Open uri20150703 3 czhq3v?1435922540

Marcos Pereiro e José Touriñán son Nucha e Mucha, as
Cantareiras de Ardebullo, o dúo cómico que fai escachar da
risa aos televidentes de Luar. Agora presentan un novo
espectáculo por varias salas das catro provincias galegas.

1 As cantareiras de Ardebullo 05/07/2015 01:06

Ola amigos do encontro dixital da Voz, esto é enorme e fai un dia buenismo para estar encerredas. Un saudo a tod@s

2 Anónimo 05/07/2015 01:06

como comenzachedes nisto?

As cantareiras de Ardebullo:

Polo principio. Eramos pequechas e xa cantabamos moito, meteronnos no conxelador, digo non conservatorio e aí empezamos a dar o tono.

3 Anónimo 05/07/2015 01:06

¿Quen é a cabesa pensante dos ghións? Moi agradecida pola vosa nota de humor Mucha e Nucha. Graciñas

As cantareiras de Ardebullo:

As dúas, e algún veciño de Ardebullo, que ten as súas historias para contar... A primeros de semana mandamoslle un guión a Gayoso e despois o venres xa decimos o que nos da a gana Mucha: NON digas iso muller!!!

4 Anónimo 05/07/2015 01:06

canto cobrades pa contratarbos para bandeira

As cantareiras de Ardebullo:

Non respostamos preguntas indecentes. Somos señoritas...

5 Anónimo 05/07/2015 01:06

Que anos tedes?

As cantareiras de Ardebullo:

Nucha:45 Mucha: non se dí a idade das señoritas.. Os dous de sempre teñen menos de 30

6 Anónimo 05/07/2015 01:06

sodes as mellores cómicas da tv, bueno perdón, quería dicir as mellores cantareiras. A ver se nos volvenos a ver por Garibaldi, e trae a túa irmá tamén, que ti es moito de andar soa. ¿Cándo vides por Monforte ou Escairón?. Bikos

As cantareiras de Ardebullo:

Monforte, moi bonito moi boas troitas, seguramente que no verán vemonos por aí.

7 Anónimo 05/07/2015 01:06

Para cando enseñaredes a Carmucha e o padre Nicanor?

As cantareiras de Ardebullo:

Carmucha xa foi un par de veces a Luar, unha non collia pola porta, e outra foi un Luar repetido. O padre Nicanor chegalle ben con ter 20 parroquias, non da para mais, ten que dar misas after awers

8 Anónimo 05/07/2015 01:05

Muy buenas, ¿Pódese saber porque cantareiras de ardebullo? ¿pq precisamente de alí? e se vades percorrer Galicia con actuacións, ¿podeirasme dicir se vides á Coruña? Gracias e moira sorte. Gato

As cantareiras de Ardebullo:

Somos cantareiras de Ardebullo por que somos de alí, antes eramos de Verdillo pero xa estaba o nome collido. Na Coruña por agora non estamos pero estamos este sabado na Flor de Montouto as 23:00 estreando un espectaculo "O BAILE DE ARDEBULLO", con Sito Sedes.

9 Anónimo 05/07/2015 01:05

¿Por que nunca mencionades ao voso pai? Falades de mamá, a conexa, pero... de voso pai... nada de nada..

As cantareiras de Ardebullo:

Danos moita pena falar del, eu son a maior das 13 irmas, e dous anos antes de nacer eu morreu papa de danos moita pena falar del, pero o padre Nicanor estivo ali sempre para que fixo falta....

10 Anónimo 05/07/2015 01:05

Onde se mercou o mandilón rosa? e as zapatillas?

As cantareiras de Ardebullo:

No feirón de Paisaco, e as zapatillas herdeinas da madriña

11 Anónimo 05/07/2015 01:05

Meus parabens para as fillas da Conexa e saudos ao Padre Nicanor pero a miña pregunta e ben facil...Gayoso é un tipo diplomatico en exceso ¿non creedes que cando algun espectador de Luar chama para ponervos podres (como a vosa amiga Josefa de Ferrol) non creedes que seria mellor cortarlle a chamada?

As cantareiras de Ardebullo:

Gayoso mete todas as chamadas que pode porque ten comisión en telefonica.... non se poden decir marcas no ordenador.

12 Anónimo 05/07/2015 01:05

Cantos fojetes son capaces facer estoupar todos sejidos?

As cantareiras de Ardebullo:

Non respostamos preguntas indecentes... Mucha: Eu media docena, bien...

13 Anónimo 05/07/2015 01:05

de donde sodes?polo acento parecedes da zona da mariña

As cantareiras de Ardebullo:

Nos somos da Comarca das Mariñas, pero da Coruña. Pero o andar por toda Galicia, vaisenos quedando as diferentes variantes dialectais..

14 Anónimo 05/07/2015 01:05

Algunha persoa mostrouse alporizada por que vos vestides de muller, ¿qué é por ignorancia o por non enteder o voso humor? Sonia (Ourense)

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha:E logo de que nos íamos vestir, se somos mulleres... de Travinskis, Nucha:Dise travestis muller.. Para ver humor hai que ter sentido do humor..

15 Anónimo 05/07/2015 01:05

Poderiadesme situar Ardebullo nun mapa?

As cantareiras de Ardebullo:

Si

16 Anónimo 05/07/2015 01:05

hola? en que consistirá o voso novo espectáculo? teño entendido que as cantareiras gora teñen orquestra. e certo? saldudame siempre!!

