Enrique López Veiga defendió en los Encuentros de La Voz un Mercado Único para la pesca europea y la incorporación de la mujer a la vida en el mar
Enrique López Veiga, Conselleiro de Pesca demostró
'estar puesto' en esto de la tecnología. En apenas
una hora respondió a una treintena de preguntas acerca de la
actual situación de la pesca y su vuelta a la Consellería a
un mes vista de los comicios autonómicos. A la hora de
elegir un pescado al que parecerse, duda y contesta 'me
gustaría ser un bonito'. Defensor de un mercado único
de pesca europea y de la incorporación de la mujer a la vida
en el mar ha salido airoso de este examen de los lectores.
Muchas gracias por estar ahí. Un saludo.
¿Vaise converter ó Islam para falar con máis afinidade coas autoridades marroquies?
No hace falta.
Cómo se come que entre nun supermercado en Coruña e me atope cunha Dorada de piscifactoría ¡que ven de Grecia!!!
iso é unha consecuencia lóxica do Mercado Único Europeo, do mesmo xeito que os gregos atopan moitas veces calamar pescado por buques españois. Non é malo, sempre que a orixe do producto estea clara.
No me diga que desde el Parlamento europeo non podía facer nada pola pesca galega
Desde o Parlamento faise moitísimo pola pesca galega. Van dous galegos que teñen sido presidentes da Comisión de Pesca, Carme Fraga e Daniel Varela, ós que non se lles pode negar o seu bó facer. Outra cousa e que se lles faga caso na Comisión e no Consello.
¿Serán recuperables os imperios como os de PEPSA e outros grupos pesqueiros ligados ao que foi o INI sen que se teña que acudir á pavillóns de conveniencia?. ¿O futuro pasa pola diversificación e a creación de máis empresas mixtas cos paises onde se sitúa
Na pesca galega afortunadamente temos varias multinacionais, non unha sola, na que todos pensamos. As empresas galegas están hoxe en día instaladas en Namibia, Arxentina, Chile, Malvinas e mesmo no Reino Unido e eu estou convencido de que isto vai a ir en aumento e vai a continuar proporcionando traballo ós galegos non só na flota, senón na industria de transformación, de almacenamento e actividades conexas que está medrando nestes momentos exponencialmente en Galicia.
Que opina das acusacións de organizacións ecoloxistas e sobre certa fama da flota galega de ser unha das que menos respeta as normas de conservación dos caladoiros.
As bandeiras de conveniencia son unha desgracia para a reputación de Galicia e España. Imos ter unha política agresiva para evitar que operen dende a nosa terra. Fago unha chamada a armadores, patrons e mariñeiros para que non se enrolen neste tipo de aventuras. Dito isto, non é xusto o dicer que España e Galicia son países que estimulan esta práctica, todo o contrario...o que non se pode evitar é que empresas extranxeiras con bandeiras 'dudosas' contraten traballadores españois ou galegos. Pero insisto en que desaconsellamos vivamente á nosa xente que se involucre neste tipo de empresas internacionais.
Din que os cans se parecen os seus donos. Imaxine que vostede fora un peixe, ¿Cal podería ser?
Me gustaría poder dicir que un bonito pero é que non sei que contestar a esto...
¿Se puede llamar furtivo a alguien que lleva viviendo toda su vida de recoger marisco sólo porque no tenga un carnet o unos papeles oficiales que los digan?
Sí, a estas alturas ningunha persona nas condicións que vostede explica pode estar sen carnet de mariscador. Non se pode esquencer que o recurso é de tódolos cidadáns e non dos mariscadores somentes. Si delo se deriva unha actividade económica, hai que ser consecuentes.
¿Cal é a posición da Consellería na materia da ecoloxía, aplicada á pesca?
No se puede hacer una explotación racional de los recursos sin tener en cuenta las repercusiones que sobre las poblaciones de pesca tiene esta actividad. Las ténicas de evaluación pesquera que se aplican son parte de la ecología, como ciencia. Es imposible e irracional el permitir una explotación pesquera que no esté basada en criterios científicos y de respeto a los recursos naturales.
¿Poderiase facer un espacio luso-galego de pesca?
Deberíase de face-lo posible para que funcionase o mercado único da pesca en toda Europa, razón de máis para que o espacio luso-galego non só na pesca sexa realmente 'único'
¿qué pensa vostede facer para parar a grave crise que están a sufrir os palangreiros da Costa da Morte?
O que veño decindo a toda a xente das Confrarías da zona: enfronta-la crisis con realismo partindo da realidade para chegar a unha normativa realista que permita básicamente recuperar os recursos. De calquera xeito, isto non se limita ós palangreiros, senón que todas as flotas teñen que cooperar para lograr este obxectivo.
