Luis Tosar echa en falta la existencia de escuelas de arte dramático en Galicia que permitan formarse a los actores.
Protagonista del boom televisivo de 'Mareas
Vivas', Luis Tosar pasó a convertirse en secundario de
lujo en películas como 'Celos', 'Atilano
presidente' o 'La comunidad'. Fue nominado al
Goya como actor revelación por su papel de Damián en
'Flores de otro mundo', y tiene pendiente de
estreno 'O lapis do carpinteiro'. En el encuentro
con los internautas de lavozdegalicia.com, Tosar aseguró que
en Galicia echa en falta la existencia de escuelas de arte
dramático que permitan formarse a los actores. A los
gallegos, dice, no les queda más remedio que emigrar en
busca de estudios y trabajo.
Hola, bos días a todos. Estades enganchados ó tema de Internet, paréceme moi cedo para andar navegando pero o mar está calmo así que ahí vamos.
Hola, chámome María e escribo para felicitarte polo teu traballo. Creo que actualmente es un dos mellores actores do país e as túas actuacións en Flores e Leo foron soberbias. Pero, por que che dan tantos papeis relacionados coas forzas do orde público?
Pois neniña francamente nono sei. Pero con estas cellas non me extraña nada que me chamen para facer de poli. E aínda máis cos tempos que corren que cada día son máis malos. Agora ata se pelean entre eles.
¿É doado chegar a ser un bo actor en Galicia, onde ese mundo parece un circulo pechado?
Non é doado chegar a ser actor en ningures. Non me parece que Galicia sexa un círculo pechado ou polo menos non máis pechado que noutros sitios. O que sí se nota aquí é a falta de escolas, ou cursos, de preparación de actor polo que sempre estamos obrigados a emigrar na procura de estudios e de traballo. Eso pasa en Galicia de toda a vida.
Has estado apoyando el "adios" de Los Enemigos, q han significado para ti, este grupo?
Os Enemigos foron e seguirán sendo para min o mellor grupo de rock da península dende hai 15 anos. Despois foron amizades, relacións, incluso profesionais, e supoño que quedarán como testigos dun recunchiño de música que parece que está destinada a desaparecer definitivamente. Aínda nos queda a esperanza de que Josele, ou algún dos outros membros, en solitario nos sigan dando cancións tan caralludas coma as que levan facendo todos estes anos. En calquer caso, creo que este en setembro non van vendimiar.
¿cuantos años tienes? y ¿donde vives?
Tengo 30 años e vivo en Santiago. ¿Eres chica? ¿Tienes teléfono?
Que che parecen os actuais capitulos de Mareas? Non che parece que todo o bon ten que ter un final?
Hai dous anos que non vexo Mareas. Creo que sí, que todo ten que ter un final, sexa bó ou malo.
¿traballas mellor en Galicia e en galego ou en castelán e en Madrid?
Básicamente depende do traballo en si. Da igual que sexa en Galicia ou fóra. O importante son os personaxes e as historias. Si o personaxe é malo, o traballo será malo. Se o personaxe é bó, o traballo tamén pode ser malo. Nunca se sabe.
¿Qué tal se lleva lo de trabajar con dos directores en 'O Lapiz do carpinteiro? _Además de Reixa entiendo que Manuel Rivas mandará algo...
O único director que había no Lápiz é Antón Reixa. Manuel fixo un cameo pero non interviu para nada na rodaxe e prácticamente nada no guión.
Cómo evaluarías al Manuel Rivas, actor, que se ha colado en la peli. ¿Lo hace bien?
Sí. Tiña que morrer, e morrer é complicado aínda que pareza que non. Pero él quería aparecer pouquiño e ese personaxe estaba á huevo. Noraboa a Manuel.
que nos puedes contar del rodaje de tu nueva pelicula?
Pouca cousa. A rodaxe comezou onte e eu aínda non me incorporei. É unha película complicada, de xénero, cunha componente forte de misterio, cun tratamento visual moi arriscado pero cunha trama de thriller da que non se pode falar moito. Así que tede paciencia e esperade a que saia nos cines.
¿Eres consciente de que por alguna extraña razón las chicas te consideran guapo?
Guapo non, atractivo. Pero non me parece tan extraño. Si liga Brat Pitt por qué non vou ligar eu.
De tódolos traballos que fixeches, cal é o que máis te gustou, cal foi o máis doado de interpretar??
O que máis me gustou foi un traballo pequeniño nunha curtametraxe de Iciar Bollaín e que se chama 'Amores que matan'. É o único traballo que podo ver sen ter ganas de patea-la televisión. É o máis doado creo que aínda non o fixen.
Luis cando pensas voltar por Portozas
Cando María pase dese gilipollas co que creo que anda agora. Ademais con estes cornos non podería nin entrar pola porta de casa.
¿Qué es lo más raro que le ha tocado hacer como actor?
Unha gala da TVG sobre orquestas de Galicia que copresentei co Camila Bossa (Belinda ou Belindiña) que se tedes a sorte de atopar por algures faravoos moi felices.
crees que a tvga promociona o cine, mellor dito os actores galegos, non sexas pelota, gracias?
A TVG subvenciona o cine. Subvención non é igual a promoción. E os actores galegos promocionanse eles mesmos como poden, onde poden e cando poden.
¿cuales son tus proyectos mas inmediatos?
Pois unha película que se chama 'El regalo de Silvia', que se todo vai ben empezarase a rodar alá por xuño.
As mellores noites en Vigo son as do Black Ball?
As do Black Ball, as da Iguana, as do Soho, as do Hannoi, as de La Bola de Cristal, as de La Caverna, as do Viva Zapata, etc,...
