Open uri20150703 3 1jjw781?1435924136

El candidato a la alcaldía de Betanzos por el BNG,
Henrique, contestará a las preguntas de los internautas.

1 Henrique del Río 05/07/2015 19:00

Bo día a todas e todos, grazas por participar neste chat e grazas tamén á Voz por convidarnos

2 Anónimo 05/07/2015 19:00

Será capaz o BNG de mellorar o pequeno comercio en Betanzos?

Henrique del Río:

Esa desde logo é a nosa intención. O noso proxecto pasa por impulsar o centro comercial aberto e limitar a implantación de grandes superficies comerciais, porque afectan negativamente no pequeno comercio. Ademais propoñemos colaborar coa asociacion de comerciantes en todas as iniciativas que nos acheguen e desenvolver unha programación formativa que poida resultar interesante para os comerciantes.

3 Anónimo 05/07/2015 19:00

¿Cuentan ustedes con alguna medida para revitalizar el casco historico?

Henrique del Río:

Entendemos que hai que abordar a reforma do Plan de Protección porque quedou desfasado. propoñemos rehabilitar vivenda para fixar poboación, que os poderes publicos cheguen a onde non alcanza a iniciativa privada. dinamización comercial e hosteleira do casco, trasladar as dependencias municipais para o Casco e instar a outras administracions a facer o mesmo, reformular o programa da feira franca, abrir un centro sociocultural e aulas de estudo para a mocidade na Casa Gótica e un centro de interpretación do casco na torre de lanzós. Son algunhas medidas que temos no programa.

4 Anónimo 05/07/2015 19:00

Por que no está construido el colegio nuevo del carregal?

Henrique del Río:

Pois haberá que preguntarllo a María Faraldo, que aínda non puxo os terreos a disposición da Xunta. O certo é que cando entrou atopou unah expropiación en marcha e todo listo para ceder os terreos á Xunta e catro anos despois non fixo nada.

5 Anónimo 05/07/2015 19:00

a parte de querer ''galeguizar'' todo, quitar la coronacion en las fiestas... etc etc... q mas quiere hacer? todo se quedara en una ilusion pero bueno, lo importante es participar.

Henrique del Río:

Iso é unha reducción moi simplista do programa electoral. O groso do programa electoral trata de reactivación económica, xeneración de emprego, democratización do concello e aprobar un novo plan xeral xunto coa recuperación do casco histórico. Con ese programa imos a por todas, a pola alcaldía, non só a participar.

6 Anónimo 05/07/2015 19:00

Cuenta con gente de Galicia Nova para la lista?

Henrique del Río:

Evidentemente, son unha parte importante da organización e é lóxico que apareza tamén reflexado a nivel da candidatura.

7 Anónimo 05/07/2015 19:00

No eres demasiado joven para ser alcalde?

Henrique del Río:

En Galiza houbo e hai alcaldes moito máis novos do que son eu na actualidade, tamén Betanzos tivo un alcalde máis novo ca min actualmente. Non creo que a idade sexa un impedimento, e para proba están as perrenchas infantís que durante este mandato tiveron Javier de la Fuente e María Faraldo. Os meus estudos e o master en administración local que cursei creo que me facultan para desempeñar o cargo satisfactoriamente para os veciños e veciñas e o noso programa, candidatura e seriedade son un aval tamén.

8 Anónimo 05/07/2015 19:00

¿¨Qué opinión le merece el estado en que se encuentra la parcela que hay entre el parque del Pasatiempo y el supermercado Eroski, Tocho, etc,, toda llena de maleza, y qué haría usted para solucionarlo?

Henrique del Río:

Hai unha normativa que hai que cumprir no tocante á limpeza das fincas e tamén está a lei de prevención de incendios que o BNG aprobou desde a Xunta. Un goberno responsable coma o que quero encabezar aplicará esa normativa en ben dos veciños e veciñas.

9 Anónimo 05/07/2015 19:00

Enrique estoy en paro desde hace tiempo y se acaba la prestación, soy consciente de que desde los ayuntamientos tampoco tienen un montón de competencias para arreglar el empleo pero ¿tu partido tiene alguna idea que ayude a mejorar la situación, me refiero, algo que ayude a crear puestos de trabajo en Betanzos?