.Para coñece-lo un pouco, ¿Parécelle a Vde. ético e moral -politicamente falando-, que un Presidente da Xunta "en funcións", poida demitir a un conselleiro -a 1 mes das eleccións-, e nomear outro distinto?.
Si non me parecera ético e moral, non o tería aceptado, e ademáis o Governo non está en funcions máis que despois do 21 de outubro
¿É certo, que foi Vde. "chamado" de Bruxelas -polo P.P. ou Fraga, da o mesmo-, para dirixir o Instituto Tecnolóxico do Mar? Xa que logo ¿Como se explica, que fose nomeado director o ex-conselleiro de pesca, Landín, e Vde. Conselleiro?
Entre outras cousas, porque o ser deputado do Parlamento Galego é incompatible con ese posto e o Señor Landín é un excelente profesional co perfil ideal para desempeñar ese posto.
A Unión Europea paga os desguaces de barcos co fin de reducir a flota, ¿non supón isto unha enorme perda de postos de traballo? ¿A quen beneficia isto?
Ista é unha das medidas, pero hai moitas outras. O desguace de embarcacions, ó meu xuízo debe de ser a última das medidas a aplicar, pero pode ser útil para resolver situacions, non só en España, onde a capacidade de pesca é excesiva por exercer unha sobrepesca sobre os recursos, pero insisto: ista para min é a última das medidas a adoptar.
Cree vostede no futuro das confradías ou pensa que deben de transformarse simplemente en asociacións de pescadores.
Xa non me interesa máis que as estructuras do sector funcionen en base a tres postulados básicos: legalidade, transparencia contable e democracia interna. Non penso perde-lo tempo en decirlle ó sector cómo se ten que estructurar. É cousa deles, como ten que ser nun país maduro.
Detrás da actividade pesqueira fican os asteleiros, ¿pensan impulsar dalgún xeito as inversións en renovar e mellorar a flota galega?
Sí, xa se ten feito dende o ano 90, insisto, dende o ano 90 e non antes, e agora tócalle de xeito especial á renovación e modernización de toda a flota de baixura para facela máis rendible, moderna, cómoda e competitiva. Pero lembro que un paso moi importante xa foi dado coa renovación da flota de Gran Sol e outras que seguiron.
Sendo Galiza un rexión onde a pesca ten un enorme peso, ¿non se debería invertir moito máis en investigación neste ámbito?
Sí, sen dúbida, pero temos que decir que a infraestructura de centros de investigación en Galicia é unha das máis importantes de Europa: se cadra trátase de aunar voluntades e obxectivos na investigación.
¿Cómo cree que el sector ha acogido su regreso a la Consellería de Pesca?
Non sei. ¿Vostede qué opina?
Un de Cangas: cómo é que poden fecer mais os armadores para atopar caladoiros que un Conselleiro, un Menistro e toda a Comunidade Europeia
Amigo meu. Aí está o quiz da cuestión porque se trata dunha actividade privada na que o armador é o que tira os beneficios principais, e por tanto é lóxico que sexan máis áxiles, porque tamén o que pode facer un empresario é moito máis flexible e rápido que o que poder facer as administracións. As administracións o que teñen que facer é facilitar a iniciativa privada para que poida sair adiante
Es que ¿sólo existe Marruecos para faenar?
Naturalmente que no. Por ejemplo los barcos afectados en Galicia por falta de convenio son en torno a 60, sólo en arrastre litoral supera la centena. Tiene usted razón que quizás se está dando la impresión que esta falta de acuerdo va a causar la ruina de toda la pesca gallega cuando no es cierto. Sin embargo sí que es cierto que la falta de acuerdo incide de manera muy intensa en unas cuantas comarcas de Galicia.
Visto con distancia:¿non se creaba mais riqueza onde está a Celulosa de Pontevedra cando se extraía marisco das praias que con a factoría de papel? Polo menos vivían delo mais familias que as que viven da Celulosa.
A industrialización sempre afecta ó entorno natural, non estou tan seguro de que a celulosa non este a dar moitos postos de traballo directos ou indirectos na cidade de Pontevedra. Outra cousa é que se lle esixa que cumpra cunha normativa medioambiental que ten que ser estricta.
A pesar de no ser su algo de su competencia,¿Qué opina sobre las pruebas que están realizando los submarinos americanos y su fatal efecto sobre ballenas en peligro de extinción?
No conozco el tema, no tengo una opinión.
Noraboa pola volta ó mar. ¿Para cando unha web coa normativa pesqueira e modelos dos procedementos administrativos?
