El candidato a la alcaldía de Oleiros por el BNG, Manuel
Sarmiento contestará a las preguntas de los internautas el
próximo viernes 18.

1 Manuel Sarmiento 05/07/2015 18:48

Ola a todos e a todas. Grazas a La Voz por esta oportunidade de entrar en contacto cos veciños e veciñas de Oleiros. Póñome á vosa disposición para responder ás vosas inquedanzas.

2 Anónimo 05/07/2015 18:48

Se governa estaria disposto a apostar fortemente polo impulso da área metropolitana a través do Consorcio das Mariñas ou doutro ente similar?

Manuel Sarmiento:

Para o BNG os problemas, solucións da situación actual de Oleiros, teñen que pensarse básicamente en escala para a área metropolitana. Cun BNG forte nos concellos da área, os problemas de transporte, promoción económica, turismo, etc, terán unha solución máis doada.

3 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cres que sería unha boa solución para os problemas de tráfico a construción dunha nova ponte sobre a ría?

Manuel Sarmiento:

O impacto ambiental e visual, e a enorme inversión que suporía, fanno inviable e innecesario. A solución aos problemas do transporte só virán dados pola aposta no transporte público. Unha posible ampliación das vías de comunicación tería que ir ligada a esta idea, incluso con viais de uso exclusivo para o transporte público.

4 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Cómo piensa el BNG mejorar el bienestar de los oleirenses?

Manuel Sarmiento:

O BNG quere implementar unha serie de medidas que incidan na creación de emprego, apoio aos novos emprendedores e o comercio de proximidade, potenciando os núcleos tradicionais. Solucionar problemas como o do transporte público xa supoñería unha mellora importante tanto na comunicación interior e coa Coruña liberando ás familias do gasto que supón dispoñer de varios coches, o que está a detraer considerables recursos a estas familias. Xestionar mellor os recursos municipais enfocándoos a políticas solidarias e de benestar que hoxe prácticamente non existen é outra das nosas propostas.

5 Anónimo 05/07/2015 18:48

Cal son os mínimos para un pacto con Alternativa de Veciños?

Manuel Sarmiento:

Non é o momento de falar de pactos que, en todo caso, virán marcados polo apoio que os oleirenses estén dispostos a concedernos. En todo caso, o BNG aposta decididamente por políticas de progreso e de futuro. Outras forzas políticas apostan polo continuismo, coas mesmas caras e propostas de sempre, hoxe inviables. Polo tanto, os posibles pactos ou acordos virán condicionados por a adopción de políticas de esquerdas que leven a Oleiros a un futuro de progreso que demandan os veciños e veciñas.

6 Anónimo 05/07/2015 18:48

Ve posbible un cambio político en Oleiros despois de tantos anos de governo de Alternativa de Veciños? Que novidades aportaria vostede neste novo governo?

Manuel Sarmiento:

Non só posible, senón necesario. O BNG aposta decididamente por este cambio e propón novas ideas para Oleiros. Queremos desenvolver unha política próxima ao cidadán en igualdade para todos, transparente e participativa lonxe de personalismos e confrontacións inútiles. Propoñemos tamén unha dinamización económica que non se basee únicamente na construcción e si en sectores do comercio, da empresa, do turismo de calidade, ata hoxe totalmente abandoadas.

7 Anónimo 05/07/2015 18:48

que opina do modelo urbanístico de Oleiros?

Manuel Sarmiento:

O urbanismo en Oleiros iniciouse co primeiro governo democrático presidido por un nacionalista, Xosé Lois Martínez, e foi un urbanismo de referencia dentro e fora de Galiza. Sen embargo, a medida que os governos de Alternativa foron sendo máis monocolores, non souberon adaptalo aos novos tempos. Hoxe é un urbanismo extensivo que agota o territorio e encarece os servizos, impedindo o fomento de sectores económicos como o comercio e a pequena empresa. Na actualidade é un modelo claramente esgotado e hai que apostar pola promoción dos núcleos consolidados, como sempre apuntou o BNG.

8 Anónimo 05/07/2015 18:48

que opina dos continuos enfrontamentos de Gelo coa Xunta e as súas ameazas de abandoar servizos de ata agora viña prestando e que considera lle corresponde á Xunta prestalos?

Manuel Sarmiento:

García Seoane ten tendencia a utilizar os enfrontamentos e liortas con outras administracións para encubrir as súas propias carencias. Sen embargo, é evidente que a Xunta de Galiza ten que asumir as súas obrigas na prestación de servizos en Oleiros como si fixo na lexislatura do bipartito e como non se está a facer na actualidade.

