Open uri20150703 3 12q94ob?1435922621

El nuevo jefe de los socialistas gallegos respondió a las
preguntas de los internautas sobre el papel que le aguarda a
su partido desde los bancos de la oposición y sobre su
propio horizonte político.

1 Manuel Vázquez 05/07/2015 12:50

O primeiro é saudar á toda a xente que está participando neste foro, agradecerlle a Voz a posibilidade de compartir este canal de comunicación e adquirir aquí en público o compromiso de non escaparlle a ningunha pregunta por complicada que sexa.

2 Anónimo 05/07/2015 12:50

Boas tardes, Sr. Vazquez. Eu quero que explique porque no goberno bipartito da Xunta, se fixo tanta, tanta xestión, e dicir, Galicia foi gobernada por tecnócratas, e porén, non se fixo absollutamente nada, pero nada de politica que é o que, en definitiva teñen que facer os políticos. Si vostede algún dia é presidente da Xunta, ¿volvería a facer o mesmo, e dicir, deixar as consellerías nas mans de técnicos que, a priori, saben moito do seu tema pero, a realidade, é que non son quén de conectar co pobo que, en resumo de contas, "quere ver" os seus gobernantes e non através do televexo sentados nos seus despachos e nos seus coches. Graciaal

Manuel Vázquez:

Está claro que fixemos moita xestión e pouca política. Abordamos temas estruturales deste país que eran necesarios desde fai moitos anos, pero quizá perdimos contacto cos movementos sociales e coa realidade do noso país. Estou convencido de que nesta nova etapa o elemento clave é reiniciar o cambio de abaixo arriba. Participando nas estruturas sociales, sendo os ollos e os oidos do noso país e facendo da participación dos cidadáns o elemento clave da nosa acción política. Reivindico a POLÍTICA con maiúsculas.

3 Anónimo 05/07/2015 12:50

O PP en Galicia sempre foi hexemónico. Agora volta ó poder.... e está moi rexuvenecido. ¿Non te preocupa?. ¿Non teremos PP para unha boa temporada?.

Manuel Vázquez:

O mesmo nos decían a nós cando chegamos. Hai Goberno para 12 anos. E mire onde estamos. Na oposición. Os cidadáns dan a confianza por catro anos e nos temos que ser capaces de recuperar o crédito daquelas persoas que confiaron en nós e lles faiamos. Fai catro anos ganamos por un puñado de votos e hoxe perdimos por outro puñado de votos. Galicia está fraccionada en duas metades electoralmente e nós temos que traballar para que o noso proxecto ilusione a todos os que de verdade queren un cambio neste país.

4 Anónimo 05/07/2015 12:50

Resulta inimaginable que el PSdeG pueda gobernar sin el apoyo del bloque, entonces ¿por qué lanzar ese mensaje que tendrá que ser reformado en caso de tener posibilidades de formar gobierno?

Manuel Vázquez:

Calquer partido político ten que iniciar o seu proxecto con vocación de conseguir a confianza maioritaria dos cidadáns. O gobernar en maioría minoritaria, a pouco que varien dous ou tres escanos en cada formación política, non sería descabellado. Nós vamos a traballar nun proxecto propio para Galicia. Sen presas. Sen atallos. Garantizandolle a quen nos vote que non vamos a defraudar a súa confianza e buscando un cambio estrutural en Galicia.

5 Anónimo 05/07/2015 12:50

pensa renovar os cabezas de lista das princpais cidades galegas

Manuel Vázquez:

Estamos orgullosos de representar aos cidadáns nos gobernos das grandes cidades galegas. Vamos a traballar para incrementar os nosos apoios. Cada cidade ten vida propia na política municipal e cando chegue o momento abordaremos caso por caso. En colaboración coas agrupacións locales e cos grupos municipales. Buscando o millor para cada caso.

6 Anónimo 05/07/2015 12:50

Por que ataca tanto ao presidente Feijoo? Non cre que en 4 anos que estivo no goberno puido facer o que lle está esixindo ao sr Feijoo en 15 días?

Manuel Vázquez:

Feijoo estase atacando el solo. Incumplindo en 15 días todo o que dixo en campaña. Nós aceptamos o resultado electoral e trataremos de colaborar con este goberno, pero comenzar nomeando a personas que falsificaron certificacións de obra ou que cometeron irregularidades para manter a súa plaza, como o señor Rueda, non é culpa da oposición. É culpa de quen os nombra. De todas maneiras insistimos na nosa vontade de diálogo para buscar solucións para Galicia.