Xa está feita e a presentamos hai uns días. www.pescagalicia.com. Tamén na páxina da Consellería pode facer estas consultas.
Na Universidade de Vigo, hai a Licenciatura en Ciencias do Mar. ¿Por que dende a Administración non se favorece a entrada no mercado laboral desta xente cunha formación específica neste ámbito?
Non me consta que non se favorezca, salvo nunha situación puntual que xa está resolta.
¿Como ve o futuro do sector pesqueiro galego?¿Por onde pasa a súa potenciación para tornalo nun xigante sen pes de barro?
Temos que pescar dun xeito distinto, potenciando a cooperación con terceiros países creando un clima adecuado para as inversións privadas e garantindo un marco xurídico estable ó abeiro das normas da Organiación Mundial de Comercio. De calquer xeito eu coido que mesmo no momento actual o sector ten os pés, cando menos, de granito.
O furtivismo, a sobreexplotación de caladoiros, moito accidentes laborais, ... débense a falta de cualificación por parte da xente do mar, ¿non debería adicar a Consellería partidas presupuestarias para cursos de formación e reciclaxe destas xentes?
Falta conciencia principalmente na xente que traballa no mar sobre temas de seguridade. Cualificación e cursos de formación hai moitísimos e ten habido moitos, cecais o que fai falla é ser moitísimo máis severos cos que incumplen a normativa.
Ante a falta de caladoiros ¿non sería millor voltar ós xeitos de extracción tradicional que son mais selectivos e necesitan mais mariñeiros ca ter flotas de poucos e enormes barcos (macrofactorías) que esgotan os recursos cada vez que faenan?
Non os tradicionales porque eso sería como si se propugnara na agricultura a volta ó arado romano. O que pasa é que efectivamente o número de embarcacions ten que estar equilibrado cos recursos disponibles e as artes e aparellos de pesca empregados deben de ser o máis selectivo posible, pero toda a industria ten que estar constituida por unidades modernas e eficaces; ó contrarío, non tería nin lóxica económica nin lóxica dende o punto de vista do benestar e seguridade das tripulacións.
¿por qué non se acaba coas volantas? Os pescadores de Burela respetan moito mais os caladoiros que os franceses e ingleses. ¿Por qué nos castiga a UE e sin embargo parece que prima ós barcos de esos países?
As volantas están prohibidas a partires de Enero de 2002. estaremos moi vixiantes para que a normativa se cumpla.
Din que fai falla un home forte do PP en Vigo, ¿o nomeamento como Conselleiro vai nesa liña?
Nin sei si son forte nin si acabarei sendóo. De momento con facer o meu cargo de Conselleiro con dignidade e eficacia chégame de abondo.
¿Concédelle o Goberno Central a importancia suficiente á pesca, ou se se lembra dela cando Marrocos pecha os seus caladoiros polo fin dos acordos coa U.E.?
Eu coido que sí, o que pasa é que as cousas no eido internacional non son ta fáciles como moitas veces se pensa. Lembro que Marrocos ten moitas relacións comerciais distintas da pesca con toda a Unión Europea, e polo tanto, non é doado o falar de presión para conseguir un acordo pesqueiro. nembargantes eu estou convencido que a medio plazo as augas voltarán ó seu cauce. A curto prazo o único sensato e pragmático é utilizar todas as posibilidades de financiación, que non é pouca, que vai poñer a disposición a UE.
Usted pretende incorporar la mujer a la vida en el mar. ¿Cómo vencer tabúes machistas presentes en el mundo de la pesca?
Con una política agresiva y que incentive fuertemente esa participación. Se trata de meter en la cabeza a todo el mundo que este también es un sector abierto a la mujer como cualquier otro. Me consideraré satisfecho cuando haya una patrona de pesca al mando de un congelador en Malvinas, Namibia u otro caladero...
O sectro pesqueiro semella en constantes conflictos, senón son os palagreiros, as mariscadoras, senón os armadores, ¿a que se debe todo isto?
Porque é un sector moi competitivo, dinámico e no que hai moita xente en pouco espacio. Hasta hai relativamente pouco tempo era moi anárquico e tiña por norma non repeta-las regras. Pouco a pouco isto se vai cambiando sempre que se utilice o sentido común por parte de todos.
¿Que prefire no seu prato un bo peixe da Costa Galega ou un bo pedazo de Tenreira Galega?
Como son un tragón, de primeiro un prato de peixe e de segundo un de tenreira: para o primeiro, Alvariño e para o segundo, un bó tinto de Amandi...por exemplo...
Un saúdo a todos e moitas gracias polo seu interés.