Open uri20150703 3 1mfi393?1435923918

La candidata del BNG en Culleredo, Raquel Jabares,
contestará a las preguntas de los internautas.

1 Raquel Jabares 05/07/2015 18:48

Bos días. Agradezo moito a oportunidade de La Voz de Galicia para ter un contacto cos meus veciños e veciñas.

2 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cuántos años más piensa seguir presentándose. Qué opina de lo que dice Rioboo de que 2 legislaturas son suficientes

Raquel Jabares:

Respeto todas as opinións. O problema é mantelas no tempo. Eu coido que os eternos mandatos fan perder a ilusión, e eu non caerei nese erro.

3 Anónimo 05/07/2015 18:48

Hola Raquel. ¿Que proyecto tenéis en mente para el deporte en Culleredo?¿Vais a poner en marcha esucelas deportivas en combinación con vuestros Clubes más representativos? Gracias

Raquel Jabares:

Fomentar o deporte de base é fundamental. O apoio aos clubes do Concello é un eixo vertebrador da política nacionalista por ser os máis achegados á realidade e os que precisan máis apoio da administración.

4 Anónimo 05/07/2015 18:48

Eres de las pocas que realiza sus compras en los comercios de su concello Como se explica que el gobierno local hace campañas bastante cutres por cierto en favor del comercioemrcio local en cambio la misma adminsitracion compra fuera del mismo empezando por la conselleria de Deportes .

Raquel Jabares:

Procuro ser consecuente e practicar o que predico. As campañas de comercio que se fan dende a área de Promoción Económica sempre están consensuadas co tecido comercial. En tempos de crise os recursos son limitados mais coido que o traballo en común mellorará a situación.

5 Anónimo 05/07/2015 18:48

que opina de la situcion k estan los operarios de fricosa en este momento y que opina de k los dueños dejen asi una empresa de mas de 40 años y una de las mejores de galicia, a 62 trabajadores en un ERE ?

Raquel Jabares:

É inadmisible. A Xunta de Galicia, unha vez máis, mostrou a súa ineficacia neste tema. A nova reforma laboral facilita despedimentos como estamos a padecer en Fricosa. O meu profundo apoio aos traballadores e traballadoras de Fricosa.

6 Anónimo 05/07/2015 18:48

que facedes cando se vos notifica que hay unha persoa mayor sin asistencia pois fai un mes que vos o notifiquei e ainda non fixestes nada cruz voluntar

Raquel Jabares:

Moitas veces a xente confunde os dependentes que ten que resolver a Xunta e os que dependen do Concello. Se o que vostede dí é así, exprésolle as miñas desculpas e fico á súa disposición para solventar a situación no menor tempo posible.

7 Anónimo 05/07/2015 18:48

Por que temos un centro de día no Burgo case vacío?

Raquel Jabares:

Pois habería que preguntarllo a Beatriz Mato (conselleira de Traballo e Benestar). É intolerable un centro feito con fondos públicos e mantido por todos nós, con unha lista de espera importante e familias que precisan este recurso. Dende o Concello seguiremos a dar a batalla para poñer un centro de día a disposición dos nosos veciños.

8 Anónimo 05/07/2015 18:48

para cando o saneamento total en Toroño, asfaltado, alcantarillado.....esta o carón do concello e parece que vivimos nunha selva......

Raquel Jabares:

O saneamento é unha prioridade no Concello, e en Toroño tamén. Próximamente contarán con este servizo.

9 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cree usted también, como invitados anteriores de la oposición, que hay que crear un parque de bomberos en Culleredo o es consciente de que es inviable. El Sr. Rioboo dice que como hay aeropuerto quiere bomberos, no sé si desconoce que en el aeropuerto hay un equipo de bomberos .

Raquel Jabares:

Non. E quen diga que o vai facer minte. O parque de bomberos de Arteixo só na achega que fai a Deputación provincial inviste 4 millóns de euros ao ano, máis a aportación da Xunta. É unha loucura un parque de bombeiros en cada concello, e quen o plantexa amosa unha xestión eficiente e unha promesa que non vai cumprir. O BNG propón a comarcalización do parque da Coruña e o de Arteixo: eficiencia da xestión dos recursos.

