Fsuarez1

El viernes se celebra la gran cita del sector TIC gallego, la Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Ante esta fecha, el presidente del Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia responderá a cuestiones como la importancia de la colegiación, la necesidad de feminización del sector o su propia regulación

1 Fernando Suárez 25/06/2015 12:01

Ola, moi bos días. É un pracer compartir este tempo cos lectores de La Voz de Galicia e tentar respostar a todas as vosas inquedanzas en torno á Enxeñaría en Informática e ás TIC en xeral

2 Anónimo 25/06/2015 12:04

Soy una madre de un niño de 13 que duda entre ser ingeniero informático o de Telecomunicaciones en un futuro. ¿Usted qué le aconseja'

Fernando Suárez:

Hola,
las perspectivas del sector TIC, que engloba a ambas titulaciones, son muy buenas de aquí a los próximos años en lo que a empleabilidad se refiere. Por ello ambas carreras son muy recomendables. Personalmente considero que tal vez la Ingeniería en Informática tengo un poco más de versatilidad, ya que va desde la gestión y administración de sistemas hasta el desarrollo de servicios y aplicaciones en prácticamente cualquier ámbito: social, educativo, financiero, ocio, ...

3 Unha de Vigo 25/06/2015 12:08

Que erro informático non desexaría que se cometese nunca?

Fernando Suárez:

A verdade é que o termo "erro informático" é un dos cabalos de batalla do CPEIG, xa que tentamos demostrar que non existe como tal, transmitindo confianza nos sistemas electrónicos. Se estes están ben deseñados e construidos, son moi fiables. O que ocorre é que moitas veces detrás dese termo se tratan de escudar erros persoais, desviacións de custos, etc. En todo caso, respostanto á túa pregunta, non me gustaría que se produciran problemas en sistemas que xestionan servizos críticos para as persoas, como poden ser os relativos á sistemas médicos, de xestión de transporte de viaxeiros, ... Tampouco os que teñen que ver coa integridade moral e a protección de datos de carácter persoal

4 Mugardés 25/06/2015 12:13

En casos como el ciberacoso de niños ¿qué medidas toma o contribuye a tomar el CPEIG, si es que tienen alguna?

Fernando Suárez:

O CPEIG é especialmente sensible e activo neste ámbito. Temos unha iniciativa, en colaboración coa Consellería de Educación, que denominamos "Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo". Con ela damos charlas en distintos centros educativos (este ano nun total de 220) para que os rapaces e rapazas coñezan, en primeiro lugar as vantaxas que lles ofrece Internet e as Redes Sociais, pero tamén previndoos dos riscos que un uso indebido pode causar. Estas xornadas están tamén abertas a pais, nais e titotes e na web do programa (www.navegaconrumbo.es) hai guías para todos eles.
Este ano temos tamén unha iniciativa da man da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), para facer fincapé nesta difusión a todos os niveis e da que daremos conta nas vindeiras semanas, xa que estamos a ultimar os detalles, pero que de seguro é de interese de moitas nais e pais.
Tamén tivemos iniciativas de difusión e concienciación en datas determinadas, como o Día Internacional da Protección de Datos ou mesmo o Día de Internet e a Sociedade da Información.
E por último, temos sempre abertas as nosas portas a asesorar e axudar a nenos ou pais que precisen de axuda ou recomendacións ante casos puntuais de ciberacoso.

5 anton 25/06/2015 12:17

Porque os dedicais a tonterias y os habeis alejado tanto de la realidad de los colegiados gallegos. No estamos muy animados a seguir. que motivos darias para que alguien pagara la cuota de colegiado.
Muchas gracias

Fernando Suárez:

Repectamos todas as opinións, pero creemos que estamos a facer moitos avances no recoñecemento social da nosa profesión e na situación dos nosos colexiados e de todos os titulados de Enxeñaría en Informática. Estamos a pelexar duramente, non so dende o CPEIG, senón dende o Consello Xeral de Colexios, onde o CPEIG ten 2 representantes na xunta de goberno, para a regulación da nosa profesión e a súa equiparación ao resto de enxeñarías. Penso que este é o maior reto ao que nos enfrentamos e para o que precisamos a colaboración de todas e todos os titulados na nosa comunidade.
En todo caso, como dicía nunha resposta anterior, as portas do Colexio están abertas á participación e aportación de todos vos e se creedes que podemos mellorar os nosos servizos, estaremos encantandos de escoitar a vosas suxerencias.

6 Pedro Sandoval 25/06/2015 12:19

Me da la sensación que la suya es una de las profesiones que mejor aguantó la crisis. ¿Está de acuerdo?

