro años.???

Anxo Lorenzo:

O goberno galego ten a responsabilidade de fixar o modelo educativo, que debe ter o máis amplo consenso político e social posible. As familias teñen moito que dicir tamén nas decisións sobre o modelo lingüístico da educación.

11 Anónimo 05/07/2015 12:50

Para cando unha medida impulsora e defensora do galego? ou todo vanse rderrogación e desprotección?

Anxo Lorenzo:

O goberno está poñendo en marcha iniciativas diferentes das do goberno bipartito. O obxectivo non é acabar co galego, nin moito menos. Nas próximas semanas anunciaremos liñas de actuación que insistirán nos obxetivos de fomento e promoción do galego en diferentes sectores sociais e institucionais.

12 Anónimo 05/07/2015 12:50

desearia saber si el proximo curso se va a pocer elegir el idioma de los libros de texto del bachillerato

Anxo Lorenzo:

O próximo curso seguirá en vigor o decreto actual.

13 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Cree con sinceridade que o galego está en peligro en Galicia?

Anxo Lorenzo:

O futuro do galego non está asegurado. É responsabilidade do goberno, das institucións e da sociedade galega garantir ese futuro.

14 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Han pensado poner a disposición de los profesores un buen corrector de gallego, actualizado a la normativa vigente?

Anxo Lorenzo:

Xa existen diferentes recursos electrónicos para poder utilizar o galego nas aplicacións ofimáticas máis estendidas. Con todo, insistiremos na actualización, mellora e ampliación dese recursos.

15 Anónimo 05/07/2015 12:50

Considero que vivimos en un país demócrata y obligar a estudiar en un idioma me parece regresar al franquismo, pero esta vez al revés. Qué opina al respecto?

Anxo Lorenzo:

O establecemento dun modelo lingüístico que leve a coñecer galego e castelán é tan propio dun país democrático como pagar impostos ou como estar obrigado a conducir pola dereita.

16 Anónimo 05/07/2015 12:50

Que opinión ten do comunicado da asociación FAES respecto a lingua Galega?

Anxo Lorenzo:

É un informe que demostra unha ampla desinformación sobre a historia social do galego.

17 Anónimo 05/07/2015 12:50

Seguiran sendo A Coruña, Vigo ou Ferrol cidades onde se unha persoa fala galego é porque e "da aldea ou do BNG"?

Anxo Lorenzo:

Hai moito traballo por facer nos contornos urbanos para o galego sexa unha lingua utilizada polos diferentes sectores sociais. Traballaremos arreo nesta liña pensando principalmente na mocidade.

18 Anónimo 05/07/2015 12:50

Que opina do manifesto que os científicos enviaron dende o exterior? ou pensa que as matematicas non se poden dar en galego?

Anxo Lorenzo:

En galego pódese impartir calquera materia: desde as matemáticas á bioloxía, pasando polo dereito, a historia, etc. Non podemos deixarnos levar por prexuízos nestas cuestións.

19 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Por qué el bloque dice Galiza? Me gustarái conocer si hay alguna razón etimológica, lingüística. gracias

Anxo Lorenzo:

Historicamente, Galiza é unha forma de amplo uso na documentación medieval. Tamén foi unha forma utilizada desde o século XIX, xunto coa forma Galicia. A forma oficial, recollida na lei de símbolos da comunidade autónoma, é Galicia. Pero a forma Galiza está recoñecida, con pleno valor lingüístico (que non legal), pola Real Academia Galega desde 2003.

20 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Como apoirás ao galego exterior: Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e As Ellas?

Anxo Lorenzo:

Insistiremos na realización dos convenios existentes coas CC.AA onde se fala a lingua galega, e prestaremos todo o apoio posible ás iniciativas que proveñan das zonas galegófonas do exterior.

21 Anónimo 05/07/2015 12:50

Cre vostede que na nosa sociedade o galego está normalizado?

Anxo Lorenzo:

O galego ten unha presenza menor do desexado en diferentes sectores da sociedade actual. Neses sectores é preciso desenvolver iniciativas e liñas de traballo que faciliten o uso do galego.

22 Anónimo 05/07/2015 12:50

Apoiaches un informe do Consello da Cultura sobre a política lingüística na última lexislatura, que incluía moitas propostas. Vas aplicar esas propostas que apoiaches?

Anxo Lorenzo:

As propostas de política lingüística son todas, en xeral, aproveitables, pero nada ten unha aplicación automática, por restricións económicas, de recursos humanos, e de prioridade política.

23 Anónimo 05/07/2015 12:50

Vaise facer unha enquisa aos pais/nais? Non sería interesante facela tamén ao profesorado nos centros de ensino?

Anxo Lorenzo:

Para a elaboración do novo decreto escoitarase a opinión de toda a comunidade educativa.

