Open uri20150704 3 1pqssq7?1436006608

Inma López Silva, premiada en certames literarios coma o
Manuel Lueiro Rei ou o Modesto R. Figueiredo, é autora da
novela Neve en abril (Premio Rúa Nova,
1996) e do libro de relatos Rosas, corvos e
cancións
(2000). Coa novela
Concubinas obtivo o Premio Xerais de
Novela 2002. Xosé Miranda é escritor de múltiples
rexistros, recoñecido cos máis importantes premios que se
conceden en Galicia: Premio M. Figueiredo (1988) de
narracións breves por Na terra sombría;
Premio M. García Barros (1990) de novela por
Historia dun paraugas azul, Xerais, 1991;
Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (1995) de poesía por Amantes
e viaxeiros; Premio Esquío (1997) de poesía por
Permiso para o corso; Premio Xerais
(1998) de novela por Morning Star, Xerais, 1998; e Premio
Neria-El Correo (1999) de periodismo. Con Pel de
Lobo
obtivo o Premio Merlín 2002

1 Inma López Silva e Xosé Miranda 04/07/2015 12:43

Inma: Estou encantada de estar nun encontro na rede. É unha experiencia novidosa e estou disposta a responder a todos ós internautas. Xosé: Digo o mesmo que Inma.

2 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Es cierto que muchos escritores escriben pensando en el gusto de los jurados o en ser seleccionados como texto obligatorio en los institutos?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: No meu caso non é así en absoluto e penso que na maioría dos escritores tampouco, polo menos nos que eu coñezo. Creo que se trata dun mito, como moitos outros que circulan sobre a literatura e os escritores. Inma: Eu non sei o que poden pensar ou facer os demais escritores e en todo caso non me parece xulgabel. Eu persoalmente procuro non pensar, nin imaxinar sequera, o que pode pensar o xurado pois senón non escribiría.

3 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Escriben ustedes por necesidad o por gusto?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Eu por necesidade e por gusto. Inma: Eu por pracer, porque son hedonista.

4 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Pensan que o premio vai cambiar á sua relación coa literatura?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: Non no sentido de que posiblemente non cambie nin a miña maneira de escribir, nin a miña maneira de entender a escrita, como un acto persoal e íntimo. Pero sí no sentido público; desde logo que a miña relación co sistema literario xa é outra. Xosé: No meu caso, buscaba un recoñecemento no ámbito da literatura xuvenil similar ó que tiña na literatura para adultos por eso creo que o Premio Merlín mo vai dar. Nese sentido tamén cambia a miña relación co sistema literario.

5 Anónimo 04/07/2015 12:43

Se imaxinan que un escrito seu aparecera no futuro nunha colección que resumira as letras galegas, como a Biblioteca 120?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: A pesar do nova que son, non creo que poida ver dentro de 100 anos, aproximadamente, unha nova colección conmemorativa, tendo en conta que esta iniciativa da Voz acaba de ter lugar... Non sei, non me imaxino nada diso polo momento... Xosé: Eu imaxínoo perfectamente. De feito, un libro meu xa está nesa colección. E Inma estará nunha similar moi logo.

6 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿é posíbel viver da literatura? Noraboa polo premio

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Xa hai quen vive. E o peor é que hai quen vive do conto. Inma: Efectivamente, parece que hoxe por hoxe esa non semella unha opción imposíbel... aínda que non sexa habitual nin maioritaria. Sen embargo é importante que a pregunta xa non teña que ser proposta en termos futuríbeis ou fictivos. Iso significa que algo comezou a mudar. Sen embargo, quizais vivir da literatura implique ser menos libre á hora de escribir. Creo que iso é verdadeiramente o que nos deberiamos plantexar nun posíbel debate.

7 Anónimo 04/07/2015 12:43

Cren que son malos tempos para a literatura

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma e Xosé: Para a literatura non son malos tempos en canto á creación. Pero o problema está na comercialización e no número de lectores, e non só en Galicia. Quizais os tempos non sexan tan bos para o mundo editorial e para o respecto pola palabra nun mundo en que predominan as imaxes.