Fernando Suárez:

Efectivamente, nuestra profesión resistió bastante bien la crisis, especialmente en lo relativo a mantener los niveles de empleo. Hace unos meses publicamos sendos estudios, tanto del CPEIG a nivel autonómico, como de CCII (Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática) en los que una de las principales conclusiones fue una muy baja tasa de desempleo (rondando el 5%, que podríamos considerar pleno empleo). Esto es además especialmente importante en lo que se refiere al paro juvenil, que es uno de los mayores problemas de nuestra sociedad. En ese sentido, otra de las conclusiones fue que los recién titulados apenas tardaban 2 meses en encontrar su primer empleo.

7 Sonia Sanchís 25/06/2015 12:24

¿A chegada de Bolonia agravou os problemas das competencias da profesión?

Fernando Suárez:

En certo modo poderiamos dicir que sí. O principal problema da nosa profesión é a falta de regulación, algo polo que os colexios vimos loitando dende hai anos. A chegada do Espazo Europeo de Educación Superior, comunmente coñecido como Bollonia, fixo que a implantación dos títulos universitarios sufrira un cambio, que afectou especialmente ás profesións non reguladas, como a nosa.
Continuamos a loitar duramente para que na futura Lei de Colexios e Servizos Profesionais as Enxeñarías en Informática pasen a ser profesións reguladas, o que afectaría directamente ao marco académico.
En todo caso, estamos a dar pasos positivos, como foi a recente aprobación en Consello de Ministros da resolución de equiparación dos títulos de Enxeñaría en Informática ao nivel 3 de MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)

8 Luis Sanxurxo 25/06/2015 12:30

¿Son básicas jornadas como la celebrada este año, del Día de las chicas en las TIC, para caminar hacia una mayor feminización de la profesión? ¿Qué otras medidas se necesitarían adoptar?

Fernando Suárez:

Desde luego que lo son!!!. Estamos perdiendo mucho talento en la profesión y en el sector tecnológico en general, por la falta de vocación de las chicas en profesiones tecnológicas y es algo que nuestra sociedad no se puede permitir. Por eso todo esfuerzo en esta línea es bienvenido.
Además de las jornadas que mencionas, en las que el CPEIG viene colaborando desde hace ya años, también tenemos un premio en nuestra Noite, el Ada Byron (hija del poeta Lord Byron y considerada la primera programadora de la Historia) que anualmente concedemos a una Ingeniera en Informática, para generar referentes femeninos a nuestras chicas. Y hay casos de éxito claros de mujeres en el sector, tanto a nivel histórico como en el presente. Algunos de ellos son Marissa Mayer, actual presidenta de Yahoo, o, en nuestro entorno más cercano, Mar Pereira, directora de la AMTEGA.
En lo relativo a que otras medidas se necesitarían adoptar, creemos que es importante actuar en edades tempranas, antes de que se forme ningún estereotipo del profesional del sector. Estamos trabajando para poder llegar a los colegios y que las niñas vean todo lo que pueden aportar al desarrollo de nuestro país desde la tecnología, que para las niñas y niños de hoy en día es algo tan cercano a su entorno

9 Mara Varela 25/06/2015 12:34

¿Cales son os principais problemas do sector?

Fernando Suárez:

Pois como dicía antes, no caso das Enxeñarías en Informática, o principal problema é a falla de regualación.
En canto ao sector en xeral, penso que Galicia ten un sector tecnolóxico moi potente e que se mira con admiración tanto dende o resto de España como dende outros moitos países. Temos empresas moi potentes e punteiras, moitas delas presentes mañá na nosa Noite, e profesionais de moito prestixio, formados nas nosas universidades, que teñen unha moi boa valoración tamén.
Quizáis fáltamos mellorar na nosa capacidade de internacionalización para poder converter a Galicia nun verdadeiro actor protagonista TIC a nivel europeo e mundial.

10 Enquisidor 25/06/2015 12:37

¿cuanto cobran los miembros del colegio?¿que otros beneficios tiene la junta directiva del colegio? ¿que saldo hay al día de hoy?

Fernando Suárez:

Pois todos os membros da xunta de goberno participamos de forma totalmente altruista, é dicir, non cobramos nada pola nosa adicación. De feito é complicado moitas veces compatibilizar esta adicación cos nosos traballos e familia, polo que roubamos moitas horas de sono e de tempo libre. Aproveito para agradecer a súa implicación aos meus compañeiros e a comprensión das nosas familias.
Polo demáis, non temos tampouco ningún tipo de beneficio por ser membros da xunta de goberno (pagamos as cuotas ou a participación en eventos do colexio como pode ser a Noite, como un colexiado máis).
En canto ao saldo, é positivo como se fixo público na asamblea celebrada hai unhas semanas.

