Número 1 del BNG por Pontevedra
La diputada nacionalista repite como número 1 en las
listas por la provincia de Pontevedra
moi boas tardes. Encantada de estar neste econtro dixital e a gardo poder responder a moitas das vosas preguntas
Por que o único voto útil en Galiza é BNG?
Porque xa temos demostrado, que a presenza do BNG garante a presenza de Galiza nas Cortes Xerais que ven a ser o mesmo que os problemas de galiza teñen voz nas Cortes e nesta ocasión ademáis somos a unica voz da esquerda que desde Galiza vai defender no Congreso unha politica económica e social orientada a desenvolver a economía productiva e crear emprego, redistribuir a riqueza e ganrantizar o Benestar
corre risco o escaño por pontevedra
A nosa percepeción e que non. Durante os dias de campaña estamos a traballar duro e podemos comprobar que, máis xente da que pensamos coñece o noso traballo e o valora. Tratamos polo tanto de que esa valoracioón positiva se converta en apoio electroal . Sinceramente estamomos, estou mo animada e optimista.
Porque tedes tanto medo negociar o pactar con os populares
Non é medo. É que desde o ponto de vista económico e social estamos nas antipodas. O PP e profundamente de dereitas. O BNG como nacionalista necesariamente temos que ser de esquerda, porqiue son as politicas e o pensamento de dereitas o que nos nega a posibilidade de desenvolvernos ecnonómicamente e mesmo desde o punto de vista da nosa identidade.
Teme fuga de votos cara a Esquerda Unida?
Por suposto que o pensamos e respetando a decisión de cada votante, realmente seria máis util o voto ao BNG non son polas posibilidades de sacar a deputada senon porque se conciliar duas cuestións fundamentais o voto de esquerdas e o voto nacionalista. E cando decimos que a mellor forma de derender a politica de esquerdas en Galiza pasa pola defensa do Pais dos nosos dereitos a producir etc. oecimos con total convencimente.
boas tardes. Sra Davila, considera o B.N.G que ten sentido para Galicia oporse aos máis que prov´beis proxectos de recentralización do Estado (con machada, ou sen ela). De ser asi, como pensa que debe actuar o Bloque no Parlamento do Estadoi
Vocación recentalizadora existe tanto no PP como no Psoe. Por suposto que desde o nacionalismo nos imos a opoñer porque defendemos maior autogberno para Galiza e polo tanto maiores competencias para a Administración Galego. Non é unha defensa retorica, dende logo a xestión da politica que atinxden aos galegos e galigas desde a propia administración do noso Pais ten que ser moito más eficaz evidentemente que quen ten a responsabilidade de xestionar yten que creer nesto mesmo. O PP non é precisamente que máis acredita destas cuestión por eso os nacionalista temos vocación de gobernar o nosa Pais.
Ola, Olaia, dúas preguntas e un saúdo: Por qué hai tanto desprestixio da actividade política e dos/das representantes políticos/as na actualidade?, e, qué podemos facer entre todos/as para transformalo en prestixio e valoración social?
Eu diria que hai diferentes aspectos que inciden por un lado a mala praxis de algúns politicos. Mala práxis dos partidos politicos que consinte as persoas que os representan que non o fagan coa dignidade a a politica obriga. Que hai un importante sector do electorado que premia a estos politiicos cando deberíanb ser despeciados. Por ultimos este mesmo sistema de facer politica esta moi interesado en dicer que todos os politicos son iguais e eso no e así. Os politicos non son todos iguaias. Desde o BNG levamos moitos anos dicindo que unha das razon de facermos politicas ademáis das razoóns nacionalista é traballar para dignificar a función politícia
¿cree que os politicos deban responder co seu propiom patrimonio cando son condenados pola xustiza en acordos ilegais?
