La gaiteira coruñesa Susana Seivane aseguró que 'as bandas <i>escocesas</i> de Galicia son unha copia mal feita'.
Nació en Barcelona hace 25 años pero pasó su infancia en
el taller de gaitas que su familia tiene en la localidad
coruñesa de Cambre. Empezó a tocar con sólo cuatro años y
desde entonces no ha parado. En septiembre pasado, dos años
después de su debut discográfico, publicó su segundo disco,
‘Alma de buxo’. En el encuentro
digital, aseguró que 'o tema das bandas
'escocesas' en Galicia non me parece mestizaxe,
senón unha copia mal feita dunha cultura que eles creen
superior á nosa'.
Hola a tod@s. Estou encantadísima de estar aquí nos encontros da Voz e agardo que teñamos unha agradable charla virtual.
¿cómo surgió tu dedicación a la música gallega?
Empezou como unha paixón dende moi pequena, os tres, catro anos, e nun primer momento por influencia familiar pero era algo que levaba no sangue. Segue sendo paixón pero teño a sorte de que agora é tamén a miña profesión.
A musica tradicional galega esta vivindo máis ou menos unha epoca de boa saúde, canto cres que durará? e que ten que pasar para que dure e non sexa algo efímero?.
Quizá o boom xa pasou e agora estamos nunha época na que se están asentando os grupos que prevalecen pola súa calidade. A xente que estamos comprometida con esta música deberiamos de asentar ben os cimientos para que esto se sustentase indefinidamente e estar á altura doutras culturas ou músicas que teñen xa un prestixio recoñecido.
¿Que opina vostede da polémica das gaitas escocesas?
As bandas escocesas gustamne, as de Escocia. O que está pasando en Galicia, pareceme unha plaga que está afectando moito á nosa cultura e ó noso instrumento, sobre todo pola xente de fóra que está coñecendo algo que o venden como galego, cando en realidade non o é.
Por que usas gaitas de ébano ou granadillo, aínda que a túa alma sexa de buxo? Antón A Coruña
O buxo é a madeira autóctona da que sempre se fabricaron gaitas en Galicia. Nos meus discos teño moita predilección polas gaitas de buxo, pero debido os continuos viaxes e cambios climáticos que sufren os meus instrumentos, opto polas gaitas de granadillo por ser unha madeira que non sufre tanto eses cambios climáticos. Co título 'Alma de buxo' lle quixen facer unha homenaxe a esta madeira tan afín á miña personalidade e que me segue ofrecendo o timbre máis doce.
¿Non lle tes medo ó vértigo que produce estar na cima?
Nesta profesión danche moitos caramelos e ti tes que saber elexir o camiño correcto. É unha profesión que require moita responsabilidade, sabendo ter os pés no chan e disfrutando do que fas non tes porque ter vértigo. Eu sigo sendo a misma pero moi satisfeita porque estou ofrecéndolle algo a un público que ven a verme e que vexo que se divirte nos meus concertos, e para a min eso é a maior satisfacción da miña profesión.
¿Te parece que la música gallega es un contínuum o hay que apelar constantemente a las raíces?
Eu opino que son unha continuadora da música de raíz galega. Sinto un grandísimo respeto pola nosa tradición pero tamén opino que non hai que estancarse e gústame darlle o meu toque persoal, con arranxos innovadores ou incluso un poucos modernos, pero mantendo esa esencia que creo que sempre 'ule' a Galicia.
¿Sabes tocar la de "Europe´s living a celebration"?
Non está no meu repertorio de momento pero si me poño... :-)
¿É certo que a Sabeliña do tema do teu primeiro disco é unha amiga túa? ¿Vaslle adicar tamén algunha canción ó teu mozo/home?
Sabeliña compuxena en honor a unha das miñas mellores amigas, Sabela Orgueira. Tamén neste segundo disco, 'Alma de buxo', compuxen outra para a miña irmán, 'Sainza'. No segundo disco, entre o meu mozo e mais eu temos composto tamén algunha peza. Gústame facerlle homenaxes á xente que quero e teño posibilidade de facelo a través da miña música.
Hola Susana, soy David el de Londres (no sé si te acuerdas, pero nos vimos en Septiembre). Sólo quería preguntar, si además del Celtic Connections (a las que no pude ir! :-( ), piensas pisar tierras Británicas para una actuación (Cambridge p ej)? Suerte!
Hola David, o Celtic Connections este ano estivo xenial, coma o ano pasado. Hai algunhas actuacións previstas cara o verán en terras británicas así que non as podes perder. Un biquiño e cuida ben esa 'peaso' de gaita.
Susana, nestes intres de "gaitas" electrónicas, gaitas con forma de animal palmípedo, non crees que no canto de impulsar o son do noso instrumento, se está a desvirtuar o sentimento tradicional. Un saúdo de Guillermo.
Hola Guillermo, penso que tes algo de razón pero cada un é libre para adaptar o instrumento á súa personalidade, aínda que nalgún caso dos que mencionas se queira chamar tanto a atención, que a algúns nos poida xa parecer algo hortera e sen sentimento.
Antes de todo, darte las gracias por tu musica y el animo que le das a la musica folk!! Cuando podremos verte de gira por nuestras latitudes o quizas en el Festival de Lorient??? Xosé Anton Garcia, Lausanne (Suiza)
Hola Xosé Antón, gracias polo que me dis, por xente coma ti é polo que eu sigo adiante disfrutando con vós a través da miña música. A verdade é que non che podo dicir cando estarei por esas terras, pero agardo que sexa pronto porque teño moitos amigos por aló. Unha aperta.