11 Rodrigo R. 25/06/2015 12:40

Ahora que ya parece que pasó, ¿cómo valora la oleada de ataques informáticos que sufrieron este año varias empresas gallegas?

Fernando Suárez:

Lo cierto es que la oleada de ataques que menciones fue especialmente virulenta en nuestra comunidad, con muchas empresas, administraciones y particulares afectados.
Una vez superado, creo que la conclusión es que todavía falta mucha formación y concienciación en cuanto a la seguridad y que es necesaria la implicación de todos para poder tener unos niveles de seguridad adecuados. Este ataque se centraba en el eslabón más débil de la cadena: el usuario, por lo que debemos recapacitar en ese sentido.
Desde un punto de vista positivo, estoy convencido de que en muchos casos supondrá un antes y un después, de forma que se tomarán muchas más medidas para intentar asegurar la seguridad de los sistemas y datos

12 Pepe 25/06/2015 12:42

¿Qué recomienda los usuarios de cara al verano?

Fernando Suárez:

Pues mucha prudencia y sentido común, al igual que en cualquier otra época del año. Al fin y al cabo el entorno electrónico no es tan distinto del físico: si una de las recomendaciones es que vaciemos periódicamente el buzón de correo para no dar pistas sobre la ausencia en el hogar, no demos este tipo de pistas en, por ejemplo, redes sociales, donde sería fácilmente obtener información sobre pisos vacíos viendo mensajes de estar de vacaciones unidos a mensajes antiguos sobre nuestra dirección.

13 César Pérez 25/06/2015 12:45

¿Que pode facer un usuario para protexerse dos ataques que sufriron este ano varias empresas? Graciñas pola resposta

Fernando Suárez:

Eu sempre dou un consello que é usar o sentido común. Do mesmo xeito que non creeriamos a alguén que pola rúa nos ofrece un premio nun sorteo no que non participemos, teñamos esa mesma precaución no mundo "virtual". Non abramos correos de descoñecidos ou de entidades, como foi o caso de mails provintes de Correos, das que non esperamos comunicación. No ámbito técnico, non fai falta ser un experto para implantar unha serie de medidas como é usar antivirus, ter o equipo sempre actualizado e facer copia de seguridade periódica de todos os nosos datos.

14 Carla Sánchez 25/06/2015 12:48

En una ocasión leí que decía esto: «No existen errores informáticos, los fallos siempre son humanos». ¿Lo mantiene aún?

Fernando Suárez:

Sí, lo mantengo. Es algo que transmitía en una respuesta anterior: si un sistema está correctamente diseñado e implementado, no tiene porqué fallar. Ahora bien, si las personas que lo desarrollaron no fueron cuidadosas o no tienen el conocimiento suficiente y el sistema falla, creo que este error no se debería achacar a la informática.
Por otra parte estamos viendo en los últimos años que bajo ese escudo de "error informático" se esconden multitud de problemas. Algunos tan "surrealistas" como que alguien teclea un 0 de más o de menos en un programa informático y ya se hace uso de ese término.

15 Jose Rodríguez 25/06/2015 12:51

¿No cree que, en general, las Administraciones públicas van con mucho retraso en la apertura de los trámites burocráticos a todos los ciudadanos a través de Internet?

Fernando Suárez:

Es complicado, especialmente en los tiempos de dificultades económicas que estamos viviendo. Lo que sí considero es que hoy en día, la tecnología está lo suficientemente madura en general para dar servicio en muchos ámbitos, pero es necesaria una inversión importante.
Dicho esto, nuestra comunidad está a un buen nivel en comparación con el resto de España, aunque sí que es cierto que nos queda mucho camino por recorrer. No me cabe duda además que tenemos que continuar por esa vía, ya que las nuevas generaciones no van a entender otro modo de relacionarse con las administraciones que no sea a través de internet, sin necesidad de desplazamientos y colas y con independencia del día y hora en que nos encontremos

16 Anónimo 25/06/2015 12:53

Por sus responsabilidades profesionales, ¿le parece satisfactorio el desarrollo de la e-administración en el Concello de Santiago?

