Número 1 en la lista del BNG al Congreso
El nacionalista Francisco Jorquera respondió a las
preguntas de los internautas.
Bós dias. Estou aqui para respostar ás preguntas que desexedes formularme.Creo que este diálogo directo entre os candidatos e os cidadáns é unha boa mostra de cómo se pode mellorar a calidade da democracia.
Le parece bien que José Blanco siga siendo Ministro de Fomento y Portavoz del Gobierno y canditato al Congreso, y que tengamos que soportar su rueda de prensa con los resultados la noche del 20 de noviembre
Creo que hai que ser sempre respeitosos coa presunción de inocencia. Non obstante outros aludidos optaron por dimitir e considero que esa conducta foi exemplarizante. Doutra banda, mentres non haxa cambio de goberno a él como portavoz correspondelle informar dos resultados.
Bos días Sr. Jorquera. Cree que o actual sistema electoral perxudica ao seu partido no reparto de escanos?. Pode darme 3 razóns polas que debería apoiar a súa candidatura?
É evidente. Coa porcentaxe que acadamos no 2008, se se fixer unha asignación de escanos directamente proporcional teriamos tres deputados e non dous. O voto ao BNG asegura a defensa dos intereses de Galiza na política estatal pero tamén é o voto de esquerdas máis útil en Galiza, fronte ás políticas de dereitas no económico practicadas polo PSOE e o PP. Ademáis só o BNG pode arrebatar escanos en Galiza ao PP e ao PSOE, contribuíndo a romper cun bipartidismo que está a degradar a democracia. Somos pois un voto útil para Galiza, para unha saída social á crise e para avanzar hacia unha democracia real.
Que opina dos que aseguran que mentres o radicalismo da UPG sexa a forza exemónica do nacionalismo seguirán perdendo votos?
No BNG non hai hexemonias preestabelecidas. Non coido que os plantexamentos do BNG sexan radicais na acepción negativa do termo. O que procuramos é formular problemas que aborden as causas reais dos problemas que estamos a vivir.
se no caso de que o PP no obtivera a maioria absoluta e precisase dos votos do bng ofrecendo un plus para galicia (8% en investimento públicos, axudas para a dispersión poboacional, policia autonómica integral), votaría a favor do investimento de rajoy?
É condición necesaria pero non suficente. Nunca apoiariamos orzamentos que sigan incidindo nos recortes en políticas sociais básicas.
Por que en Galicia no tenemos un tren como el que hay en Asturias, que una por ejemplo, La Coruña con el Burgo?
Por falla de vontade política. Para o BNG é tan importante a modernización da nosa rede ferroviaria interna, a existencia de boas conexións interiores e a implantación de servizos de proximidade nos entornos urbanos como a chegada do AVE. A defensa do tren de cercanías foi unha constante no traballo parlamentar do BNG ao longo destes anos, de feito hai iniciativa do BNG que foi aprobada na que se insta ao Goberno a negociar coa Xunta o traspaso dos servizos interiores, e nese marco, estudar a implantación de servizos de proximidade, máis a Xunta aínda non moveu ficha.
Non é un pouco incoherente ser socio preferente do PSOE en concellos e deputacións e despois facer unha campaña de crítica absoluta ao PSOE?
Son ámbitos diferentes. As políticas de recortes e o xiro antisocial nas políticas económicas produciuse no ámbito estatal. As medidas que aplicou o Goberno Central foron as dictadas pola dereita económica e estanse manifestando totalmente ineficaces para saír da crise e de profundas consecuencias antisociais. Foi este xiro do PSOE a nível de Estado o que nos levou a facer unha oposición contundente.
PP e PSOE falan de recortes e austeridade, en que recortaría o BNG?
No gasto superfluo e improductivo. Por exemplo reducindo o gasto militar e racionalizando a estructura político administrativa con medidas como a supresión das deputación ou a supresión de ministerios en áreas onde as competencias están transferidas.
Yo pienso que la abstención solo favorece al "PPSOE" pero ¿cómo convencerías a un "indignado" a votar por el BNG el proximo 20N?