Henrique del Río:

É certo que os concellos non teñen moitas competencias pero tamén é certo que teñen que arrimar o hombreiro para sair canto antes da crise. Queremos desenvolver máis solo industrial para aproveitar a situación estratéxica que ten Betanzos coa aprobación dun novo Plan Xeral. Ademais da nosa aposta polo pequeno comercio, queremos crear un viveiro de empresas onde dean os primeiros pasos novas iniciativas dos emprendedores e convertir o centro municipal de formación nun centro punteiro. Ademais, queremos potenciar a industria turística, no que cremos que en Betanzos está case todo por facer.

10 Anónimo 05/07/2015 19:00

Buenos días. ¿Qué medidas proponen para solucionar los problemas de limpieza en nuestra ciudad?

Henrique del Río:

O BNG xa propuxo neste mandato un plano de limpeza para atallar este problema. o plan ten que servir para mellorar a limpeza, a dotación de colectores e as prestacións do servizo municipal de limpeza. Cremos que é un servizo importante ao que María Faraldo non lle prestou a atención que merece.

11 Anónimo 05/07/2015 19:00

donde tienen pensado hacer el centro de dia

Henrique del Río:

A nosa proposta é aproveitar o edificio do vello ambulatorio, que precisaría unha mínima reforma para este novo uso.

12 Anónimo 05/07/2015 19:00

que medidas tomaria usted si llega a ser alcalde en temas sobre el vandalismo en betanzos . y que control tendria sobre que jovenes menores de edad esten bebiendo en las calles

Henrique del Río:

Hai unha normativa que hai que cumprir. Non obstante, no BNG cremos que a solución a estes problemas pasa principalmente e en primeiro lugar pola educación.

13 Anónimo 05/07/2015 19:02

Vivo no Norte e ainda estou esperando a que algún politico faga caso do que necesitamos na aldea ¿usted vainos traer algún servicio a aldea ou van gastar todo no centro tamén?

Henrique del Río:

María Faraldo centrou o groso do investimento do concello no centro da cidade e é algo que desde o BNG cuestionamos. Nós levamos neste mandato ao Parlamento e o Concello a repararación da pasarela sobre o tren, as beirarrúas na ponte da estrada e máis o paso de cebra que agora hai diante do centro social. Son demandas que nos fixeron os veciños e veciñas e que puidemos impulsar e conseguir malia ser oposición. Queremos implantar unha liña de bus que una todas as parroquias co centro para achegar servizos que non se poden desprazar, pero claro que defendemos ampliar os servizos das aldeas.

14 Anónimo 05/07/2015 19:02

Sr. Del Río non lle parece que no concello hai traballadores que con similares funcións son retribuidos e valorados de distinta forma, ¿que faría voste ao respecto?

Henrique del Río:

No concello está pendente de aprobar un convenio que amañe moitas das problemáticas laborais que ten a administración local e que é algo que María Faraldo foi incapaz de facer neste mandato. Estamos convencidos de que un bo clima de traballo dentro do concello repercutirá cara fóra no rendemento da administración e desde logo será unha cuestión moi a ter en conta polo BNG a partir do 22 de maio.

15 Anónimo 05/07/2015 19:02

Cree que De La Fuente tiene algo de culpa en la situación actual de abandono que vive Betanzos?

Henrique del Río:

Obviamente apoiou a investidura de María Faraldo e moitas das súas decisións máis polémicas. PP e CxB, cada un na medida do seu peso, teñen responsabilidades na situación actual de Betanzos e nalgunhas cousas que nos depara o futuro.

16 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿que harías si salieses elegido para acabar con el caos circulatorio , dia si y dia también, de la zona de los Angeles?

Henrique del Río:

Nos Ánxeles, como no resto da cidade, cremos que simplemente aplicando a normativa de tráfico gañaríase bastante en canto a fluidez. A partir de aí haberá que analizar se hai posibles melloras e de ser factibles levalas a cabo. Os veciños e veciñas dos Ánxeles saben que o BNG estivo ao seu carón na problemática do cambio de sentido imposta polo goberno derivada da instalación das terrazas.

17 Anónimo 05/07/2015 19:02

La gente joven de Betanzos estamos cansados de estar olvidados por el ayuntamiento (pista de skate, biblioteca carente de servicios ...)¿que nos ofrece el bng?

