Open uri20150703 3 vzivyx?1435922872

La Presidenta de Augas de Galicia respondió las preguntas
de los internautas sobre su organismo.

1 Ethel Mª Vázquez 05/07/2015 13:03

Boas tardes, estou encantada de estar aquí para contestar ás máximas preguntas posibles. Comezamos

2 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Que hacen con los residuos de la depuraciòn del agua??

Ethel Mª Vázquez:

Actualmente en Galicia existen xestores autorizado de residuos de lodos de depuradoras que son controlados pola Consellería de Medio Ambiente, non por Augas de Galicia e á súa vez na Consellería de Medio Rural existe unha Subdirección que controla aqueles lodos destinados a agricultura. De tódolos xeitos é un tema que se pode mellorar e como consecuencia a semana que ven Augas de Galicia licitará o Plan Rexional de Lodos de Depuradora de Augas Residuais.

3 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Vai quedar algún río para que os disfruten os nosos ríos ou vai ser todo embalses e canais de augas contaminadas sen vida?

Ethel Mª Vázquez:

A Consellería de Medio Ambiente non aprobará novos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos ata que estea redactado o Plan Hidrolóxico de Galicia Costa (documento técnico que definirá o estado das masas de auga) e en todo caso tendo en conta o alto nivel de aproveitamentos que xa teñen os ríos galegos, o criterio a seguir será altamente restrictivo e velando sempre polo Medio Ambiente. Por outra banda, en materia de saneamento é obxectivo desta Consellería acadar o bo estado das augas de Galicia para o ano 2015, dando así cumprimento á directiva Marco da Auga.

4 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Cuándo cree que estará ejecutada la EDAR de Vigo?

Ethel Mª Vázquez:

Antes do ano 2015. É prioridade da Xunta de Galicia a execución da depuradora de Vigo así como unha obriga contraída coa UE, en consecuencia desde a entrada do novo equipo directivo traballouse de forma exhaustiva para acadar con data 23 de outubro de 2009 acordo co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para a fórmula de financiamento e, con data 26 de novembro de 2009 aprobar en Consello da Xunta o gasto da aportación autonómica: 127 millóns de euros en 15 anualidades. Tamén contamos co informe xurídico favorable ao texto de convenio acordado.

5 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Qué ocurre con los vertidos de Porriño?

Ethel Mª Vázquez:

O saneamento da conca do río Louro está executado desde decembro de 2006, comezos do 2007, sen que o anterior goberno fixera xestións algunhas para poñelo en funcionamento. Desde maio do 2009, conscientes deste tema, Augas de Galicia licitou e adxudicou a explotación do saneamento da conca do río Louro e da EDAR de Guillarei, polo que se poñerá en marcha nos próximos días. Á súa vez iniciamos xa os trámites para a futura constitución dun consorcio e xestionar de forma adecuada as augas residuais de Porriño e resto dos concellos.

6 Anónimo 05/07/2015 13:03

Existen minicipios en Galicia que no cobran nada el consumo de agua ¿que piensan hacer para fomentar la recuperación de los costes de los servicios como marca la DMA?

Ethel Mª Vázquez:

A nova lei de Augas de Galicia que estamos a elaborar asume o principio comunitario de recuperación dos costes dos servizos relacionados coa auga tal e como marca a DMA. A súa vez e co obxectivo de fomentar e incentivar o consumo racional da auga créase o Canon da Auga con 4 treitos de consumo. Este canon da auga contará cunha tarifa social ademáis de ser destinado integramente a saneamento e depuración de augas residuais.

7 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Por que necesitamos a estas alturas unha nova lei de augas¿

Ethel Mª Vázquez:

O actual marco xurídico galego non está adaptado á nova política de augas que marca a directiva Marco da Auga, esta directiva establece varios obxectivos principais; obxectivos medioambientais (conseguir o bo estado das augas no ano 2015), obxectivos económicos (principio de recuperación de costes dos servizos relacionados coa auga) e obxectivos sociais (garantir a participación cidadá).

8 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Hay previstos Planes de Saneamiento para más rías, aparte de las del Burgo y la de Arousa?

Ethel Mª Vázquez:

Un dos obxectivos fundamentais de Augas de Galicia é acadar o bo estado das augas das rías galegas no ano 2015, polo que estamos a elaborar plans de saneamento locais en todas as rías galegs e a escala axeitada co obxectivo de controlar as augas pluviais tendo en conta as últimas técnicas de drenaxe urbano sostible e técnicas de control de augas pluviais. Esta estratexia será a seguir en todas as rías galegas.

