Open uri20150703 3 n4jzaj?1435934425

null

1 Francisco Caamaño 08/07/2015 20:28

Bos días a tod@as. Estou encantado de poder compartir este momento e agredezo á Voz de Galicia que nos permita facelo.

2 Anónimo 08/07/2015 20:28

¿Qué federalismo defiende usted?

Francisco Caamaño:

Son federalista e, por tanto, unionista. Hai tantas formas de federalismo como Estados federais. España debe atopala súa, canto antes mellor.

3 Anónimo 08/07/2015 20:28

como podeis tener tan poca verguenza los politicos tanto de derechas como de izquierdas

Francisco Caamaño:

Sen política non hai democracia, sen política non hai dereitos, sen política non hai convivencia. Ás veces hai que saber dar un paso e falar polos que non poden falar. Ás veces, é necesario encaixar as críticas e aprender delas. Pero se cres na democracia debes cambiar.

4 Anónimo 08/07/2015 20:28

Que opina de que se hagan adjudicaciones directas a Eulen por parte de la Xunta ,favoreciendo a la hermana de Fejoo

Francisco Caamaño:

Non me consta que esté probada a exsitencia dun trato de favor, mais creo que sería bó para evitar sospeitas que desde a Xunta se ofreceran explicacións sobre tales circunstancias. A xente non cre nas coincidencias e en democracia hai unha obriga de transparencia por parte dos poderes públicos.

5 Anónimo 08/07/2015 20:28

Hola Fran ! Si "Galicia decide" que o PSdeG forme de novo goberno, ten que ser en bi- ou tri-partito;que pensas, pensades facer para evitar que os nosos paisanos estean de novo obrigados a facer as maletas rumbo a Suiza, Alemaña, Brasil...?

Francisco Caamaño:

Nós queremos que emigren os nosos productos e as nosas ideas, non os nosos veciños. Para iso hai que crer en Galicia e na forza da súa xente. Temos importantes sectores productivos (madeira, pesca, pizarra, granito, industrias de transformación...), cuio rendemento pode incrementarse. Ademáis temos un alto capital humán (moitos universitarios no paro) que están desexando incorporarse ao mercado de traballo. Neste sentido propoñemos unha mellor planificación dos sectores productivos (axeitadas políticas forestais e de ordenación do territorio, aposta pola industria de transofrmación no sector lácteo...) e por convocar 25.000 becas salario dun ano para mozas e mozos de Galicia, permitíndolle acceder ao mercado laboral e aportar o seu valor as empresas, como se está a facer en Finlandia ou Austria. Son perto de 60 millóns de € pero merece a pena. De onde sacalos? Poñendo impostos aos que teñen mais: banca e grandes patrimonios inmobiliarios.

6 Anónimo 08/07/2015 20:28

Van facer vostedes como o PP de favorecer a Sanidade e o Ensino Privado a conta do Público

Francisco Caamaño:

Todo o contrario. Os socialistas temos acreditado a nosa defensa dunha sanidade e dunha educación universal e pública. Defendemos a igualdade política e social e polo tanto non queremos unha sociedade con cidadáns de primeira e de segunda. Quenes teñen máis deben pagar máis mediante un sistema fiscal xusto. Pero ao entrar pola porta dunha escola ou dun hospital todos debemos ser iguales en dereitos e prestacións. Pos iso é tan importante votar o vindeiro 21-O, para frear o modelo de privatización de servizos que impulsa a dereita en España e, especialmente, o goberno de Feijoo en Galicia.

7 Anónimo 08/07/2015 20:28

¿Fue usted el artífice del desaguisado del Estatuto catalán?

Francisco Caamaño:

Eu traballei pola unidade de España dentro da Constitución e por procurar unha solución á realidade diferenciadada dalgunhas comunidades autónomas. Quero lembrar que grazas a ese traballo, do Estatuto que saiú do parlamento catalán, cambiáronse todos os seus artigos menos un nas Cortes Xerais, e que, con todo, foi aprobado en referendum polo pobo catalán. Cómpre lembrar tamén que só un artigo de perto de 200 foi declarado inconstitucional polo TC. En resumo, mentres algúns traballabamos por atopar solucións outros (especialmente o PP), desde o primeiro momento, cunha miopía histórica, traballaron por impedilas, e mesmo prorrogaron o debate ante o Tribunal Constitucional. Agora seguramente estarán moi arrepentidos polo que fixeron.

8 Anónimo 08/07/2015 20:28

Eu sendo nacionalista-galeguista tería sitio no PSdG??

Francisco Caamaño:

Ser nacionalista non significa ser independentista. Pódese defender a propia identidade, a propia cultura e un espazo de autogoberno dentro dun proxecto político máis amplo no que se respeten aqueles valores e c capacidades de decisión. Por iso, moitos socialistas galegos defendemos unha España federal e, polo tanto, unha España na que acomodar democráticamente e sen complexos esas diferencias,.

9 Anónimo 08/07/2015 20:28

Qué conclusión saca do informe do Consello de Contas?

Francisco Caamaño:

Síntome estafado como cidadán. O Sr. Feijoo presume de solvencia a costa dos galegos. Saca peito en Madrid mentres non lle importa deixar de pagar a empresas galegas, tras inventarse o ano de nove meses. Esa é a gran aportación de Feijoo á contabilidade pública. En efecto, para non pedir esos cartos do fondo de rescate como o teñen feito outras CCAA, a Xunta aplazou a débeda. Agora ben, eso non é so unha operación de enxeñería contable, é algo moito máis grave. As empresas que non cobraron viron en moitos casos truncado o seu plan anual de negocio e tiveron que reducir plantilla e mesmo pechar. Por iso, me parece especialmente grave desde a óptica da responsabilidade política. Por certo, unha responsabilidade que tamén se fai valer exercendo o dereito de voto fronte a quen engana.

10 Francisco Caamaño 08/07/2015 20:28

Toca rematar. Quixera facelo agradecendo as vosas preguntas e disculpándome por todas aquelas que non tiven oportunidade de contestar. Seguimos nesta campaña electoral percorrendo a provincia e Galicia pero, sobre todo, escoitando o moito que nos tendes que decir, para xuntos cambiar as cousas. É o momento e podemos facelo.