Open uri20150703 3 869pqa?1435955676

null

1 Juan Viaño 08/07/2015 22:45

Boas tardes a todos,estou á vosa disposición. Encantado de poder atendelos.

2 Anónimo 08/07/2015 22:45

Si resulta vencedor, 1- ¿accederá al encarecimiento en el coste de la matrícula? 2- ¿Cómo conciliará las relaciones maltrechas con el sector investigador? 3- ¿Apostará por la creación de alguna nueva titulación y cuál/es sería/n? 4- ¿Trabajará por una oferta de másteres más atractiva?

Juan Viaño:

Con respecto á primeira pregunta, sería partidario de tender aos prezos de referencia do Estado. En caso de que foran máis baixas a Xunta debería compensarnos. Considero que as miñas relacións co sector investigador son boas e así me gustaría mantelas. Estou convencido de que a nosa Universidade ten que ser docente e investigadora. Con respecto á terceira pregunta, considero que o mapa de titulacións deberá ser negociado dentro do SUG e por suposto considero necesario revisar os perfís profesionais que se están ofertando ás novas necesidades da sociedade actual. Reclamarei en primeiro lugar Criminoloxía e Xestión Hosteleira (por seren títulos propios que xa temos). Traballarei para que a oferta de másteres sexa adaptada á demanda social, conectada coas necesidades do tecido empresarial e produtivo, e acentuando o carácter internacional para poder captar alumnos estranxeiros.

3 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Piensa mantener la limitación de 800€ de gasto para el tribunal de las tesis doctorales, sabiendo las limitaciones que ello está a conllevar?

Juan Viaño:

A situación económica obríganos a ser prudentes nalgúns gastos. No que se refire aos tribunais de tese creo que deberíamos utilizar as novas tecnoloxías (videoconferencia) para reducir gastos e ao mesmo tempo ser sensibles para aproveitar as defensas das teses para visitas de investigadores que poidan interesar aos grupos de investigación.

4 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Por qué ha tardado tanto en dar a conocer las funciones de los distintos miembros de se equipo de gobierno? Inicialmente dijo que lo haría antes de que comenzase la campaña electoral, y una vez comenzada esta, lo ha postergado para "los próximos días"

Juan Viaño:

Dimos a coñecer o equipo no momento do comezo da campaña. Só se retrasou a súa colocación na páxina web.

5 Anónimo 08/07/2015 22:45

Sr. Viaño: será ejemplar en reducir el enchufismo, reducir docenas de profesores y catadraticos que se aburren por no hacer nada en la USC? reducira el numero de vicerrectores que entre funciones esta recoger hijos con chofer en los colegios yupi de santiago?

Juan Viaño:

A política de persoal ten que se rigorosa e velar porque se cumpran as nosas obrigas docentes e investigadoras. Prácticas coma as que vostede menciona non caben na xestión pública.

6 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Cómo piensa resolver las desigualdades en carga docente entre las diferentes áreas de conocimiento de la USC?

Juan Viaño:

Debemos introducir novos criterios para avaliar a carga docente das áreas e as súas necesidades de profesorado (incluíndo entre eles o número de alumnos) e intentar reequilibrar a dotación de prazas nas áreas máis deficitarias. No noso programa propoñemos analizar a posiblidade de crear unha figura de colaborador (bolseiro) na docencia titorial e interactiva por parte de investigadores en formación, predocs e postdocs que aliviaría a carga docente das plantillas.

7 Anónimo 08/07/2015 22:45

Que debemos pensar do estructura da súa Vicerreitoría no Campus de Lugo, cando presenta a un vicerreitor e a dous axuntos; pero non se establecen as responsabilidades de cada ún?

Juan Viaño:

As responsabilidades de cada un serán atribuídas se chegamos á reitoría, contando tamén coa estructura xerencial. En todo caso é miña vontade dotar das máximas competencias ás vicereitorías do campus descentralizando a toma de decisións en todos aqueles aspectos que poidan mellorar a eficacia na xestión.

8 Anónimo 08/07/2015 22:45

La pirámide docente se está invirtiendo claramente en la USC. Si es usted el nuevo Rector ¿cual será su estrategia para ampliar la base de esta pirámide y generar profesorado que imparta la docencia que ahora imparten titulares con amplia experiencia y sobretodo, catedráticos que deberían de aprovecharse para otras labores docentes e investigadoras?. ¿Pensará usted solo en los 4 años o intentará poner los cimientos para un futuro?.

Juan Viaño:

É un problema de enorme importancia garantir a transmisión de coñecemento dos profesores máis experimentados que cada vez se xubilan en maior número aos profesores novos. As actuais limitacións para captar e ofrecer prazas a profesores novos pode levar á institución a un estado de postergación que costaría moitos anos levantar. É un problema de suficiente envergadura no que é necesario establecer políticas globais co goberno autonómico e estatal.

9 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Cree que a Casares le pasó factura la falta de negociación?

Juan Viaño:

En efecto, creo que a negociación foi escasa nun momento complicado que necesitaba dela. Non lle faltaron mans tendidas que non foron aproveitadas. En todo caso, tocoulle un momento moi difícil.

10 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿En qué lugar queda el deporte en su programa?

Juan Viaño:

Tal e como figura no programa, pretendemos contar con patrocinadores que permitan manter, aumentar e, no seu caso, profesionalizar a nosa oferta deportiva.