9 Anónimo 05/07/2015 18:48

¿Qué piensa de las declaraciones de nuestro alcalde sobre Ana Mato, la conselleira de Benestar?

Manuel Sarmiento:

Repito o que comentei na resposta anterior. Son unhas declaracións totalmente inadmisibles que avergoñan aos veciños e veciñas de Oleiros e que tratan de desviar a atención da parálise do governo de Alternativa en políticas sociais e de emprego, absolutamente inexistentes nos últimos catro anos.

10 Anónimo 05/07/2015 18:49

Gelo insultó el otro día a Fina Quintáns diciendo que estaba 'ausente', ¿qué tiene que decir a eso?

Manuel Sarmiento:

A descualificación e o insulto son unha constante na práctica política do actual alcalde, sobre todo cando, como neste caso, non ten argumentos políticos para atacar aos seus contrincantes. Fina estivo moi presente no Concello de Oleiros cunha política próxima á xente. Se cadra iso moleste a algúns.

11 Anónimo 05/07/2015 18:49

Hace unos cuantos años teníamos unas lanchiñas a perillo, Santacruz, Mera y incluso Sada. Por que ahora no tenemos ese servicio que no atasca y que lo tiene Vigo?.

Manuel Sarmiento:

A comunicación por mar, tanto de Oleiros como de Sada, pode axudar a solucionar os problemas de movilidade. Se cadra non como unha solución permanente ao longo do ano pero que axudaría a desconxestionar as vías terrestres. É unha opción complementaria que o BNG contempla.

12 Anónimo 05/07/2015 18:49

Cales son a súas propostas para os veciños da zona norte do Concello?

Manuel Sarmiento:

É unha das áreas con menos servizos, xunto con Nós en Iñás. O BNG proponse garantir o dereito aos servizos básicos en igualdade para todos os oleirenses. A vía Ártabra se se utiliza para liñas de transporte público facilitará a súa comunicación xunto co incremento de frecuencias.

13 Anónimo 05/07/2015 18:49

En los últimos años se ha notado un importante descenso en el comercio, ¿porqué cree que es y qué medidas piensa son necesarias para reactivarlo?

Manuel Sarmiento:

Como comentei anteriormente, é un dos sectores tradicionalmente esquecido polo goverrno de Alternativa, centrado únicamente nos ingresos polo urbanismo. Nós propoñemos potenciar o comercio de proximidade que crea riqueza e xenera emprego e non incrementar as grandes áreas comerciais que son un fracaso para o crecemento económico do concello. Sería interesante potenciar rúas comerciais en núcleos como Santa Cristina e Santa Cruz, entre outros.

14 Anónimo 05/07/2015 18:49

Como profesor que es en el instituto, ¿cómo ve la educación y la juventud de Oleiros?

Manuel Sarmiento:

A mocidade de Oleiros precisa da implementación de ciclos formativos de grao medio e superior, dos que inexplicablemente carece un concello de 35.000 habitantes. Só existe un no IES María Casares. A xuventude está abocada a marchar de Oleiros pola falta de axudas ao estudo, aos novos emprendedores e a carencia de postos de traballo xunto coa carestía da vivenda. O BNG ten propostas concretas para afrontar esta problemática.

15 Anónimo 05/07/2015 18:49

¿Cuál piensa que es el tratamiento del rural en nuestro Concello, y qué actuaciones propone para mejorarlo?

Manuel Sarmiento:

Como contestei anteriormente, as zonas rurais de Nós, Iñás e Dexo están discriminadas polo actual governo en canto á prestación de servizos con respecto ás zonas urbanas. É necesario elaborar un mapa de necesidades para estas áreas en colaboración cos veciños e veciñas que o BNG poñería en práctica nos primeiros meses de governo.

16 Anónimo 05/07/2015 18:49

Que opina de Pablo Cobián e Luis Vázquez como candidatos?

Manuel Sarmiento:

Como representante da Xunta que é, Cobián só intenta gañar Oleiros como unha peza de caza para o seu xefe Feijoo. Logo iniciaría un proceso de desmantelamento de servizos que afectarían gravemente á calidade de vida dos oleirenses tal e como está facendo a Xunta a nivel de Galiza, cousa que o BNG non vai tolerar. Representa as ideas rancias da dereita de sempre. En canto ao PSOE, non quero entrar nos problemas internos doutros partidos; si valorar o traballo serio que realizou Covadonga e lamentar non poder contar con ela como concelleira na próxima lexislatura.

