Open uri20150703 3 kli4o6?1435934279

null

1 Jesús Vázquez 08/07/2015 20:28

Boas tardes a todas e a todos os lectores de La Voz de Galicia.

2 Anónimo 08/07/2015 20:28

Por que están vostedes a deteriorar o ensino público (menos recursos, menos profesorado, etc.) e a potenciar o privado concertado? Non é iso ideoloxia disfrazada de suposta "liberdade de elección" cando non todos os nenos e nenas de Galicia están a ter acceso a un ensino de calidade nas mesmas condicións?

Jesús Vázquez:

Creo que todo o contrario e que durante esta etapa dunha grave crise económica fíxose unha aposta pola educación pública e nos avalan os resultados coma a reducción de 5,2 puntos no abandono escolar e estar entre as comunidades que menos alumnos hai por profesor ou que menos alumnos hai por aula, así como o incremento das becas universitarias o incremento de máis de 10.000 plazas de comedores escolares ou ben ser a comunidade de taxas universitarias máis baixas de todo o Estado.

3 Anónimo 08/07/2015 20:28

que le pareció el debate de ayer? que espera ver hoy?

Jesús Vázquez:

Un presidente responsable, riguroso, comprometido cos problemas dos galegos que o avalan o feito de situar a Galicia como a comunidade máis solvente de España, e enfrente a un candidato non desexado nin polo seu propio partido aportando datos que non están avalados pola realidade dende o primeiro momento da súa intervención. No debate de hoxe gustaríame que estivera a terceira alternativa nacionalista e que lle dixeran aos galegos cal é o verdadeiro programa co que se presenta o grupo de partidos co único obxectivo de que o Partido Popular non goberne.

4 Anónimo 08/07/2015 20:28

Parece evidente que as políticas de consolidación fiscal teñen un coste socio-económico a ter en conta na toma de decisións dun goberno. ¿Cando creen que chegará o momento de deixar de esixir sacrificios ás familias e recoller os supostos beneficios da austeridade? Recorde a frase de Keynes de que "a longo prazo, todos mortos"

Jesús Vázquez:

Creo que o sacrificio feito por todos os galegos e galegas unido a unha política rigurosa e de eficiencia fan que hoxe Galicia sexa a comunidade máis solvente e que entre outras cousas non teña necesidade de pedir fondos ao Estado para poder pagar as nóminas dos seus empregados así como para poñer en marcha novos hospitais, centros de saúde, máis prazas de garderías, de comedores escolares, máis prazas de residencia para os nosos maiores ou ter multiplicado por catro o número de persoas atendidas dependentes.

5 Anónimo 08/07/2015 20:28

Buenos días, si gobiernan, ¿convocarán oposiciones de educación en el 2013?

Jesús Vázquez:

Si. Es un compromiso firme.

6 Anónimo 08/07/2015 20:28

Boa tarde. Se volve gobernar o PP, ¿van permitir que existan tituacións universtarias cun número ridículo de alumnos, como Consultoría en Ourense? Agradezo que non me dea respostas xenéricas. Grazas.

Jesús Vázquez:

Nesta lexislatura fumos quen de poñer en marcha un plan de financiamento que blindou os orzamentos das universidades frente as baixadas dos ingresos da propia Xunta e fumos quen, en colaboración coas universidades, de sacar adiante o decreto de titulacións que establece un número mínimo de alumnos para cada grao, que no caso dos campus periféricos e de 45. Así pois, no caso ao que vostede se refire, no ano 2015 terá que acadar o número mínimo de matriculados ou ben ser reformulado dito grao de cara a que sexa atractivo para a sociedade, e polo tanto que teña demanda.

7 Anónimo 08/07/2015 20:28

como vio el inicio de curso?

Jesús Vázquez:

O inicio do curso desenvolveuse de maneira impecable gracias ao esforzo de todos os docentes e de todos os equipos directivos que desenvolven no seu día a día un traballo magnífico para que todos poidamos disfrutar dunha educación de calidade.

8 Anónimo 08/07/2015 20:28

Que pensan facer cos interinos se volven a gañar? aplicaranlles a reducción do 33% de salario e horario ou sinxelamente despediranos a todos? E co persoal laboral?

Jesús Vázquez:

En primeiro lugar quero manifestar que desde o que é a consellería de Educación, comparando con datas do ano pasado, temos máis de 530 interinos máis, nos nosos centros públicos educativos. Asemade, e con respecto a segunda pregunta que vostede me fai, non é aplicable aos interinos de Educación.

9 Anónimo 08/07/2015 20:28

¿Seguirán en el Bachillerato las materias de Electrotecnia y Tecnología Industrial?

Jesús Vázquez:

Le puedo decir que de momento lo que hay es un anteproyecto de una ley orgánica que busca la mejora de resultados en el sistema educativo español, y que todavía tendrá que pasar los trámites oportunos para ver como queda definitivamente. Por lo que respecta a la parte sobre la que tenga capacidad la comunidad autónoma del currículo será tratada con los representantes de la comunidad escolar de cara a lograr el mayor consenso posible y, en definitiva, que dé respuesta a la necesidad de mejora de nuestro sistema educativo.

