Líder de Luar na Lubre
El grupo musical Luar na Lubre ha cambiado de
vocalista. Además, su primer filme «Un bosque de música»
está nominado a los Premios Mestre Mateo 2005. Para
hablar de esto y de otras muchas cosas, Bieto Romero,
líder del grupo hablará con los internautas para hacer
un repaso a su extensa y exitosa carrera profesional.
¿Que novedades nos esperan de LNL?¿Y de Rosa Cedrón en solitario, sabes algo?
Siempre defendisteis una imagen de "proyecto más allá de los nombres propios", sin embargo tú y Rosa erais los que más dabais la cara, ¿no te da miedo pensar que parte del público no acepte que el proyecto no sea lo mismo sin Rosa Cedrón?
Por máis que busco "lubre", no atopo o seu significado, ¿cal é?. Un saúdo de Xosé
Despois da experiencia de "Un bosque de música", gustaríache introducirte máis no mundo do cinema?
¿Para cando un gran festival folk na Coruña, non unha tocada de dous ou tres grupos na praia, algo grande como Ortigueira?
Hola Bieito,son tamén gaiteira e fai pouco que merquei o voso disco Hai un Paraiso,e teño que dicirche que me encantou, non paro de escoitalo.Tamén dar a benvida a Sara, tamén me gusta a sua voz e noraboa polos vosos éxitos.Un saudo.
Qué é O Son da Terra?
Hai algunha meta que aínda non alcanzara Luar Na Lubre?
Cómo é o público ideal de Luar Na Lubre? e o real?
Viño de Oporto e cantante de Lisboa, qué máis ten que ofrecer Portugal?
Cantos discos ten Bieito Romero na súa casa? E cantas gaitas?
¿Por que se ha ido Rosa Cedrón?
¿Cando pensan vostedes facer unha xira polo norte de USA e darlle unha oportunidade ós galegos desta zoa de poder escoitarvos en directo?
Hola Bieito !!! soy Vanessa de Bilbao y toco la gaita , ¿ desde cuando estas en el grupo ?
¿Por que o folk galego semella un gueto nacionalista? ¿Por que dende o propio sector (eu padecino máis dunha vez) se mira mal a todo aquel afeccionado que non comparta esa idea política? ¿Por que politiza-la arte?
Por que o folk galego é necesariamente nacionalista? ¿Por que se mira mal (eu padecino) a todo aquel afeccionado ó xénero que non comparta esa idea polñitica? ¿Por que politiza-la arte? ¿É que un non pode ser galego, ama-lo folk e non ser nacionalista?
¿Que tal con la nueva voz, y cuando os podremos ver en directo aqui en Coruña?
vai supor a nova incorporación ao grupo unha viraxe no estilo? Parabens por tantos anos de boa musica!!
No último disco incluídes un tema de Miro Casabella, ¿qué pasou con toda a xente de Voces Ceibes? ¿e que pasa coa memoria histórica deste país?
¿Qué vai aportar Sara Vidal a Luar Na Lubre? ¿E Luar Na Lubre a Sara Vidal?
Bieito, soy Leonardo de Argentina, el primo de Luis de JR; ¿como se llama, (o se llamara), el nuevo disco y cuando saldra a la venta?; ¿que parecido tendra con otros discos de Luar?; ¿Entre que otras cantantes se elijio a Sara Vidal?. Un abrazo amigo!!
Qué lle falta á música galega pra que venda como a irlandesa?
Renovades contrato cunha multinacional, de xira por medio mundo, un documental, concertos onde se esgotan as entradas.. agora marcha a voz e imaxe do grupo e nin pestanexades, ¿onde está o truco?
¿Sigues con Lume na Palleira?
Sodes dos poucos grupo que aínda inclúen letras comprometidas nos seus discos, ¿qué pasa cos demais? ¿Xa non quedan temas dos que falar ou é que a canción protesta xa non vende?