9 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Es necesario pedir algún permiso para navegar por ríos en kayak o piragua como forma de ocio?

Ethel Mª Vázquez:

Para os ríos de Galicia Costa, é competencia de Augas de Galicia autorizar ese permiso de navegación. Existen formularios na web da Xunta para facer a solicitude formal.

10 Anónimo 05/07/2015 13:03

El Lérez y el Verdugo, entre otros ríos, son más rentables socialmente como ríos con vida que como máquinas de hacer watios, ¿cómo permite que esto suceda?

Ethel Mª Vázquez:

Ao igual que contestei anteriormente, salientar que a Consellería de Medio Ambiente non aprobará novos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos ata que estea redactado o Plan Hidrólóxico de Galicia Costa. En todo caso, tendo en conta o alto nivel de aproveitamentos nos ríos galegos, o criterio a seguir será altamente restrictivo.

11 Anónimo 05/07/2015 13:03

Los concellos abandonan las depuradoras recién inauguradas, por lo que las competencias hand e pasar a la Xunta, que ha de actualizar el canon de vertido y las tasas de depuración: ¿en qué situación se encuentra esto?

Ethel Mª Vázquez:

Na nova lei de Augas de Galicia declara de interese xeral, o Servizo de Depuración de Augas residuais, co obxectivo de resolver a problemática actual en materia de explotación de depuradoras. Actualmente estamos a tramitar o borrador de anteproxecto de lei que esperamos elevar ao Consello da Xunta. Unha vez entrada en vigor a norma coa súa publicación no DOGA procederemos a tramitar o regulamento marco do futuro canon da auga e do Servizo de depuración. Unha vez aprobados estes regulamentos estará implatado o marco de xestión de explotación de depuradoras.

12 Anónimo 05/07/2015 13:03

La modificación de las condiciones de drenajey la concentración de vertidos derivadas del urbanismo mal planificado, unido a la ocupación del medio fluvial ha dado lugar a problemas cotidianos de inundación. Si a esto añadimos las previsiones de cambio climático, en el sentido de aumento de la torrencialidad, el panorama no es muy optimista. ¿Que medidas piensan poner en marcha para contrarestar esta situación?

Ethel Mª Vázquez:

Actualmente Augas de Galicia está a elaborar o estudio sobre as zonas inundables en Galicia Costa, no que se propoñerán actuacións para resolver as posibles inundacións nestas zonas. Este estudio prevemos que estea rematado en xaneiro de 2010 e contando como base este estudio elaboraránse os proxectos correspondentes.

13 Anónimo 05/07/2015 13:03

Tasa de augas por consumo ou tasa mínima??

Ethel Mª Vázquez:

Entendendo a pregunta como o futuro canon da auga que se vai implantar coa nova lei de augas, indicar que este canon contará cunha tarifa social de xeito que existirán familias que poden pasar a pagar menos que co actual canon de saneamento. A estructura tarifaria está formada por 4 treitos de consumo, suma de cota fixa e cota variable de tal xeito que a tarifa incrementa se incrementa o consumo polo que se fomenta o consumo responsable da auga.

14 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿que autoridad moral tiene su organismo para sancionar un vertido a un regato, cuando permite a la ciudad de Santiago, entre otros muchos ejemplos, contaminar el Sar,con toda impunidad, porque su depuradora solo sirve para depurar un tercio de las aguas de los santiagueses?

Ethel Mª Vázquez:

Augas de Galicia realiza labores de inspección en todas as concas de Galicia Costa, que son nas que ten competencias en materia de xestión de dominio público hidráulico. En todos estos ríos, cando se produce algún vertido ilegal ou irregular incoháse o expediente correspondente e investigáse a súa procedencia e aos responsables.

15 Anónimo 05/07/2015 13:03

Las aguas subterráneas son las más eficientes y las grandes olvidadas en un mundo de ingenieros de caminos que quieren inaugurar más y más obras, ¿qué hace al respecto?

Ethel Mª Vázquez:

O Plan hidrolóxico de Galicia Costa que está a desenvolver actualmente Augas de Galicia e que será unha ferramenta básica para definir o estado das masas de auga e propoñer solucións conta cun apartado especial para as augas subterráneas de Galicia Costa.

