Open uri20150703 3 11ceb14?1435926334

El grupo gallego Berrogüetto celebra su 15 aniversario en
el Festival Celta de Ortigueira. Xabier Díaz, vocalista del
conjunto, charlará con los internautas de lavoz.es en
directo desde el certamen folk.

1 Berrogüetto 08/07/2015 18:40

Boa tarde, encantado de falar con todos os internautas desde Ortigueira.

2 Anónimo 08/07/2015 18:40

¿Cal é a situación da lingua e música galega? Considera que ten boa saúde?

Berrogüetto:

Considero que merece todos os cuidados posibles. A situación da música en canto a calidade e cantidade é óptima (eu diría que nunca foi mellor) e agardo que por parte das Administración haxa un apoio inequívoco para que teña maior repercursión e forme parte do tecido industrial do país na medida na que merece. Así mesmo, non entendo a música galega sen a lingua propia, polo que agardo que a tención á lingua sexa, se cabe, máis exquisita.

3 Anónimo 08/07/2015 18:40

Xabier, Como foi o teu mellor festival de Ortigueira?

Berrogüetto:

Agardo que sexa o deste ano.

4 Anónimo 08/07/2015 18:40

como marcha a promoción de Kosmogonías fóra do país?

Berrogüetto:

Alén do Estado, no que fixemos presentación en Madrid, Segovia ou Zaragoza, á volta do verán agardamos concertos en Centro Europa, por exemplo en Alemania, e mesmo en América do Sur.

5 Anónimo 08/07/2015 18:40

Esta noite acercareime a Ortigueira para escoitaros como cada veran dende fai anos...que significa Ortigueira hoxe para a musica galega?

Berrogüetto:

Creo que ten unha importancia grandísima para o xénero, para a música folk. O meu desexo é que siga a ser un foro e un encontro dos amantes desta música, alén dunha simple «macrofesta».

6 Anónimo 08/07/2015 18:37

Que é máis importante que a felicidade?

Berrogüetto:

Tirando de retranca, ou non, a saúde.

7 Anónimo 08/07/2015 18:37

En primeiro lugar parabéns polo 15 aniversario, que xa son anos! gostaríame saber que plans tedes para o futuro próximo (xira? novo disco? colaboracións?) grazas e unha aperta. Carola

Berrogüetto:

Para o futuro, alén dalgunha sorpresa este mesmo ano, a edición do primeriro deuvedé ao vivo, gravado no pasado nadal no auditorio de Galicia en Compostela

8 Anónimo 08/07/2015 18:37

cual es el mejor festival folk de Europa?

Berrogüetto:

Bufff!!! Esa resposta é moi dificil, case tanto como elixir entre xoubas e pementos de padrón.

9 Anónimo 08/07/2015 18:37

Hola Xabier. ¿Cuál de los grupos del cartel te gustaría que colaborase con Berrogüeto?

Berrogüetto:

Algún galego.

10 Anónimo 08/07/2015 18:37

Molladevos un pouquiño ;) e decídeme:¿Como considerades que o festival Celta de Ortigueira podería mellorar?. Graciñas

Berrogüetto:

Concentrar o esforzo en que o público asista ós concertos e que o feito musical sexa a verdadeira motivación para vir a estas maravillosas terras de Ortegal.

11 Anónimo 08/07/2015 18:37

Tengo una pregunta para usted: ¿Cuánto cuesta el cubalitro de kalimocho en Ortigueira?

Berrogüetto:

5 euros??

12 Anónimo 08/07/2015 18:37

¿Qué tal se vive na Laracha?

Berrogüetto:

Fantástico, é un dos mellores sitios para vivir. Saúdos bergantiñáns.

13 Anónimo 08/07/2015 18:37

¿Que tal foi a estrea do disco e o teu debut como vocalista do grupo?

Berrogüetto:

Moi fácil grazas ós compañeiros, e o disco axudou moito á miña integración no aspecto máis musical.

14 Anónimo 08/07/2015 18:37

Siendo, Berrogüetto, un viejo conocido del festival de Ortigueira... ¿cuál es vuestro balance o valoración del evento declarado fiesta de interés turístico internacional?

Berrogüetto:

É impresionante que un festival deste xénero traia tanta xente a este norte peninsular.

15 Anónimo 08/07/2015 18:37

Alguna sorpresa para el concierto de esta noche...