Cantos músicos teñen pasado polo grupo? De todo-los que marcharon, cal foi a despedida que peor recibichedes? Quen son os imprescindíbeis de Luar Na Lubre?
TENGO ENTENDIDO QUE CIERTO DIA CAMBIASTE UNA EMISORA DE RADIO POR UNA GAITA COMO FUE ESA DECISION. GRACIAS.
Hola Beito Saludos desde Bangkok por aqui tienes unos de tus mas grandes admiradores
Ola Bieito! vin-vos en Barcelona con Skydance, que ledicia. Con Rosa ou con Sara sempre música galega. Azos.
¿ Qué é da vosa relacion con Ibias? Verémosvos por alí outra vez?
Inicio del encuentro
É a segunda vez que estou nos encontros dixitais de La Voz e é un placer estar con todos vos para responder ás vosas preguntas.
¿Qué hizo que fuese Sara Vidal la escogida para sustituir a Rosa Cedrón?
Sara Vidal colaborara con nos no disco Hai un Paraiso, xa coñeciamos a súa voz, que nos parecía unha voz privilexiada. Ela, a pesar de ser portuguesa, é unha gran coñecedora da música e culturas galegas, e cando Rosa nos plantexou que quería deixar o grupo, e a pesar de facer un casting ente varias cantantes, nos demos de conta de que a súa voz era a apropiada para esta nova etapa.
Luar na Lubre, grande expoñente e defensor da música do noso país, en qué grao participariades/arías na creación e/ou participación dun futurible Sobrado de Música Tradicional - arquivo sonoro e gráfico completo-.
Hola Bieito, te hablas un cariñés ( do Cabo do Mundo e dos Aguillós ): ¿ en qué se vai diferenciar o novo Luar na Lubre da formación tradicional ( con Rosa ) ?. Un saúdo, e esperamos verte por eiquí
¿Hacia donde va enfocado ese nuevo disco que según tengo entendido estará relacionado con la emigración en américa?
O novo disco é un disco que plantexamos para facer unha reivindicación do traballo feito polos galegos na emigración, desde o punto de vista cultural e fundamentalmente musical. Nas viaxes que fixemos a Latinoamérica démonos de conta da importancia dos galegos nestes países, xente como Luis Seoane, Blanco Amor, Castelao, por nomear algúns, ou Celso Emilio Ferreiro en Venezuela, o que fixemos foi unha investigación sobre como podríamos enfocar a relación destas persoas coa música. A estas alturas temos confeccionado o traballo que terá influencias do que fixo esta xente en todos sitios de Latinoamérica. Un traballo complexo pero creo que será interesante, con colaboracións como as de Rubén Blades e Adriana Varela, entre outros, que tamén teñen parte de relación con Galicia.
¿Para cuendo los primeros conciertos en galicia con Sara Vidal como vocalista?
Os primeiros concertos serán a partir de abril. Comezamos a xira en marzo en Madrid, faremos concertos en Portugal e, posiblemente seguindo a este, faremos o primeiro concerto en Galicia.
Na presentación de Sara Vidal, faláchedes dunha próxima xira que comprende países como Siria ou Xordania. Cómo afrontades a visita a estes lugares?
Nos temos pensado gravar o disco no mes de setembro para que saia antes do Nadal. Neste tempo, imos comezar unha xira que nos levará inicialmente a Holanda, Bélxica, Reino Unido e tame´n está a posibilidade de Xordania, Siria e o Líbano. No 2006, comezaremos a xira de presentación deste traballo, que non teño datas pero imaxino que seguramente iremos a Venezuela, Arxentina, Uruguai, que son os países que teñen relación máis directa con este traballo.
Rosa marcha de Luar Na Lubre, Toñito de Herdeiros da Crús.. non haberá este ano algunha despedida que nos alegre a vida?
Jaiteiroooo¡ ¿que tal coa gaita electónica? sorprendeume verte con ela
É un instrumento moi interesante. A gaita galega ten o seu espacio que é todavía prioritario no grupo, pero a eléctrica é un instrumento moi versátil que ten moitas posibilidades de cara ó estudio, e que non hai por que desbotar nada, o que facemos é música co máximo respeto á nosa tradición, aínda que hai que entender que o folk é unha música actual inspirada na música tradicional.
