La charla con Palmou se convirtió en un análisis de la situación gallega preelectoral y los compromisos de gobierno
Xesús Palmou participó en los Encuentros Digitales de
lavozdegalicia.com y respondió, durante una hora a más de
veinte preguntas formuladas por los internautas. En sus
respuestas, Palmou negó que Manuel Fraga fuera
'mandón' y descartó que fuese uno de los
candidatos a la sucesión del líder popular.
Moi bós días a todos. Estou moi contento de estar aquí e respostar a todas as inquedanzas que a día de hoxe se lles plantexen sobre o programa e a sociedade de cara a estas eleccións e os próximos anos de governo.
Unha pregunta sinxela, quen vai suceder a Fraga?
O día de hoxe o PP non se ten plantexado aínda a sucesión de Fraga. Estamos en campaña electoral cun candidato que é Manuel Fraga. A idea do PP neste momento é que Manuel Fraga governe os próximos catro anos se conta coa maioría e cando teñamos que elexir candidato ás próximas eleccións decidiremos quen ten que suceder. A día de hoxe non hai aberto ningún debate sobre quen ten que ser o sucesor de Fraga.
Esta campaña está un poco parada...queremos más carnaza
Eu creo que está sendo unha campaña moi intensa na que o PP está a facer un gran esforzo para que os cidadans coñezan o noso proxecto político. Nos gustaría que fixeran o mesmo as outras forzas. Máis carnaza igual quere dicir 'máis ataque persoal'...aínda sendo intensa o PP quere que sexa limpa e que transcorra dentro dos cauces de normalidade democrática e que se centre fundamentalmente en debates sobre ideas, proxectos e programas, máis que en cuestions persoais, que é o que se pode interpretar por 'carnaza'.
¿Ha cambiado el PP gallego desde que usted es su secretario xeral?
Lóxicamente un cambio na Secretaría Xera supón un cambio na orientación da institución. Non se pode dicir que os cambios foran sustanciais, o partido segue a ser de centro galeguista, pero o que sí fixemos é un gran esforzo por facer que sexa máis aberto a sociedade, que escoite á sociedade, que teña en conta as súas opinións e que os nosos programas e proxectos saian da propia sociedade, das propias inquedanzas e das cuestions que preocupan ós galegos. Eso se está a conseguir, houbo cambios na estructura, renovación de órganos nas provincias...En definitiva o partido está a seguir un camiño de renovación e apertura a toda a sociedade galega.
por que controlades a televisión tan autoritariamente
Non hai ningún control autoritario da TV, o que ocorre é que a TV reflexa o que é a actividade pública en Galicia. Se governa o PP na Xunta é lóxico que os telexorais dean unha maior presencia ó PP, ás persoas que governan á Xunta. Se se ven as escaletas dos programas informativos, os que máis poden preocuparlle, seguro que se comproba que existe un perfecto equilibrio na presencia dos partidos, de acordo coa sua representatividade. Agora a programación das televisións públicas en campaña, faise baixo o control da xunta electoral, non vexo eu ese control de que fala, por parte da televisión pública.
¿Cuándo piensan potencializar las Nuevas Tecnologías de verdad? Seguimos en el vagón de cola en la Sdad de la Información y desde la Xunta sólo se utiliza el dinero de la U.E. para inicativas que compiten con la iniciativa privada
Un dos pilares fundamentais do noso programa electoral para os próximos catro anos é o da potenciación das novas tecnoloxías.Potenciación no eido da investigación, do desarrollo e tamén da aplicación. Entendemos que as novas tecnoloxías constitúen un elemento fndamental de converxencia coas rexions e países máis desenvolvidos, polo tanto, faise preciso a súa incorporación a todos os procesos productivos así como ó sistema educativo en todos os niveis. E esta é unha das preocupacións fundamentais do PP para os próximos catro anos. O noso programa ten un capítulo adicado específicamente á Sociedade da Información e do Coñecemento que vai na liña de todo o que acabo de decir. Haberá, polo tanto, importantes recursos para todo o que supon novas tecnoloxías para a Sociedade da Información.
¿É tan radical como parece a diferencia entre votantes do PP 'de boina' e os 'urbanitas?
Non hai unha diferencia radical. Creo que esa diferenciación é máis artificiosa que real. Nós os que traballamos na estructura e organización do partido, dende logo, non a apreciamos. Existen galegas e galegos no mundo rural, outros que viven no mundo urbano, cada un coa sua problemática e nese senso dende o noso proxecto político pretendemos dar resposta a todos conseguindo unha Galicia máis equilibrada no territorial pero tamén no social, sin diferencias entre galegos urbanos e galegos rurais.