24 Anónimo 05/07/2015 12:50

Sr. Lorenzo. El periódico que soporta esta charla se publica en castellano, igual que todos los demás diarios gallegos no gratuitos. Si el gallego no sirve siquiera para leer la prensa local, ¿le parece exagerado que muchos padres temamos que se esté encadenando a nuestros hijos a una lengua sin futuro y sin utilidad práctica?. Gracias y suerte en el desempeño de sus funciones. Pablo. Coruña.

Anxo Lorenzo:

Hai medios que se publican en lingua galega, tanto na prensa xeneralista, na local e nos medios electrónicos. É certo que a presenza global do galego é inferior ao que sería desexable. É responsabilidade de todas, institucións, medios e lectores/as, buscar vías que permitan aumentar esa presenza do galego.

25 Anónimo 05/07/2015 12:50

Bo día, quixera a súa opinión acerca da prioridade de coñecemento das seguintes linguas: Castelán, inglés, galego e frances. Grazas

Anxo Lorenzo:

Entendo que as prioridades son as seguintes: coñecemento semellante de galego e castelán, e coñecemento de unha ou dúas linguas estranxeiras, principalmente do inglés. Debemos reflexionar sobre a necesidade de dispoñermos dun ensino plurilingüe.

26 Anónimo 05/07/2015 12:50

Feijóo fala da " Imposición do galego" durante a etapa do bipartito. Cree vostede que houbo " Imposición" ?

Anxo Lorenzo:

En Galicia, historicamente, a lingua que se impuxo foi o castelán. Durante o bipartito puxéronse en marcha iniciativas que non contaron co máis amplo respaldo político.

27 Anónimo 05/07/2015 12:50

Vai a Xunta tomar algunha medida para que a presenza do galego na rotulación dos comercios sexa favorecida coa fin de que acabe a súa invisibilización e permita que deixe de estar nesa posición de marxinación á que lle condena o castelán?

Anxo Lorenzo:

Apoiaremos liñas de actividade que animen aos diferentes sectores sociais a incrementaren a utilización efectiva da lingua galega.

28 Anónimo 05/07/2015 12:50

ACLARE DUNHA VEZ QUE MODELO LINGUISTICO VAN A POÑER EN PRACTICA NA ESO E PRIMARIA. UNHA NAI PREOCUPADA .GRACIAS

Anxo Lorenzo:

O novo decreto buscará que se coñezan os dous idiomas oficiais de Galicia por igual, e que se acade unha boa competencia nunha lingua estranxeira.

29 Anónimo 05/07/2015 12:50

De verdade cres que, cun Goberno do PP, pode haber avances no proceso de normalización?

Anxo Lorenzo:

A extensión social da lingua galega non pode depender do resultado electoral (aínda que poida influír nel). A 'normalización' do galego debe ser un obxectivo de toda a sociedade, porque apostar opolo coñecemento e uso do galego non debe interpretarse como un menoscabo do castelán. Temos dúas linguas e iso é unha enorme oportunidade para nós e para o país.

30 Anónimo 05/07/2015 12:50

Cal cre que son as eivas do actual Decreto do galego aprobado polo goberno anterior?

Anxo Lorenzo:

O principal problema é que non está apoiado por todas as forzas políticas.

31 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Coñece algún mozo galego, que estudase aquí, que non manexe perfectamente a lingua española? ¿e en galego?

Anxo Lorenzo:

Todos temos a impresión de que a mocidade coñece moito mellor o galego co castelán, sobre todo a mocidade urbana. Cousa lóxica, porque o uso dunha lingua serve para reforzar o coñecemento que temos dela. Non coñezo ningún rapaz(a) galegófono que non saiba falar castelán. Ao revés, si.

32 Anónimo 05/07/2015 12:50

Existe a posibilidade de que se formule un modelo trilingüe ao 33% galego-inglés-español no ensimo?

Anxo Lorenzo:

É unha posibilidade moi realista e útil, sen dúbida, cos axuste que cumprirá facer para facelo viable na situación actual de Galicia.

33 Anónimo 05/07/2015 12:50

Que opina vostede de que certos grupos pidan que a TVG, a única televisión que existe en galego, pase a ser bilingüe?

Anxo Lorenzo:

A TVG (e a radio galega) foron, e deberán seguir sendo, peza clave na recuperación social da lingua galega. Naceron con esa función e deberán seguila tendo. Non contemplo outra posibilidade.

34 Anónimo 05/07/2015 12:50

por que se segue discrimando o ensino do portugués en Galicia cando todos sabemos que temos unhas características que nos permitirían dominar esta lingua cun par de anos de estudio? Non ides entrar nunca nesta cuestión?

Anxo Lorenzo:

O ensino do portugués en Galicia debe estar na axenda educativa. Haberá que analizar como promocionar, con realismo, que a sociedade considere útil o coñecemento e uso da lingua portuguesa.

35 Anxo Lorenzo 05/07/2015 12:51

Sinto non ter tempo para contestar todas as preguntas recibidas. Grazas polos vosos comentarios e opinións e ata outra. Apertas.