7 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Hasta cuando un PSdeG teledirigido desde Madrid?

Manuel Vázquez:

Nós somos un partido con vocación socialdemócrata e galeguista. A nosa ideoloxía ten puntos comúns co PSOE nacional. En ningún momento somos teledirixidos e vamos afondar nesta nova etapa en facer que o noso partido se parezca cada vez máis o noso país. Queremos facer das sinais de identidade do noso galeguismo un complemento para a nosa política socialdemócrata.

8 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿en que se diferencia usted de touriño?

Manuel Vázquez:

Nin son millor nin peor. Son distinto. Seguramente vexo Galicia dende outro ángulo que complementa moitas das grandes virtudes que ten Touriño.

9 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Qué ocurriría si en el 2012 se diesen los mismos resultados que en 2005? ¿Volvería a incluir al BNG en el gobierno o intentaría gobernar en minoría?

Manuel Vázquez:

Se se deran os mesmos resultados non querría decir que volvésemos a gobernar. A nosa vocación é conseguir acadar unha maioría suficiente para gobernar solos. Incluso en maioría minoritaria.

10 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Qué valoración hace de las primeras semanas de gobierno del PP?

Manuel Vázquez:

É difícil dilapidar a confianza dos cidadáns en tan pouco tempo. Cada vez que fala un conselleiro ou o presidente é para decir que estamos mal, que nos vamos poñer un pouco peor e que hai bastante pouco que facer. O da honestidade e da transparencia durou hasta que nomeou o goberno.

11 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿Eestá dispuesto a recorrer todos los rincones de galicia desde ahora mismo?

Manuel Vázquez:

Adquirin o compromiso de co meu despacho esté na rúa. Gustame estar pegado ao terreo e coñecer a realidade do noso país, que é moi heteroxéneo. Sempre estiven recorrendo Galicia e agora teño que facelo máis.

12 Anónimo 05/07/2015 01:07

Buenos días, Sr. Vázquez: El PSOE perdió las elecciones, entre otros motivos, por la imposición lingüística, ¿Usted respetará el derecho constitucional de los padres a elegir la lengua oficial en la que quieren educar a sus hijos? Muchas gracias y buena suerte.

Manuel Vázquez:

Galicia ten dous idiomas oficiales. Galego e castelán. O idioma non se lle pode impoñer a nadie. Tampouco se pode segregar a nadie por razóns de lingua. Temos que buscar un acordo donde o respeto individual e as posibilidades colectivas de facelo teñen que conxugarse. Como político galego a miña obriga é, respectando as decisións individuales, traballar para defender o galego como ferramenta da nosa cultura e do noso país.

13 Anónimo 05/07/2015 01:07

Que opina vostede da idea de suprimir as delegacións da xunta no exterior e pasar ese función a centros afines o partido popular?

Manuel Vázquez:

O señor Feijoo non está adelgazando a administración pública. Está nomeando comisarios políticos que, con fondos públicos, van intentar controlar este país. O aforro e centesimal e, volvendo a tradición propia da dereita, está nomeando políticos do PP conocidos por todos polo seu sectarismo e a súa vontade contra o social.

14 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Cree Ud. que le ha pasado factura el apoyar posturas nacioalistas en una tierra que es tan española como gallega a la vez?, gracias de José Valeiras?

Manuel Vázquez:

Non cabe duda que o 83% dos cidadáns galegos non son nacionalistas. Quizá no Goberno anterior permitimos que posturas ideolóxicas nacionalistas se intentasen impoñer a toda a sociedade. Cada partido ten dereito a ter a súa ideoloxía, pero cando goberna non ten dereito a impoñerlla a toda a sociedade.

15 Anónimo 05/07/2015 01:07

En sanidad, ¿estaría dispuesto a exigir que algunos profesionales trabajasen sólo en la pública o en la privada?, es decir ¿estaría usted dispuesto a obligarles a escoger sólo una opción?

Manuel Vázquez:

O debate sanitario segue aberto. Está claro que hai que facilitarlle ao profesional unhas condicións laborales dignas, pero tamén está claro que cando se mesturan os intereses públicos e os privados, é moi difícil ver donde acaban uns e donde empezan outros. Fan falta máis médicos e considero que se debe establecer a búsqueda de acordos para definir o campo de traballo con respecto ao profesional pero defendendo sempre os intereses da sanidade pública.