¿por qué no te colleron para facer de Gladiator?
Porque non teño voz sufienciente para que me escoiten quince mil tíos nun coliseum. Creo que Russel Crowe ten unha proxección de voz impresionante, aparte doutras cousas.
¿Qué impresións tes dos galegos neoyoquinos?¿E dos restaurantes gregos en Astoria?
Creo que restaurantes gregos en Astoria sí que teñen mala impresión dos actores galegos. En canto os galegos neoyorquinos son todos caralludos e se anda Ruto por ahí mandarlle un saúdo.
Noraboa polo teu traballo, ¿Sempre tiveches claro o de ser actor, cando empezaches a traballar, cal foi o teu primer traballo?
Empecei a ter claro o de ser actor cando estaba no instituto e foi alí onde empecei a face-las primeiras curtas antes de marchar para Santiago. O primeiro traballo como actor, remunerado, foi de payaso de cumpleanos, traballo que non recomendo a ninguén a menos que estea completamente colgado de pasta.
Cando se vai estrear "O lapis do carpinteiro"?
Din que en setembro, pero está por confirmar. A película aínda non está completamente rematada.
¿cedo? ¿quen dixo cedo? o que me parece é moi tarde xa para andar tan pereguiceiros..... só quería dar un apuntamento...... os "Magical Brothers" xeniais...... non rira tanto dende Les Luthiers.
Moitas gracias. Se che gustaron tanto pódelos ver tódolos sábados de marzo no Dado-dadá en Santiago a partir das dez e media da noite. Thank you very much. (Rush magik)
¿Dónde se os puede ver estos días rodando en Santiago?
Pois na zona vella, praza da Quintana, Catedral, mercado de abastos, rúa Nova e interiores na praza de Cervantes. Sobre todo pola noite.
Dicen que xa non lle gusta moito a movida nocturna en Santiago, é certo?
É completamente falso para a desgracia do meu fígado. ¿Quen dixo eso?
¿Pensas dirixir algún día?
Gustaríame dirixir pero tería que atopar algún proxecto que tivera realmente claro e polo de agora non apareceu. O que non sei é en que medio exactamente me gustaría facelo.
non é unha pregunta senón unha solicitude: trae a Iciar Bollain a terras atlánticas.
Solicitude aceptada.
que fai unha persoa coma ti, nunha vila coma sarria, non terás nada agochado???
Xa me gustaría pero desgraciadamente non o hai. Simplemente hai unha familia por alí que quero moito. Cando haxa novidades xa vos informarei.
¿Cine, tele o teatro?
Se pode ser, todo. Cine por variar, tele por divertirse e teatro por traballar.
que prefieres cine europeo independiente o superproduccion yanky?
Sen ningunha dúbida, cine europeo independente. ¿Viches 'Fucking Amal'?
¿Por qué te dan papeles de personas mucho más mayores que tú?
Con esta calva, neniño/a ¿qué queres que faga? Eu xa nacín adulto.
¿ALGUNHA PELÍCULA FAVORITA? ¿OS GOONIES, TOP GUN OU LA DILIGENCIA?
Top Gun por suposto. ¿Qué hai máis bonito que ver a Tom Cruise a 150 por hora na motocicleta indo a buscar a chavala ó bar dos pilotos? ¿A diligencia?, non por favor.
¿cree que los gallegos viven pendientes siempre de dar el salto profesional a Madrid?
Creo que os galegos viven pendentes de dar o salto profesional coma todo o mundo. O que pasa é que no caso dos actores, desgraciadamente, o lugar de maior producción é Madrid. De tódolos xeitos, esta situación está empezando a cambiar e xa se están diversificando as vías de producción por todo o país. Espero que en 10 anos dea igual da-lo salto en Galicia que na capital do imperio.
¿Por qué non se fan películas sobre a historia de Galiza?
Supoño que por unha cuestión de presupostos. Unha película histórica necesariamente é moito máis cara que unha película que se desenrola na actualidade. De tódolos xeitos non teño constancia de ningún proxecto relacionado con esto. Así que anímate e escribe.
¿Presentarías Luar?
Creo que sí. De feito supoño que dentro de pouco copresentarei un Luar con Gayoso. Supoño que non o sabedes pero eu xa traballei en Luar facendo un personaxe cómico. Igual non o credes pero traballar en Luar é moi divertido.
quen che gusta mais actuando: manquiña ou morris?
Gustaríame velos actuando xuntos outra vez como cando facían aqueles skecthes para a TVG que eran hard-core puro.
para cuando luis tosar en el club de la comedia?por cierto no vi fucking amal pero ya la buscare
Se vou o club da comedia cágome de medo directamente. Paréceme que hai que ter moito sangue frío para sair e interpretar textos que non son teus. Busca 'Fucking Amal' que vas flipar.
Con isto da profisionalización do teatro,... ¿ides botar man tamén das drogas sintéticas como a "darbopoetina" ?¿Ou basta có alcohol?
O mellor é traballar sen nada. O alcohol despois de traballar e non é por quedar ben. O traballo é o traballo e non ten nada que ver con outras cousas. Pero si darboproetin dese por ahí que rule.
¿Debería cundir o exemplo do Yago coas pelis en V.O.??
Sí debería cundir. Tamén debería cundir o exemplo nos propios espectadores porque hai días de exhibicción nos que estamos tres persoas no cine. Se só hai unha sala polo menos que se encha.
Gracias a todos e xa nos veremos por ahí, en Astoria, Sarria, Santiago, Vigo ou onde dean darboproetin dese. Bicos.