¿Ten algún tipo de misión especial (organizativamente) nestas eleccións?
Sí, son o director de campaña e polo tanto, lóxicamente, cun equipo de persoas teño que soportar unha parte importante do peso da sua organización e da sua execución.
¿Qué hace el secretario xeral de un partido con un líder tan claro y tan mandón como Fraga?
Quizás os que non coñecen personalmente a Fraga poden ter este concepto del...Don Manuel é un lider claro, indiscutible, e iso facilita a labor dun secretario Xeral. En canto a que sea 'mandón', eu creo que é unha persoa de ideas claras, pero non mandón, escoita moito e é unha persoa coa que é gratificante, non só fácil, poder traballar, pola sua intelixencia, clarividencia e a sua capacidade.
¿Cuál es su perfil bueno?
Eu creo que eso terán que decilo as persoas que me coñecen que son as que aprecian o meu perfil bó e malo. En política creo na tolerancia e o diálogo. Este podería ser o meu perfil bó..
¿Cómo estarían las carreteras hasta A Estrada si usted fuera conselleiro de Política Territorial?
Estarían seguramente máis ou menos como agora. Eu espero que nos próximos catro anos, se melloren en todo aquelo que teñen que mellorarse. Quero facer algunhas puntualizacions: A Estrada necesita mellorar a sua comunicación con Santiago e istro é xa un proxecto en marcha que pronto será realidade, necesita, tamén, mellorar a conexión coa Autopista do Atlántico e a construcción de unha comunicación coa nova Autopista Santiago-Ourense, e estas obras executaránse na próxima lexislatura. Con toda seguridade si Manuel Fraga segue a ser o Presidente da Xunta. En todo caso, eu creo que as comunicacions en Galicia teñen que diseñarse e executarse de xeito global, pensando en artellar o territorio na sua totalidade máis que pensando en localismos.
¿Le han salido muchas canas en los últimos dos años?
Sí, salíronme....Non sei si como consecuencia da actividade intensa que me tocou desenvolver ou por unha cuestión biolóxica...O certo é que estou máis branco que hai dous anos....
No le parece ciencia-ficcion que el ave llegue a Galicia
Hoxe non. Fai alguns anos, cando se inauguraba o AVE Sevilla, parecíame ciencia ficción que chegara a Galicia.Hoxe é un proxecto xa en marcha coas obras xa comenzadas, con prazos definidos e con financiación comprometida, non só para que chegue a Galicia, senón tamén para a conexión de toda a Galicia atlántica con Portugal. Simplemente agora Galicia ten que facer o esforzo e a presión para que os prazos se cumpran e este proxecto remate no ano 2007 como está previsto.
¿Si no logran la mayoría absoluta, pactarían con el PSOE?
Si o PP non tivese maioría absoluta o lóxico é que governase como partido máis votado, sobre todo si temos en conta que en calquer caso a segunda forza estaría a unha enorme distancia de nós. Nese suposto é lóxico que, o PP dialogase coas forzas políticas máis afins en este caso, temos máis afinidade co Partido Socialista que co BNG. esto non quere decir que tivese que establecerse precisamente un 'pacto' expreso de governo.
¿Qué opina sobre a decisión do PSdG de non pactar cos nacionalistas? ¿Parecelle crible?
A verdade é que despois do que levamos escoitado nos últimos meses, resulta difícil saber qué facería o Partido Socialista se o PP non tivese maioría absoluta. A miña opinión persoal é que de non ter maioría absoluta haberá sin duda un pacto BNG-PSOE. Esto é o que dixo o Sr. Touriño con toda claridade fai meses e o feito de que agora se pretenda dar outro mensaxe, ou cando menos, manter unha posición ambigua, coido que obedece máis a unha cuestión de pura estratexia electoral que á verdadeira intención do Partido Socialista.
Fillos de Galicia,entregó un petitorio a Ud en BsAs,estudiaran esos reclamos y,que opina sobre los mismos?habrá una respuesta,despues del 21,via Internet????
Efectivamente tuven a satisfacción de ter un contacto con representantes deste colectivo que me entregaron un documento que neste momento está en poder do noso candidato á Presidencia, Manuel Fraga. Neste documento existen peticions que están exactamente na mesma liña que algunhas das propostas que o PP presenta no seu programa para a Galicia Exterior. Cónstame que Don Manuel Fraga leu este documento con todo detemento e que terá resposta, non só por Internet, despois do 21 de outubro, senón tamén a través de accións concretas de governo, precisamente de cara a emigración da área da Plata.
¿Haberá debate nalgún medio de comunicación entre Fraga e os outros dous candidatos maioritarios?