Fernando Suárez:

Creo que, como muchas otras entidades locales, queda mucho por hacer en la implantación de la administración electrónica en el Concello de Santiago. Sin embargo, tenemos una apuesta firme por un proyecto de Ciudad Inteligente (Smart City) en el que la implantación de la administración electrónica es fundamental, ya que supone una mayor cercanía al ciudadano y un canal para fomentar su participación

17 Academico 25/06/2015 12:56

Como quedó el tema de convalidación Bolonia. Ingeniería informática = grado + master? ingeniería técnica = grado? Ejercer por ejemplo en Alemania con eses títulos ¿sin complementos?. ¿ nuevos grados de 3 años en el futuro ?

Fernando Suárez:

Con Bolonia los títulos de Grado conducen a la profesión de Ingeniero Técnico y los de Máster a la profesión de Ingeniero. La idea de Bolonia era homogeneizar el ámbito académico al conjunto de la Unión Europea, pero, en mi opinión, no se hizo una implantación adecuada en nuestro país. Los grados de 3 años supondrían una situación similar a la que había con anterioridad (diplomaturas e Ingenierías técnicas con esa duración) que es lo que se implantó en la mayor parte de países. No descarto que esa fuera una buena solución para mejorar la movilidad de los egresados a nivel europeo

18 Luis 25/06/2015 12:59

Hablando de Galicia, y considerando que es un sector en cambio constante... ¿Invierte el sector en innovación lo suficiente como para que la industria competitiva a largo plazo?

Fernando Suárez:

Depende mucho del sector en concreto, pero en general se debería de invertir más, ya que el retorno en productividad es rápido y claro. En este sentido se están haciendo esfuerzos en concienciar a los distintos sectores de las ventajas de la innovación tecnológica para mejorar esas capacidades productivas y la posible internacionalización con proyectos desde las distintas administraciones. En ese sentido el CPEIG fue uno de los pioneros hace dos años con un proyecto de Asesoramiento Tecnológico a empresas en colaboración con la Xunta de Galicia

19 Un ingeniero informático 25/06/2015 13:00

¿Cómo se puede combatir ese imagen de frikis que aún tenemos entre mucha gente?

Fernando Suárez:

Yo creo que es una imagen que va desapareciendo poco a poco. Eventos como la Noite que mañana celebramos permite ver que somos no solo gente normal, sino que somos capaces además de liderar el cambio de modelo económico, conduciéndolo hacia la economía del conocimiento, tomando reponsabilidad en la dirección de empresas y administraciones. Los premios que mañana entregamos son claros casos de éxito de nuestra capacidad, imagen y trayectoria

20 Carlos 25/06/2015 13:03

Que opina da precarización dos salarios no noso sector? Como pode un enxeñeiro con 15 anos de experiencia 18.000€ anuais? Pode facer algo o Colexio para darlle relevancia a este tema?

Fernando Suárez:

Do mesmo xeito que antes indicaba que os niveis de emprego no sector son bos, non estamos contentos cos niveles salariais de moitos profesionais. O colexio tenta concienciar a empresas e empresarios da calidade dos nosos titulados en Galicia e que a mellor forma de reter o enorme talento que sae das nosas universidades é a través do recoñecemento nas súas condicións laborais. Penso que pouco a pouco estamos a avanzar neste sentido, pero que hai moitísimo camiño por recorrer

21 Arqueólogo e informático 25/06/2015 13:08

Están as grandes consultoras, coa súa venta de informáticos ó peso, acabando coa profesión? Que opina dese sistema de castas (prácticamente único no mundo) que se dá nas consultoras españolas?

Fernando Suárez:

Como respondía a outro internauta, penso que pouco a pouco a situación está a mellorar. A demanda de profesionais que está a demanar o sector está tamén a propiciar que o poder de decisión pase ao traballador, co que as condicións laborais sen dúbida mellorarán nos vindeiros meses.
Insisto en que creo que Galicia ten moitísimo talento no sector das Tecnoloxías da Información e que debemos de facer todo o posible por retelo e potencialo.
Como dicía Mark Zuckerberg "A economía actual se basea principalmente no coñecemento e nas ideas, recursos que son renovables e ao alcance de todos. Cando alguén sabe algo, non impide que ti o saibas también. De feito, cantas máis persoas saiban algo, mellor formados e educados estaremos todos, máis produtivos nos volveremos, e será mellor para todos e para a nación."

22 Fernando Suárez 25/06/2015 13:09

Foi un verdadeiro pracer compartir este tempo con todas e todos vos. O certo é que se me fixo curto para respostar a todas as preguntas e estou encantado do interese xerado.
Espero vervos a moitos mañá na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia e quedo ao voso enteiro dispor para todo o que poidades precisar no relativo ás TIC.
Un saúdo e moitas grazas,