Dende Cariño, terra do Ortegal e os Aguillós:¿ en qué troca o grupo con e sen Rosa?¿ que o diferenciará de antes con Sara?
Buenos Dias desde Buenos Aires, te quisiera preguntar Bieito si ya ahn comenzado con la preparacion del disco que traera temas de la Emigracion y los paises donde esta se ha desarrollado, no te olvides de incluir alguna version de "El abuelo" de A. Cortez
El Abuelo, de Alberto Cortez, foi un dos temas que barallamos para versionar, non está desbotada esta posibilidade, aínda que hai cousas que a nós non pareceron máis interesantes. E de Arxentina temos seleccionado un poema que fixo Lorca adicado á cidade de Bos Aires, dos que escribiu en língua galega, e que contará coa colaboración da diva do tango, Adriana Varela. Arxentina polo fluxo de inmigrantes que houbo hai moita influencia e vai ser un dos puntos claves do noso próximo traballo.
Y en Barcelona, ¿Para cuando? Porque por aquí se os hecha de menos.
Coa entrada dunha vocalista portuguesa, farase mais pola unidade da lingua galego-portuguesa desde o voso grupo?
Para nós, en Galicia e fundamentalmente na música, hai dúas influencias moi importantes. As que proveñen do norte, dos chamados países celtas, e do sur, de Portugal. Son dúas das referencias fundamentales para construir a música galega actual. Sara, como vocalista portuguesa, vai ser un nexo importante de unión entre o galego e o portugués.
Buenos días, cuales son los músicos que más te gustan o los que te pueden influir a la hora de realizar tu disco?
Supoño que a vosa anterior xira americana tivo moito que ver na concepción deste disco... de qué modo surxe esa necesidade, que"panorama"encontráchedes alí?
Primeiro noraboa por todo, segundo parece que houbo un parón na música galega despois do boom de anos atras ¿como ves o panorama da música galega actualmente?¿Luar na lubre asenta a sua posición como un grupo de referencia?
Efectivamente houbo un parón importante na música galega, fundamentalmente achacable como autocrítica a que os músicos estamos desunidos. Non somos capaces de crear unha plataforma de reivindicación das nosas necesidades, entre as que están a creación dun circuito anual, estable e permanente de música. Non podemos esperar á sensibilidade das administracións, porque en principio non se vai a dar. Temos que ser realistas e darnos conta de que nós non estamos a facer nada. E, se ben a música galega vive un momento bon en canto calidade, faltan as infraestructuras e os cimentos que proxecten esta calidade.
Bos Días Bieito. Simplemente desexaros moita sorte nos Premios Mestre Mateo e dar as gracias a todo o grupo, porque co voso traballo, de tantos anos, estades a abrir moitas portas a outros grupos que estan a nacer. Un Saudo, o Uilleann Piper de Betanzos
¿Para cuando conciertos en Madrid?
O primeiro concerto deste ano será en Madrid, pensamos que ía ser en Lisboa, pero saiu en Madrid. Se non me equivoco será o día 22, pero podes consultalo na nosa we, www.luarnalubre.com
Amigo Bieito, está nominado a los Premios Mestre Mateo 2005 ¿como te fai sentir? unha aperta.
Renovades contrato cunha multinacional, de xira por medio mundo, un documental, concertos onde se esgotan as entradas.. agora marcha a voz e imaxe do grupo e nin pestanexades, ¿onde está o truco?
Luar na Lubre é un proxecto que leva 19 anos funcionando, cunha estructura bastante sólida, e que ese proxecto vai un pouco más alá do que é meramente musical, o que nos fai manter con moita forza a pesar dos cambios que poida haber nalgún momento. Pasaron 17 personas por Luar na Lubre, e o proxecto continúa...