Data?1436006040

Músico, creador da serie Mareas Vivas, home da radio,
filólogo, columnista, poeta, narrador e dramaturgo. Esta
podería ser a carta de presentación de Antón Reixa se non
fora porque estaría incompleta.O artista vigués leva máis de
vinte anos na primeira liña da escena cultural galega,
sempre embarcado en aventuras creativas que o levaron desde
o seu destino de profesor a crear poemarios en CD-Rom ou
levar o cine "O Lapis do Carpinteiro" de Manuel
Rivas, o seu último proxecto.

1 Anónimo 04/07/2015 12:34

Dentro de unos instantes comenzará la charla con Antón Reixa

Antón Reixa:

Comienza la entrevista

2 Anónimo 04/07/2015 12:34

Xa te olvidaches do ensino?

Antón Reixa:

non, nunca tiven choio tan ameno. o pque non sei é se me olvidaron os meus alumnos

3 Anónimo 04/07/2015 12:34

Con Manoel Soto, ¿bebíase millor en Vigo?

Antón Reixa:

a hostelería é moi escrava pero os mostradores non deixan de ser obras de arte. a pesar, incluso, de soto.

4 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Qué foi da "movida" viguesa, aparte de certa endogamia musical?

Antón Reixa:

este ano celebramos o 20 aniversario (¿ou cabodano?) de siniestro total. ¿quen dá máis?

5 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Qué é mais difícil: escribir, cantar ou dirixir unha película?

Antón Reixa:

escribir ten a avantaxe de que só podes discutir contigo mesmo. nas outras cousas, pois, coñeces xente

6 Anónimo 04/07/2015 12:34

por qué cando asinas no periódico non pos un enderezo electrónico, pra estar comunicado cos que foron os teus seguidores dende fai anos?

Antón Reixa:

o meu enderezo é reixa@portozas-vision.com. vémonos

7 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Cal pode ser a atmósfera do "Lápiz do Carpinterio"?¿"O home tranquilo","Desaparecido" ou "O Expreso de medianoite"?

Antón Reixa:

unha mestura entre "cadena perpetua", "a vida é bela", pero sobre todo, o realismo máxico de cunqueiro, reencarnado e miltante en manolo rivas ¿serei capaz?

8 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Non cree que a tvg se está pasando con tanta repetición de Mareas e outras series e polo tanto o que se fai é fartar o espectador?

Antón Reixa:

si, pero os índices de audiencia seguen sumando bos resultados deberiamos ser espectadores máis crítico e máis activos.

9 Anónimo 04/07/2015 12:34

vendo a lista de cousas que xa fixestes... para cando un xogo de ordenador? e de que iria?

Antón Reixa:

hai cousas que nunca faría, por exemplo ser árbitro ou...un xogo de ordenador

10 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Vostede pensa que o galego desaparecerá?

Antón Reixa:

o último galego sobre o planeta seguirá tendo teima de falar só. é mais un problkema demográfico que de forma de ser. Aínda así, fáltanos coraxe.

11 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Qeu foi do Reixa que tocou no campo de fútbol de Maniños (Fene) cando a reconversión industrial de Astano?

Antón Reixa:

velaqui está. a reconversión é agora de vacas tolas e de caladoiros imposibles. "jei, jei resistirei" dicía a canción de os resentidos dedicada ó sector naval. Podemos actualizar a letra das estrofas pero o estribillo segue valendo.

12 Anónimo 04/07/2015 12:34

Cando comezou, facer cultura en galego tinha que ser militancia. Cres que eso cambiou, ou aínda non hai quen faga cousas en galego "sen querer"?

Antón Reixa:

eu son das primeiras xeracions de galegos sen complexos por iso sigo sendo galego e falando galego a propósito.

13 Anónimo 04/07/2015 12:34

Que e o que pensas que fai falla para que o audiovisual "autóctono" salga adelante?

Antón Reixa:

neste momento: empresas dinámicas e empresarios audaces que acompañen o talento e optimicen os recursos humanos. Pero sobre todo, que teñamos boas historias que contarnos e que contarlle ó mundo.

14 Anónimo 04/07/2015 12:34

Como valoras esta cousa do bravú? En que estado cres que está actualmente?

Antón Reixa:

O bravú foi bastante mellor emáis intenso ca todo o que ocorreu no pop galego dos 80. Agora comeza a resentirse de non ter o apoio dunha industria cultural normalizada e por iso comeza a repetirse.

15 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Que actor ou actriz de "Mareas" fala moi ben o galego?

Antón Reixa:

Carlos Blanco e miguel de Lira.

16 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Por qué se marchó de Mareas Vivas?

