Open uri20150704 3 5kn1s3?1436006678

Branca Rodríguez Pazos, candidata del BNG en Lugo,
reivindicó el papel de su partido como 'alma y
motor' de la coalición que gobernó y
'transformó' la capital luguesa en los últimos
cuatro años. Se mostró dispuesta a llegar a cualquier tipo
de acuerdo para que el PP no ocupe la alcaldía tras los
comicios del 25-M. Dentro de sus propuestas electorales,
destacó su gran objetivo si resulta vencedora en las
municipales: darle la vuelta a la pirámide demográfica de Lugo.

1 Branca Rodríguez Pazos 09/07/2015 10:27

Bos días. Estou moi agradeblemente aquí, neste medio de comunicación mediante o cual podo ter contacto con xente coa que non podería falar doutra maneira. Estou aberta a calquer tipo de pregunta sobre o governo municipal do concello de Lugo como calquer tema da candidatura do BNG a estas eleccións.

2 Anónimo 09/07/2015 10:27

Non cre vostede que o goberno de coalicción apenas lle reportará beneficios electorais, xa que o bonito e bó do conto é o Sr. Alcalde?

Branca Rodríguez Pazos:

Efectivamente en un governo municipal a figura do alcalde,polos privilexios que lle concede a lei, é moi importante. De todas maneras eu penso que foi moi positivo a aportación do BNG a este governo municipal. Fumos a alma e o motor desta equipa de governo durante os catro últimos anos. E eso é importante porque a cidade mellorou e eso era o que nos queriamos.

3 Anónimo 09/07/2015 10:27

En estos últimos años la ciudad de Lugo está experimentando un gran cambio en el sentido más positivo del término "ciudad". ¿Qué podría mejorar si en lugar del sr. Orozco fuese Vd. la alcaldesa?, Gracias y enhorabuena por su trabajo.

Branca Rodríguez Pazos:

Penso que sí, que a cidade de Lugo mellorou moito nos últimos catro anos. Si eu fose a alcaldesa, si o BNG governase con maioria, a cidade tería sido diferente. Por exemplo, teriamos moito máis avanzado o pran de urbanismo, a reordenación da policía municipal e o tráfico, a rehabilitación do casco histórico e, o máis importante, que haxa industrias e traballo na cidade. Para que os mozos e mozas podan quedar na cidade. Eso tamén beneficiaria as persoas maiores, que estarían mellor atendidas e con outra esperanza. Ou sexa, que se invertería a piramide demográfica de Lugo.

4 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Qué posición toma o BNG para os temas que afectan as parellas homosexuais da cidade de Lugo?. Gracias (Xavier)

Branca Rodríguez Pazos:

Ben, o BNG sempre se manifestou pola liberdade total no tema das tendencias sexuais das persoas. A primeira medida que tomamos neste sentido desde o governo municipal foi crear un rexistro de parellas. Tanto de parellas heterosexuais como de homosexuais. Desde o Concello de Lugo e, concretamente, desde a concellaría que eu levo, participación cidadana, se tratou con moitas asociacións. Non poñemos ningún límite, so cando se prexudica a terceiras persoas. Teremos xuntanzas con asociacións do noso concello interesadas en promover a liberdade da sexualidade.

5 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Afectará dalgunha maneira a catástrofe do Prestige nos resultados das municipais?

Branca Rodríguez Pazos:

Penso que sí, que ten que afectar. Un feito tan tráxico para o noso país non pode pasar sin ter un efecto a todolos niveis. E un deles son as eleccións municipais, especialmente cando se viu que as únicas persoas e as únicas asociacións que daban a cara cando estoupou a catástrofe foron os concellos do país e as asociacións de homes e mulleres do país. Tanto o governo estatal como o da Xunta non souberon dar a cara e facer frente ó problema. Neste aspecto sí que se viu que é necesario que o país conte con organizacións propias que nos representen cando hai calquer tipo de problema.

6 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Non se sinten vostedes, o BNG e o PSOE, como unha isla na provincia de Lugo rodeados por fieles seguidores de Cacharro?

Branca Rodríguez Pazos:

Non, non nos sentimos unha illa porque realmente a cidade de Lugo e outros pobos da provincia teñen sufrido unha transformación nos últimos anos. E ben certo que o poder provincial de Cacharro é esmagante para a nosa provincia, especialmente nos aspectos económicos, culturais, sociais e de desenrolo da propia sociedade, pero o exemplo doutras forzas políticas que tamén están governando faralles ver os cidadáns a posibilidade dun cambio.

7 Anónimo 09/07/2015 10:27

Escribo desde Teruel, ¿Lugo existe? Me da la impresión de que ustedes están como nosotros...

