Open uri20150703 3 rgc9pl?1435934581

null

1 Rafael Cuiña 08/07/2015 20:31

2 Anónimo 08/07/2015 20:31

Inicio del encuentro

3 Anónimo 08/07/2015 20:31

Cantos afiliados teñen nestes intres?

Rafael Cuiña:

O que lle podo dicir nestes momentos compromiso conforman doce forzas diferentes tanto de ámbito nacional como de ámbito local e a militancia é ampla. Para ser sinceiro non sei exactamente cantos conforman cada forza. O que si lle podo decir é que no noso congreso de primarias participaron preto de 2.000 persoas

4 Anónimo 08/07/2015 20:31

Buenos días Rafael, antes de nada, desearte mucha suerte. En el decálogo de bases políticas de vuestro programa, en el punto número 8, promovéis una mayor participación ciudadana en la política. Claramente estoy de acuerdo con esta propuesta, pero, como pensáis articularlo, a través de agentes sociales, representantes de asociaciones vecinales, etc, etc o por fin se va a utilizar esa fórmula, tremendamente constitucional y democrática, y de escaso valor en nuestros estados llamado Referéndum. He leído que apuestas por un estado federal, precisamente en ese tipo de estados, el referéndum es una figura indispensable para tomar las decisiones de mayor importancia para la población. Un Saludo y graciñas

Rafael Cuiña:

A min nestas circunstancias de fonda crise creo que é mais necesario que nunca escoitar a voz do cidadán como moi ben di vostede e artellar sistemas ao mellor análogos ao que está pasando en países como Suiza, para consultar cuestións absolutamente decisivas para a sociedade galega nun referendum. Ademais quero lembrar que temos feito a promesa de que á metade de lexislatura a nosa militancia e os nosos simpatizantes nun congreso votarán se os nosos cargos electos están á altura do que eles pensaban e en caso de que no sexa así, estarían obrigados a deixar o seu cargo público para pasar a telo o seguinte da lista.

5 Anónimo 08/07/2015 20:31

Ola. ¿Ve posible que forzas galeguistas moderadas cheguen a acordos co PP a longo prazo? Graciñas, Carlos. A Coruña.

Rafael Cuiña:

Sinceiramente a día de hoxe o veo moi complicado porque o PP coas súas políticas o que deixou claro é que a súa parte de militancia de alma galeguista é residual e polo tanto síntense máis cómodos en outras claves políticas nas que o galeguismo deixa de ter o pouso que tivo ese partido noutros tempos.

6 Anónimo 08/07/2015 20:31

Tanta ruptura dentro do BNG para que, ao final, saia o mesmo que entrou, de un partido de esquerdas a tres de esquerdas. Supoño que vostede, coma mínimo, consideraráse de centro ¿non era máis lóxico unha alianza de nacionalistas de esquerda -BNG- e outra de nacionalistas de dereita? Ó final CxG converteuse noutro partido que aspira a ser muleta do PSOE, con votantes de centro e nun país claramente ó centro-dereita.

Rafael Cuiña:

Non estou dacordo con vostede. Eu persoalmente o que me considero é profundamente galeguista e dende un punto de vista ideolóxico síntome máis achegado a correntes socialdemócratas como as que no seu momento representou Olof Palme que a outras ideoloxías que podían estar máis cómodas na forza na que eu antes militaba.

7 Anónimo 08/07/2015 20:31

Señor Cuiña, que pasou para que unha persoa tan relevante como Teresa Táboas abondonara o proxecto de Compromiso?. Saudos e sorte.

Rafael Cuiña:

Creo que está vostede mal informado, pero Teresa Taboas é parte deste proxecto. O que pasa é que as súas actividades profesionais non lle permitían neste momento ir nunhas listas políticas, cousa que sí podería facer se as eleccións non se tivesen adiantado.

8 Anónimo 08/07/2015 20:31

compre aire fresco na politica galega. como pensan competir cos partidos poltroneiros galaicos? tera que morrer toda unha xeracion captiva da limpeza etnica e e cultural feita pola guerra civil e cuarenta anos de nacional fascismo para que a exista un relevo total ou seremos eliminados cultural,politica,economica e socialmente antes como identidade propia?

