Open uri20150703 3 8jdzo3?1435922605

Actor y director de doblaje desde 1986, es la voz
habitual de Harrison Ford, Paul Newman, Robert de Niro,
Garfield y la rana Gustavo, entre otros. En la serie
«Matalobos», que refleja la vida de unos narcotraficantes,
interpreta al jefe del clan.

1 Luis Iglesia 05/07/2015 01:07

Moi boas tardes a todos, aquí estou para o que teñades a ben preguntar. Preparados! disparen! lumeeeee.

2 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿preferirías actuar en las películas o te gusta más doblarlas simplemente?

Luis Iglesia:

Como actores/actrices de dobraxe o noso traballo consiste simplemente en re-crear os papeis que xa construiron outros actores, e facelo do xeito máis fiel posible. Cando traballas como actor de tv. , teatro ou cine tes que "construir" a personaxe, xa que logo isto é moito máis laborioso pero tamén máis satisfactorio. En definitiva somos creadores.

3 Anónimo 05/07/2015 01:07

Hola Luis!, fai 4 anos comencei a ver a nova tvg é gústame ver como en Galicia sabemos facer tamén tele de calidade, e tamén me din conta que se pode facer ficción de calidade, e o teu descubrimento una verdadeira ledicia noraboa. César ,Castro Ribeiras de Lea

Luis Iglesia:

Grazas César. Eu penso o mesmo, andivemos moito terreo e moi rápido. Por riba traballamos con moitos menos medios que en Madrid, por exemplo. Creo que o da ficción galega é un pequeno milagre propio do espirito de traballo e sacrificio desta terra.

4 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Qué sientes al oír tu voz salir de la boca de un gato?

Luis Iglesia:

O certo é que a voz sae do cerebro, Gartfield non fala, pensa. Sen dúbida foi unha das personaxes coas que mellor o pasei en 23 anos de dobraxe. Coido que ó final do encontro imos colgar un video cun rock de Gartfield cantado por Carmelo Matalobos, espero que vos guste, e que sirva para mellorar un pouco a imaxe deste home.

5 Anónimo 05/07/2015 01:07

de que perte es de galicia

Luis Iglesia:

De Riotorto provincia de Lugo. Como diría Pucho Boedo "non o digo moito porque non me gusta presumir". En calquera caso vivín en A Coruña, en Lugo e agora en Santiago. Gústame todo, son de bo dente.

6 Anónimo 05/07/2015 01:07

Hai quen pensa que o oficio de actor e moi doado. Poderías explicar a dificultade que supón dar vida a un personxe como Carmelo Matalobos?

Luis Iglesia:

É doado para os nenos. Os maiores témolo un pouco máis complicado. Para construir un tipo como Carmelo, que tan pouco ten que ver comigo, pártese dunha análise exhaustiva dos guións, logo estudas a súa composición "químico-moral" e reflexionas sobre onde pós os acentos para que a xente vexa ese ser humán que ti imaxinaches. Co dos acentos refírome á escolla de en que momento, por que e con quen se enfada, cando se pon tenro, cando cínico....., ó cabo actuar é unha cuestión de eleccións, só o público determina se estas eleccións foron as correctas.

7 Anónimo 05/07/2015 01:07

se plasma la realidad del narcotrafico actual en galicia, mi enhorabuena

Luis Iglesia:

Mesmo eu coido que a realidade supera a ficción. Tennos pasado de falar nun capítulo dunha descarga de por exemplo 3 toneladas e parecernos excesiva, pois ben, ó día seguinte lias na prensa que apreixaran un cargamento de 4 toneladas. Enfín, móvense moitos cartos con ese "negocio" e polo tanto moitos medios.

8 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Esperaba el éxito de la serie?

Luis Iglesia:

Eu teño moita confianza no público galego, adoita tardar un pouco en "engancharse" pero logo é dunha fidelidade absoluta. De todos é coñecido o caso de series como Pratos Combinados, que comezou cuns índices de audiencia non moi altos e logo arrasou durante anos, e como ese hai moitos exemplos o longo destes últimos anos. De todos os xeitos non esperaba que a acollida fora tan boa dende o primeiro capítulo. Só me queda dicir: "grazas a todos"

9 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Gústache máis a televisión ou o teatro?

Luis Iglesia:

O teatro é a "adrenalina" da interpretación: cando comeza unha función non hai volta atras, a xente está aí, todo e inmediato e vivo. En calquera caso eu teño verdadeira devoción pola televisión, e un medio no que me sinto moi cómodo, gústanme os tempos de gravación, os saltos de secuencias dun capítulo a outro, e todos e cada un dos oficios que rodean unha gravación. Por gustarme, gústame ata o stress. .

10 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Coñeces ós actores que doblas?

Luis Iglesia:

En vintetantos anos só coñecín a dous, un deles Miguel Angel Solá que me dixo o que máis lle pode gustar a un actor de dobraxe "Hablás como yo, respirás como yo". Emocionoume.