10 Anónimo 08/07/2015 20:28

Por que nas listas de sutitución de educación se espera ata unha semana para dar baixas que levan colgadas tempo? Non se da conta que é tempo que o alumnado perde de aprender e o profesorado de traballar? que é iso de dar as vacantes o xoves para empezar a traballar o luns e non pagar a fin de semana? @s nen@s e @s profesores/as non lle temos a culpa de nada e non son vostedes @s abandeirad@s da educación nesta súa campaña electoral? Den as prazas cando saen que tod@s queremos traballar e que @s nos@s nen@s non perdan o tempo nas aulas!

Jesús Vázquez:

O sistema de sustitución que segue a actual consellería é o mesmo co que se actuaba na anterior lexislatura. Ademais, pódolle garantir que somos a comunidade que máis rapidamente estamos chamando para sustitucións no sistema público tendo en conta tamén a grave situación económica que padecemos.

11 Anónimo 08/07/2015 20:28

Está a favor da segregación nos centros de ensino de Galicia?

Jesús Vázquez:

A actual orde de concertos que parte do anterior goberno, e cuxa resolucíón foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en tres ocasións. A última no mes de febreiro ante un recurso presentado por un sindicato.

12 Anónimo 08/07/2015 20:28

No colexio María Pita (A Coruña) levamos mínimo 5 anos con goteiras que recollen as palanganas para tal fin. Pasa o mesmo nos sevicios dos alumnos. Esto é NORMAL? ata cando cando chove na hora do RECREO os nenos/as deben quedar nas aulas ?? Tamén é algo NORMAL??

Jesús Vázquez:

O que lle podo dicir é que sinto esa situación e que hoxe mesmo tomarei nota para ver a situación e que posibilidades temos de actuar da maneira máis inmediata posible.

13 Anónimo 08/07/2015 20:28

con cada vez menos profesores nos colexios,permitirase que o alumnado estea desatendido?,por non contratar unha mestra/e, por tan sò, uns poucos dìas.

Jesús Vázquez:

A Consellería de Cultura e Educación garantiza en todos os casos unha educación de calidade e que os nosos rapaces e rapazas poidan ser apoiados por persoal especializado. Aproveito para agradecer a profesionalidade e entrega de todos os docentes de Galicia. Para nós a atención aos nenos con necesidades educativas especiais é unha prioridade. Proba delo é o incremento neste ano, tanto no número de profesionais e especialistas como no número de horas, en atención directa ao noso alumnado.

14 Anónimo 08/07/2015 20:28

¿Que pasa con los investigadores en los que se ha invertido un monton de dinero y que ahora exportamos a otros paises?

Jesús Vázquez:

La Consellería de Cultura y Educación está haciendo un gran esfuerzo para potenciar y asentar la investigación universitaria dada la importancia que la misma tiene dentro de la innovación en Galicia. La inversión anual por parte de esta consellería, dirigida al I+D universitario, está en los 50 millones de euros anuales manteniéndose constante a pesar de la disminución de los presupuestos de la Xunta y la puesta en marcha del programa I2C, en el cual uno de sus objetivos es precisamente el mantenimiento y captación de talento para nuestras universidades.

15 Anónimo 08/07/2015 20:28

Tomaría usted la iniciativa de un nuevo Pacto por la Educación?

Jesús Vázquez:

No solo la tomaría, sino que creo que es necesario llegar a un Pacto por la Educación en beneficio de toda la sociedad,

16 Anónimo 08/07/2015 20:28

Existe dende a súa consellería algún plan para recuperar todo o talento que está a emigrar ó extranxeiro? Vai haber medidas concretas para facilitar o regreso de esta xeración emigrada?

Jesús Vázquez:

Unha das medidas que se levan no programa electoral, ademais da aposta polo plan I2C, é a presentación dun plan de captación de investigadores para poñer posteriormente a disposición das nosas universidades ou centros tecnolóxicos.

17 Anónimo 08/07/2015 20:28

Como representante del Gobierno y de Ourense podría explicarnos que pasa con el hospital? como va ese tema, los ourensanos queremos y merecemos esas instalaciones sanitarias....

Jesús Vázquez:

Precisamente en el día de hoy sale licitada en el DOG la contratación de las obras del complejo hospitalario de Ourense que supondrán una inversión de alrededor de 58 millones de euros. Esta primera inversión supondrá la construcción del área de hospitalización que tendrá una superficie superior a los 40.000 metros cuadrados.

18 Anónimo 08/07/2015 20:28

Como xustifica o peche das escolas unitarias polo seu governo nos pequenos concellos do rural da provincia de Ourense

Jesús Vázquez:

Nestes dous últimos anos, a Consellería de Educación pechou unicamente unha única unitaria en Ourense, sendo a nivel de toda Galicia de once unitarias neste último ano. A diferenza das pechadas polo goberno anterior que houbo anos de pechar ata 28 escolas unitarias.