Rafael Cuiña:

Creo que este é o momento da esperanza e do "voto útil" porque eu considero voto inútil aquel que se está facendo ás forzas tradicionais que o que conseguiron coas súas políticas é en vez de xestionar o progreso desta terra, é simplemente xestionar a miseria na que nos deixan. Chegou o momento para outro tipo de forzas e para outro tipo de políticas, as que xa existen xa amosaron o seu alto nivel de incapacidade.

9 Anónimo 08/07/2015 20:31

Se o PP che ofrecera (antes de que te foras) un posto de saída nas súas listas, ¿abandonaríalo o PP?

Rafael Cuiña:

So alguén que non me coñeza pode pensar que eu podo venderme por un postiño como me consta que fixeron outros esgrevios próceres do nacionalismo galego.

10 Anónimo 08/07/2015 20:31

Teñen enquisas dende dentro do partido?

11 Anónimo 08/07/2015 20:31

No caso de que non acade escano como deputado, ¿vai vostede manter o seu Compromiso por Galicia ou ten intención de marchar desta formación?

Rafael Cuiña:

Por suposto, este é un proxecto a longo percorrido e xa estamos preparando como decía antes o noso congreso constituínte cara fin de ano e incluso as nosas comarcas para as futuras eleccións municipais. Non é que teña a obriga de decilo neste momento, mais estou convencido que acadaremos representación parlamentaria, que será decisiva para mudar políticas que levaron a esta terra a estes altos niveis de empobrecemento.

12 Anónimo 08/07/2015 20:31

Boas tardes. Ten CxG algunha proposta concreta para acabar coa sangría do rural galego? Grazas e moito ánimo. Daremos a sorpresa?

Rafael Cuiña:

Eu vivo nunha comarca rural na que este tipo de temas son especialmente trascendentes. Apostamos polo potencial da nosa gandeiría e o noso agro e o que nos gustaría é que esa gandeiría fose altamente especializada para poder competir con outros mercados a día de hoxe saturados e cos que difícilmente agora mesmo poden competir os nosos productos. Sen dúbida o rural galego ten que ser unha das craves para sair desta salvaxe crise na que nos meteron algúns que tan cómodos están na súas casas.

13 Anónimo 08/07/2015 20:28

Carlos Aymerich (escindido de +G) e Juan Fajardo (Izquierda Unida/ Cayo Lara) son dous dos seus contrincantes na provincia. Qué opinión lle merecen? Aperta .

Rafael Cuiña:

O señor Aymerich ten unha especial teima conmigo, probablemente porque a día de hoxe dun xeito democrático, lidero na provincia de Pontevedra a un partido que non quixo seguir polo camiño que él quería marcar. como el sempre me chama "escindido" do PP eu convídolle unha vez máis a contar por que sigue no BNG e a cambio de que promesas de postos políticos decidiu finalmente quedar. Ten o problema que para él podo ter mais ou menos credibilidade dicindo isto pero que hai ex compañeiros del decididos a contar o porque de determinadas traizóns. Con respecto ao señor Fajardo, pouco teño que decir, máis que eu son membro dun partido que quere que os centros de decisión estean nesta terra. A formación do señor Fajardo os ten claramente en Madrid. Por certo, é absolutamente lexítimo.

14 Anónimo 08/07/2015 20:31

Ola! Anímese a unha aposta para o 21-O. Moita sorte!

Rafael Cuiña:

O PP non terá maioría absoluta, e CxG será decisivo para o futuro goberno desta terra.

15 Anónimo 08/07/2015 20:31

Que opinas de la vertiente que opina que eres un infiltrado del PP en un partido de izquierdas?

Rafael Cuiña:

Que teñen un evidente problema de apreciación

16 Anónimo 08/07/2015 20:31

Es probablemente el candidato más atractivo junto con Feijoo. Cree que eso influye?

Rafael Cuiña:

Se ese tipo de cousas fosen certas, dirían moi pouco do nivel da política galega.

17 Anónimo 08/07/2015 20:31

A D. Xosé Cuiña, seu pai, corría galeguidade polas veas e demostrabao en todas as súas actuacións. Lástima que Galicia non poida contar con él nestes momentos difíciles. Sente vostede o mesmo amor por Galiza?

Rafael Cuiña:

Pois é evidente. Eu "mamei" ese galeguismo e polo tanto a miña resposta non podía ser outra.

18 Anónimo 08/07/2015 20:31

Non cre que votals pola Coruña e tirar o voto?o único voto útil é en Pontevedra xa que vostede é o único con opcións reais?