Branca Rodríguez Pazos:

Cando eu vín o ano pasado o eslogán de Teruel existe nos medios de comunicación si que me acordaba do que pasaba en Lugo e no resto de Galicia. Pero eso mudou polo traballo dos governos dos concellos progresistas. En Lugo tamén é así. O conseguir que a Muralla fose patrimonio da humanidade supuxo unha participación a nivel turístico importante no coñecemento de Lugo. E ademáis, ainda que sexa por un feito tráxico, despoís da traxedia do Prestige e do berro común de Nunca Máis, Galicia é Lugo estamos ahí.

8 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Pensa que os cidadans de Lugo teñen o nivel de modernidade suficiente como para elexir unha alcaldesa?, ou aínda haberá que agardar para que esto sexa posible?. Gracias

Branca Rodríguez Pazos:

Penso que os cidadáns de Lugo sí que teñen o nivel de modernidade suficiente. Pero non se trata de modernidade. Se trata de elixir a cabeza de lista do BNG que leva moitos anos traballando por Lugo e que ten un proxecto importante para a cidade e para Galiza. Esto é esencial porque hai outras forzas políticas que dependen moito do que decidan en Madrid. Nós, no BNG, temos un proxecto común para Galiza dentro do Estado español e un proxecto para Lugo. Que eu sexa unha muller reforza a nosa candidatura. As mulleres somos máis do 50% da poboación e estamos demostrando co noso traballo e ca nosa participación que somos imprescindibeis na sociedade.

9 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Está dispuesta a renovar el pacto con el PSOE?

Branca Rodríguez Pazos:

O BNG aspira a governar en maioría suficiente dentro do Concello de Lugo. Agardaremos as eleccións e ver cal é a opinión dos cidadáns. Nós non queremos darlle o governo da cidade o PP. Nese sentido estamos dispostos a calquer tipo de pacto e conversacións para que a nosa cidade alcance o nivel que merece e que siga transformándose.

10 Anónimo 09/07/2015 10:27

Empleo y vivienda para los jóvenes, ¿qué propone?

Branca Rodríguez Pazos:

Este tema é esencial para o BNG. Pode ser unha das estrelas das propostas do noso programa. Queremos que mude a pirámide de poboación en Lugo. Para eso hai que ter traballo para que os mozos e mozas poidan vivir en Lugo. O aumento do solo industrial, facilitar as empresas o seu asentamento no noso municipio e contribuir a formación dos mozos e mozas pode ser labor dun concello, en colaboración con outras administracións. Para que os mozos e mozas se poidan quedar na cidade teñen que ter vivendas accesibles ós seus salarios. Para esto, o BNG promoverá con Instituto Galego de Vivenda e Solo que sempre quede unha porcentaxe importante de vivendas sociais para menores de 35 anos. Contribuiremos desde o concello á rehabilitación mediante convenios de vivendas en barrios tradicionais da cidade con aportación de créditos a este fin.

11 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Cuáles son las principales apuestas del BNG para la próxima legislatura?

Branca Rodríguez Pazos:

Algunhas das apostas xa foron respostadas, pero vou incidir en algunhas: aprobación da revisión do Plan Xeral de Urbanismo no primeiro ano da lexislatura. O plan vai definir o futuro da cidade en moitos aspectos: vivenda, equipamento, deseño urbano, industralización... Outro aspecto é seguir coa rehabilitación do casco histórico e que haxa vida dentro das murallas. Para esto desenrolariamos o máximo o PEPRI e revisariamos os aspectos que haxa que modificar. Outros temas importantes son a industrializción e o desenrolo do turismo na nosa cidade; o asentamento da rede de servicios sociais con especial atención as persoas maiores que requiren maiores coidados, con centros de día; a estación de mercadurías que se vai inaugurar proximamente sería o eixo do desenrolo do transporte na nosa cidade e comarca; o desenrolo especial de toda a nosa zona rural (54 parroquias)e a potenciación equilibrada dos barrios e do centro.

12 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Cal é a súa política respecto os restos romanos? Conservar, tapar,...

Branca Rodríguez Pazos:

Unha das riquezas máis importantes que temos na cidade e a súa orixe romana e todolos restos que quedan desa época. Desde o BNG pulamos por, primeiro, facer un museo da romanización, co sentido amplio que ten que ter un museo hoxe en día: un gran museo, que recolla todolos restos actualmente espallados entre varios locais; estudio e investigación e posibilidades de conexión ca universidade para que Lugo conte con servicios especializados de Arqueoloxía; museo ó aire libre, con todos aqueles restos que se poidan observar in situ; o museo levaría tamén a dirección de todos aqueles monumentos e restos que se atopan na zona rural de Lugo (Santalla de Bóveda, acueducto romano, cloacas... ). ¿Conservar ou tapar? Depende, según o caso, haberá veces, como din os arqueólogos, que se non se pode conservar, e mellor tapar. De todas maneiras, habería que facer un traballo importante de catalogación do mundo romano de Lugo.