17 Anónimo 05/07/2015 18:49

Cre que necesita Oleiros un parque de bombeiros?

Manuel Sarmiento:

A creación e sostemento dun parque de bombeiros supón un coste elevadísimo, sen embargo a zona de Oleiros e Sada, que agrupa case 50.000 habitantes equivalente ao que sería a cidade de Pontevedra, precisa dun centro de emerxencias porque neste momento o acceso dende o parque de Arteixo ou mesmo da Coruña é difícil polos problemas de movilidade. Se non crear un novo parque, si resituar os actuais efectivos.

18 Anónimo 05/07/2015 18:50

Para cando pensan abrir o centro de día das Galeras? Será en plena campaña das municipais o para o vindeiro ano?

Manuel Sarmiento:

Iso haberá que preguntarllo á Xunta, responsable dunha situación inadmisible. O centro das Galeras creada polo BNG desde a Xunta do bipartito leva pechado preto dun ano e os dependentes están a agardar para desfrutar dos seus servizos. Repito que é algo intolerable e que o PP quererá inaugurar durante a campaña para vampirizar as políticas de progreso postas en práctica polo bipartito.

19 Anónimo 05/07/2015 18:50

Por que pensa que o debemos votar a vostede en lugar de os outros partidos que se presentan?

Manuel Sarmiento:

Porque o BNG representa en Oleiros, hoxe por hoxe, a única opción de esquerdas e de progreso. Fronte a un governo enquistado, un PSOE localmente dividido e que a nivel estatal está a desbaratar brutalmente o estado de benestar coa connivencia dun PP que por riba se empeña en machacar Oleiros, o BNG é unha aposta de futuro e unha garantía para todos aqueles oleirenses de esquerdas desencantados.

20 Anónimo 05/07/2015 18:50

En Oleiros hay escuela de danza y de música, pero cuando tendremos una escuela de idiomas , por Dios!

Manuel Sarmiento:

É unha necesidade que desde o BNG estamos demandando dende hai anos. Parece que Alternativa propón agora poñer en marcha unha, o que nos alegra profundamente. É bo que vaian tomando nota das nosas propostas e no futuro esperamos que poidan aportar ideas de progreso propias.

21 Anónimo 05/07/2015 18:50

En Santa Cruz, que va a pasar con la "remodelación" de las aceras en la carretera a Mera, ( Viñas de Babilonia)

Manuel Sarmiento:

É unha remodelación anunciada a finais do ano pasado para levar a cabo en xaneiro, pero da que a día de hoxe non sabemos nada. Esperemos que o governo a reconsidere porque a estas alturas reducir zonas peatonais no centro de Santa Cruz para introducir unhas poucas prazas máis de aparcamento representa ir en dirección contraria ao que é un urbanismo de calidade.

22 Anónimo 05/07/2015 18:50

¿Qué le parece que el PSOE expulsase a Covadonga Díaz para volver a poner otra vez a Luís Vázquez?

Manuel Sarmiento:

É algo ao que xa contestei anteriormente. Son cuestións internas doutros partidos ás que non teño máis que engadir.

23 Anónimo 05/07/2015 18:50

Cales son as expectativas electorais do BNG?

Manuel Sarmiento:

Tendo en conta o traballo serio e próximo á xente desenvolvido por Fina como portavoz municipal e as nosas propostas plasmadas no programa electoral que esperamos saber transmitir á cidadanía, agardamos incrementar sustancialmente a nosa presenza no Concello, liderando políticas de progreso con novas ideas que as demais forzas non son capaces de propoñer.

24 Anónimo 05/07/2015 18:50

O BNG ENTRARIA A FORMAR PARTE DO GOVERNO DE OLEIROS SE OS RESULTADOS O PERMITEN

Manuel Sarmiento:

Como xa dixen anteriormente, os posibles acordos con outras forzas dependerán das decisións que tomen os veciños e veciñas á hora de darnos o seu apoio e do cumprimento do noso programa electoral sempre en clave de esquerdas e de progreso, tal como a cidadanía está a demandar.

25 Manuel Sarmiento 05/07/2015 18:50

Grazas a todos e a todas pola vosa participación. Espero ter respostado ás vosas preguntas e lamento que por falta de tempo queden algunhas no tinteiro. Grazas tamén a La Voz por esta oportunidade e seguiremos en contacto desde a páxina web e o blog do BNG e, sobre todo, atopándonos personalmente en Oleiros durante os próximos meses que van a ser intensos. Grazas a todos e a todas.