10 Anónimo 05/07/2015 18:48

quien cree usted que puede gobernar,y no me diga el BNG;porque eso no es factible

Raquel Jabares:

A verdade é que o BNG xa forma parte do goberno. E a xente que nos presentamos facémolo para gañar. Sabemos que máis nacionalismo en Culleredo é máis benestar para os nosos veciños.

11 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cree que el Sr. Sacristán es una persona facil de entender para gobernar

Raquel Jabares:

Como di o refraneiro popular, . A cidadanía dixo no 2007 que non quería maioría absoluta e que o nacionalismo entrara no seu goberno. Foi o que fixemos: buscar puntos de encontro e mellorar a vida da xente.

12 Anónimo 05/07/2015 18:48

Haga un ballance de estos 4 años de gobierno

Raquel Jabares:

Positivo, aínda que queda moito por facer. O benestar en Culleredo é hoxe referente na comarca. No 2007 o gasto social representaba o 5,5% do orzamento municipal. No 2011 case chegamos a 8 e con menos orzamento.

13 Anónimo 05/07/2015 18:48

no piensa usted que el haber estado en el gobierno le va a pasar factura

Raquel Jabares:

Xa se verá en maio. Nós presentámonos co programa electoral do 2007 cumplido e co garante do traballo ben feito.

14 Anónimo 05/07/2015 18:48

Va a renovar la lista en las próximas elecciones

Raquel Jabares:

Si. Xa presentamos a lista e combinamos renovación con experiencia. Non temos grandes fichaxes (empresarios...) senón veciños e veciñas normais conscientes dos problemas da cidadanía e, sobre todo, con moitas gañas de traballar. Para nós eles son as grandes estrelas da candidatura.

15 Anónimo 05/07/2015 18:48

QUE PIENSA USTED DEL CONSERVATOIRO DE CULLEREDO

Raquel Jabares:

Sempre defendimos, e así o mantemos, que o Conservatorio ten que ser comarcalizado. É un luxo para un concello como o noso poder ter acceso á educación musical, mais temos que darlle unha volta na xestión.

16 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cando vas a estar a altura dos teus veciñ@s e vas a dar o callo coma Isidro, tes moito que agradecerlle, e un currante polo noso concello?

Raquel Jabares:

A verdade é que o compañeiro Isidro ten unha experiencia no traballo nacionalista da que aprendo cada día. Personas coma el son un exemplo para a xente coma eu que entrou no nacionalismo cando todo era moito máis doado. Terei en conta a súa proposta e esforzareime por materializala.

17 Anónimo 05/07/2015 18:48

Ahora que ha gobernado piensa que no se pueden llevar a cabo todas las ideas que una tiene o prometer cosas que no se pueden cumplir

Raquel Jabares:

A experiencia no goberno ensínache que algunhas veces hai proxectos que non se poden levar adiante. A verdade é que esto xa o aprendín cando estaba na Deputación, por iso no programa do 2007 propoñíamos accións que ao longo deste mandato poidemos materializar. Para o 2011 seguiremos a mesma liña.

18 Anónimo 05/07/2015 18:48

Moi bos días. Gostaríame saber cáles son os eixos centrais da política do BNG en materia de promoción económica para tratar de dinamizar as áreas máis deprimidas económicamente e en dotación de servizos públicos como é o Val de Veiga. O certo é que non observamos a instrumentación dunha liña de planificación ben calibrada para o medio prazo e só se fan parches.

Raquel Jabares:

Sinto moito que teña esa percepción. Sen planificación en momentos como os que estamos a vivir é imposible facer nada. Por iso a previsión é o día a día na nosa xestión. O medio rural é unha parte importante do noso concello e como tal investimos esforzo e fondos en melloralo cada día. Sei que temos pendente o centro social en Veiga. Tentaremos facelo o antes posible.

19 Anónimo 05/07/2015 18:48

despues de sus desencuentros pactaria con Rioboo

Raquel Jabares:

Non creo cos pactos coas persoas, senón coas organizacións políticas. Nunca pactaremos con Rioboo.

20 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Cree que ha renunciado a su ideología con tal de estar en el gobierno?

Raquel Jabares:

Non. O grupo do BNG presentouse baixo unhas siglas que ten que defender. Creo firmemente na miña organización e procuro sempre facer pedagoxía do nacionalismo. Polo tanto, nunca renunciarei ás miñas ideas porque coido que son as mellores para Culleredo.

