Gaiteira
Del taller que los Seivane regentan en el municipio
de Cambre (A Coruña) salen algunos de las mejores
instrumentos de Galicia, lo que permitió a Susana
crecer entre música, y ya a los cinco años sacaba notas
a través de una gaita. Actualmente, el espectáculo en
directo de esta artista es uno de los más innovadores
que se pueden contemplar actualmente dentro del folk
gallego, y enlaza directamente con la renovación de
contenidos musicales que se pueden escuchar en sus
grabaciones en estudio.
Hola, soy un "medio gaiteru" asturiano enamorado del sonido de la gaita gallega, pero como sabes la digitación es diferente. Mi pregunta es si sabes si es posible conseguir una gaita gallega con digitación cerrada como la asturiana. gracias.
duas preguntas diferentes: 1. en galiza hai que ser gaiteiro para triunfar na musica? 2. por que cres que non hai pop en galego (pouco rock, pouco cantoautor... pero pop cero papateiro)?
felicidades e saludos para xavi de a'repichoca dende escocia
Hola Susana,eu tamén son gaiteira.Noraboa polo teu novo traballo é unha pasada e do cal nos estamos tentando aprender a peza de Rumba para Susi e asegúroche que resúltanos bastante complicada.Bicos.
Le descubrí en el Festival Folck de Pardiñas, me encantó, ¿cuándo estarán sus discos disponibles, más masivamente, a nivel nacional?
¿Qué tal te levas con Cristina Pato? ¿Hai bo rollo entre ámbalas dúas?
¿ Pensas que o teu estilo de música queda moi illado no resto do panorama musical, tanto español como extranxeiro?
¿ Cuándo va sacar el próximo disco?
Non é en sí unha pregunta. Só unha felicitacion porque como gaitero, e estudioso da musica creo que Susana Seivane e unha das/dos mellores interpretes de gaita. Meus parabens e a seguir dandolle calidade a este intrumento.
te sigue mucha gente del cambre por los conciertos que haces?
¿De quen é o tema co cal presentas a túa banda no directo do pasado verán?
deseo contactar a familiares de Perez Santorum Jose Gabriel nacido en Orence comunicarse a el siguiente correo electronico mosaro_076@hotmail.com.ar Argentina.Chaco mi nombre es Perez Patricia
Que opinom che merece a politica musical na Galiza como som os casos da Deputaçom de Ourense?
Supoño que pasado o "medo" de comezar a cantar, ¿sabes que tes unha das voces máis fermosas da música galega?
¿Tu concierto Favorito?
¿É posible unha industria galega realmente competitíva?
Inicio del encuentro
Hola, xa estou aquí, encantada de estar nestas charlas dixitais cos meus amigos da Voz e con tod@s vos.
Primeiramente felicitala pola súa laboura musical. A miña pregunta é: Porque se promociona tan pouco a música galega en Galiza, hai moito enchufismo? Un biquiño
Moitas gracias pola tua felicitación, en realidade non hai maior satisfacción que ver que o teu traballo chega e gosta a tanta xente. Non sei moi ben por qué a música galega non está tan apoiada institucionalmente como por exemplo pode estar o flamenco. É unha auténtica mágoa, porque hoxe en día hai un auténtico filón de grupos emerxentes que están a facer cousas realmente interesantes. Só se lle da cabida en medios de comunicación nacionais se tes efectivamente algún enchufe ou por que nese momento o teu disco se está promocionando e pode ter cabida en certos programas. Pero en xeral, a infraestructura está bastante mal con respecto a algúns países de Europa, que é por onde máis tocamos. Alí as cousas funcionan de forma diferente, e para qué negalo, moito mellor.
Los pelos de colores, son tambien de raiz celta?
A que anos empezaches a interesarte por facer música popular galega?
Empecei a unha idade moi temprana, non se dera ningún caso ata entón. Foi ós 3 anos. Nacer no seo da familia Seivane xa implica un pouco que ó longo da túa vida vas ter moito contacto coa gaita e coa música tradicional, pero creo que ninguén esperaba que eu fora empezar tan cediño. Era algo que eu sempre levei nas miñas veas. O meu pai Alvaro ensinoume no seu colo a escala musical nun punteiro e tamén nun teclado que tiñamos na casa. Tamén me ensinou as primeiras pezas, as máis sencilliñas, coas que se soen empezar. Despois, seguín eu dunha maneira autodidacta. Un dos meus xogos favoritos era escoitar pezas na radio, en discos ou casettes e coller rápidamente a miña gaita e interpretar as cancións con tan só telas escoitado unha vez. Tiña moi bó ouvido musical e iso axudoume moitísimo para aprender con moita facilidade. Ós 4 anos a miña familia, fabricoume unha gaita a medida, porque cunha estándar non podía, me quedaba moi grande, pesabame moito... Esa pequena gaita que me fixeron aínda se conserva nun museo que hai no Obradoiro da miña familia. Consérvoa con moito cariño. O soplete parece un "chupete" ;-)
Para cando outro disco?