16 Anónimo 05/07/2015 01:07

Un antes funcionario interino é hoxe presidente da Xunta. Na Xunta pasada a inmensa maioría dos cargos directivos procedían da docencia, non teño nada en contra, pero non cree que a veces a práctica, a experiencia na xestión vale mais ca teoría e as boas verbas

Manuel Vázquez:

Está claro que na política está ocupada maioritariamente por funcionarios. Temos que artellar sistemas para que os cidadáns podan participar na política sin menoscabo de non pertencer a estes corpos. Un país gobernado e dirixido por funcionarios en política (entre os que me incluyo) sempre terá unha visión parcial da nosa realidade.

17 Anónimo 05/07/2015 01:07

Vin que crearon unha secretaría de Novas Tecnoloxías, ¿que buscan con este feito?

Manuel Vázquez:

O que buscamos é ampliar a nosa base de participación. E a través das novas tecnoloxías intentamos escoitar e transmitir as nosas inquedanzas políticas. Conseguir que moitos cidadáns podan participar no noso proxecto a través deste sistema.

18 Anónimo 05/07/2015 01:07

Feijoo suspende a Lei de Pesca que entraba en vigor o próximo xuño, non lle parece unha práctica habitual que fan todos cando chegan ó poder e que é máis perxudicial que beneficiosa?

Manuel Vázquez:

Creo que cando nós chegamos non suspendimos ningunha lei. Suspender a lei de pesca -pactada con todo o sector- é un retroceso. Ábrese a porta a que os grandes intereses do sector diseñen un modelo contra os intereses dos traballadores.

19 Anónimo 05/07/2015 01:07

dado su anterior cargo como conselleiro de medio ambiente, ¿qué opina sobre la nueva estructura de la Xunta, en la que se integra dentro de una "superconsellería" junto a ordenación del territorio e infraestructuras? ¿Qué opina sobre la situación de Sogama?

Manuel Vázquez:

O modelo actual é o certificado de defunción da política medioambiental en Galicia. O PP fai desaparecer todos os mecanismos de control medioambiental e volvemos a época do desarrollismo a calquer custe. Sogama é a herencia envenenada dos gobernos do PP que significa optar polos modelos absolutamente contrarios as directivas europeas.

20 Anónimo 05/07/2015 01:07

Parece que toda a culpa do que pasou nestas eleccións foi do BNG, que parte asume o seu partido?

Manuel Vázquez:

A maior parte da culpa témola nós. Porque tamén tiñamos a maior parte do goberno. Gobernamos moito e fixemos pouca política. E ademáis dos erros propios non fumos capaces de impedir alguns erros do Bloque.

21 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Non lle parece a vostede, con independencia do resultado, que o Congreso Extraordinario e o proceso de renovacion conseguinte fíxose de forma moi apresurada e sin que houbera un verdadeiro debate nas bases do partido?

Manuel Vázquez:

Os nosos estatutos establecen tempos e formas. Intentamos sempre reducir ao mínimo a provisionalidade. Debatimos horas e horas en todas as agrupacións comarcais e celebraremos a conferencia política no mes de outubro.

22 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Van a llevar a la fiscalía sus denuncias sobre Hernández?

Manuel Vázquez:

Hoxe o grupo da Diputación de Pontevedra anuncia a vontade de levar ao xulgado a falsificación de obras deste señor.

23 Anónimo 05/07/2015 01:07

Ya se ha demostrado que hay dinero para el nuevo hospital de Vigo. Conrete qué piensan hacer para que la nueva Xunta lo construya como estaba previsto.

Manuel Vázquez:

Estamos sorprendidos pola insolvencia da conselleira de Sanidade. Solamente se explica na vontade de non construir o hospital de Vigo como parte inicial do ataque da Xunta á cidade de Vigo e ao seu alcalde. Non vamos a permitir que se retrase nin un solo día. E pediremos a comparecencia urxente no Parlamento.

24 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿qué lle parece que Feijoo pedise o traspaso de poderes o día seguinte ás eleccións e agora todo vaia ó ralentí, desde os nomeamentos claves ata a posta en marcha das famosas medidas urxentes do PP para afrontala crise?

Manuel Vázquez:

Teríamos que sustituir o eslogan do PP de «Empezamos» polo de «Estes non acaban de empezar». Os primeiros días, en vez de falar dos problemas dos cidadáns, solo son noticia os líos e as denuncias do Goberno. De medidas económicas, laborales e axudas aos sectores en crise, nin unha palabra. Tiña moita presa por chegar e ningunha sola solución para aplicar.

25 Anónimo 05/07/2015 01:07

Como médico que nos puede recomendar sobre la gripe A a todos y en especial a quienes somos de su comarca y donde cada verano regresan de México muchos emigrantes?

