Número 1 del BNG por Lugo
Fernando Blanco encabeza la lista por Lugo de un
Bloque muy renovado. Tras el 19-J, se estrenará en las
arenas de la política autonómica. Pero a lo largo de su
carrera ha librado muchas batallas políticas. Portavoz
nacionalista en la ciudad de la muralla, ha sido
diputado provincial durante más de diez años. También
fue candidato al Parlamento Europeo y al Congreso.
Eu son da Ribeira sacra das beiras do miño(Taboada), e queria saber se ían no seu goberno,avanzar a zona e proxectarlle un futuro mellor, con infrastructuras, para o turismo e o aproveitamento viticola?
porque cre que as espectativas do BNG en Lugo son algo piores que noutras provincias?
¿Qué opina del nacionalismo de "derechas" como el del PNV o CIU, el nacionalismo es la ideología o lo es el ser progresista o conservador?
Cada vez máis, as campañas electorais son campañas de mediáticas e menos de contraste ideolóxico ou programático. Neste sentido, e tendo en conta que o bng é a segunda forza política do país, e que apesar diso ten uns recursos moito máis límitados que os
¿Que pensa facer o BNG pola educación tecnolóxica na etapa de Secundaria? O anteproxecto de lei (LOE) reduce ata un 65% o tempo adicado a estas ensinanzas. (pregunta de Ana López Cela, profesora do IES Virxe dos Ollos Grandes)
¿que pensa facer o BNG para garantir a pluralidade e a independencia dos medios públicos galegos?
Que opina sobre el Plan Galicia, puesto en marcha en la pasada legislatura por el PP
Eu fago atletismo e estou nun clube da cidade, ¿como van potenciar os deportes base?
Bos días Fernando.¿Que medidas impulsaría vostede para a cidade Lugo dende o Parlamento Galego? Moitas grazas, Fernando. Es o meu espello político e sempre contarás co meu voto. Unha aperta
Olá Fernando, que ideas tedes no bng para vertebrar a comarca da Mariña? Graças.
Boas tardes Sr. Blanco, que sectores estratexicos impulsaria o seu partido en Galicia que sexan competitivos nun mercado global, xeneren empregos de alto valor engadido e donde paises con mau de obra mais barata non poden competir por cualificacion?
Ola Fernando, qué medidas de urxencias consideras que debe tomar o Governo Galego presidido por Anxo Quintana para comezar a invertir as tendencia de involución que esta sofrir a provincia de Lugo?
dende o BNG ¿cómo se presionará o goberno central para o cumplimento total do plan galiza?
Sr Blanco:¿Por qué en Galicia se respeta el derecho de los alumnos a recibir sus clases en gallego y no el de los profesores a impartirlas en castellano?
se o BNG, chega ó poder, como así espero, far´an o posibel por conservar povos que son "xoias"(vexase RINLO en Ribadeo) lonxe da especulación.
Señor Blanco, ¿que medidas propon o seu partido para favorecer o emprego dos xovenes en Galiza?
¿que inversións son necesarias para sacar a Galicia do atraso que se encontra co respecto a outras autonomías?
¿que inversións son necesarias para sacar a Galicia do atraso que se encontra co respecto a outras autonomías?
¿Qué solución propón pra os que levamos varios anos traballando por empresas de traballo temporal?
Imáxinome a opinión que lle merece o feito que dous dos tres candidatos a presidirnos non acudan a ningún debate electoral, pero ¿que pensa do eco nulo que lle dan os xornais e demáis medios de comunicación a estes coloquios?
Inicio del encuentro
Ola a todos. Estou contento de estar aquí e poder contestar todas as preguntas que me queirades facer.
Que papel está a facer e cal debe xogar Feixoo no bloque
por que el Partido popular fleta un avión desde a Arxentina para traer votantes?
Porque é unha práctica que ten realizado xa en Galiza sen avións, con coches. Agora como o seu lema de campaña Máis, Máis avións.
Se gañades (espero que si ), faredes cambios na TV galega?. En caso afirmativo, cales?. Moitas grazas
Eu creo que primeiro hai que darlle pluralidade, non pode ser a televisión dun partido ou dun goberno. Ten que ser a televisión de todos os galegos/as e polo tanto elixiremos no Parlamento ó seu director, buscando o maior consenso posibel.
Para el guien que no ha nacido en Galicia pero que, sin embargo, va a votar en estas elecciones, que puede ofrecerle el BNG si no se siente nacionalista?
O programa do BNG non é só para os nacionalistas, é un programa para todos, sobre todo para aqueles que cren no país, que cren que podemos ter un mellor futuro e que outra Galiza é posible.
No cree que el bloque está creando una nueva burguesía gallega pseudointelectual anclada en los colectivos de enseñanza, funcionariado y profesionales liberales olvidandose de segmentos de población no "cultos"
En absoluto, no BNG hai de todos os sectores sociais. Hai traballadores, labregos, profesionais e polo tanto responde ó que é tamén a sociedade galega. Unha sociedade plural e un BNG plural.
Qué opina del desconocimiento de gente de Coruña o Ferrol de los problemas de Ourense o Vigo, y viceversa, es decir la desconexión social norte-sur.