Rafael Cuiña:

En absoluto, volvo a decir que o voto útil é aquel que vai a formacións que ofertan outro xeito de facer políticas. E voto inútil é o que vai a formacións que ata a día de hoxe demostraron un alto nivel de incapacidade para xestionar esta crise.

19 Anónimo 08/07/2015 20:31

Buenas tardes; en el caso de que CxG obtuviera representación parlamentaria y de que el PP no alcanzara la mayoría absoluta, ¿a qué fuerzas apoyaría?. Creo que es algo que les gustaría saber a sus posibles votantes, entre los que me incluyo. Gracias y suerte!!

Rafael Cuiña:

Nos temos unhas liñas vermellas que son acadar os maiores niveis de autogoberno e a defensa radical dos sectores públicos e a rexeneración democrática. Creo que hai forzas que pola súa propia esencia están mais próximas a aceptar este tipo de cuestións que outras.

20 Anónimo 08/07/2015 20:31

Supoñendo que fose elixido parlamentario durante 8 anos,ao rematar ese ciclo podería ocupar outro posto como concelleiro ou o que fora ou xa tería que abandonar a política?é unha dúbida que teño dunha dad vosas propostas...moitas grazas!ánimo dende Ordes!

Rafael Cuiña:

O noso compromiso é estar no Parlamento un máximo de dúas lexislaturas.

21 Anónimo 08/07/2015 20:31

como pensas que a chegada dunha forza galeguista mais no centro vai mudar a politica no pais?

Rafael Cuiña:

Perdón pola pequena desaparición, unha chamada de traballo me entretivo uns segundos. Adiante. Creo que o que é CxG é unha forza política que vai dende o galeguismo histórico progresista ate o que é a esquerda transformadora polo tanto non se pode considerar un partido de centro nin moito menos. Pero tampouco todo o contrario.

22 Anónimo 08/07/2015 20:31

Que opina de la independencia de Cataluña

Rafael Cuiña:

Eu creo que os pobos teñen dereito a conquerir a súa autodeterminación se así o desexan os seus cidadáns mais estou seguro que nestes momentos hai formacións políticas aproveitando un sentimento lexítimo para tapar con cortiñas de fume problemas de outra índole, neste caso económicos.

23 Anónimo 08/07/2015 20:31

¿Pensa que pode existir unha coalición de partidos integrado por ideas de esquerdas e de dereitas?

Rafael Cuiña:

Non é unha cuestión de dereitas ou de esquerdas, é unha cuestión de liñas básicas de actuación e máis en determinados momentos como este de fonda crise, nos que a lóxica e o pragmatismo poden combinarse coa necesaria rebeldía fronte as imposicións das políticas recortadoras de Bruxelas.

24 Anónimo 08/07/2015 20:31

Buenas tardes. Para cuándo la reducción drástica de los privilegios de los políticos (sueldos, pensiones, dietas, etc, etc ) . Por ahí se tendría que haber empezado para poder confiar en ellos. No le parece ?

Rafael Cuiña:

Pois eu creo que ben argumentada e máis que necesaria. Hai privilexios excesivos nun momento no que a sociedade está traumaticamente pasando por un momento tan complicado pero tampouco caiamos na demagoxia. Reducir sen dúbida, pero non a costa de teses coma as de Cospedal nas que hai unha evidente dobre moral.

25 Anónimo 08/07/2015 20:31

¿Por qué votar a CxG e non a AGE ou BNG?

Rafael Cuiña:

CxG é unha forza cos seus centros de decisión en Galicia, transversal, galeguista e transformadora. AGE é unha coalición entre unha forza nacionalista galega anticapitalista e unha formación comunista española e o BNG é unha forza comandada por ideoloxía marxista leninista que representa a UPG. Creo que as diferencias son evidentes.

26 Anónimo 08/07/2015 20:31

nos cen días de goberno, derogaría o decretazo da nosa lingua?

Rafael Cuiña:

Se fose posible facelo dende un punto de vista técnico o primeiro día, eu sen dúbida tería esa decisión tomada.

27 Anónimo 08/07/2015 20:31

Boas tardes. cal sería a primeira medida de chegar ao goberno?

Rafael Cuiña:

Acabo de decilo, a derogación do decreto do galego. E tamén me gustaría sentarmos a falar o antes posible dunha reforma do Estatuto de Autonomía para que sexa unha ferramenta decisiva para o futuro desta terra o que da a sensación é que algúns este tipo de cuestións non lles interesa.