Antón Reixa:

Porque o importante era poñelo en marcha, por intentar facer cousas novas e porque teño un sentido libre da profesionalidade dun artista.

17 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿A popularidade póno do lado do poder na Galiza?

Antón Reixa:

Non, ó revés, pon o poder do meu lado, do lado dos recalcitrantes coma ti e coma min.

18 Anónimo 04/07/2015 12:34

que tipo de talento cres que está máis desaproveitado en galicia?

Antón Reixa:

o da néboa, como forma de vida.

19 Anónimo 04/07/2015 12:34

Xa que os da Voz fixeron nestes días un debate sobre o feísmo arquitectónico de Galicia, qué opinas do tema? É certo que ten estropeado a paisaxe galega?

Antón Reixa:

Si. hai que facer unha revolución contra a esquizofrenia do ladrillo e do cemento. O que se constrúe mal, destrúese ben.

20 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Vas facer unha adaptación fácil del lápiz?

Antón Reixa:

Custoume moito traballo escribir o guión, xunto co meu compañeiro Morais. Esperamos que a película poña orde visual nunha historia escrita como un puzzle poético. Iso foi o máis difícil.

21 Anónimo 04/07/2015 12:34

reixa presidente. que seria o segundo que faria?

Antón Reixa:

dimitir.

22 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Pensa que nos anos oitenta había mais espíritu, mais libertade de creación?

Antón Reixa:

si, pero había máis frivolidade. Agora hai máis monotonía pero máis ansiedade por cambiar os temas e as formas.

23 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿crees que Galica ten "Voz" ou aínda queda moito que falar?

Antón Reixa:

Sobre todo, faltan berros.

24 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿deixaste de lado a túa faceta cantante?, ¿non pensas volver como outros o fixeron?

Antón Reixa:

non descarto facer a miña aportación ó cambio climático.

25 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Economía sumerxida = empresa boyante?

Antón Reixa:

Galicia é na actualidade un país semi-sumerxido. Entre outras, habería algunhas narco-razóns para que se falase máis disto.

26 Anónimo 04/07/2015 12:34

segue habendo pánico a un planeta basco?

Antón Reixa:

Parece que si. hai que pelexar pola paz. pola democracia, a favor das víctimas e a favor da liberdade de pensamento. Iso é bo para todos, porque todos somos nacionalistas dalgún sitio.

27 Anónimo 04/07/2015 12:34

tecnofilo ou tecnofobo?

Antón Reixa:

tecnófilo pero patoso.

28 Anónimo 04/07/2015 12:34

por que galicia ten eucaliptos e non koalas?

Antón Reixa:

porque hai moito raposo.

29 Anónimo 04/07/2015 12:34

Unha festa con Fermín Muguruza, Manu Chao, Emir Kusturika,... ¿Quén mais invitamos?

Antón Reixa:

a Public Enemy, a John Malkovitch, a túa prima, a miña, a quen ti queiras.

30 Anónimo 04/07/2015 12:34

pregúntaste algo dos que estamos preguntando?

Antón Reixa:

¿a que dedicades o tempo libre?

31 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿tes morriña cando estas fora ou eres un cidadán do mundo?

Antón Reixa:

teño morriña do mundo.

32 Anónimo 04/07/2015 12:34

Tiene algo que decir Manuel Rivas en el guión dé la película sobre "O Lapis"?

Antón Reixa:

De momento dixo todo o que quixo e foi unha gran luz para os guionistas. Pero o mello será a súa participación "in person" como fusilado na película.

33 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿Por qué no existen más adaptaciones cinematográficas de literatura gallega actual?

Antón Reixa:

Porque aínda se fai pouco cine en Galicia.

34 Anónimo 04/07/2015 12:34

hay que sacarlle punta "o lapis do carpinterio"

Antón Reixa:

Claro que si. A punta da historia, por exemplo, Galicia non foi un país sumiso ó golpe militar de 1936.

35 Anónimo 04/07/2015 12:34

Arde Galicia o só fumea?

Antón Reixa:

Ollo que despois dos incendios e dos terremotos poden vir o volcáns ¡carallo co fume!

36 Anónimo 04/07/2015 12:34

Hola, muy buenas, para cuando un cambio de imagen?

Antón Reixa:

Primero teño que ter imaxe. logo xa o pensarei.

37 Anónimo 04/07/2015 12:34

No he leído el libro de Rivas, cuál es la crítica que de él ha ce el director de la película

Antón Reixa:

La emoción poética de la resistencia, de la pasión, la aventura de vivir a pesar de todo.

38 Anónimo 04/07/2015 12:34

¿qué tal actor es Manuel Rivas?

Antón Reixa:

Depende do director.

39 Antón Reixa 04/07/2015 12:34

¿cando se come aquí? GRACIAS.