O PP non foi capaz de articular un proxecto de país, nen sequera foi capaz de poñer en marcha unha ordenación do territorio. A súa política é de accións puntuais, alí donde interesa por intereses partidistas e polo tanto non foi capaz de cohesionar ó país.
¿que pode facer o BNG a para favorecer o emprego xuvenil neste país?
Qué opina del nacionalismo de "derechas
Na Galiza non hai neste momento unha organización nacionalista de dereitas con certo peso. Iso correspóndese seguramente con procesos históricos que sí se deron noutros países e que aquí non se concretaron.
Que opinión lle merece a nula información que tanto en xornais como noutros medios de comunicación se ofrece dos debates celebrados na TVE e TVG? tal vez non se dai eco disto pra non promocionar o único candidato que asistíu?
¿Qúe pode facer o BNG en Lugo contra o entramado caciquil encabezado por Cacharro?
Combatilo, combatir esas prácticas que lles negan as mesmas oportunidades ós cidadáns, que utilizan o poder en función de intereses individuais ou partidistas e que non poñen a administración ó servizo dos cidadáns, iso é o que o BNG ven facendo desde fai moito tempo: combatir o caciquismo e o clientelismo político, substituíndoo pola posta en marcha de mecanismos que permitan a rexeneración democrática.
Ola Fernando, como ves o momento actual da campaña despois do continuado ascenso que durante a mesma esta a ter o BNG?
Cada vez máis, as campañas electorais son campañas de mediáticas e menos de contraste ideolóxico ou programático. Neste sentido, e tendo en conta que o bng é a segunda forza política do país, e que apesar diso ten uns recursos moito máis límitados que os
E posible un pacto co PSG estando Paco Vazquez en el?
Nós non excluímos a ninguén, non temos o sectarismo por práctica política. Alá os que se queiran excluir voluntariamente, é responsabilidade deles, non do BNG.
¿qué sería mellor, un goberno alternativo con presidente do PSOE ou do BNG?
Sen dúbida ningunha, un presidente nacionalista que antepoña sempre o país e os intereses dos galegos/as a calquer interés partidista. Necesitamos un presidente que faga respetar Galiza, que nos faga sentirnos orgullosos de ser galegos/as, que teña capacidade de xestión, honestidade, capacidade de traballo e forza para levar adiante un proxecto, o seu nome é Anxo Quintana.
¿Cre que a maioría absoluta do PP pode estar en mans do voto da emigración?
Creo que non, que non vai a suceder así. Creo que os galegos/as non lle van dar esa posibilidade, nin os de dentro nin os de fóra porque non teñen un proxecto de futuro para este país.
cal pode ser o motivo polo cal os medios de comunicación non fan eco dos debates electorais da TVG-TVE?
¿está dacordo coa idea de que no cemento está o futuro de Galiza?
¿cómo vai defender o BNG a realización do plan galiza ante o goberno de españa?
Hola Fernando:como vai facer o BNG para poder có poder de Cacharro e Baltar
¿cal pretende ser a política forestal do BNG?
En primeiro lugar, ordenalo territorio. Ordenar os usos e cultivos que é precisamente o que non fixo o PP durante 16 anos e despois, pechar os ciclos de producción da madeira co obxectivo de xerar emprego, de xerar riqueza e ser ademais respetuoso co desenvolvemento sustentabel.
estatuto de galiza ¿posición dende o BNG?
Que opina sobre el Plan Galicia puesto en marcha en la pasada legislatura por el PP
O da posta en marcha é unha entelequia. Primeiro hai que lembrar que foi a mobilización social máis importante da historia de Galiza a que obligou a un goberno a poñer en marcha un plan que era unha necesidade histórica de Galiza hai moito tempo. O déficit de infraestructuras non naceu coa catástrofe do Prestige, senón de moito antes, pola discriminación que en materia de infraestructuras mantiveron os diferentes gobernos do Estado con Galiza.
Párecelle normal que os candidatos do PP e PSOE non acudisen os debates?
Cree vostede que o Bloque podera forzar unha mellora nas infraestructuras da Mariña? polo que se ve co PSOE a cousa non cambia moito
Fernando:Como vai frear ó BNG a despovoación de Lugo e OUrense?
isto que é censura?, que pasa cas preguntas relacionadas cos debates? non interesa a liña editorial ou que!!!
Fernando, fálanos das propostas do BNG en materia das novas tecnoloxías
¿Cree usted que ahora que parece que va a gobernar el nacionalismo galego con el partido socialista se va a ejecutar completamente el Plan Galicia o por el contrario será más de lo mismo, es decir muchas promesas y pocas obras?
Estou plenamente convencido que Anxo Quintana como presidente de Galiza vai exisir e garantir que as infraestructuras que Galiza necesita se leven adiante porque ten a capacidade de diálogo suficiente, a forza necesaria e a todos os galegos/as detrás para obrigar ó Goberno ó cumprimento, en tempo e forma, dunha obrigación que o Estado ten con Galiza desde hai tempo. Hai que pagar a débeda histórica que o Estado ten con Galiza, como tamén se pagou a de Andalucía.
bos dias, cal e a sua opinion da intencion do cambio da conselleria de pesca? non cree q perxudica os pescadores da mariña lucense?
É unha proposta que fixo o señor Touriño que terá que explicar él. Non me parece o mellor momento, unha campaña eleitoral para tratar temas que necesitan de moita reflexión e análise.