Open uri20150703 3 dh4wgt?1435926417

La mítica banda gallega liderada por Bieito Romero
regresa al Festival de Ortigueira en plena presentación de
su último trabajo, «Solsticio». Los integrantes del grupo
charlarán con los internautas de lavoz.es en directo desde
el festival, unas horas antes de su actuación.

1 Luar na Lubre 08/07/2015 18:40

Boa tarde, benvidos a este encontro. Estamos na proa do mundo, en Ortigueria, encantados de respostar as vosas preguntas.

2 Anónimo 08/07/2015 18:40

Con tantas actuacións ao lombo, seguro que tedes anécdotas curiosas e divertidas para compartir. A máis mellor de todas? Vémonos esta noite

Luar na Lubre:

Anécdotas despois de case mil concertos... hai moitas. Unha delas foi en Monforte, saindo do escenario, Pedro, o guitarrista, caeu por un burato ó lado de rampa coa sorte de que caeu de pé. Desde arriba víamoslle a cabeza y el non se cría que estaba alí.

3 Anónimo 08/07/2015 18:40

Que sorpresas nos agardan no concerto desta noite?

Luar na Lubre:

O que imos facer esta noite é fundamentalente un concerto de Luar Na Lubre. De celebración do 25 aniversario e de presentación de «Solsticio», o último traballo. Seleccionamos o que entendiamos como mellor da nosa traxectoria para un festival como o de hoxe en Ortigueira.

4 Anónimo 08/07/2015 18:40

Queda algo daqueles que ían para Ortigueira facendo dedo para asistir ó festival?

Luar na Lubre:

Queda ese mismo espíritu que a xente tanto comenta. Seguimos sendo os mesmos, algo máis vellos e sabios, que mantemos ese xeito de entender esta música que tanta satisfaccións nos deu.

5 Anónimo 08/07/2015 18:40

Gustaria que Bieito tocase mais gaita galega e menos gaita midi. Non hai comparacion no son ...

Luar na Lubre:

Evidentemente non hai comparación no son, pero a gaita midi é un recurso moi interesante que creo que hai que aproveitar. Con independencia, á gaita galega doulle un trato preferente i é o meu instrumento principal.

6 Anónimo 08/07/2015 18:40

Luar na Lubre; Resplandor da lua no bosque sagrado onde os druidas celtas facían os seus rituais" Hai un porqué dese nome, non si?

Luar na Lubre:

É un nome rebuscado, que esta baseado na palabra «lubre», que eu descubrín no diccionario de Galego de Xosé Luis Franco Grande, un dos primeiros diccionarios do noso idioma. O significado que el lle atribúe a «lubre» é fantástico, só había que engadirlle o «luar» para facer con tres palabras unha poesía que reflicte o noso xeito de facer música.

7 Anónimo 08/07/2015 18:40

Que tiene de especial el Festival de Ortigueira? Lo recomendáis?

Luar na Lubre:

O pouso de ser un dos festivais máis antigos dos que se celebran en Galicia, e que despois de todos estes anos manten o espíritu da música celta. Ademais é un lugar de encontro inrtercultural incrible, e por suposto que o recomendamos.

8 Anónimo 08/07/2015 18:40

pertenezco a la colectividad gallega de Uruguay. cuando vendreis por aqui?????

Luar na Lubre:

En Uruguay estivemos dúas veces anteriormente, unha delas co teatro Solís abarrotado nun concerto moi emotivo pola cantidade de galegos que había nel e polo trato que recibimos nesas dúas visitas nos encantaría repetir a viaxe en calquera momento, pero non depende de nós.

9 Anónimo 08/07/2015 18:40

se chove, que non estoupe a megafonia como no concerto de fai dez anos

Luar na Lubre:

En primeiro lugar, as distintas prediccións meteorolóxicas non dan auga, pero tendo en conta que en Galicia hai diferentes microclimas, todo é posible. En calquera caso, imos facer o concerto igual, e o que pasou hai dez anos foi unha gran sorte porque estoupou o equipo cando xa estabamos no bises e quedou tan só nunha anécdota.

10 Anónimo 08/07/2015 18:40

¿Qué cres que significa un festival como Ortigueira hoy en día para la musica gallega?

Luar na Lubre:

Eu entendo que é unha gran plataforma para todos os grupos que están a facer música en Galicia. Un proxecto como o Runas abre portas a propostas novas e a posibildade de tocar no escenario principal da Alameda, que supón un trampolín moi importante para calquera grupo.

11 Anónimo 08/07/2015 18:40

Boas, eu son mais do público do rock, pero gústame Luar na Lubre, teño discos vosos na casa, que discos de rock poderiamos encontrar na discoteca de Luar na Lubre, mención especial si cabe os Suaves xa que son de Ourense

Luar na Lubre:

En Luar na Lubre escoitase todo tipo de música porque todos os compoñentes provimos de estilos diferentes. Hai quen ven da música tradicional, pero tamén da música latina, do jazz, da clásica, incluso do heavy metal. Para dar nomes de grupos é complicado, pero Los Suaves si son unha proposta interesante e veterana do rock que se fai no país.

12 Anónimo 08/07/2015 18:40

¿Que vos parece todo o que está a pasar coa SGAE? ¿Internet e as descargas ilegais son boas ou malas para a música?