Henrique del Río:

Temos presentado moitas iniciativas neste sentido durante este mandato que remata porque compartimos esa percepción. Propoñemos un skatepark cuberto que no seu deseño conte coa opinión dos usuarios, ampliar a biblioteca municipal e modernizala e abrir salas de estudo. A maiores queremos facer unha programación atractiva, tanto de lecer coma formativa, para a mocidade. Pero todo iso contando coa súa opinión, no BNG queremos facer política de mocidade contando coa propia mocidade.

18 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿É posibel un pacto do BNG con CxB?

Henrique del Río:

O BNG preséntase a estas eleccións para gañalas e facer de min o próximo alcalde de Betanzos. O único pacto que contemplamos agora mesmo é un pacto coas betanceiras e betanceiros para acadar este obxectivo. É decisión da xente. Polo demais, o BNG dialoga e chega a acordos en base ao seu programa, habería que analizar a compatibilidade dos programas das distintas forzas para ver se o BNG pode ou non chegar a acordos con elas. O noso pacto é coa xente.

19 Anónimo 05/07/2015 19:02

que opinas de que Santiso sea candidato del PP en Abegondo? gracias

Henrique del Río:

O PP terá que explicar por qué inclúe tránsfugas nas súas candidaturas. En todo caso, considero que Santiso é o pasado de Abegondo e que o futuro é Vítor Meizoso.

20 Anónimo 05/07/2015 19:02

Que opina de la gestión de la alcaldesa?

Henrique del Río:

Se houbera que poñer nota, desde logo sería moi deficiente. No pleno de onte aínda nos deron conta de que hai case 1.120.000 euros en facturas pendentes de pago do seu goberno. Sumando iso a todas as irregularidades que denunciamos ao longo do mandato hai unha base sólida para considerar que María Faraldo merece ser reprobada.

21 Anónimo 05/07/2015 19:02

Qué tiene previsto su grupo para dinamizar el deporte y las activiades lúdicas en Betanzso. ¿ No cree que debemos mirar más hacia nuestros ríos?

Henrique del Río:

Apostamos polo deporte de base e queremos que haxa posibilidades para practicar deporte en todos os barrios e parroquias do concello. Respaldamos aos clubes federados da cidade. É certo que Betanzos semella que lle dá as costas aos ríos e é algo que hai que mudar: deben ser lugares de esparcemento, pero tamén ofrecen oportunidades de emprego que agora se desaproveitan. E todo iso respectando a súa conservación.

22 Anónimo 05/07/2015 19:02

Boas Henrique, como músico betanceiro gustaríame saber que medidas tomará para cos locais de ensaio, e se se lles facilitarán máis oportunidades aos grupos que neles ensaian de darse a coñecer?

Henrique del Río:

Os locais de ensaio foron unha aposta do BNG hai anos para respaldar aos músicos aficionados da cidade. Neste sentido, entendemos que debemos apostar novamente por eles, reforzando os locais e superando as súas deficiencias e logo dando cabida aos grupos que os utilizan na programación cultural do concello e desde logo nas festas de San Roque.

23 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿Quién cree (no quien quiere, es obvio) que ganará las elecciones municipales?

Henrique del Río:

Creo que gañará o BNG porque Betanzos precisa un cambio e superar a actual etapa. O BNG é a única alternativa fronte a María Faraldo.

24 Anónimo 05/07/2015 19:02

En que se diferencia a política do seu partido á do resto?

Henrique del Río:

O BNG preséntase ás eleccións cun programa e é o que aplica cando goberna nas institucións. Ese aval, xunto coa nosa seriedade son bos puntos de referencia para contrastar proxectos políticos. O do BNG é o único proxecto político de esquerdas que concorre a estas eleccións, tamén iso é unha diferencia.

25 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿Es posible arreglar los soportales para que no vuelva a caer mas gente?

Henrique del Río:

Realmente é lamentable que cun investimento de 535.000 euros o resultado sexa ese. Ainda que no BNG entendemosque a inversión do concello ten que ir a outros lugares, obviamente hai que atallar este problema que creou María Faraldo. Haberá que escoitar aos técnicos pero desde logo parece necesario un cambio do pavimento.

26 Anónimo 05/07/2015 19:02

Que hará el BNG con la Casa Gótica?

Henrique del Río:

Queremos adquirila, recuperala e facer dela un centro sociocultural para o Casco Histórico que inclúa salas de estudo para apoiarmos aos estudantes.