Se os sectores sociais máis descontentos coas políticas que se están aplicando optan por absterse os benefiarios desa decisión van ser precisamente os partidos responsabeis desas políticas. Só se pode cambiar o actual estado de cousas participando para acabar co bipartidismo e o BNG é a única opción que en Galiza pode facelo. É importante que a sociedade proteste e se movilice pero tamén debe utilizar as ferramentas democráticas que ten na súa man como é o voto.
Si ustedes, los del BNG, prefieren que gobierne el PSOE y no el PP ... ¿no es mejor que mi voto vaya directamente al PSOE por eso del voto útil?
O BNG non apoiaría un Goberno do PSOE que seguise practicando as políticas de recortes iniciadas polo Goberno ZP. Apoios eventuais do BNG estarán sempre condicionados a asunción de compromisos programáticos, a un cambio total de rumbo na orientación das políticas públicas para que as persoas conten máis que os mercados.
He votado dos veces al Bloque en las europeas desde Almansa (Albacete), lástima no poder hacerlo en estas generales.
Le agradezco su disposición a votar por el BNG, pero somos una fuerza de ámbito gallego y por lo tanto tan sólo nos presentamos por las cuatro circunscripciónes electorales gallegas.Eso sí, le animo a venir a Galicia, descubriría un país maravilloso y muchas veces desconocido.
Non cree o BNG que seria util centralizar no estado competencias que foron transferidas ás CC AA, co fin de aforrar custes?
Nós creemos que hai que avanzar en sentido contrario. Pense vostede que a porcentaxe de débeda pública atribuible ás comunidades autónomas é moi inferior á porcentaxe de gasto que teñen a responsabilidade de xestionar. Pensamos, como xa dixen, que hai que suprimir ministerios, suprimir tamén a administración periférica do Estado e suprimir as deputacións. Hai dous modelos de saída da crise: aproveitar a crise para procurar unha maior concentración da riqueza e do poder económico, iso esixe tamén maior concentración do poder política ou ben unha saída equilibrada no social e territorial, iso esixe un peder político máis descentralizado, reforzar as institucións máis próximas aos cidadáns e os ámbitos de libre decisión de cada povo.
algúns amigos meus din que van a votar a IU, que lles digo para que voten BNG?
O BNG é mais útil para que os asuntos que afecten singularmente a Galiza estén presentes na axenda política estatal. Ademáis en Galiza só o BNG está en condicións de arrebatar escanos ao PP e ao PSOE. Somos tamén o voto máis útil para a esquerda.
cren vostedes que é factibe a creación dunha banca pública galega?
É só cuestión de vontade política. O BNG ten unha proposta concreta e detallada para facelo posíbel. Para Galiza é imprescindible evitar o expolio do noso aforro, asegurar que o aforro dos galegos e galegas se invista en Galiza e contribúa ao progreso do país.
Cal e a vosa alternativa para o grupo NAVANTIA ?
Consideramos que debe operar en todos os campos da construcción naval, incluida a construcción naval civil e a conservación, reciclaxe e transformación de buques, dotando para iso a Ria de Ferrol dun dique flotante. Para iso é imprescindible exixir o levantamento das restriccións impostas por Bruxelas.
¿Cuando entenderan que el subsistema gallego de partidos en el que se inscribe el BNG carece de viabilidad salvo en su voluntarismo? A ver si entienden que el domingo se eligen representantes en un espacio que Uds se niegan a aceptar
O domingo o que se escollen son os deputados e senadores que representan aos cidadáns das distintas provinciais. O que non ten sentido é votar, por exemplo, opcións con moita presenza e Madrid pero nula incidencia en Galiza. En Catalunya e Euskadi hai unha forte estructura de partidos propios e como paises nos aventaxan en desenvolvemnto económico e socail. Ademáis teñen máis capacidade de incidir na política estatal para que os seus intereses sexan atendidos.
Por que tanta polemica co a lingua cando o que hay que facer e falar canto mais linguas mellor teria que ser obligatorio estudar en minimo tres linguas ou hasta cuatro incluir o aleman tamen
O feito de falar varias línguas non é incompatible coa defensa da lingua propia. Son necasarias medidas de promoción positiva do galego para correxir a súa situación de inferioridade respeito do castelán froito de séculos de marxinación do galego. Para un país ter unha língua propia non é só unha riqueza cultural. Ben utilizado é tamén un factor de progreso económico e social, por exemplo desenvolvendo unha potente industria cultural.