21 Anónimo 05/07/2015 18:48

Usted piensa que con la experiencia de estos años en el gobierno estaría capacitada para gobernar en solitario Culleredo en todos sus ámbitos

Raquel Jabares:

Non. Non creo nos gobernos presidencialistas e en solitario. Eu non concurro soa a estas eleccións, senón cun grupo humano preparado e capacitado. Si se refire a se a candidatura do BNG podería gobernar en solitario Culleredo, rotundamente si.

22 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Tiene algún proyecto en especial para las zonas rurales de Culleredo, por si no lo sabe, hay lugares sin alcantarillado, y un largo etc de falta de servicios?

Raquel Jabares:

En primeiro lugar, rematar a rede de saneamento. Tamén pensamos que o noso rural ten moitas potencialidades. Por ser breve, direille dous proxectos: faremos de Celas un proxecto turístico que será o motor do Concello en todo o entorno da rectoral, e poñeremos en marcha na zona rural un centro de biomasa.

23 Anónimo 05/07/2015 18:48

Son un cullerdense indeciso, ¿por que votarche a ti e non a Sacristán, Cañás ou Rioboo?

Raquel Jabares:

Porque o BNG é a mellor opción. A máis realista, a que máis achegada está á cidadanía, e a que ten como primeiro e único fin o benestar dos seus veciños. Ademais, defendemos os intereses da nosa xente alí onde temos representación (no Parlamento galego, no Congreso dos Deputados) e sempre coa mesma postura.

24 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Se chegases a ser alcaldesa, cales son os teus primerios proxectos ou medidas que levarías a cabo en Culleredo?

Raquel Jabares:

Queremos un concello pensado para a xente, polo tanto o benestar é fundamental. Priorizamos tamén a accesibilidade, tanto nos edificios municipais como nas nosas rúas, fomentamos o comercio local. En definitiva, o noso modelo é a cidade de Pontevedra, gobernada tamén por un nacionalista, como esperamos que esté Culleredo a partir de maio.

25 Anónimo 05/07/2015 18:48

Negar que ustedes manejan encuestas internas no tiene sentido ¿qué resultados estiman obtener el 22 mayo según sus cálculos?

Raquel Jabares:

Pois aínda que non o crea, non temos enquisas. Non lle vou negar que son coñecedora das que fixeron outras forzas políticas e son tan diferentes que non acredito en ningunha. Presentamonos para gañar e agardamos a enquisa do 22 de maio.

26 Anónimo 05/07/2015 18:48

QUE OPINA VD. QUE OS USUARIOS DOS S.S. DE CULLEREDO CONSUMAN MARCAS DE PRIMEIRA CALIDADE PAGADAS POR FONDOS PUBLICOS..

Raquel Jabares:

Son coñecedora de que nalgúns casos producese este feito, paréceme mal e este foi un dos motivos polos que se elaborou un regulamento de emerxencias sociais que xa está aprobado, pendente de publicación no BOP. Agora os veciños que precisen alimentos recibirán un lote dos mesmos na casa, correxindo así esta situación que non debe producirse.

27 Anónimo 05/07/2015 18:48

Se chegas a alcaldesa, ¿deselvolverás o proxecto de La Cros?

Raquel Jabares:

O proxecto da Cros foi unha proposta do PSOE. Neste mandato fixemos un redimensionamento do mesmo, os fondos están comprometidos e hai que rematalo. Asegurolle que independentemente de quen sexa alcalde ese proxecto vai seguir adiante. Cando esté rematado será un equipamento importante para os veciños.

28 Anónimo 05/07/2015 18:48

Creo que su posición en contra de la ampliación de Alvedro es equivocada ¿de verdad está segura de que A Coruña y su área de influencia (Ferrol, Carballo e incluso Lugo) no necesitan un aeropuerto? Por si usted no lo sabe, ir desde Lugo a Alvedro, lleva la mitad de tiempo que ir a Santiago (una ciudad 3 veces más pequeña)...

Raquel Jabares:

Ampliar Alvedro é unha irresposabilidade, non só polos custes ambientais e persoais que vaia acarrear, senon polos fondos públicos que se van a investir nel. É unha obra insostible, que leva a outras maiores. O tempo por desgraza, daranos a razón e non vai haber que agardar moito.