Querrìa conseguir sus discos,acà en Argentina no puedo,tiene alguna direcciòn donde yo los pueda solicitar y pagar con tarjeta de crèdito internaciona
A verdade é por aló aínda non se comercializan, agardo que sexa pronto pero de momento podes conseguilos a través de Internet, por exemplo en discosbits.com Aproveito para darlle o meu apoio a tódolos arxentinos que están pasando por un mal momento. Un bico.
¿porque alma de buxo non se atopa nas tendas de discos convencionais no resto de España?
A distribución dos discos é algo bastante complicado, posto que é difícil manter un stock na totalidade do territorio. De todas formas en tódolas grandes superficies deberían de estar.
Susana: teño 40 anos ¿pensas que aínda estou na idade de poder aprender a tocar a gaita? Ten tino na resposta non vaia ser que me animes tanto que chegue a facerche sombra. Gracias pola túa música. Maria C.
¡Nunca é tarde muller! Polo obradoiro da miña familia pasa moita xente moito maior ca ti que empeza a toca-la gaita e non é importante a idade senón as ganas e o sentimento que lle poñas. ¡Anímate a facemos un dúo algún día! Un bico María.
sientes Galicia cuando tocas,o el profesionalismo ciega los sentimientos
Permanentemente. Fago a miña música pensando nesa terra que é a que me inspira, non podería pnesar noutra cousa e é o que vendo alá por onde vaia.
¿Se acabará Son delas en Coruña o recorrerá otras ciudades y villas gallegas?
O 11 de abril acabamos a xira de Galicia, será no teatro Rosalía. É un espectáculo que está cobrando moitísimo interese e penso que se está mirando de seguir adiante con el, como grabar un disco e leva-lo a máis sitios.
susana... porque nos fas isto ós que estamos fondamente namorados de ti... ¿porqué casas?
¡La vida es 'asín' chico! Espero que sigades fondamente namorados da miña música. Un bico para todos moi grande.
Susana, hai diferencias no son entre o norte e o sur de Galicia, ou entre distintos lugares da nosa terra.
En cada sitio de Galicia hai un xeito de tocar distinto que caracteriza a ese lugar o cal paréceme moi enriquecedor.
Que tal a túa relacion con Cristina Pato?, colaboraredes algunha vez?
Dende o pricipio, houbo moita xente que fixo todo o posible para crear unha confusión e unha rivalidade entre as dúas. Eu non teño relación con ela e tampouco teño pensado colaborar con alguén con quen non comparto nin o gusto nin as formas.
¿Quen son os teus músicos (grupos, cantantes, gaiteiros...) favoritos?
Milladoiro foi sin dúbida un claro referente na miña aprendizaxe. Dende pequena sempre me fixei moito nos gaiteiros vellos como o meu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo POrtela, ... Hai grupos como Berrogüetto, Uxía, Lelía, Diplomáticos de Monte Alto, Kepa Junkera, que tamén me gustan moito. Unha das mellores voces para o meu gusto é Dulce Pontes. De grupos extranxeiros gústame moito por exemplo Shooglenifty.
Nos festivais, cando toca un gaiteiro solista, parece que toca mellor si toca muiñeiras a dúas mil revolucions, chegando a parecer gaiteiros-pastilleros?
O máis importante nun gaiter@ non está na revolucións dos dedos, senón no gusto que teña á hora de interpretar e de transmitir. Para mín, é moito máis difícil tocar unha peza lenta que unha rápida. Hai moita metralleta por ahí. :-)
Non teño claro a meu posizonamento na polémica das gaitas, vexo que tí si. Entón, ¿qué opinas sobre os arranxos con baixo eléctrico, percusións africanas, etc?
Estou a favor da mestizaxe posto que é enriquecedora para calquera cultura sempre que a dignifique. O tema das bandas 'escocesas' en Galicia non me parece mestizaxe, senón unha copia mal feita dunha cultura que eles creen superior á nosa. Aí o meu posizonamento. Unha aperta.
?que tal o pasaches onte no xantar gaiteiro e como viches o ambiente de gaiteir@s?
Paseino moi ben, como en todas estas 'repichocas'. Son oportunidades únicas para reunirte, tocar e pasalo ben con moitos amig@s que sinten o mesmo ca ti.
Hola Susana, que consejos puedes darnos a los aprendices de gaiteiro? Un saúdo, Serxo G.
Sobre todo moito ánimo, moita paciencia, e a sorte é algo que tamén hai que ter en conta. Deixate guiar polo sentimento que a nosa cultura transmite e ... ¡adiante e moita sorte!
Sientes presion alguna al ser hija y nieta de famosos en el mundo de la gaita
Presión non, responsabilidade. Pero ante todo, unha grande admiración pola miña familia que é a que máis me apoia na miña carreira.
hola Susana, queríate preguntar se te vas casar co traxe rexional ou polo contrario irás de branco
Imos facer unha voda ó aire libre nun fermoso pazo galego. Iremos vestidos, por suposto, co traxe tradicional galego. Moitos invitados tamén irán así, e pódoche asegurar que será a boda con máis gaitas de toda a historia :-). Tamén quixemos elexir unha data tan significativa como a do Día das Letras Galegas.
Moitas gracias a tod@s por acudir a esta conversa, agora eu vos espero nalgún dos meus concertos. Biquiños.