Envíe sus preguntas a Francisco Jorquera
null
Bon dia. Perdón polo retraso pois veño dunha entrevista en Radio Voz. Estou xa á vosa disposición. Grazas
Que opina de compara a Nuñez Feijjo con un terrorsita como fixo o Sr. Beiras, e máis, pactaría vostede con Beiras para formar goberno se o necesitase pese as diferenzas que teñen?
tras las desafortunadas declaraciones de Beiras (aunque muy en su linea) , pactaría con el si fuese necesario para desbancar a Feijoo de la Xunta ? , piensa que sería capaz de entenderse con Beiras a diario para cualquier tema que lo necesitara ?
O BNG condicionará caquera acordo a un programa que marque un claro cambio de rumo. O BNG non vai entrar en nengún pacto que consista nun cambalache para repartirse consellarias ou protagonismos. Para o BNG hai duas liñas vermellas que non transpasaremos: non faremos o que fixo IU en Extremadura que entregou o Goberno ao PP pero tampouco chegaremos a un acordo para practicar recortes antisociais como en Andalucia.
Por que ahora durante las elecciones se acuerdan de temas como el Prestige o de Fraga , no será mejor mirar al futuro ?
O BNG está facendo propostas de futuro e é Feijóo quen non deixa de mirar ao pasado como se puido constatar no debate. En calquera caso o Prestige volta estar de actualidade pois hoxe mesmo escomeza o xuizo.
Como parar a sangria demografica?
Para Galiza é estratéxico que os mozos poidan vivir e traballar na súa terra e realizar en Galiza o seu proxecto vital. Recortar en Educación e en investigación é recortar no futuro dun país. Hai que pór todo o país a producir, desenvolver plenamente as capacidades productivas de Galiza para curtar a sangría da emigración.
!QUE HICIERON EN 8 AÑOS?¿PODREMOS HABLAR CASTELLANO?
O meu difunto pai falaba castelán e a miña nai tamén é castelán falante. Defender o galego e apostar por políticas de normalización lingüística que permitan que os galegofalantes poidan facer un uso normal do galego en todas as esferas sociais non ten nada que ver con negar o dereito dun castelán falante a expresarse na súa lingua.
Se Rajoy obriga a facer recortes, como argumentan PSOE e IU en Andalucía para facelos, onde recortaría o Bloque se se ve obrigado?
O BNG concentrará o esforzo de aforro no gasto superfluo e improductivo: supresión das deputacións e da administración periférica do Estado, paralización da cidade da cultura, moratoria naquelas autovías interiores que non respondan a necesidades urxentes. Por outra banda actuaremos sobre o sistema impositivo esixindo un maior esforzo fiscal a quen máis ten.
Por que o BNG na campaña ataca máis a Beiras que a Feijoo?
Nunca mencionei o nome de Beiras nos mitins. O BNG está facendo unha campaña centrada na crítica ás políticas do PP e na exposición das nosas propostas e alternativas.
Esque no existen otras cosas que hablar solo de los barcos de Mexico? eso es una minucia dentro del problema de Galicia ¿Nos estan tomando por tontos?
O BNG non está centrando a campaña nos contratos de PEMEX. É o PP quen sempre nas campañas fai anuncios propagandísticos que logo case nunca se concretan(fábrica de coches eléctricos en Ourense, planta de baterías de Mitsubishi, centro de reparacións navais e dique flotante en Ferrol....).
Como se notaría o cambio de goberno liderado polo Bloque en educación?
Para o BNG a educación é estratéxica. Non se pode cambiar o patrón de crecemento recurtando en educación. Outorgaremos prioridade aos centros públicos sobre os centros privados concertados. Derrogaremos o decreto contra o galego. Non subvencionaremos centros que practican a separación de nenos e nanas. Recuperaremos programas exemplares como Preescolar na Casa e asignaremos máis recursos á Educación para mellorar a súa calidade.
Sr. Jorquera por que cree o BNG que con soberanía e mais sinxelo sair da crise?
Esta crise ensínanos que a ausencia de soberanía conduce á ausencia de democracia e de xustiza social. A que as decisións se tomen en ámbitos que non emanan da vontade democrática dos pobos, non teñan en conta as súas necesidades e estean sometidos aos dictados dos grandes poderes económicos. Para o pobo galego é vital ter o control real da súa economía para que estea orientada a atender ás súas necesidades.
concretenos a sùa proposta de circuscripción ùnica.
Esta proposta, unida á eliminación da barreira do 5% para acceder ao reparto de escanos, permitiría que o Parlamento galego reflicta mellor a pluralidade existente na sociedade, evitando as distorsións que introduce o sistema eleitoral entre o apoio eleitoral acadado por unha formación e o seu reflexo en número de escanos.
10 anos do Prestige. Os responsables políticos daquela gobérnannos hoxe. Que opinión lle merece?
En primeiro lugar boto en falla que non estean imputados os máximos responsabeis daquela xestión nefasta como o Sr. Aznar. Dez anos despois Galiza segue indefensa ante a posibilidade de que se produza unha nova catástrofe. Creo que o pobo galego debe extraer leccións daquela experiencia e da incompetencia e desprezo a Galiza que manifestaron os gobernantes do PP.