Manuel Vázquez:

Debemos de facer caso as medidas de prevención. Sin alarmarnos, pero atentos especialmente aqueles que viaxan ou veñen de México. Cada médico de atención primaria ten o protocolo que hai que seguir. Si facemos caso e estamos atentos, non debe haber nengún problema.

26 Anónimo 05/07/2015 01:07

Por qué nos habeis defraudado tanto?

Manuel Vázquez:

Nós cando gobernamos fixemos o mellor que soupemos. Seguramente con erros, pero tamén con moitos acertos. Non cabe duda que non era tan fácil conseguir o obxectivo. Nós tamén estamos doidos, pero non podemos rendirnos. Temos que empezar outra vez, correxir o que fixemos mal e conseguir aquelo polo que tanto estamos loitando, que Galicia se consolide como un país moderno e distinto.

27 Anónimo 05/07/2015 01:07

Sr. Vázquez, cuando van a dejar de mirarse a ustedes mismos y empiezan hacer oposición? llevamos casi un mes de nuevo gobierno y aún no han tomado en consejo ni una sola medida para atajar esta crisis.

Manuel Vázquez:

A nosa misión de oposición comenzou o minuto seguinte a tomar posesión. Coincido con vostede que o Goberno non plantexou nengunha sola medida para atallar a crise. Nós estamos dispostos a colaborar con eles en todo o que redunde en beneficio dos cidadáns.

28 Anónimo 05/07/2015 01:07

A que obedece que no derradeiro congreso, que tivo lugar na cidade de Pontevedra, os delegados non tiveramos a oportunidade de falar? Moitas grazas, Sr. Vazquez.

Manuel Vázquez:

O congreso tivo duas partes. Na elección de secretario xeral podían falar os candidatos á secretaria xeral e na ponencia política puideron falar todos os delegados que representaban a calquer delegación. Evidentemente, nun congreso extraordinario sempre está máis limitado ampliaremos as posibilidades de debate na conferencia política de outubro.

29 Anónimo 05/07/2015 12:50

cree usted que podra crear ilusion de nuevo a los votates socialistas para recuperar el gobierno?

Manuel Vázquez:

Eu a ilusión teñoa toda. Estou seguro de que somos un gran partido que acabamos de sufrir un revés por nosos erros, pero seguimos dependendo de nós mesmos. Si traballamos, e os homes e mulleres deste país perciben que temos un proxecto, estou seguro de que nos van a dar outra oportunidade.

30 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿No piensa que hace falta una renovación casi integral en los candidatos a alcalde por el PSdeG-PSOE?

Manuel Vázquez:

O PSdeG ven de facer nas últimas municipales unha gran renovación en todalas candidaturas con moi bos resultados electorales. Cada concello é un caso que analizaremos e estamos seguros de que vamos presentar unha oferta aos cidadáns nas municipais acorde co que esperan de nós.

31 Anónimo 05/07/2015 12:50

Sr. Vázquez: ¿es usted consciente de que en el partido le ven como "interino" en la Secretaría Xeral?

Manuel Vázquez:

Estou acostumado ao escepticismo cada vez que chego a un sitio. Que si son de pueblo, que non é para tanto, quén é ese, pero sigo aquí. Ca ilusión intacta, con todas as ganas do mundo e non teño dúbida de que se me vexo con forzas e co apoio da militancia estarei o tempo que eles decidan.

32 Anónimo 05/07/2015 12:50

¿va contar usted con las xuventudes socialistas de galicia ?

Manuel Vázquez:

Na nova estrutura do partido as xuventudes van ser unhas das pedras angulares do noso proxecto. Levámolo falado e teño o compromiso de apoiar eses proxectos para ser unha parte fundamental do futuro de Galicia.

33 Anónimo 05/07/2015 12:50

Eu quixera velo como Presidente da Xunta e ten todo o meu apoio. Pero e vostede... tamén quere?

Manuel Vázquez:

O compromiso político que acabo de asumir fai que lle adique todos os minutos da miña vida dos próximos catro anos a conseguir ese obxectivo. Porque creo que temos o mellor proxecto para Galicia e porque son consciente de que represento a ilusión de miles de homes e mulleres socialistas. Ganas todas.

34 Manuel Vázquez 05/07/2015 12:50

Gracias por todas as preguntas, contesteinas co corazón e desde a máis absoluta sinceridade. Espero poder seguir falando desde as páxinas do Partido Socialista de Galicia.