As cantareiras de Ardebullo:

Nucha: Vai ser un novo espectaculo, nos cunha orquestas de Ardebullo, a Ardebullo Bin Ban, e Sito Sedes, O repertorio será con temas dos Satelites, Trovadores, Pucho Boedo... Tentaremos reproducir un baile como os de antes, eses bailes onde nos fixeron a moitos de nos... Estrea o Sabado 21 de marzo na Flor de Montouto Domingo 29 de marzo na Sala Palladium- Melide E en Maio o dia 2 na Merca Ourense na Sala Mami, e o 10 de Maio na Nova Exágono de Lugo

17 Anónimo 05/07/2015 01:05

¿Quen ten máis pelos no peito, Nucha ou Mucha?

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha: Mira este que descarado, no peito non temos ningún pero na.... Nucha: cala muller....

18 Anónimo 05/07/2015 01:05

non tendes medo de que vos "encasillen" nestes personaxes, e vos queimedes estilo Tonechos? Enrique (Ourense)

As cantareiras de Ardebullo:

Nucha:Non me fales dos Tonechos que me poño mala entereime que se separan Mucha: Nos nunca nos separaremos que somos irmás Nucha. Xa veremos.... Na nosa profesión non creemos que sexa malo que te encasillen se eso fai que teñas traballo 6 anos ou 15, e sabemos que os Tonechos ainda siguen tendo o cariño do publico por eses personaxes..

19 Anónimo 05/07/2015 01:05

para cando unha serie adicada a Ardebullo?

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha: Eso mesmo me pregunto eu

20 Anónimo 05/07/2015 01:05

Os galegos somos afortunados por poder facer un humor tan fresco a sa, cas accions cotians. Pero fora da Galicia nos entenden este humor, e o certo e que se fose en Castelan non teria a misma chispa que en Galego . ¿ Non si, que pensades vos.? Un bico para ambolosdous.

As cantareiras de Ardebullo:

Dixechelo ti todo e nos estamos de acordo contigo, vente un dia por ardebullo e falamos e tomamos algo... Se podes trae ti as pastas...

21 Anónimo 05/07/2015 01:05

é certo que unha de vos traballa nuns grandes almacéns??? Ou é unha lenda urbán

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha:Se ás cortes lle chamas grandes almacens, entón si que é certo. Nucha: En todo caso sería unha lenda Rural e non urbán..

22 Anónimo 05/07/2015 01:05

¿Creedes que sondes un bo reclamo para que a xente xonve se anime a ver o Luar?

As cantareiras de Ardebullo:

Hai unha lenda urbana que conta que en Galicia ninguen ve o Luar, como o dos grandes almacens... A nos gustanos que nos vexa xente de todalas idades, e a chavalada tamén... Sabemos que nos ve moita xente nova entre os 12 é 87 anos

23 Anónimo 05/07/2015 01:05

eu teño oido que sodes de sigras e un de bos gustalle a pesca

As cantareiras de Ardebullo:

En parte oiches ben.. Somos de Ardebullo, pero temos familia moi cercanos en Sigras e en Castelo (Cambre-Culleredo) A Mucha gustalle moito a pesca e a min no plato...

24 Anónimo 05/07/2015 01:05

tamen fas de Ramon na radio galega?andres conductor autobus viveiro saludos

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha: E veciño noso moi amigo da familia. Moi boa persona... Mucha cantareira, Ardebullo atiendo 24 horas

25 Anónimo 05/07/2015 01:05

Hola guapas: Para cuando una demostracion de vuestras habilidades jugando al blaonmano en un espectaculo?? Un saludo de un ex-rival del OAR,jeje.

As cantareiras de Ardebullo:

A os do OAR non os podemos ver, jiji.... pero se queredes apuntamonos a un amistoso, en Ardebullo eso si..

26 Anónimo 05/07/2015 01:05

¿Cantas dioptrías ten Mucha?

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha: Diotrias non... que animal é ese? Cochos si que temos.. Nucha: Dioptrias e dos ollos muller. A diotria é a unidade que serve para medi-la potencia dunha lente e tamén o grao de defecto dun ollo. Mucha: Ahh, é teño todo eso metido no ollo??

27 Anónimo 05/07/2015 01:05

Tendes pensado un vestiario aljo mais moderno para o novo espectaculo?

As cantareiras de Ardebullo:

Estrearemos un traxe novo para a festa..

28 Anónimo 05/07/2015 01:05

E de noivos , que tal?

As cantareiras de Ardebullo:

Mucha: Ben, moitas grazas, Nucha ten menos. Nucha: desde que saimos en Luar eu xa teño algún mais...

29 Anónimo 05/07/2015 01:05

gustademe moito sobre a dentadura de mucha ¿e postiza? jeje

As cantareiras de Ardebullo:

Non, o que lle queda é de verdade

30 Anónimo 05/07/2015 01:05

cando cadrán as festas de Ardebullo?quero ir

As cantareiras de Ardebullo:

Este ano estamos na comisión e decidimos facela itinerante por toda Galicia. Recordamos que este sabado empezamos a Xira na Flor de Montouto, apurade polas entradas que xa quedan poucas...

31 Anónimo 05/07/2015 01:05

de onde sacades tantas historias

As cantareiras de Ardebullo:

De Ardebullo, son todo historias veridicas, basadas en hechos reales.

32 As cantareiras de Ardebullo 05/07/2015 01:05

Moitisimas gracias a tod@s polas preguntas, perdon a todolos que enviaron a preguntas e non nos deu tempo contestar, a ver se a Voz nos invita outro dia para seguir chateando con vos. Un bico grande a tod@s.