Open uri20150703 3 ukoaj0?1435935904

null

1 Pachi Vázquez 08/07/2015 20:36

Saúdos, bos días. É para min un pracer compartir este encontro dixital con vostedes. Con moito gusto contestarei ás súas preguntas.

2 Anónimo 08/07/2015 20:36

como valora os datos que informan dunha caída do 80% dos votos dos emigrantes?

Pachi Vázquez:

Paréceme un gran erro por parte de todas as forzas políticas que aprobamos esta lei. Hai que retomar o voto emigrante con garantías, pero sen voto rogado.O que estamos facendo é practicamente retirarlle o voto á cidadanía de pleno dereito.

3 Anónimo 08/07/2015 20:36

Como pretende conseguir fondos para crear 25.000 bolsas-contratos para os máis xóvenes?

Pachi Vázquez:

O coste destas bolsas/contrato é de 39 millóns de euros ao ano. O orzamento de Galicia é de 9.000 millóns de euros ao ano. Non representa nin o 0,5%. E ademáis, aplicarei unha nova fiscalidade a bancos, grandes fortunas, rendas de máis de 120.000 euros/ano e grandes áreas comerciais.

4 Anónimo 08/07/2015 20:36

Ten sentido manter os concertos educativos nun país como o noso onde, se non se estivera desmantelando, o sistema público podería acoller a todos os nenos e nenas? Non cree que o modelo de concerto xa non é util e que o que debería defender o PSdeG e que quen quera un colexo de titularidade privada "que se lo pague"?

Pachi Vázquez:

O obxectivo é acadar que os centros públicos den cabida a todos os rapaces e rapazas. Os concertos teñen que ir diminuíndo na medida que se incrementen os centros de titularidade pública. Iso require tempo, pero sobre todo vontade política.

5 Anónimo 08/07/2015 20:36

Que receta tiene Ud, para salir de este pozo?daria por firmado ante notario que nos sacaria de la crisis si le votaramos a ud.

Pachi Vázquez:

Asinaría agora mesmo no notario que dende o primeiro día dedicarei todos os recursos de Galicia a crear emprego, sobre todo para mozos e mozas, mulleres e parados de longa duración, así como para blindar a sanidade pública e a educación pública.

6 Anónimo 08/07/2015 20:36

Non cre que debería alegrarse se Galicia acada un contrato para construir barcos en vez de sementar incertezas? Penso que suas palabras a este respeto non lle fixeron ningún ben.

Pachi Vázquez:

Eu cando vexa os contratos e Galicia os poda ver, serei o primeiro en apoialos. Cando ninguén os quere enseñar despois de interrumpir as emisións da RTVG para retransmitilos en directo e dicir agora que son confidenciais, réstalle toda a credibilidade.

7 Anónimo 08/07/2015 20:36

Sr Pachi, usted dejará que el BNG "ocupe" la Consellería de educación y que apliquen la inmersión lingüística a cambio de su voto para que sea usted presidente>?

Pachi Vázquez:

O galego uniunos a todos sempre,i ncluso na época de Fraga Iribarne. Quen romepeu o consenso en Galicia foi Feijóo, por un puñado de votos. Eu como presidente traballarei para que o galego nos una a todos dentro dun consenso xeralizado.

8 Anónimo 08/07/2015 20:36

Como tendran que pactar con BNG y Compañia ¿que conselleria les daria a Jorquera y Beiras?

Pachi Vázquez:

Non se preocupe, quen fai os gobernos son os cidadáns a través das urnas. Eles elixen aos seus representantes, e o máis importante é facer un goberno pensando nas persoas e resolvéndolle os seus problemas.

9 Anónimo 08/07/2015 20:36

Qué lle parece que Feijóo desviara 411 millóns de euros de déficit entre 2010 e 2011? teme atopar un burato financeiro na Xunta?

Pachi Vázquez:

Preocúpame que Feijóo non desmentira eso. Eso significa que as contas de Galicia non son reais, e ao final haberá burato nalgún sitio. Quen o garantiza é Orza, conselleiro de Economía con Fraga durante dezaséis anos.