Pois xa me anda na cabeza o meu próximo proxecto discográfico. Creo que será algo bastante novidoso e que terá unha grande aceptación pero non podo falar moito del... será unha sorpresa. Ademáis agora o meu último traballo "Mares de Tempo", que saíu en maio ocúpame moito tempo, é o que agora estamos promocionando e preparando con el a Xira 2005. Supoño que o meu cuarto disco verá a luz en 2 anos polo menos.
Tes previsto facer colaboracions con outros artistas galegos (discos, actuacions...)?, e algunha xira fora da Galiza?. Gracias pola tua musica
Pato, Budiño, Nuñez, mesmo Seivane... como profano gustariame saber se existe moita diferencia técnica entre vós
Hola Susana.Queria, primeiro felicitarte porque dende alguns anos ata aqui conseguiche poñer unha nota de cor nos escenarios da nosa cultura.¿Para cando unha colaboración xuntos q nos leve directamente "OS GRAMY"? jajaja Un BesitoFlautico,dende Betanzos
Hola, me encanta la música celta (toco en una banda de gaitas "Lume de biqueira" de Madrid). ¿Alguna vez se te pasó por la cabeza hacer otra cosa que no fuera tocar la gaita?¿Que opinas de la liga de bandas de gaitas?
Gústame todo o relacionado coa docencia infantil, de feito estudiei Puericultura, ademáis de solfeo e piano. Pero o certo é que me tiraba moito máis adicarme á miña paixón dende pequeniña que foi a gaita. Non me gusta a Liga de Bandas de Gaitas, porque non comparto toda a política que hai por detrás, aparte de que nunca concebín tocar a gaita para competir con ninguén. Antigamente a gaita se tocaba nas Romerías, nas Festas... e me gusta seguila concebindo deste xeito.
deportivista como e.Como se sinte ca marcha do depor este ano
Forza Depor! Pero Forza tamén ó Celta. Eu ante todo considérome galega, e como tal me sinto na obriga de apoiar ós equipos galegos xa que me gusta tanto o fútbol, nunca digo o de Vigo no.... é máis deume moita pena que descendera, aínda que como siga así... Penso que a rivalidade que hai tiña que ser máis sana, aínda que a maior parte da xente creo que opina coma mín, pero bueno hai de todo. Son socia do Depor dende hai bastantes anos, tamén son socia honorífica dalgunhas peñas, e como deportivista estou un pouco triste de que o Depor non fixera nada na Champions e que na Liga non nos estea dando todas as alegrías que quixeramos. Pero bueno, como se soe dicir o fútbol é así, e esperemos que veñan mellores tempos para os equipos galegos e en especial para o meu Deportiviño!
¿Cal é a tua muiñeira preferida?
Pois é moi difícil de elexir, porque a muiñeira para mín é o ritmo Rei. Nos meus concertos, no último bis de todos, sempre digo: "para vós que fostes os reises da noite, vai a nosa raíña muiñeira, porque esta festa non acaba...sen a muiñeira de Chantada". É unha frase que un día ma dixo meu amigo Xurxo Souto, e que me gustou tanto que a fixen miña en todos os concertos, cando empezo a dicila, xa me acompaña o público berrando o mesmo. A verdade é que cando toco esta muiñeira tan coñecida, sinto algo moi especial, así que por iso digo que é a nosa raíña muiñeira.
Sigue con la idea de estudiar piano en Estados Unidos? Cuando y Donde?
Mira, creo que xa vai sendo hora de que vos dedes conta que eu son a do pelo rubio ;-). Eu tamén toco o piano, percusións, acordeón diatónico, ademáis da gaita pero a que estudiará piano en EEUU é a miña compañeira Cristina Pato. Eu de momento, prefiro quedar na miña terriña e coa miña jaitiña.