Sempre defendin esto. mesmo defendo que se debe modificar a Ley para que así sexa
cal é a postura do bng con respeto a liberalizacion e horarios comerciales en galiza
A nosaq postura xa é moi coñecida. Fumos os primeiros que presentamos no ano 87 unha proposta de Lei do Comercia en Galiza para poñer freo a ampliación dos horarios comerciais, polo tanto mantemos a nosa posición e así o temos defendido e seguiremos a derfender
convenza a un votante de esquerdas indeciso
Non son tempos para indecisión. As persoas que queremos unha sociedade onde se redisrbiua a riqueza se garanta o emprego e os servicios publicos fundamentais, e dicer unha sociedade que poña a economía ao serviizo das persoas e non as persoas ao servizo da economía,. Esto é o que é ser de esqauerdas, non pode nestes tempos nin desencantarse nin ser indiciso ten que ser activo movilizarse tamén en derfensa da democracia e participar sobretodo porque en Galiza temos unha alternativa as politicas de dereitas que nos esta dominando. Unha politica que vaia nesa direciín de sociedade que acabo máis ou menos de describir
son un autónomo cla son as propostas concretas uqe fai o BNG pra nós
A politica fundamental para as perosas que son traballadoras autonomas, son aquelas que van na dirección de acctivar a economía real a eocnomía que cree empego que permitar sistemas bancarios publicos ou semipublicos que faciliten o creto aos autonomos e as pequenas e medianas empresas. Esas son as politicas que derfende o BNG e que vai defender no Con greso na próxima lexislatura
estuven nunha comision interparlamentaria no Congreso pra Oriente Proximo. non te vin en ningunha sesion. Por que
No congreso hai diferentes comisións interparlamentarias nas que nos distribuimos os diferentes deputados e deputadas. Eu non era membro de esa Comisión polo non fun entre outras cousas por non ter sido convovada a ela. Sem embargo si temos presentadas iniciativa na comisión de exteriores por diferentes asuntos relacionadas coas politicas sobre Oriente Medio, de maneria especial o Caso de Palestina
Para cando a AP-9 gratuita?
Despois de que esta Autoestrada foi privatizada polo PP o vexo moi dificil,inceramente, o vexo dificil
¿Considera que o bipartidismo empeora a calidade política?
Desde o medu poonto dee vista o ipartidismo e a democaria son incompatibeis. Unha sociedade democrática e unha sociedade onde deben estar garantidas as libertades e si eso é a si necesariamente ten que existir diversidade ideoloxica. fago miñas aquelas palabras de que "cando todos pensan o mesmo é que ninguén pensa". Defender a democracia e defender a pluralidade, a diversidade e dar oportunidade a que todas as perosas se sintan representandas. O Bipartidismo e negador de todo esto, por eso no Estado Español se estar a percibir ese defici democrático que estamos a denunciar. Levanse moitos anos intentando eliminar as minorias. En galiza eso non ten sido posibel grazas ao BNG
Hay que saír mais a rúa os dos concellos a buscar un voto útil e non só nas municipais, se queredes estar co pobo, hay que saír sempre a rúa e non esperar que vos caía do céu os votos. Vades pasear as aldeas ou quedaredes na poltrona a velas vir?
Máis que unha pregunta é unha bronca: A berdade é que parte da miña actividade politica é estar en contacto con a xente mesmos ba trasladar ao Congreso os poroblemas ou cuestións que me plantexa. Senpre estamos a disposición dos cidadans
Que lle parece que Rajoy diga que lle fan moi feliz as enquisas que lle dan un amplo triunfo no país e que, como galego, iso lle obriga a moito máis?
Rajoy é unha persoas con moitisimas felicidade, tanta que no la vai que a vai repartir con todos e todas.
QUE OPINA DO MOVEMENTO 15-M?
Cando unha sociedade esta parada os movimentos son positivos, pero hai que darlles contido e eswar moi atentos a onde nos queren levar. Por certo nunha mani de Madrid hai unha grande pancarta cun slogan DE "CAMBIO" UI..UI..UI. Compartimos a defensa da democracia da transparencia da politicas creemos que somos a alternativa máis util. Acudir a votar é un exiercio de defensa da democracia e hai alternativa
Agradezo as vosas preguntas e a La voz por darme esta oportunidade de responder. Quedo a vosa disposición através do meui twitter o Facebok. Moi boas tardes. Saudos !!moi moi coridiasi!