11 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Cómo era Juan Viaño durante su época de estudiante?

Juan Viaño:

Eu creo que fun un estudante aplicado, apasionado polo estudo e amigo dos meus amigos e que tivo que atender ao mesmo tempo aos seus deberes nunha explotación agrícola familiar.

12 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Cómo creen que será la participación de los estudiantes?

Juan Viaño:

Estamos traballando para animar aos estudantes na súa participación. Sería desexable a maior implicación posible. Contamos con eles.

13 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿No cree que la campaña está pasando desapercibida en Santiago?

Juan Viaño:

Non. A xulgar pola presenza en prensa e pola asistencia aos actos convocados nos centros está despertando moito interese.

14 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Defenderá igual aos estudantes de Letras e Ciencias?

Juan Viaño:

Si.

15 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Una única universidad de Medicina?

Juan Viaño:

Si. Entendemos que a titulación de Medicina debe ser unha titulación única en Galicia e corresponde á USC a total responsabilidade da súa impartición e organización como nos últimos anos, contando cos recursos clínicos de toda Galicia. En calquera caso esto non debe ser obstáculo para que as universidades do SUG colaboren naqueles aspectos que redunden nunha mellor eficacia como ven sucedendo en másteres interuniversitarios, consorcios (BUGALICIA,...). Non existen datos de demanda nin de outro tipo que xustifiquen neste momento a creación doutras facultades de Medicina en Galicia.

16 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Cuál es su pronóstico para las eelecciones? Y no me diga simplemente que va a ganar

Juan Viaño:

O pronóstico é que gañará a miña candidatura. A diferenza é difícil de aventurar neste momento.

17 Anónimo 08/07/2015 22:45

Por quién cree que se inclinarán los nacionalistas y conservadores en estas elecciones?

Juan Viaño:

As votacións na universidade obedecen a motivacións distintas a outras eleccións políticas. A miña candidatura aspira a ter apoios de todos os sectores. En todo caso os únicos apoios explícitos que se coñecen son de nacionalistas á outra candidatura.

18 Anónimo 08/07/2015 22:45

Que opina del proyecto Erasmus. Lo pontenciará en la USC?

Juan Viaño:

O proxecto Erasmus é un proxecto do que só se pode falar ben e cos enormes avantaxes na formación dos nosos alumnos e na internacioinalización da Universidade. A creación dunha vicereitoría de internacionalización é a demostración palpable de que reforzaremos tódolos servizos para potenciar a participación dos estudantes neste proxecto.

19 Anónimo 08/07/2015 22:42

En un eje izquierda-derecha, donde se situaría?

Juan Viaño:

Centro-esquerda.

20 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Estaría mellor Galicia cunha soa universidade e sete campus?

Juan Viaño:

Galicia optou por un sistema de tres universidades hai 25 anos. É difícil saber se estaríamos mellor cunha soa pero en todo caso a decisión parece irreversible. Debemos traballar para que todas cumpran coa mellor eficacia no seu cometido, colaborando entre elas e potenciando as áreas nas que son punteiras.

21 Anónimo 08/07/2015 22:42

Qué medida tén arbitrada para o colectivo PAS en relación coa Dº Transitoria 2ª dos actuais Estatutos da USC?

Juan Viaño:

Igual que para o PDI, respetar a disposición e cumplila na medida en que as posibilidades económicas o permitan.

22 Anónimo 08/07/2015 22:45

INSISTO: si es usted el nuevo Rector de la USC ¿Pensará solo en los 4 años o intentará poner los cimientos para un futuro?.

Juan Viaño:

Das miñas respostas se pode deducir que intentaremos traballar para unha universidade con futuro e non só nos catro anos que dura o mandato.

23 Anónimo 08/07/2015 22:45

¿Debería aparecer la USC en el ranking de 500 mejores universidades o eso es una utopía?

Juan Viaño:

Non é unha utopía. Xa estivemos dentro dese ránking e deberíamos recuperar a reputación e o prestixio para volver a entrar. A calidade da nosa docencia e da nosa investigación nos fan acreedores a iso.

24 Anónimo 08/07/2015 22:42

No le da pena ver el estado del campus?

Juan Viaño:

Si. Levamos moitos anos intentando melloralo. Debemos seguir perseverando. É unha mágoa que os convenios asinados co Concello e as iniciativas contempladas no proxecto de excelencia internacional Campus Vida tampouco deran resultados a pesares das esperanzas postas neles.

25 Anónimo 08/07/2015 22:42

¿Cuántas Filologías sobran?

Juan Viaño:

Certas titulacións deben ser defendidas pola súa singulariedade. Outras deben adaptarse á demanda social e á captación de estudantado internacional. Debería ser posible un acordo no SUG a este respecto.

26 Anónimo 08/07/2015 22:42

¿La inestabilidad política en la ciudad complica las cosas para la USC?

Juan Viaño:

Non axuda.

27 Anónimo 08/07/2015 22:45

Después de cuatro años, diga algo bueno de Juan Casares!

Juan Viaño:

Intentouno nun momento difícil.

28 Juan Viaño 08/07/2015 22:45

Agradezo o interese e lamento ter que rematar o chat neste momento por imperativos da axenda que me reclaman noutro acto. Espero contar co voso apoio o día 25 para procurar unha universidade máis moderna, áxil e adaptada ás necesidades da nosa sociedade. Boas tardes e grazas a todos.