Berrogüetto:

Seguramente, pero... nunca se revelan.

16 Anónimo 08/07/2015 18:37

¿Onde buscas a inspiración?

Berrogüetto:

En calquera pequeno detalle e a calquera hora do día. Tamén calquera lugar do mundo pode valer...

17 Anónimo 08/07/2015 18:37

¿Deportivo o Celta?

Berrogüetto:

Ufff!! Selección galega.

18 Anónimo 08/07/2015 18:37

Poderías compartir con todos nós algunha anécdota curiosa dalgún concerto?

Berrogüetto:

Nun dos últimos equivoqueime de gaita, e tres segundos antes de empezar a tocar, decateime que en vez da gaita de Do collera a de Re. Case que incendio o palco...

19 Anónimo 08/07/2015 18:37

Cal é o voso segredo, iso que vos diferencia do resto de grupos de música tradicional? Queda entre nós ;)

Berrogüetto:

Ser raros, moi raros.

20 Anónimo 08/07/2015 18:40

Boa tardiña Xabier. ¿Qué momentos especiais da túa vida musical gardarías nunha caixa? Dende os teus comezos en IAR, Xacarandaina, Rumbadeira...

Berrogüetto:

Todos os que pasei nesas agrupacións e a música popular que atopei nas aldeas, gardada na memoria de moiras avoas e avos.

21 Anónimo 08/07/2015 18:40

non supón unha gran responsabilidade substituír a Guadi Galego? como o levas?

Berrogüetto:

Por suposto. Mais sempre o levei con naturalidade, temos personalidades musicais diferenciadas, pero que en todo caso puxemos e seguimos a por ó servicio de Berrogüetto. Guadi sempre terá a miña admiración.

22 Anónimo 08/07/2015 18:40

Tenéis club de fans? Gente qué os sigue de actuación en actuación?

Berrogüetto:

De facto non, pero si que hai siareiros que nos seguen habitualmente.

23 Anónimo 08/07/2015 18:40

¿Cómo funcionais para componer? ¿Cuál es el proceso? ¿Alguien lleva la voz cantante?

Berrogüetto:

Todos levamos ideas ó local de ensaio e despois de pasar alguna que outra criba, comezamos a traballalas de xeito coral. Obviamente, sempre resolvemos todo de xeito colectivo.

24 Anónimo 08/07/2015 18:37

Cantas, bailas, tocas a gaita, tes un programa na radio...onde te sintes máis cómodo?

Berrogüetto:

En todas as facetas. A miña personalide é así de poliedrica.

25 Anónimo 08/07/2015 18:37

Buenas tardes, Xabier. Me gustaría saber qué música escuchas. Enhorabuena por tu trabajo

Berrogüetto:

Moita música brasileña e músicas do mundo en xeral. Por suposto sempre con racións abondosas de música galega. Vitor Ramil, Paulinho Mosca, Peter Gabriel ou Treixadura.

26 Anónimo 08/07/2015 18:37

Peculiaridades ou perversións :)) do conxunto que se podan confesar?

Berrogüetto:

Somos de ron con cola. Agora xa nos deitamos cedo... pero esta noite imos facer propósito de festa, así que despois do concerto nos arrimaremos ás barras e disfrutaremos do resto do cartel.

27 Anónimo 08/07/2015 18:37

Como foi a túa experiencia dando o pregón en Carballo?

Berrogüetto:

Intensa e emocionante.

28 Anónimo 08/07/2015 18:37

Namoreime da túa voz dende a primeira canción e espero vervos en concerto pronto, ¿ides facer xira de concertos en teatros?

Berrogüetto:

É posible que no último trimestre do ano fagamos unha xira máis de teatros.

29 Anónimo 08/07/2015 18:37

Como músico si, pero... como festivaleiro fuche a Ortigueira?

Berrogüetto:

Hai moitos anos. Na miña tenda de campaña, en Morouzos...

30 Anónimo 08/07/2015 18:37

Después del concierto de esta noche... vais a salir de fiesta por Ortigueira? El Caracas tal vez...

Berrogüetto:

Un clásico, eu visitarei Venezuela con toda seguridade e seguramente algúns outros paises.

31 Berrogüetto 08/07/2015 18:37

Vémonos esta noite. Prometemos festa. Foi un pracer falar con vós desde Ortigueira. Saúde e alalás!!