Luar na Lubre:

Está ben que se depuren respnsabilidades, e se hai probas de todo o que está a acontecer, se limpe porque os socios así o queremos. Mentres tanto, creo que temos que ser cautelosos e ter paciencia para ver en que deriva toda esta situación. Por outro lado, o tema das descargas, se ben é certo que fan expandir a música, quítanlle valor a todo o traballo que os músicos facemos e que desgraciadamente moi pouca xente valora.

13 Anónimo 08/07/2015 18:40

Qué sensaciones encontrais en la ciudad de Coruña a nivel musical y especialmente respecto de la música "tradicional"?

Luar na Lubre:

Son unhas sensacións extrañas desde sempre, a pesar de que na Coruña hai propostas musicais, dentro do ámbito da música tradicional, de moita calidade. Sería importante normalizar esa situación, pero dependemos tanto das institucións, e estamos tan pendentes de que nos axuden, que moitas veces se nos vai a forza pola boca. Aínda así, teño que decir que a música tradicional na Coruña podería estar moito mellor tratada como seña de identidade dun lugar tan caracterísco como é a propia cidade.

14 Anónimo 08/07/2015 18:40

Está máis valorada a música galega no exterior que en Galicia?

Luar na Lubre:

A música galega ten que saír primeiro fóra de Galicia, e quero decir con isto: máis fluidez de concertos fóra. En Galicia, desgraciadamente estamos acostumados a que se subvencione a música, co cal, a valoración que se fai da mesma é sempre relativa, festivais cheos, pero de xente que pouco, ou nada, lle importa o que está a ver (en liñas xeráis). Pola contra, no resto do estado ou no estranxeiro a xente paga por ver a música co cal a valoración e maior, non quere decir iso que aquí non se recoñeza o traballo dos grupos, pero á hora de pagar por entrar a ver un concerto prefiren esperar e velos gratis en calquer outro lugar.

15 Anónimo 08/07/2015 18:40

¿Preferides compoñer temas instrumentais ou con letra? Graciñas pola vosa música, Carlos, A Coruña.

Luar na Lubre:

Nós compoñemos da dúas maneiras. Moitas veces chega as nosas mans unha letra interesante e nós poñémoslle música, e moitas veces, sobre músicas xa feitas, encaixamos letras que entendemos que están acorde con esa melodía, co cal, da dúas maneiras estamos cómodos.

16 Anónimo 08/07/2015 18:40

Que opinades do nivel musical de Galicia no momento actual. Moitas grazas e saúdos

Luar na Lubre:

Impresionante. Creo que somos vangarda na música folk tradicional non só a nivel estatal, senon europeo, e aquí e onde se reflexa a labor feita polas diferentes asociacións que traballaron a prol da nosa música, ben señan bandas de gaitas, grupos de pandereteiras, etcétera, que foron unha gran canteira de semente para o que estamos a recoller na actualidade.

17 Anónimo 08/07/2015 18:40

hola,tengo curiosidad por saber cómo se está dando a conocer la música tradicional gallega allí ,en las escuelas y si hay colaboración de la Xunta en ello?gracias por el programa,un saludo

Luar na Lubre:

Que eu saiba non se está a ensinar dunha maneira normalizada a música tradicional nas escolas, ainda que si hai certos profesores e profesoras que afondan neste tema, pero non hai unha asignatura dedicada á música propia como pode haber noutros paises, i eu considero que unha mágoa. Descoñezo colaboracións da Xunta ó respecto.

18 Anónimo 08/07/2015 18:40

Mi pregunta es: para cuándo una gran superproducción celta hecha en Galicia unida a una producción audiovisual dónde se puede explotar al máximo la fuerza de la música como Luar na Lubre?

Luar na Lubre:

Para cando haxa un superproductor que queira facer unha cousa así. É certo que en Escocia, Bretaña ou Irlanda si se teñen feito cousas así, e aquí é cuestión de ter paciencia.

19 Anónimo 08/07/2015 18:40

Bieito queremos volver a veros no Colon

Luar na Lubre:

No Colón tocamos o mes de maio pasado e xa para nós é como un escenario máxico e de encontro cos nosos. Ogallá este ano se poda repetir un concerto alí porque estou seguro de que a nós nos gustaría tanto coma a ti.

20 Anónimo 08/07/2015 18:40

Non hai certa sensación de Deja vu nos carteis de Ortigueira dos últimos anos??

Luar na Lubre:

Penso que é unha cuestión de gustos. Os carteis en calquera dos festivais teñen un pouco de todo e penso que para gustarlle a todo o mundo. Despois, cada un de nós, seguro que faríamos o noso propio festival.

21 Anónimo 08/07/2015 18:40

Ola Bieito! Queria felicitarche pola bso de Doentes. Encantoume esa musica, a terceira protagonista nesa noite d camiñar.. Como xurdiu a idea? Foi algo puntual ou tes algun proxecto mais en mente?

Luar na Lubre:

Moitas grazas. Foi a miña primeira experiencia en bandas sonoras para cine e foi moi gratificante a nivel persoal. É certo que traballei con Xavier Ferreiro, compañeiro de Luar na Lubre como técnico de son, e todo foi moito máis doado. Musicar imaxes pensaba que sería algo moito máis complicado, pero sentinme moi cómodo. Non teño ningún proxecto en mente, pero ogallá poida repertir.

22 Luar na Lubre 08/07/2015 18:40

Foi un pracer respostar as vosas preguntas. Como vos dicía ó comezo do encontro, estamos na proa do mundo e na proa do mundo imos ofrecervos festa esta noite máxica. Bicos e apertas para tod@s!!