19 Anónimo 08/07/2015 20:28

¿Qué pensan facer cos novos ciclos LOE de formación profesional que aínda non se implantaron, e que tan necesarios son para adaptar ditas ensinanzas á formación que necesitan as empresas de hoxe en día?

Jesús Vázquez:

A data de mañán, este goberno leva adaptado 59 currículos de ciclos formativos fronte aos seis da lexislatura anterior. Este mesmo ano, e nun momento de grave crise económica, fumos quen de poñer en marcha 27 novos ciclos adaptados á LOE e a Lei de Cualificacións. A aposta educativa deste goberno con respecto á Formación Profesional é patente na medida en que se leva sacado un decreto da FP en Galicia, posto en marcha a Formación Profesional a distancia, ter a rede de centros integrada máis grande de España certificada cunha ISO, e de incrementar o número de prazas de maneira significativa. So neste último ano o incremento de prazas foi dun 12 por cento.

20 Anónimo 08/07/2015 20:28

Por que converteron en centros integrados de FP xustamente os centros que por zona supuñan maior competencia aos concertados?

Jesús Vázquez:

O criterio seguido foi obxectivo respondendo a criterios técnicos, organizativos e de dispoñibilidades dos propios centros. Grazas a esta decisión este ano puidemos incrementar o número de prazas en 2.600, que é o maior incremento destas últimas décadas nun so ano.

21 Anónimo 08/07/2015 20:28

Poña sobre a mesa, se é tanamable, cal é a cantidade en millóns de euros que a Consellería adica aos centros da concertada

Jesús Vázquez:

Ese dato é público e se pode ver na Lei de Orzamentos de Galicia. De todos modos, a cantidade destinada aos centros concertados deste ano é moito menor da destinada aos centros concertados no último ano do bipartito. Durante a época bipartita o incremento en número de unidades concertadas rondou as 250 unidades cun crecemento económico de 50 millóns de euros e neste período lexislativo o incremento foi de cero unidades e a cantidade adicada aos centros concertados minorouse en varios millóns de euros. Igualmente temos que ser conscientes que o alumnado da concertada representa o 28 por cento do total do alumnado galego e recibe o 11 por cento dos orzamentos de Educación.

22 Anónimo 08/07/2015 20:28

No vindeiro curso van a aplicar a subida de alumnos por profesor como propón o novo real decreto aprobado polo goberno central? Por exemplo, en infantil van permitir que haxa 30 alumnos por aula?

Jesús Vázquez:

Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que non incrementou nin incrementará a ratio dos alumnos por aula, tal é como permite o Real Decreto Lei, fronte a outras comunidades de distinto signo político que si incrementaron a ratio. O número de alumnos por aula en Galicia está por debaixo de 21 alumnos mentres que en comunidades como Andalucía o número de alumnos por aula roza os 26 alumnos. Igualmente non se eliminarán as opcións de Bacherelato por entender que afectaría especialmente ao rural, nin se incrementaron as tasas de matrícula, sendo o único goberno que nunha lexislatura optou pola conxelación das taxas universitarias dous anos.

23 Anónimo 08/07/2015 20:28

CUal es su balance tras estos casi cuatro años como conselleiro? volvería a repetir? cree que seguirá siendo conselleiro los siguientes cuatro años?

Jesús Vázquez:

El balance en Educación es positivo, tal y como lo manifiestan los datos de abandono y fracaso escolar, con una reducción de casi seis puntos frente al incremento de tres puntos en la legislatura anterior, el incremento del número de alumnos en la Formación Profesional, en las escuelas de idiomas, la puesta en marcha del plan de potenciación de lenguas extranjeras en los que se incluyen más de 55.000 alumnos con la creación de centros plurilingües, o el plan ABALAR que supuso una verdadera apuesta tecnológica por la integración de las TICS a nivel transversal. Con respecto a la segunda y tercera pregunta, estaré a disposición de lo que decida mi presidente y candidato a la reelección como presidente de la Xunta de Galicia.

24 Anónimo 08/07/2015 20:28

Un sector fundamental en la economía gallega es el del turismo. Para poder ofrecer unos servicios de calidad parece fundamental formar profesionales. Nos estamos encontrando con que no se exije ningun tipode formación reglada para poder ejercer en este sector (camareros, cocineros, puntos de información turística ...) ¿No es el momento de potenciar debidamente la formación profesional de la familia Hostelería y Turismo?

Jesús Vázquez:

Estoy totalmente de acuerdo con usted y para ello estamos llevando a cabo un incremento de la oferta en la familia de hostelería y turismo en FP de manera considerable, adaptando los currículos a las nuevas necesidades del contorno, siendo nuestro próximo objetivo el establecimiento de proyectos de Formación Profesional dual, que le permitan al alumno una mayor capacitación y adentrarse en el mercado laboral.

25 Jesús Vázquez 08/07/2015 20:28

Sinto non ter tempo para ter contestado a máis preguntas. A todos aqueles que me fagades chegar as vosas inquedanzas as atenderei gustosamente. Grazas a todos por participar neste encontro dixital. Unha aperta