Si hace año y medio la CIG y BNg no se empeñaran en hacer la huelga salvaje que hicieron por un incremento de salario. ¿ no cree que hoy no habria desempleados? ¿ no cree que hoy trabajarian sin ese incremento, pero trabajarian?
O BNG o que fixo pois apoiar as folgas convocadas contra os recortes no sistema público de pensión e contra unha reforma laboral que trouxo, como advertimos, aínda máis paro e emprego en precario. Non houbo nengunha folga xeral pedindo incrementos de salario. Son as políticas de recortes ás que están agudizando a crise e destruíndo emprego.
Cal é a maior utlidade do BNG nas Cortes?
Cada vez que se fala dos asuntos que afectan a Galiza é por iniciativa do BNG, pero mesmo o BNG conseguiu nos últimos anos introducir cuestións que hoxendia ocupan un lugar central no debate pólítica: a necesidade dunha reforma fiscal, dunha banca pública ou da dación en pago da hipoteca, por citar algúns exemplos. Temos unha doble utilidade: a defensa dos intereses de Galiza e a defensa das maiorías sociais fronte aos especuladores que provocaron esta crise.
por que o discurso do BNG nesta campaña se esta centrtando na economia, na vez de facelo en cuestions de identidade e de mais autogoberno como o viña facendo noutras campañas?
Combinamos ambos aspectos. Por exemplo, nun contexto de crise ten máis importancia que nunca que Galiza poida superar as limitacións políticas que impiden que sectores como o naval, a conserva, a pesca ou o leite poidan desenvolver as súas capacidades e xerar emprego, como é importante para conseguilo que teñamos máis capacidade de decisión fronte a Bruxelas e Madrid. En calquer caso a primeira preocupación do BNG é a da maioría dos cidadáns: loitar contra a crise e o desemprego.
Pensa vostede que os ciudadans ponden recuperar a confianza na politicos despois de todos os desenganos que nos estan dando alguns
Todos os partidos podemos cometer erros e todos os políticos tamén, pero non todas as políticas son iguais nen todas serven aos mesmos intereses. O desprestixio da política ten uns beneficiarios: aqueles que queren que se vexa como natural que as decisións que afectan ao noso futuro se tomen en ámbitos que non emanan da libre vontade democrática dos pobos e dos cidadáns.
E posible mellorar a recadación de impostos?
Por suposto. A presión fiscal sobre as rendas altas no Estado español é 10 puntos inferior á da Europa dos 15 e o volume de fraude fiscal é escandaloso. O seu impacto na recadación e de máis de 50.000 millóns de euros ao ano. Por ese motivo propomos unha reforma fiscal integral para gravar máis ás rendas máis altas e perseguir o fraude fiscal.
De non mellorar os resultados que acadaron no 2008, ¿platéxase vostede que quizais a súa candidatura por A Coruña, poidese non ser a axeitada para captar o voto dos electores galegos?
Estou convencido que melloraremos os resultados do 2008 e o 90% dos militantes do BNG consideraron que a miña candidatura era a máis idónea. Porén non me considero imprescindible e o BNG ten moitos afiliados e afiliadas que serían excelentes candidatos.
porque non protesta contra ciu no parlamento cando eles non queren que se reinvirtan cartos en galicia cas infraestructuras ..
Protestamos. De feito a Moción no Congreso de CiU que deu orixe a esta polémica contou co voto en contra do BNG. En cambio PP e PSOE votaronna a favor. Son eles os que teñen que explicar as suas incoerencias con Galiza.
Participarían en un Gobierno de concentración de Rajoy, dada la malísima situación financiera. ¿A qué precio?
Non dado que temos propostas totalmente distintas ás do Sr. Rajoy para facer fronte a esta crise.
Moitas grazas, espero tervos sido de utilidade e lamento non ter disposto de máis tempo para contestar a todas as preguntas. Até outra.