11 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Qué personaje le gustaría interpretar en cine?

Luis Iglesia:

Calquera que apareza. Non hai personaxes pequenos. Como dixo unha vez Lupi referíndose ó traballo dun compañeiro que brilaba con duas frases nunha película: "Sufisiente". Calquera traballo hai que facelo como se fose o meirande e o último que che vai tocar interpretar. Entre outras razóns porque ó mellor é así (perdón polo chiste negro)

12 Anónimo 05/07/2015 01:07

que calidades hai que ter para ser un bo doblador?

Luis Iglesia:

Permíteme que te corrixa "actor/actriz de dobraxe". Non quero que se enfaden os meus compañeiros. Agora en serio, o ser humano é o único caso na natureza no que se conxuga instrumento, instrumentista, e compositor. Un actor de dobraxe tén que ser un gran instrumentista e adestrar constantemente o instrumento. Hai que poñerse ó servizo do actor/actriz que dobras e intentar emular o que fan silaba a silaba. Logo hai que ter un dominio profundo do idioma no que tes que dobrar, e ó meu entender saber ler moi ben a xestualidade da persoa que tes na pantalla, especialmente os ollos. Contrariamente ó que se pensa, dobrase polos ollos, só se as palabras que escoitas van dacordo coa expresión da mirada é crible a dobraxe.

13 Anónimo 05/07/2015 01:07

cal é o teu xénero de cine favorito e por qué?

Luis Iglesia:

O bo. O certo é que co cine pásame como coa música, intento ver e oir de todo. Ainda que teño certa predilección polas películas de mafia, ¿por que será?

14 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿En que che cambiou a vida todo o éxito que ten a serie matalobos?

Luis Iglesia:

Non deixo que ma cambie, aínda que teño que recoñecer que a xente mírame raro pola rúa. Logo bótolles un pequeno sorriso e a cousa cambia.

15 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Cal é o actor ó que máis che gusta dobrar?

Luis Iglesia:

Moitos, gustábame moito dobrar a Jack Lemmond porque era moi dificil: falaba moi rápido, cambiaba constantemente de expresión na cara....era un reto. Non son nada mitómano pero teñolle moito cariño a Paul Newman, a Harrison Ford e a Robert de Niro.

16 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Le gustaría ser el nuevo Duque? Enhorabuena, la serie es buenísima

Luis Iglesia:

Podería ser o irmán maior, pero coido que a cousa vai por outro lado. Si é certo que me preparei físicamente para a serie, pero foi por unha razón dramática: pareciame que un tipo de moral tan dubidosa debía resultar atractivo, xa que a min como espectador gustanme esas contradiccións. ¿Non che pasa o de estar vendo unha película e preguntarte como me pode caer ben ese/esa desaprensiv@? - A min tamén. Grazas pola parte que me toca.

17 Anónimo 05/07/2015 01:07

Gustaríache traballar en Hollywood?

Luis Iglesia:

E a quen non. Como dicia Javier Bardem a primeira vez que foi a unha entrega dos oscars: "é como ir ó videoclub, pero telos alí"

18 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Qué aprecia más de ser actor, el reconocimiento mediático y profesional, su satisfacción personal o un buen sueldo?

Luis Iglesia:

O que realmente me motiva é a posibilidade de darlle vida a un "ser humano" a partires dun guión, e un pouco xogar ó doutor Frankestein, o recoñecemento da xente serve para ver se formulaches ben a composición emocional dese ser humano, e o do soldo.....enfín de algo hai que vivir, se vives do que máis che gusta no mundo e aínda por riba che pagan pois......

19 Anónimo 05/07/2015 01:07

cal é a túa película favorita? e o teu actor favorito?

Luis Iglesia:

Depende do día e do estado anímico. Non me gustaría citar unha/un porque significaría deixar de lado outr@s 1.000.

20 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Le ha servido su voz para ligar?

Luis Iglesia:

¿Quen dixo que eu ligaba? Sempre adoitan ser as mulleres as que escollen.

21 Anónimo 05/07/2015 01:07

¿Tiene algún parecido con su personaje en Matalobos?

Luis Iglesia:

Espero que non. Todos somos todo, todos albergamos todo tipo de sentimentos:ira, temperanza, ledicia...se non deixamos que se fagan demasiado grandes é unicamente por educación, crenzas, e por onde temos os límetes ético-morais. Estou seguro de que eu nunca chegaría a determinados abusos nos que cae, e caerá Carmelo.

22 Luis Iglesia 05/07/2015 01:07

Acabouse o tempo. Moitas grazas a todos pola vosa participación e por seguir a serie, espérovos hoxe aí polas 22:00 hs. na Galega. E para agradecervos o voso interese....dentro de breves momentos.... rock & roll.