13 Anónimo 09/07/2015 10:30

necesita o campus universitario de lugo un pulo?

Branca Rodríguez Pazos:

O campus universitario supuxo para Lugo un dos feitos máis importantes dos últimos dez anos. Chegamos a ter máis de dez mil estudiantes. Hoxe hai máis de nove mil. É un campo moi asentado, moi ben deseñado e especializado nas ramas agrarias e na derivación destas materias como o estudio da biodiversidade. A coordinación do concello ca universidade ten que seguir o camiño iniciado: asinar convenios para que a universidade faga traballos de estudio e diagnóstico vitales para a cidade de Lugo: medioambente, servicios sociais, economía, potenciación do tecido agropecuario e outros. Non debemos esquecer aspectos da rama de Humanidades que teñen que ver moito coa nosa cidade como Arqueoloxía e Historia. Sempre pulamos porque o campus se achegara o centro, por esto, parecenos moi ben que o vicerrectorado fora a parar ó casco histórico. Pularemos para dar facilidades os estudiantes para residir no centro de Lugo.

14 Anónimo 09/07/2015 10:30

Que trabalho se está a fazer desde o Concelho de Lugo em favor da normalizaçom lingüistica do galego? Tenhem pensado elaborar um Plam de Normalizaçom Lingüística na próxima legislatura?

Branca Rodríguez Pazos:

A lei de Normalización Lingüística da Xunta e a lei de normalización das entidades locais dan cabida legal para que nos concellos a normalización do noso idioma sexa real. No concello de Lugo existe un departamento nesta lexislatura con dous técnicos e que é transversal para todalas concellalías. Desde o BNG seguiremos traballando para que as leises se cumpran desde un punto de vista sempre de amor e coñecemento para o noso idioma porque moitas veces esa autoestima da riqueza que temos no noso país ó ter unha lingua propia e o que necesitamos. Nós, desde o BNG, loitaremos polo convencemento a través da concienciación, porque todo o demáis depende desto.

15 Anónimo 09/07/2015 10:30

Que vai reportar para a cidade o proxecto de Frigsa?

Branca Rodríguez Pazos:

O tema da reordenación de Frigsa e o destino que se lle ía dar o vello edificio do matadoiro era un tema pendente desde hace máis de 20 anos. E ninguén se atreveu nunca a darlle solución. Nós, no BNG, desde o principio, tomamos este tema como prioritario. Si se podía se mantiña e se rehabilitaba. Senón, había que tiralo. Como non foi posible rehabilitalo, polo seu estado e a complexidade da construcción e materiais, o derrube directo pola parte do concello era moi gravoso. Entón, fixose un convenio facendo ofertas a empresas para o seu derrube e Eroski, a empresa que gañou o concurso, ten que tiralo en un prazo de tres meses, facer neste espacio un gran centro cultural e deportivo e a empresa poderá facer un área comercial e de ocio (con cines) nas inmediacións do polígono do Ceao. Esto supoñerá reequilibrar a zona norte da cidade cun espacio cultural e deportivo importante e riqueza económica para toda a cidade.

16 Anónimo 09/07/2015 10:30

Nom acha que as diferências entre a Galiza da costa e as cidades do interior som a cada maiores? Pensa o BNG reequilibrar esta situaçom dalgúm modo?

Branca Rodríguez Pazos:

Non é tanto a diferencia de toda a costa con interior, é indudable que o eixo A Coruña-Vigo si que ten máis desenrolo. Non pasa así con algúns pobos costeiros, como se acaba de ver coa Costa da Morte e outras zonas de pescadores. Nós, no BNG, loitamos por un cambio da lei de finanzamento das entidades locais, a reorganización territorial do noso país, axeitada as necesidades actuais das comarcas e as cidades e ter en conta as peculiaridades que ten o noso país. So desa maneira seriamos capaces de correxir estas diferencias e equilibrar toda a nosa nación. Si que é certo que as provincias do interior -Lugo e Ourense- precisan neste momento programas de 'discriminación positiva' para poder desenrolar minimamente as súas potencialidades.

17 Branca Rodríguez Pazos 09/07/2015 10:30

Chegou o momento de rematar con este intercambio. Eu quedo a disposición persoal (e o BNG tamén) de todolos galegos e galegos, por suposto dos lugueses e luguesas, para que poidan achegarse a nós cando queiran. Foi un pracer poder contestar e informar de todo o que estamos a traballar e do que queremos e pensamos para o noso país. Moitas gracias