O presidente da Real Academia Galega amosou a sua disposición a retomar o debate sobre a normativa do idioma.
Nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, Xosé Ramón
Barreiro Fernández asumíu o 20 de nadal a presidencia da
Real Academia Galega, sustituíndo a Francisco Fernández del
Riego. O novo presidente é doutor en Dereito Canónico -pola
Universidade Gregoriana de Roma- e licenciado en Filosofía e
Letras. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na
Universidade de Santiago de Compostela e autor de numerosas
obras, está considerado como a maior autoridade no estudio
do seculo XIX en Galicia. O luns 21 de xaneiro estivo cos
internautas da edición dixital de La Voz de Galicia.
Boas tardes, son Xosé Ramón Barreiro Fernández e estou moi ledo de respostar as vosas preguntas
¿Traballará pola RAG co mesmo entusiasmo e profesionalidade coa que exerce maxistralmente a docencia?. Seus alumnos de Ourense sabemos que si. Noraboa profesor.
Moi agradecido polos adxectivos tan xenerosos que me dan e por suposto que me adicarei a Real Academia Galega con entusiasmo. Eu tamén quedei moi satisfeito do curso que din en Ourense hai tres anos.
¿Cúantas personas ingresan cada año en la Real Academia y quién o quienes van a hacerlo este año?
Los ingresos en la Real Academia no se hacen por años sino por vacantes. En este momento hay dos vacantes que esperamos cubrir en este mismo año. Lamentablemente no puedo suplir a la decisión del plenario que es quién elige a los candidatos.
¿A que hai algún académico que, cando se apagan os grabadoras, fala en castelán...? ¿Ou non?
Na Real Academia Galega durante os actos que podemos considerar oficiais non hai grabadoras e non me consta que os académicos pasen o castelán cando inician unha conversa non oficial.
¿Cual es el motivo de las distintas pronunciaciones que existen entre los distintos pueblecitos de las costa (O Pindo, Ezaro, Carnota) ?.
En los tres pueblos citados, la pronunciación del idioma gallego es muy similar, con el particular seseo que es muy característico de la costa gallega. También se utiliza una fonética cantarina, especialmente en el lenguaje hablado por las mujeres. Me alegra que me cite estos tres pueblos, que conozco tan bien como que en uno de ellos tengo una casa (O Pindo) y en los otros he pasado años deliciosos de mi vida.
Que haya una Real Academia Gallega, una Real Academia Española, ¿no es un símbolo más del nacionalismo -gallego o español-?
Que haya una Real Academia Española se explica por la necesidad de cuidar y fijar el idioma castellano. Por esta misma razón, debe existir una Real Academia Gallega que tenga los mismos objetivos que la española, para el idioma gallego.
¿Qué se hará para la unificación de todas las corrientes del gallego?
Por lo que respecta a la unificación fonética, sería una empresa imposible, porque toda lengua tiene peculiaridades fonéticas que están fijadas por la historia. Por lo que respecta a la unificación lingüística estamos en un proceso de acomodación de la norma vigente a las demandas generadas por la sociedad gallega. En cualquier caso, dado que el idioma es como un ente vivo, siempre resultará imposible, ni creo que sea necesario, unificar las distintas tendencias que a veces son expresión de sentimientos muy locales.
¿recibíronse presións políticas para rexeitar o acordo normativo?
Nego rotundamente que a nivel institucional, e non me consta que a nivel privado, se fixeran presións políticas na célebre reunión na que se decidíu non aceptar as propostas feitas. Penso que a cuestión plantexouse nun mal momento, en plena campaña electoral, e pode ser que iso predispuxera a algúns a pensar nunha posible presión política.
Fágolle unha proposta: Que a a academia institucionalice o costume de agasallar cun libro, o Día das Letras, a todos os nenos e rapaces que falen galego. Que llo regale a xente, quero dicir ¿Que lle parece?
Paréceme unha idea moi interesante e será cuestión de convencer os país para que non só o día das letras galegas, senon tamén nas tradicionais festas nas que se agasalla os rapaces se lles regale libros galegos. Tomo nota e poñereime en contacto coas editoriais galegas para ver si entre todos podemos organizar e publicitar unha idea tan interesante como esta
En Mondoñedo falan galego o 99 por cento dos rapaces. En Vilalba, outro tanto. En Monfero, non lle digo. En Santiago, cada vez máis. ¿E que todos os estudios lingüísticos se teñen que referir á Coruña, a Ferrol e a Vigo?