¿QUÉ OPINAS DE LOS HOMBRES QUE TOCAMOS LA GAITA?
Hola. Primeiro darche a noraboa polo novo disco pois é moi bo. A miña pregunta é: ¿Con qué artesán de gaitas te quedas sen ser Seivane? Gracias e a ver cando vés por Lugo
Estivemos en Lugo hai 3 mes, na esplanada do Seminario, foi un concerto moi chulo, pasámolo moi ben. Sempre me gusta moito tocar na terra da miña familila paterna, e a xente quéreme moitísimo. Non sei cando volveremos estar, en canto nos chamen outra vez. Con respecto, a que construtor elixo sen ser Seivane.... Pois síntoo moito pero me quedo con Seivane. Hoxe en día estan emerxendo moitos constructores de gaitas, pero o que fan é "copiar" de Seivane moitísimas cousas que á miña familia lle levou moitos anos de estudo e perfeccionamento do instrumento. Se todos o copian... por algo será. Corral tamén é un bó constructor. Dos demáis, non me quedo con ningún, sobre todo porque me parece moi mal que intenten copiar algo que outra xente lle costou moito esforzo.
¿Vas facer algunha colaboración nalgunha banda sonora de cine?
Ojalá, me encantaría. En canto mo propoñan, e me guste o proxecto, aceptaríao. Gustame moito todo o relacionado có cine, de feito xa tiven unha proposta para facer unha película, ademáis de prota! Pero a rodaxe comezaba en xullo do 2000 e eu tamén comezaba a longa xira que fixemos por Europa naquel ano, tiven que rexeitar a proposta. Pero teño algunha máis por aí, é un proxecto no que se está a traballar e do que aínda non podo falar nada, pero se vai adiante creo que será algo moi novidoso e que espero que vos guste.
A tua nai é andaluza, ¿pensas que pode ter a tua música o polo menos o teu sentimento musical algo de mestizaxe?
Sí, é de Jaen concretamente. De feito, eu crieime entre andaluces en Barcelona que foi onde nacín e os meus pais se coñeceron. Teño unha fermosa mestizaxe nas miñas veas: galega e andaluza. Creo que esa mistura tamén se nota na enerxía da miña música. No último disco hai algunha peza que ten arranxos algo aflamencados, e me gusta moito.
Hola Susana. ¿Cual es el secreto de ser tan tan tan tan tan guapa? ¿Por qué te tuviste que casar?¡ jajajaja Un besitoflautico de un compañero,de Betanzos, del gremio. Dani
Hola gaiteiro! Pois non teño ningún secreto, todo o contrario, deberíame cuidar máis. Son xenes que me deron os meus pais. E o de casar... qué queres? Non todo o mundo é perfecto ;-)
Virás mañá a Ourense ó Dia do Orgullo Gaiteiro?
Nos 90 produciuse un repunte do folk en Galicia. Nembargantes queda a duda de que se debe a unha moda pasaxeira imposta polo gusto do público, ou se polo contrario estamos a falar dunha vangarda cultural, que nace dos artistas?
Efectivamente, nos 90 houbo un grandísimo boom, que axudou moitísimo a que a nosa música puidera transportarse a países que pouco máis nin sabían que existíamos. As compañias discográficas souberon aproveitar moi ben o bó momento que atravesaban as músicas de raíz en todo o mundo e atoparon en Galiza un auténtico filón de gaiteir@s, cantantes, grupos, músicos en xeral. Tamén había moita demanda da nosa música. Hoxe en día, creo que estamos a vivir un tempo de calma, pero no que se sigue demandando este tipo de música e artistas, pero creo que siguen aí @s músic@s, que se renovan e siguen aportando calidade e frescura. Penso que o boom servíu para que se diversificara a nosa música pero tamén para que moitos artistas se apuntaran ó carro cunha historia que eles mesmos nin se crían, e sen cuestionarse a calidade do traballo, simplemente entraba todo, estabamos no maior boom da nosa música en toda a historia.
Ola Susana! Son Emilio Mesías dende Ourense. Para cando un disco de gaita-acordeón con Roberto?saúdos
Bueno, pois encantada de ter estado esta mañá con tod@s vos. Moitas gracias por todas as vosas preguntas e o voso apoio, é moi importante para mín. Espero que compredes o meu último disco, chámase "Mares de Tempo", non pode faltar na vosa discografía. Así o espero. Moitos bicos a todos e ata vernos por aí nalgún dos meus concertos!