Envíe sus preguntas a Yolanda Díaz
null
Bos días a todas e todos, un pracer estar con vós . Iniciamos o encontro
¿É Esquerda Unida unha formación españolista?
Non , Esquerda Unida é unha organización que defende un modelo de estado federal, co máximo autogoberno para o noso país, no que por suposto , Galicia é unha nación.
¿Que piensan hacer con Banco Galicia? Hay rumores de su extincion
Feijoó no seu trienio negro desmantelou o sistema financiero galego, que soportou ao longo da historia moitas crises. El en tres anos de xestión acabou co Banco Pastor e as caixas galegas. Agora o 99% dos recursos das caixas son públicos. Polo que a proposta de Alternativa Galega de Esquerda pasa por convertilo nun banco público. Que non sirva para socializar as perdas
Anímese a unha porra para os resultados do 21-O. Moita sorte!
A alternativa aos partidos sistémicos reside na Alternativa Galega de Esquerda , imos rachar non so a maioría absoluta de Feijoó , senón que neste proceso imos a por todas, a partida non está xogada .
Até agora, parece haber boa sintonía entre as forzas coaligadas en AGE, pero a coalición ten vontade de permanencia máis aló das eleccións
Por suposto, senón fora así cometeríamos unha fraude electoral, enganaríamos á cidadanía . Imos continuar , mesmo sumando máis forzas políticas e sociais das que hoxe formamos parte da Alternativa Galega de Esquerda
Bos días. En qué se diferencia este partido dos outros de esquerda?
Estamos ao final dun réxime político no que hai unhas formacións políticas que defenden aos de arriba e outras aos de abaixo , Alternativa Galega de esquerda defende aos de abaixo. Non faremos como os grandes partidos que están a defender aos causantes da crise, aos estafadores, aos que defraudan á facenda pública . Coinciden na reforma do artigo 135 da Constitución, en dar diñeiro aos bancos, nas reformas laborais e no pensionazo na proposta tributaria . Alternativa Galega de Esquerda quere rescatar á cidadanía e non aos bancos como defende o PP e outras formacións de esquerdas .
Será factible o seu programa anticapitalista tendo en conta a importante emisión de débeda pendente para Galicia en decembro?
Por suposto , aínda que Galicia, igual que os resto das Comunidades Autonómicas vai ser rescatada despois das eleccións . O noso déficit ( esa mentira que repite o Sr. Feijoó ) é o quinto máis elevado do conxunto do estado español, tras Cataluña , Valencia e Madrid . Minten, pero con todo o primeiro que imos facer é unha reforma fiscal para que contribúan máis os que máis teñen, loitando contra a fraude fiscal , así como impedir calquera desafiuzamento no noso país e tamén unha renda básica para toda a cidadanía . É posible , hai alternativa ao modelo actual . É necesario limitar a prestación de desemprego para saírmos da crise ? Nós cremos que non, que o que se está a facer é aproveitar a crise para desmantelar o escaso estado de benestar que temos en Galicia, aproveitando para facer negocios. Despois das eleccións , virán as pensións . Podemos confiar nun Presidente que presume de ter un plan de pensións privado ? Xa nos di cal é o seu modelo social . Nós non temos planes de pensións privados nin facemos campaña nun avión propiedade dun archimillonario
Concedería AGE unha maior independencia a CRTVG? Cómo?
Para desenvolver o noso país é imprescindible termos unha CRTVG pública , profesional e de calidade . Será unha das primeiras medidas que adoptemos. Consíguese sen intervención gubernativa a prol da pluralidade da información e o respeto aos profesionais da información. Dende a chegada de Feijoó e o PP ao goberno, a CRTVG parece o NODO .
Quitaran el repago sanitario?
Ésta é unha das primeiras medidas, así como derrogar o real decreto 16/2012, ese que instaura un modelo dual na sanidade : unha para ricos e outra para pobres . Ese que deixa sen cobertura sanitaria ás víctimas da crise ( desempregados, mulleres e inmigrantes ) . Outra medida será eliminar o repago farmacéutico , que hoxendía xa están a pagar os nosos pensionistas .
Fala vostede galego na casa?e aos seus fillos?non o parece...
As apariencias enganan e non é bo ser prexuizoso . Son filla dunha familia humilde , os meus avós eran labregos . O meu pai fala galego con nós e a miña nai non . Eu falo na miña casa en galego aínda que a miña Carmela ( que onte cumpriu sete meses ) non fala. Tentarei que no futuro non a priven do uso da nosa lingua como está acontecendo coas políticas de agresión do sr. Vázquez - Feijoó do PP.
tiene prevista alguna actuacion con el fin de limitar los abusivos horarios (para sus trabajadores) de los grandes centros comerciales?
Alternativa Galega de Esquerda está en contra da liberalización horaria dos centros comerciais seguindo o modelo de Esperanza Aguirre en Madrid . Nós defendemos ao pequeno comercio e a racionalización horaria dos centros comerciais, pedimos o reparto do emprego, baseado na xornada semanal de 35 horas. Máxime nestes intres no que segundo as cifras oficiais , Galicia conta con 276.000 peroas en situación de desemprego .
No cree usted que Izquierda Unida puede perder votos en Galicia por su coalición con los nacionalistas?
A situación de excepción social , de emerxencia esixe a constitución de frentes populares para combatir o fascismo financiero que estamos a sufrir . IU leva anos sumando forzas, tal e como acontece na actualidade no Congreso dos Deputados nos que o grupo da Esquerda Plural conta coa suma de trece organizacións políticas, tamén con nacionalistas . Soubemos poñer o que nos une para combatir aos que nos están roubando, deixando as diferencias a un lado . Ante situacións excepcionais, respostas excepcionais.
Cando falades de soberanía alimentaria; falades de cada individuo, de cada concello, de Galicia? Está a xente por cultrivar nas hortas?
Falamos dun dereito que tén Galicia como pobo para garantir o acceso á alimentación que hoxe está causando un problema alimentario . Defendemos o mercado e consumo local . Como proposta política AGE defende a creación de empresas públicas de distribución para evitar o que está a acontecer na actualidade co prezo do leite dos nosos gandeiros. Isto non pasa por defender ás grandes superficies que hoxe están determinando os prezos. Estase creando un problema alimentario en Galicia, por exemplo, explotando as terras para a producción de biodiesel e os chamados biocombustibles
Moitas grazas ¡ Vémonos na campaña electoral e sobre todo e máis importante , despois dela . Hai que paralos ¡¡¡Saúde