A comisión de Sociolinguística da Real Academia Galega ten publicado un magnífico atlas linguístico no que se recolle información de todolos puntos de Galicia, por suposto tamén de Vilalba, Mondoñedo e Monfero.
Como Presidente da Real Academia Galega ten pensado levar a cabo algún tipo de iniciativa para conservar o noso patrimonio toponímico antes de que se perda no olvido ante os profundos cambios socioeconómicos experimentados neste últimos tempos.
O ano pasado, a Real Academia Galega ofreceu un premio de un millón de pesetas o mellor traballo de recolleita de topónimos de Galicia. Só se presentaron dous traballos. Hoxe hai xa unha sección de toponimia que haberá que regulamentar porque, como é sabido, existe unha comisión de Toponimia de Galicia e interesa conciliar os traballos destas duas comisións. A urxencia da recuperación da toponimia é evidente porque en poucos anos perderase definitivamente, dado o proceso de desagrarización de Galicia.
¿cal é o estado dos proxectos da Academia a medio-curto prazo?
1. Rematar de informatizar o arquivo da Academia. 2. Rematar de informatizar a biblioteca da Academia. Só falta o 20 % 3. Iniciar a publicación dunha colección que se chamará Letras da Academia e na que aparecerán os inéditos de moitos grandes escritores galegos que conserva o arquivo da Academia. 4. Rematar, si é posible neste ano, a Gramética oficial do galego. 5. Publicar neste ano o diccionario castelán-galego. 6. Publicar no ano que ven o diccionario galego-castelán con máis de 50.000 entradas.
Os bercianos levamos tantos anos como o resto dos galegos loitando polo recoñecemento da nosa lingua. ¿Non lle parece un desprezo rexeitar o ofrecemento de Vilafranca , onde sempre se falou e se fala o galego, para celebrar o acto do Día das Letras?
Non se despreza senon que se agradece o ofrecemento do concello de Vilafranca. O Día das Letras Galegas ten como intención a potenciación do idioma galego. Parece lóxico que seña a sociedade galega a que protagonice o Día das Letras Galegas. Na medida na que os bercianos forman parte desta Galicia, tamén poden celebrar o Día das Letras. Este ano é adicado o P. Sarmiento. Teño noticia que a casa onde naceu o P. Sarmiento acaba de derrumbarse, en Vilafranca.
atopa algunha semellanza entre o ocorrido en maio do 68 e as manifestacions contra a lou do 2001?
Con anterioridade a maio do 68, a universidade de Santiago foi protagonista dunha xeral revolta estudiantil que tiña como obxectivo loitar contra o réxime franquista. Aquela movilización tiña por conseguinte unha finalidade directamente política coa intención de manifestar ante o mundo que non era aceptado un réxime por moitos anos que levara vixente. As manifestacións contra a LOU do 2001 tiveron un obxectivo moito máis concreto: oporse e correxir un proxecto de reforma universitaria que se entende lesiona dereitos de alumnos e profesores, e ademáis limita a autonomía universitaria.
¿Terá importancia para a Real Academia as verbas utilizadas na literatura e no idioma galego falado en Bos Aires?
A contaminación experimentada polo galego en toda América é un fenómeno moi parecido o que lle sucede a lingua castelán pola contaminación co inglés, especialmente nos Estados Unidos de América. Na literatura galega esta contaminación xa está presente na obra dalgúns escritores.
¿A favor ou non de Camilo Xosé Cela?¿Merece as críticas dos últimos días?
Cela é un escritor que non empregou o idioma galego, como Valle, como Torrente Ballester, como Camba, como a Pardo Bazán. Sen embargo, a obra de todos eles está impregnada de elementos culturais galegos. Paréceme absurdo negarlle a condición de galegos a escritores de este recoñecemento mundial.
cantas mulleres hai na RAG?
Hai tres mulleres académicas numerarias e unha xa proposta pero que aínda non leu o seu discurso de ingreso. Por conseguinte, dentro de dous meses serán catro as mulleres membros da Academia.
Felicidade polo nomeamento, eis as miñas preguntas: ¿qué podemos facer os galego-falantes habituais para que a nosa lingua non morra? ¿cal vai a ser a súa estratexia dentro da RAG para que a nosa lingua cobre azos?. Moitas gracias e igual sorte.
Nin o presidente nin a RAG, eles sos, poden impedir que a lingua galega se vaia limitando no seu uso. Isto é un esforzo e unha responsabilidade de todos. O acoso que experimenta o idioma galego por parte dos medios de comunicación é moi forte. A RAG está empeñada en conseguir que os xornais, por exemplo, empreguen polo menos o 10 % das suas páxinas en galego. Temos unha estadística moi pormenorizada que indica que algúns xornais que fai catro anos estaban no 9,5% agora rebaixaron ó 6%. Invito a loitar entre todos para que a nosa lingua non se extinga.