En principio non parece que ese debate se vaia a producir. No ano 93 houbo un debate entre Manuel Fraga e Antolín Sánchez Presedo. Neste momento para que ese debate se puidera producir, as restantes forzas políticas deberían designar e decidir quen é o seu candidato, cal é a súa alternativa a Manuel Fraga e nese suposto, podería haber un debate entre os dous candidatos. Do contrario, non parece lóxico que haxa un debate dun candidato do PP, por unha banda, e un de cada unhas das restantes forzas políticas que se presentan ás Eleccións, por outra. Eu quero recordar que nestas eleccións o debate político está plantexado como todos contra Fraga.
¿Hay quién opina que usted es uno de los candidatos a la sucesión?
Teño dito reiteradamente que non estou nesa carreira, que neste momento non é unha cuestión plantexada no PP e que eso non ocupa absolutamente ningún tempo do meu traballo como secretario xeral do partido.
O feito de ter no goberno central ó PP, ¿perxudica por non poder pedir máis do que eles queren ou favorece por darlles todo o que piden?
Estou convencido de que un governo do PP en Madrid favorece a Galicia e temos exemplos ben claros. Durante o governo socialista elaborouse o Plan Director de Infraestructuras para España no que non fuguraba, para nada, o tren de Alta Velocidade para Galcia nin algunhas das grandes vías de comunicación por Autovía ou Autoestrada para Galicia como a Autovía TRanscantábrica ou as conexións de Santiago-Ourense, Lugo-Ourense e Lugo-Santiago. dende que o PP governa en Madrid todo esto estase resolvendo, porque hai un diálogo fluído e hai un compromiso claro do governo de España con Galicia e co Presidente Fraga. Polo tanto, creo que é beneficioso, eso non quere dicir, que desde Galicia non plantexemos máis proxectos ó Governo Central dos que realmente poidan atender, ó menos, de xeito puntual e rápido.
¿Afeitaría o bigote se o seu partido acada 45 ou máis deputados?
Non. Eu creo que o meu bigote está á marxe dos resultados electorais. Téñoo dende os 21 anos e dende entón pasaron moitas cousas importantes na miña vida que sin embargo non me levaron a cambiar de fisionomía, polo tanto, tampouco os resultados destas eleccións, con ser moi importante, non vai influir en eso.
Para la última legislatura prometieron una pensión para las amas de casa que no se ha cumplido,¿Como nos garantizan que si salen elgidos en estas elecciones realizaran su promesa de dar empleo a +/- 14.000 jovenes parados sin experiencia laboral?Gracias.
A proposta das pensions para amas de casa cumpriuse exactamente nos términos en que se fixo. Outra coudsa é que alguén puider ter interpretado de xeito distinto esta proposta. Eu invito a todos a que a examinen de novo e verán cómo se cumpriu estrictamente o seu contido. En canto a proposta para emprego de xóvenes vaise a cumplir tal como se fixo, é decir, que todos aqueles xóvenes que teñan experiencia laboral inferior a un ano e que sexan demandantes de emprego terán un contrato laboral dun ano antes de o sexto mes de ser demandantes de emprego. É un compromiso importante que ten un costo importante pero o Governo galego e a sociedade galega en xeral ten que dar resposta á problemática do paro xuvenil e esta proposta está precisamente nesta liña.
Falando de democracia, sabería o PP governar sen ter a maioría absoluta?
Sí, o PP sabería governar sen ter maioría absoluta e xa o ten demostrado na pasada lexislatura no Governo de España. Outra cousa é que nós consideramos fundamental que Galicia siga a ter na próxima lexislatura un governo estable, capaz, que poida dar ese definitivo impulso ó desenvolvemento e modernización que Galicia está a vivir. Si o PP non ten maioría absoluta está claro que Galicia non terá ese governo estable e que terá un governo de coalición BNG-PSOE.
A pesar de sus diferencias ideológicas,¿Cree que Beiras es un buen político?
Efectivamente existen moitas cousas que me diferencian del dende o punto de vista ideolóxico. Creo que o Sr. Beiras pode ser un bó político, pero tamén creo que sería un moi mal político para a Galicia de hoxe. Quizás os tempos do seu proxecto ideolóxico xa pasaron.
Pedirlles a todos vostedes que se comprometan con Galicia desde a posición ideolóxica que máis lles atraiga pero que non pasen da política. Como estou seguro que vostedes son fundamentalmente xente xoven, pídolles ese compromiso porque estou seguro que a xuventude en política é necesaria e eu diría que 'fundamental'. E por suposto, a todos, participación activas nas próximas eleccións. Foi un pracer estar con vostedes. Moitas gracias.