8 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Por qué escribir en gallego, cuando hay menos lectores?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Porque somos galegos e eu non estou en contra de ningún idioma, pero penso que primeiro hai que empezar polo noso. Inma: Porque de momento non me sae escribir noutra lingua. Se cadra un día destes comezo a escribir en francés. Ademais, ¿é unha literatura mellor ou máis importante se ten millóns de lectores?

9 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Non creedes que o mercado reaccionaría doutra maneira se os medios audiovisuais (TVG, Radio Galega, etcétera. ) se comprometesen abertamente na promoción do libro galego? Imaxinádevos a de livros que se venderían para este Nadal...

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: SI Inma: TAMÉN.

10 Anónimo 04/07/2015 12:43

Para Inma: Bótase de ver que as rosas son importantes para tí. Xa o eran no libro de relatos e vólveno ser en Concubinas. ¿por qué?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: As rosas son as flores que, persoalmente, máis me gustan. Ademais creo que, nun sentido simbólico, por pura tradición, arrastran unha chea de matices que son moi útiles á hora de empregalas coma recurso literario. Non só veñen sendo a imaxe da beleza e a perfección estética, senón que as rosas estiveron presentes nas lendas e na literatura universal de tódolos tempos. Paréceme interesante dialogar con ela a través de algo tan pequeno e á vez tan grande.

11 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Cómo percibe vostede a situación do sistema literario galego, como crítica e escritora, cales consideraría que son as súas virtudes e as súas carencias?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: É unha pregunta difícil de responder nun espacio tan reducido. A situación do sistema literario é paradóxica: nun mundo en que se perden falantes en galego nunca se escribiu nin se publicou tanta literatura galega. Nese sentido, parece que os tempos que corren son bos para a creación e regulares para unha hipotética lectura... ¿Como manter iso se dentro dun certo número de anos quizais non haxa lectores para manter tal volume de producción? Persoalmente, esa é a cuestión básica que máis me preocupa, entre outras coma os problemas de planificación editorial, o lugar do teatro dentro do sistema literario (¿ulo?) ou a presencia da muller, alén da práctica ausencia de xéneros interesantes como o ensaio.

12 Anónimo 04/07/2015 12:43

Xose: influiu algo a obra de Phillip K. Dick na tua?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Naturalmente, pódese ver en "Ariadna" e nun tema que é recorrente na miña obra, o dos clons e os xemelgos, que son clons naturais, no desdobramento das personalidades, etc. Eu falo de Dick en "A biblioteca da Iguana". Creo que é un autor ben interesante e, a pesar do cine, ou por iso, pouco comprendido.

13 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Cantos exemplares se poden vender dun libro xuvenil? ¿Paga a pena?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Pódense vender moitos ou moi poucos. Depende de tantas cousas...Pel de lobo leva de momento 4.000 exemplares vendidos. Creo que non está mal. Pero hai exemplos en Galicia de moitísimas máis vendas. Merece a pena.

14 Anónimo 04/07/2015 12:43

¿Unha novela sobre o Prestige?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: xa escribiu varias Mariano Rajoy. E Cascos unha, na que ademais hai caza en terras de Lleida. Inma: unha novela... eu creo que se escribe só un vodevil... Ou un esperpento que ten como protagonistas as gárgolas horribeis de San Caetano.

15 Anónimo 04/07/2015 12:43

A la Srta Lopez Silva; usa su experiencia personal para su obra, y en caso afirmativo, como considera que puede influir en el dialogo narrativo con el lector?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: A experiencia persoal de todo escritor, dun modo ou doutro, é o filtro desde o que contar historias, pois da nada non xorde nada, e vivir é o que nos permite escribir e tratar literariamente determinadas experiencias e temas que poden interesarnos. Pero no plano da novela, da FICCIÓN, a experiencia persoal está nun ultimísimo plano. O que conta é, xustamente, a coherencia interna, o mundo creado pola obra. Nese sentido, os diálogos establecidos co lector sempre terán que pasar polo filtro da narración, do pacto tácito de que sempre estará aí a dúbida sobre se o que se conta é verdade ou mentira. Mais, ¿importa realmente se é verdade ou non?