Vai facer vostede un referéndum de autogoberno?
Contémploo como perspectiva de futuro, de feito creo que é bon que se consulte á socieadade sobre todos os asuntos que afecten aos seus intereses, pero antes hai que dar outros pasos: blindar as competencias de Galiza, reclamar novas competencias, un novo modelo de financiación que dote a Galiza de plena autonomía fiscal e financeira, participación directa en Europa non asuntos que afecten as nosas competencias e intereses vitais, supresión das deputacións.
bos dias Don Francisco, querria saber que medidas adoptaria pra facilitar a situacion dos parados, pois eu teño 27 anos acabo de quedar no paro e sinceramente me da moita magoa deixar a miña terra pero como comprendera seguramente tendrei que emigrar.....que nos di a eso?? un saudo moi forte desde pontedeume
A prioridade das políticas públicas debe ser desenvolver as capacidades productivas do país para xerar emprego e non os recortes que só traen consigo máis paro. Ademáis o BNG non fará nada do que fixo o PP nesta materia: considerar que as políticas activas de emprego non serven para crear traballo e sI os ERES ou subvencionar a empresas galegas para que pechen os seus centros de traballo en Galiza para transladalos fóra do país.
Acaba de coñecerse un novo desfase contable de Feijóo. Con que esperan atoparse nas contas se gobernan?
Feijóo dixo que o próximo goberno non se atopará con facturas no caixón e é certo. Non chega un caixón, necesitariase un armacén. É a demostración do fracaso de Feijóo, con el empiorou gravemente o problema do paro e a situación económica do país e ainda por riba xerou máis débeda pública que o resto dos gobernos galegos xuntos.
¿Por qué un gallego que utiliza normalmente el castellano y quiere seguir haciéndolo debería votar al Bloque?
Porque o BNG é totalmente respeitoso coa língua que fala cada quen e o noso proxecto é útil e necesario para Galiza.
Que fará vostede contra a invasión de merluzas asesinas?
Feijóo presume dunha orixe humilde pero as súas declaracións demostran un grande descoñecemento de cuestións elementais. Lémbrome da campaña do 2009 cando lle preguntou a un gandeiro por que as vacas tiñan nomes de femia.
buenos dias!! que solucion se perfila para el asunto de las preferentes???
O Goberno do BNG recorrerá o decreto que impón unha quita de até un 70% aos pequenos aforradores víctimas desta estafa e reclamará ao Goberno Central que nas esixencias de recapitalización das entidades bancarias se contemple unha dotación para devolver o diñeiro investido por estas persoas.
¿ É realmente viable facer unha banca pública galega?
Poñela a funcionar requeriría un capital inicial de 500 millóns de euros que é menos do que costa unha autovia interior. En política hai que estabelecer prioridades e para Galiza é prioritario un banco público que financie a nosa economía productiva e asegure que o aforro dos galegos e galegas se reinvista no país para crear riqueza e emprego en Galiza.
hola.quixera saber cal vai ser a postura do BNG con respeto a apertura dehorarios comerciaisen Galiza como fixo Esperanza Aguirre en Madrid
A liberalización de horarios comerciais deixa indefenso ao noso pequeno comercio fronte as grandes superficies. O Goberno do BNG apresentará recurso de inconstitucionalidade contra o decreto do Goberno central e decretará unha moratoria para impedir a implantación de novas grandes superficies comerciais.
Non é extraño que Rajoy, o presidente do goberno central, veña pouco por Galicia, a facerlle campaña a Feijóo?
Feijóo agora fuxe de Rajoy porque sabe que o Goberno central está desprestixiado pero durante este tempo actuou como delegado de Rajoy en Galiza. Todo o mundo sabe que si gaña Feijóo Rajoy vai sentirse lexitimado para seguir cos seus brutais recortes e baixar as pensións.
É certo que somos un país pobre e subsidiado?
Galiza é un país inmensamente rico en materias primas e recursos naturais. Temos ademais unha grande cultura de traballo e capacidade de iniciativa e emprendemento. Outra cousa é que o noso país estea empobrecido por políticas que dictan desde fóra que eivan o noso desenvolvemento. Tampouco é certo que esteamos subsidiados. O Estado recada ao ano en Galiza 3000 millóns de Euros máis dos que logo transfire a Galiza.
Cataluña quere un novo pacto fiscal. Que pacto fiscal propón o BNG para Galicia?
Un concerto económico que faga que sexa Galiza quen fixe os impostos e os xestione aínda que logo transfira unha cantidade ao Estado para custear os servizos non transferidos. Entre outras cousas isto permitiría que empresas que operan en Galiza, como Inditex, CItroën ou Unión Fenosa tributen polo Imposto de Sociedades en Galiza contribuíndo a xerar riqueza e emprego no noso país.
Moitas grazas e desculpade por non poder contestar a todas as preguntas pero teño compromisos de axenda que me impiden prolongar máis tempo o chat. Espero ter sido de utilidade para contestar ás vosas dúbidas.