Envía tu pregunta a Begoña Rodríguez Rumbo
null
Bos días a todos e todas. Gracias por permitirme participar neste evento internauta e espero dar resposta axeitada a todas as cuestións que me sexan preguntadas.
Tuvo cargo en la Xunta, teniente de alcaldía de Cerceda, diputada provincial. ¿Le gustaría ser alcaldesa algún día?
Para mín foi unha honra poder formar parte do goberno galego e síntome orgullosa da labor desenvolvida nesa etapa. Como concelleira do meu pobo teño unha gran responsabilidade diaria de traballo para intentar facilitarlle a vida a nosa cidadanía, respondendo as súas demandas e apostando pola igualdade de oportunidades como principio básico do noso goberno. Ser alcaldesa do meu pobo sería unha honra aínda que non un fin en sí mesmo.
¿Vai ser vostede a sucesora de Liñares na alcaldía?
Resposta difícil, o futuro sempre é incerto...Podería perfectamente ser a súa sucesora ou non, todo dependerá de moitas circunstancias que non se atopan baixo o control de ninguén.
Si el duende le diese a escoger que prefiriría ser alcaldesa o presidenta dela Xunta?
Realmente, insisto que ser alcaldesa para mín non é un fin, e ser Presidenta da Xunta é unha hipótese totalmente improbable.
¿Le gustaría volver a la Xunta?
Ben, nestes intres non penso en voltar á Xunta, non obstante para mín, profesionalmente, supuxo unha etapa moi importante de traballo, de aprendizaxe e, sobre todo, na que puiden colaborar de primeira man en proxectos de colaboración e axuda con todos os concellos galegos.
¿Cree que los socialistas son en la actualidad una alternativa seria para desbancar a Feijoo?
Sí, creo firmemente que os principios socioldemócratas que rixen o pensamento socialista son a única alternativa seria e real para darlle un xiro á política de recortes que estamos a sufrir cada día, cada un de nos nas nosas vidas. O plantexamento actual do Goberno central é que todas as Administracións teñen que funcionar con estándares de productividade económica, mentras que os socialdemócratas plantexamos que a Administración está precisamente para igualarnos dende a base, para que todos podamos ter igualdade de oportunidades facendo unha redistribución dos recursos.
¿Cree en el modelo de primarias para elegir al candiato del PSOE a la Xunta?
Creo que todos os sistemas teñen vantaxes e inconvenientes, pero a maioría dos militantes do meu partido amósanse a favor deste sistema, polo tanto, eu o acato.
¿Que iniciativas presentou vostede na Deputación?
Como grupo, temos presentadas moitas que agora non podería recordar na súa totalidade. Persoalmente, destaco a defensa dunha moción sobre o Plan Miner, na que se lle pedía ao Estado que habilitara as partidas aprobadas e comprometidas en exercios anteriores para poder facer frente as obras pendentes. Esta moción non saíu aprobada porque o PP Provincial non considerou necesario aprobala. Na última sesión plenaria, fixen unha pregunta respecto da estrada que une Santiso e Arzúa, despois de que o Presidente da Deputación se comprometera a habilitar o 50% do seu custe.
¿Por qué hay carreteras que están destrozadas e a ti che asfaltaron o camiño da túa casa?
Creo que quen fai esta pregunta non coñece ben o noso concello, posto que todas as estradas ou camiños se van arranxando ano tras ano a través dos distintos plans municipais (invítoo a que revisemos conxuntamente os plans de investimentos de todos os anos que vostede queira). Onde eu vivo tamén é unha estrada do Concello na que vive xente de Cerceda e que se arranxou o ano pasado.
¿Es Cerceda un buen lugar para vivir o solo para trabajar?
Eu vivo en Cerceda coa miña familia. As miñas fillas estudian en Cerceda e ademáis traballo en Cerceda. Puiden, como moitos, optar por vivir no meu pobo ou irme, pero clarísimamente decidín quedarme.
Como concelleira de promoción Económica ¿Qué plan tiene el Concello para revitalizar el empleo?
Este concello ten feito unha aposta indiscutible pola promoción económica como instrumento básico de xeración do emprego, véxase o nivel de emprego acadado nos últimos anos no noso concello. Sen embargo, hoxe a situación económica é outra e as posibilidades de promoción son menores; aínda así, nos investimentos previstos neste orzamento, seguimos propoñendo unha dotación orzamentaria para ampliación do polígono empresarial baseada en demanda real de solo empresarial, polo que as nosas prioridades seguen a ser a búsqueda de oportunidades empresariais que poidan xerar emprego.
La oposición critica que los fondos Miner solo sirvieron para hacer megaproyectos pero que la calidad de vida delos vecinos no ha mejorado.
Facer oposición é sempre máis doado, posto que todo sempre e mellorable e sempre van quedar cousas sen facer. Quen plantexa isto, non procura recordar que as estradas que nos unen coa Coruña ou coa Silva foron feitas con estos fondos e que si dependésemos doutras Administracións para acadalas, aínda hoxe estariamos a 45 minutros da Coruña; por outra banda, recordar, como dixen nunha resposta anterior, que a creación do parque empresarial (xerador de emprego) tamén foi feito con estos fondos Miner. A día de hoxe, temos un centro residencial e de día construído cos mesmos fondos e que se atopa sen abrir porque dende a Xunta non rematan a súa habilitación para poñelo en marcha xa, pese a que o compromiso da Conselleira foi que no primeiro trimestre deste ano estaría operativo...
¿Habrá un segundo plan Miner con el que acabar las obras pendientes, o el Concello tendrá que limitarse a sobrevivir?
Ben, eu non podo contestar a esta pregunta, posto que depende doutras Administracións ás que nos diriximos frecuentemente pero que non nos dan nin unha soa resposta. Xa apuntou no anterior encontro dixital, o alcalde de Cerceda, que estivo en Madrid e non foi recibido polo xerente do Miner.
El centro tecnolóxico sigue sin estar abierto. ahora el alcalde habala de que va a sacar a licitación su cesión. ¿Ha sido una obra faraónica inasumible para un concello pequeño?
Todo hai que situalo no tempo no que se aprobou e fixo esta obra, seguro que si a situación económica non fose a actual, ninguén dubidaría de que foi unha aposta polo desenvolvemento empresarial do noso Concello. De todos os xeitos, en breve, sairá a contratación a súa xestión e a partir dese momento, faremos unha avaliación da súa conveniencia.
Con un presupuesto de 7,5 millones ¿Puede el Concello garantizar los servicios básicos?
Co orzamento aprobado para o exercizo 2013, o Concello de Cerceda habilita prácticamente a mesma contía en todalas partidas; recórdolle que a única que baixa e, polo tanto, reduce o monto total do orzamento, son as previsións de investimento do Plan Miner.
¿Están justificadas las cr´ticias del PP a la Televisión de Cerceda?
Rotundamente, non. Cando os integrantes do PP de Cerceda actual estaban en campaña electoral se lle invitou a que participaran, cos tempos establecidos pola Lei electoral nos espazos da radio e televisión municipal, invitación que foi rexeitada polo seu voceiro. En diversas manifestacións nos plenos, o voceiro deste partido ten manifestado o seu malestar, sen dar nin un só dato obxectivo que xustifique estas críticas. Eu creo que a nosa radio e a nosa televisión local cumpren co obxectivo fundamental: dar información dos temas de actualidade aos veciños e veciñas de Cerceda.