16 Anónimo 04/07/2015 12:43

En qué medida ayudan los premios a aumentar las ventas de una novela

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Na miña experiencia axuda moito. Dos meus libros vendéronse sempre moitísimo mellor os premiados. E eu non creo necesariamente que sexan os mellores... Se un repasa a lista de máis vendidos en galego, sempre están entre eles os premiados. Inma: En galego e en tódalas literaturas. Hai unha especie de regra básica ou verdade evidente dos sistemas literarios: un libro será moito máis vendido só por levar a faixa de "Premio X". Isto débese a que funciona un prexuízo polo cal se considera que a pre-selección do xurado é garante de calidade. E iso dispara as vendas. Pero como di Xosé, o número de vendas non implica necesariamente que eses sexan os libros de máis calidade. Ademáis, non é o mesmo número de vendas que número de lectores.

17 Anónimo 04/07/2015 12:43

Para Inma. As naranxas xogan un papel fundamental na súa novela. ¿Cómo considera a súa simboloxía dentro da estructura do relato??

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: Interesoume xogar co símbolo das laranxas porque, dalgunha maneira, me pareceu ideal para resumir o ton de todas as historias contadas en Concubinas: o sabor agridoce.

18 Anónimo 04/07/2015 12:43

Para Miranda: Lin 'Morning Star' hai tempo. Pareceume unha novela excelente. ¿Cres que si estivera en castelán, sería un best seller?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Comprobarémolo logo. O ano que vén sae en castelán.

19 Anónimo 04/07/2015 12:43

Qual a razom para utilizardes uma língua tam castelhanizada?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Xosé: Eu escribo en galego. No idioma do pobo galego, no que falaban os meus avós. ¿E vostede?

20 Anónimo 04/07/2015 12:43

Para Inma López Silva. Recentemente, un crítico como o señor Bouzas describiu "Conc" como non lineal, e enmarcada nunha tendencia da narrativa actual definida por él como "fantástica", fronte a outra realista. ¿Está dacordo? Fdo. Xosé Antonio etc

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: Non sei se a linearidade ou non linearidade pode / debe ser relacionada directamente cun criterio temático que define a literatura coma fantástica ou realista. De tódolos xeitos si que estou de acordo con Bouzas no sentido de que en Concubinas pretendín moi conscientemente rachar coa concepción tradicional linear do tempo narrativo, alén, por suposto, de facer unha narrativa quizais non tanto fantástica, mais si non realista. É unha maneira de facer máis grande e máis fascinante o mundo cotián en que vivimos.

21 Anónimo 04/07/2015 12:43

Para Inma. Noraboa polo premio, pareceume unha novela maravillosa. ¿Pensa seguir explorando estas perspectivas narrativas, ou buscará novos camiños temáticos, estructurais e creativos nas súas seguintes obras?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: Gracias. Desde logo que, aínda que o desexase, non podería deixar de buscar e de experimentar. Desde logo que novas temáticas e novas estructuras xa están en camiño. A ver con qué me sorprendo a min mesma...

22 Anónimo 04/07/2015 12:43

Desde Brasil, una pregunta: os gustaría publicar (o incluso escribir) en portugués?

Inma López Silva e Xosé Miranda:

Inma: Desde logo. Desbotar un ámbito lector coma o portugués sería unha parvada, sobre todo tendo en conta que é, quizais, o máis próximo a nós mesmos. Persoalmente, si penso na posibilidade de escribir algún día (directamente, tal vez) en portugués. Os galegos somos quizais os escritores máis privilexiados para o diálogo e o intercambio coa Lusofonía. Xosé: Son amante do portugués e do brasileiro. Eu vivín, de neno, no Brasil, onde emigraran os meu pais. teño moitos curmáns brasileiros. aprendín a ler en brasileiro case ó tempo que en castelán. Naturalmente, suscribo todo o que di Inma.

23 Inma López Silva e Xosé Miranda 04/07/2015 12:43

Xosé e Inma: Foi un pracer estar convosco na rede, divertímonos moito. Ata outra ocasión. Bo Nadal.