28 Anónimo 08/07/2015 20:31

Os vossos 4 cabeças de listas som homes. Por que nengumha mulher? Que faredes para promover maior presença e participaçom da mulher em CxG e no país?

Rafael Cuiña:

A presencia da muller nas nosas candidaturas é abrumadora, tanto nos nosos órganos internos como nas nosas propostas de listas, mais diferentes circunstancias fixeron que persoas dese sexo chamadas a encabezar algunha lista determinada non o puidesen facer.

29 Anónimo 08/07/2015 20:31

Boas tardes. Cal é a súa posición con respecto á área metropolitana de Vigo?

Rafael Cuiña:

Eu creo que hai que reestructurar entre outras cousas, a ordenación municipal, que deben desaparecer as deputacións, que habería que potenciar os servizos mancomunados, que deberían desaparecer as propias provincias como ente territorial, porque a estructura de Galicia fai que sexa máis lóxica a potenciación das comarcas e, por suposto, unha moi estudiada fusión de municipios. O que si non pode ser unha área metropolitana é un foco de conflicto político para promoción de mentes obtusas que pensan que a política está por riba das persoas.

30 Anónimo 08/07/2015 20:31

Boas! Gustaríame que me indicase algunha das propostas de CxG para de defender a nosa terra, ecoloxicamente falando. Un saúdo e moita sorte.

Rafael Cuiña:

Consideramos que un dos potenciais económicos da nosa terra é o medio ambiente galego. Apostamos pola potenciación do que son as nosas especies autóctonas co seu inmenso valor e a desaparición progresiva do que son chamadas especies alóctonas que tanto dano dende o punto de vista ecolóxico levan facendo a esta terra. Temos un conxunto de medidas no noso programa electoral que podedes consultar e así vos convido a facelo. Pero para nos a loita ecolóxica é unha das claves para entender o que nos gustaría que fose o futuro do noso país.

31 Anónimo 08/07/2015 20:31

acaban curiosamente de boicotear a Mario Conde sacando a luz os trapos sucios, independentemente desta realidade, a quen beneficia eliminar a Conde e ao PP, non temen algunha campaña contra vostedes neste senso?

Rafael Cuiña:

Este tipo de cousas sempre pasan e supoño que non serán agradables. O que eu receto para estes casos é ter a conciencia tranquila e o demais son simples molestias temporais.

32 Anónimo 08/07/2015 20:31

Que che pareceu o debate de onte , entre Pachi e Jorquera

Rafael Cuiña:

Algún xornal titulaba hoxe na súa portada como soporífero o que onte escoitamos. Non vou a ser eu o que negue tal afirmación de destacados profesionais da información.

33 Anónimo 08/07/2015 20:31

Porque me tería que afiliar a CxG e non ao BNG ou a Alternativa?

Rafael Cuiña:

Pois porque aspiramos a ser o gra partido nacional galego no que moitos galegos se sintan representados sendo unha forza que traballa en positivo por esta terra, facendo achegas e non simplemente un grupo de cabreados como pasa con outros partidos políticos nos que a simple afirmación de que hai que paralos non conleva mais que unha evidencia sen alternativas para mudar determinado tipo de políticas.

34 Anónimo 08/07/2015 20:31

Ola. Que propostas ten CxG para que nos integremos no mercado laboral os parados con titulacións universitarias, pero sen experiencia previa? Grazas e sorte o 21O!

Rafael Cuiña:

Precisamente esta semana estamos presentando un plan de 70 millóns de euros para emprendedores nos que as empresas que aposten pola mocidade emprendedora terían ate unha subvención de 6.000 euros por persoa nova contratada e non se lle cobraría o primeiro ano a seguridade social a ese traballador. Tamén estudiaríamos a posibilidade, en función da coxuntura económica, de facelo o segundo ano, pero como somos xente seria, a día de hoxe non nos podemos comprometer á segunda parte da medida. Os niveis de paro xuvenil son altamente alarmantes e o único que estamos vendo é que a xeración mellor formada da nosa historia o que está facendo é de novo emigrar como pasou tantas veces nesta terra.

35 Rafael Cuiña 08/07/2015 20:31

Foi un pracer estar con todos vos. O meu agradecemento ó grupo Voz por esta oportunidade e que saibades que os membros de CxG teremos sempre a Galicia como medida de todas as cousas. Un saúdo.