27 Anónimo 05/07/2015 19:02

El BNG pondrá arboles y bancos por la zona vieja? Es que se ve muy vacia

Henrique del Río:

Efectivamente, hai unha carencia grave de mobiliario público. Plantar árbores ten a limitación de que polo subsolo van canalizacións de servizos, pero se é posible apostamos por facelo. Cada curruncho do concello ten que ser unha pequena zona verde, porque iso contribúe a mellorar a calidade de vida.

28 Anónimo 05/07/2015 19:02

que haríais vosotros con el convento de donas?

Henrique del Río:

De sempre defendimos a súa rehabilitación e uso veciñal. Defendemos a súa limpeza mentres non se recupere, pero a nosa intención pasa por escoitar aos veciños e ver qué queren facer del. Propoñemos facer del un edificio de usos múltiples pero estamos abertos a escoitar outras propostas dos veciños e veciñas.

29 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿Qué haría usted respecto a la construcción de la estación de autobuses?

Henrique del Río:

Construíla. É unha necesidade para Betanzos e non se entende que aínda a día de hoxe non a haxa. O noso proxecto político aposta polo transporte metropolitano e por complementar o servizo por estrada cunha liña de ferrocarril de cercanías.

30 Anónimo 05/07/2015 19:02

Tedes algunha proposta para a Rúa Nova? É que parece qeu non existimos

Henrique del Río:

O BNG elaborou un proxecto para esta zona cando tivo responsabilidades de goberno que mereceu unha mención da Comisión Europea. Recuperarémolo, ademais de atender todas as achegas que nos poidan facer os veciños e veciñas. Neste mandato xa levamos ao pleno varias veces cuestións relacionadas coa limpeza, estacionamento e seguridade na rúa Nova.

31 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿Cree Vd. que hay suficientes plazas de aparcamiento para discapacitados en Betanzos?

Henrique del Río:

Se non hai as suficientes desde logo haberá que delimitar máis. Atenderemos as indicacións dos usuarios e dos técnicos do concello para isto, como para moitas outras cousas.

32 Anónimo 05/07/2015 19:02

¿Pode confirmar que no seu programa irá a eliminación das duas Raiñas das festas?

Henrique del Río:

O noso proxecto político ten un compromiso claro coa igualdade real entre homes e mulleres. Nese sentido, xa é coñecida a postura do BNG con respecto á figura da raíña das festas e a súa contradición coa igualdade. De todas formas, as principais liñas do programa van na creación de emprego e a reactivación económica de Betanzos.

33 Anónimo 05/07/2015 19:02

Hola Enrique. En vuestra publicidad le dais mucha importancia al casco histórico. ¿Es tan importante o hay algo de pose electoralista en esto? gracias

Henrique del Río:

A nosa aposta polo Casco Histórico é tal que podendo ter a sede comarcal noutro sitio en teoría con mellores comodidades estamos no corazón da cidade. Cremos firmemente que o Casco é a locomotora que ten que tirar de Betanzos e demostrámolo cando tivemos ocasión con feitos. Temos un proxecto integral para recuperar o Casco e cremos que é o investimento estratéxico máis importante que pode facer o concello de cara ao progreso da cidade. Isto, obviamente, sen desatender outras cuestións tamén capitais para a cidade e o concello.

34 Anónimo 05/07/2015 19:02

Cree que teñen vantaxe o ser o BNG a única forza política que ten as máns limpas na súa xestión cando gobernou?

Henrique del Río:

O BNG practica unha política de respecto absoluto ás normas e aos cartos dos contribuíntes. É algo do que podemos facer gala e que, ao parecer, nos diferencia do resto das forzas políticas de Betanzos. Se é vantaxe ou non deberán decidilo as veciñas e veciños pero desde logo é un valor engadido ao noso programa e a nosa candidatura.

35 Anónimo 05/07/2015 19:02

Cree que os continuos reproches de Psoe a PP e viceversa, benefician ao seu partido como unha terceira opción? A min cada día gústame mais a política que están facendo, e vendo que os outros son os de sempre, conte co meu voto!

Henrique del Río:

Desde logo o que non creo é que aporten nada positivo a Betanzos nin á súa xente. Nós procuramos mirar cara adiante e construír, que creo que é o que a xente agradece.

36 Henrique del Río 05/07/2015 19:02

Lamento que non dese tempo a contestar todas as preguntas que aínda quedan no tinteiro. Agradezo a oportunidade de compartir puntos de vista que me brindastes cantos e cantas participastes e agradezo tamén a invitación de La Voz. Sempre é agradable conversar e contrastar pareceres.