10 Anónimo 08/07/2015 20:36

Sr Pachi, ayer le vi en Vtv, como es eso de las listas, no termino de entender como en Ourense el candidato elejido como nº 1 quede fuera y el 5º vaya de primero, usted dice que está en sus estatutos, eso no es raro?

Pachi Vázquez:

As listas de Ourense foron aprobadas por unanimidade no Comité Provincial de Ourense.

11 Anónimo 08/07/2015 20:36

¿Canto tempo cree que tardarán en rescatar a España?

Pachi Vázquez:

A partir do día 21, en calquera momento.

12 Anónimo 08/07/2015 20:36

A Xunta ten partidas orzamentarias suficientes para recuperar os libros de texto gratuítos que vostede comprometeu?

Pachi Vázquez:

A gratuidade dos libros de texto significa un gasto de 7 millóns de euros ao ano. É insignificante no montante do orzamento da Xunta.

13 Anónimo 08/07/2015 20:36

Como ex conselleiro de medio ambiente tivo que facer fronte a contaminación do río Eume, que a día de hoxe segue sen resolver, ó igual qe o abandono do salmón atlántico na provincia da Coruña, preocuparase máis como presidente dos problemas dos nosos ríos?

Pachi Vázquez:

Como conselleiro paralicei o expolio de todas as minicentrais que estaban pendentes de facerse en Galicia: 69. O meu compromiso cos ecosistemas fluviais é total.

14 Anónimo 08/07/2015 20:36

¿ En Lugo dise que o 22 Besteiro estarase frotando as mans porque vostede voltará para o Carballiño a exercer de médico, ¿é verdade iso?

Pachi Vázquez:

Besteiro e todos os compañeiros de Lugo están traballando a reo para que goberne o Partido Socialista en Galicia a partir do luns. Todo o meu respeto e cariño para José Ramón e os compañeiros de Lugo.

15 Anónimo 08/07/2015 20:36

Se Galicia aporta en impostos ó estado uns 9.500 millons de euros, e recada por impostos trasferidos uns 3.000 millons de euros, tendo en conta que as transferencias correntes de Madrid hacia Galicia son dunhs 6.000 millons de euros únicamente ... ¿non sería o momento de reclamar para Galicia un concerto economico como o das Provincias Bascongadas ou Navarra?

Pachi Vázquez:

No 2013 ábrese no Consello de Política Fiscal e Financieira un novo sistema de financiación autonómica. Dentro da Constitución hai que buscar a mellor fórmula para conseguir máis ingresos para Galicia.

16 Anónimo 08/07/2015 20:36

A situación económica preséntase realmente difícil; pode superarse sen facer recortes nos servizos públicos?

Pachi Vázquez:

O que hai que recortar son fundamentalmente os gastos improdutivos. Nos servizos públicos hai que conseguir eficiencia, pero nunca a costa de recortar os dereitos dos cidadáns.

17 Anónimo 08/07/2015 20:36

Como pode ser que Feijóo estea, cando menos aí aí, tras a xestión que fixo?

Pachi Vázquez:

Onde vamos estar cada un de nós, ímolo ver cando abramos as urnas, polo tanto, non fagamos xuízos anticipados.

18 Anónimo 08/07/2015 20:36

¿Por que di que a Xunta apartou 600 millons, en que se basa para elo? ¿Se e así porque no demostra de verdade con documentos?

Pachi Vázquez:

Demóstrollo co documento do Consello de Contas, asinado por José Antonio Orza, conselleiro de Economía con Fraga durante dezaséis anos.

19 Pachi Vázquez 08/07/2015 20:36

Gracias a todos e todas polas vosas preguntas. Espero poder serlle útil a Galicia, ás galegas e aos galegos con propostas que alimenten a ilusión e a esperanza de xenerar un país que traballe para crear emprego e garantir os nosos dereitos fundamentais. Unha aperta.