As normas do galego son malas, as modificacións do 1995 trouxeron máis confusión . A normativa de "concórdia" sería un suicidio. ¿Por qué non retomámo-lo galego popular, como decía Cela?
Non estou dacordo con que a normativa vixente seña mala. Tampouco coincido en que as modificacións de 1995 trouxeran máis confusión. A normativa da concordia, para mín, non é ningún suicidio. Non é Cela o exemplo a poñer para falar do galego popular.
Segue dando clases de historia en Xornalismo? Cree que e preciso ese tipo de asiganturas para unha boa formacion do xornalista?
Lamentablemente xa non dou clases na facultade de Xornalismo, pero estimo que a asignatura de Historia Contemporánea de Galicia, pero tamén a asignatura de Historia Contemporánea de España, son fundamentais para a formación dun xornalista.
No eido científico hai unha falla de vocabulario técnico que impide ou dificulta a moitos universitarios galegos o emprego da lingua para a vida académica.Cales son as medidas que pensa adoitar a RAG ó respecto?Como cre vostede que poderiase arranxar isto
Unha comisión da RAG, que se chama Termigal, cun presuposto de 14 millóns de pesetas anuais, está adicada desde fai anos a elaborar un vocabulario técnico que elimine as dificultades as que se refire a pregunta. O ano pasado, e gracias a intervención da Real Academia, publicouse o tomo I do Diccionario Técnico de Daviña Facal.
cales son os requisitos esixidos os candidatos a RAG?
Os Estatutos que foron aprobados o ano pasado so requiren que a persoa elixida viva en Galicia e que dera mostras suficientes da sua categoría intelectual con respecto a cultura galega. Se nos fixamos nos académicos numerarioa actuais poderá observarse que a porcentaxe maior está formada por expertos en linguística galega, en segundo lugar están os literatos e, finalmente, un terceiro sector está formado por especialistas en diversos campos da cultura galega: historiadores, xuristas, arquitectos, edafólogos, etcétera. Exactamente como na Real Academia Española.
¿cre posible que a AG retome o debate sobre a normativa e reconsidere a súa resolución? ¿fará vostede algo para que así sexa? Gracias
Penso que cando un sector do plenario presente o proxecto de novo estudio de normalización linguística seguramente non haberá problemas para retomar ista cuestión.
¿Cando comezaremos a recuperar, por fin, falantes da nosa lingua?
Cando a sociedade galega se responsabilice de que perder o idioma é perder a nosa identidade. Nesta laboura temos que estar todos: os poderes públicos e a responsabilidade dos cidadáns. A Real Academia Galega, como é natural, é a primeira interesada neste proceso de recuperación da nosa fala.
¿Que opinión lle merece a demanda de colectivos como Somos Igrexa, que reclaman bispos galegos nas nosas dióceses para acadar unha maior integración pastoral na cultura do país?
Moito máis importante que reclamar bispos galegos é reclamar bispos que lideren unha pastoral galega é en galego. Bispos galegos xa os temos e non precisamente se caracterizan por liderar esa pastoral.
Desde Houston, E.U.A : Estamos en un momento de "rexurdimento" del idioma gallego, o al contrario, se aprecia un decaimiento en el uso ?
Desde el punto de vista literario nunca Galicia en toda su historia ha alcanzado el grado de desarrollo de la literatura gallega como en la actualidad. Asimismo, asistimos a un desarrollo excepcional de las instituciones culturales de este país. Es cierto sin embargo que se aprecia un decaimiento del uso debido a la desagrarización que priva a Galicia de su depósito más fiel al idioma gallego, debido también al acoso de la tecnología que no ha sido bien aprovechada en favor del idioma gallego. Sin embargo, hay algo nuevo y muy importante: que gracias a la enseñanza primaria y secundaria aumenta cualitativamente y cuantitativamente el número de los que entienden y escriben el gallego. Tres millones de ejemplares de libros publicados en gallego anualmente parece confirmar esta consideración que acabo de hacer.
¿Le parece adecuada la selección de libros que forma la colección 120 de La Voz de Galicia?
Me parece muy interesante la experiencia y debe de servir de modelo a otros medios de comunicación social. En general la selección está bien hecha.
Moitas gracias polo interés demostrado coas intelixentes preguntas que se me formularon e quedo sempre a vosa disposición.