29 Anónimo 05/07/2015 18:48

Querida Raquel, queres ser Alcaldesa, e non fuches capaz de facer funcionar os Servizos Sociais de Culleredo nestes catro anos, que antes eran exemplo na comarca e agora son...., non che viría demasiado grande o cargo?

Raquel Jabares:

Respeto a súa opinión, pero non a comparto. O equipo de Servicios Sociais é excepcional e ten máis medios e máis profesionais que nunca. Coido que o que se ten feito nestes catro anos en Benestar en Culleredo é unha mostra de que os Servicios Sociais para pobres son uns pobres Servicios Sociais, é que universalizar os Servicios Sociais, é posible e fai que todos gañemos en calidade. Os datos son algo obxectivo e as 30.000 horas de axuda no fogar, o novo centro de Vilaboa e o ratio que temos por traballadora social, amósano.

30 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Que medidas tomaría para fomentar el empleo?

Raquel Jabares:

O presidente da Xunta de Galiza dí que non ten competencias en emprego ao parecer entregoullas todas ao candidato do PP de Culleredo. Sabemos que dende o Concello podemos contribuír a mellorar a situación, pero non podemos solventar o problema. Melloraremos as condicións dos polígonos industriais e seguiremos a apoiar ao tecido comercial e empresarial, para tentar manter o emprego.

31 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿No crees que es necesaria una ampliación del puente de O Burgo, no sé si estás al tanto del colapso diario que sufrimos los que por allí pasamos?

Raquel Jabares:

Sen dúbida, máis coido que isto só non resolve o problema. O problema do tráfico non pasa só por máis estradas senón por unha aposta firme e decidida polo transporte público, nesa zona en concreto, por deselvolver o tren.

32 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cómo melloraría o servicio de Bombeiros?

Raquel Jabares:

Como dixen anteriormente comarcalizando o parque da Coruña e o de Arteixo.

33 Anónimo 05/07/2015 18:48

cree que las personas que están con usted están capacitados para gobernar

Raquel Jabares:

Sen dúbida. Coido que para gobernar un concello non é preciso ser empresario, nin ter un máster universitario. Os concelleiros representamos aos nosos veciños e en Culleredo temos licenciados, estudantes, torneiros, e mulleres traballadoras. E así é a candidatura do BNG, xente normal e traballadora, con gañas de mellorar o seu concello.

34 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Como valora los problemas que han surgido en el BNG de Cambre?

Raquel Jabares:

Sempre é unha mágoa este tipo de conflictos. Agardemos que as partes se entendan e poidamos chegar a unha solución de consenso.

35 Anónimo 05/07/2015 18:48

qué cambios ha notado con respecto a compromisos desde que gobierna en la Xunta el PP

Raquel Jabares:

Pois o cambio foi radical. Nos dous primeiros anos de goberno en Culleredo, que coincidiu co bipartito, tivemos investimento para dúas galescolas, dous centros de día, un recinto feiral, un circuito de BTT, reformas no centro ocupacional A Escada, apoio para campaña de comercios é un longo etc. Co PP, nada, aparte das visitas de Beatriz Mato para inaugurar equipamentos construídos polo BNG.

36 Anónimo 05/07/2015 18:48

Se ha sentido cómoda con el gobierno compartido o piensa que podría ser de otra manera

Raquel Jabares:

Estaría máis cómoda se o BNG gobernase en solitario pero os veciños quixeron unha coalición en Culleredo. Os desencontros nunca trascenderon e sempre trouxeron decisións en positivo para os nosos veciños. Coido que as dúas organizacións políticas amosamos responsabilidade e priorizamos traballar polos nosos veciños.

37 Anónimo 05/07/2015 18:48

Ha cambiado la forma de ver las cosas al tener que gobernar que estando en la oposición

Raquel Jabares:

Pois sí, moitas veces os tempos e a burocracia non son o que eu pensaba cando estaba na oposición. Gobernar fíxome ver tamén que outro Culleredo é posible, é que con un goberno nacionalista pode ser realidade.

38 Raquel Jabares 05/07/2015 18:48

Moitas grazas a todos polas preguntas e as propostas. Sinto non poder ter contestado a máis cuestións. Fico á vosa disposición para seguir atendendo as vosas demandas no meu blog e na web do BNG. E como sempre estarei para atendervos no Concello ou onde coincidamos. Grazas.