16 Anónimo 05/07/2015 13:03

La acuicultura continental pide un canon de saneamiento más justo, ¿cómo van a abordar esta problemática?

Ethel Mª Vázquez:

Coa aprobación dos orzamentos do ano 2009 da Xunta de Galicia, autorízase un coeficiente corrector para o Canon de saneamento destas instalacións de xeito que o canon de saneamento vese reducido entre un 70 e un 99 por cento dependendo de cada caso.

17 Anónimo 05/07/2015 13:03

Por que Augas de Galicia nas súas licitacións sempre pon por diante aos enxeñeiros de camiños e deixa de lado a outros profesionais como enxeñeiros de montes e enxeñeiros técnicos forestais que tradicionalmente tamén teñen experiencia e coñecementos en ecoloxía fluvial e restauración de ribeiras por exemplo

Ethel Mª Vázquez:

En relación a este asunto, nos próximos días licitaremos o Plan de Rexeneración Medioambiental e posta en valor dos cauces públicos que verten á ría do Burgo, dado que é un plan que analizará o ecosistema fluvial e propoñerá actuacións de restauración e recuperación ambiental, no prego de licitación están previstos técnicos agronómos, forestales ou similares.

18 Anónimo 05/07/2015 13:03

Después de 8 meses en el Gobierno ¿Qué considera que está haciendo mejor la nueva Xunta en materia de aguas?

Ethel Mª Vázquez:

A xestión en materia hidráulica mellorou salientablemente en moitos aspectos, en primeiro lugar, estamos a traballar cunha planificación a escala axeitada, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, cousa que ata agora non se viña facendo. En materia de saneamento das rías galegas, modificouse radicalmente o criterio que se viña levando a cabo na lexislatura anterior. Estamos redactando plans específicos en cada ría para actuar na rede de colectores e estacións de bombeo para controlar as augas pluviais. A día de hoxe, ademáis, contamos xa cun borrador de anteproxecto de lei de augas de Galicia e coa aprobación do gasto da aportación autonómica para a EDAR de Vigo.

19 Anónimo 05/07/2015 13:03

La Fundación Nueva Cultura del Agua cuenta con un grupo de catedráticos y profesores de Universidad realizando el seguimiento de desarrollo de la Directiva Marco del Agua. la Xunta va atrasadísima en cumplir con las obligaciones de la UE. ¿Se toman en serio la Directiva Marco?

Ethel Mª Vázquez:

O cumprimento da Directiva Marco da Auga é un dos obxectivos desta Consellería, en consecuencia, estamos a elaborar o novo Plan Hidrolóxico de Galicia Costa e a tramitar a nova lei de Augas de Galicia que cumpre integramente cos principios da Directiva marco da Auga.

20 Anónimo 05/07/2015 13:03

buenas tardes queria saber cuando tendremos por internet como en otros muchos lugares de españa la informacion de niveles de agua de rios , ph , y otro tipo de informaciones-----gracias---

Ethel Mª Vázquez:

Actualmente, estamos a traballar para que na páxina web de Augas de Galicia, se podan consultar todos eses datos que solicita, evitando así o procedemento actual (solicitude por escrito e pagamento de tasas). Esperamos que entre en funcionamento no vindeiro ano 2010.

21 Anónimo 05/07/2015 13:02

¿Cuando empezarán las obras de la nueva depuradora de Ribadeo?

Ethel Mª Vázquez:

É competencia municipal, a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución da depuradora de Ribadeo. Polo tanto, á vista do estado actual de disposición dos terreos iniciaránse a comezos do vindeiro ano 2010.

22 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Se hará una única Administración Hidráulica en Galicia? ¿Qué efectos tendría?

Ethel Mª Vázquez:

Coa nova lei de Augas de Galicia crearáse a Axencia Augas de Galicia, fusionando Augas de Galicia e a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, evitando así as duplicidades existentes e ganando eficiencia e eficacia, ademáis de dar cumprimento ao compromiso de austeridade.

23 Ethel Mª Vázquez 05/07/2015 13:03

Foi un pracer respostar ás vosas preguntas, sinto non poder respostar a todas as preguntas por cuestión de tempo e espero poder facelo noutro posible encontro. Un saudo, gracias por todo. Bo Nadal