F22y5001

El candidato de Márea Ártabra a la Alcaldía de Ferrol responderá a los lectores el viernes, día 22, a partir de las 11:00 horas

1 Chema 22/05/2015 11:06

Ola a tod@s, aqui estou disposto a respostar a todalas preguntas que me fagades, espero que sexan sinxelas

2 Germán Fernández 22/05/2015 11:09

Sea usted sincero en la respuesta:
De las otras nueve candidaturas, ¿cual ha sido la que más juego sucio ha hecho contra ustedes?
Gracias.

Chema:

Nos nosos oríxenes houbo formacions politicas que logo de non entender o proceso democratico como os que estamos agora na Marea o entendemos decidiron salirse e penso que foi un erro. Falo de EU e a Nova.

3 Javier 22/05/2015 11:12

Antes de comenzar a campaña queriades sufragala con as achegas dos simpatizantes, ¿foi posible financiala só coas súas aportacións? ou ¿ tivechedes que recurrir a prestamos ?

Chema:

Nos puxemos en marcha a campaña 50*100, isto é, necesitamos 100 simpatizantes e que cada un aporte un máximo de 50 euros. Con iso financiaríamos a nosa campaña e en todo momento tíñamos claro que non recurriríamos a financiación bancaria

4 Roi_action 22/05/2015 11:28

#PreguntaChema #MareaÁrtabra Qué modelo d ciudad queréis para #Ferrol ?
Urbanismo,empleo, barrios, juventud, vivienda... Un proyecto xfavor!

Chema:

En urbanismo a idea é proxectar qué cidade queremos para os vindeiros 15 ou 20 anos. Neste eido consideramos que é fundamental desenvolver Plans Específicos Comunitarios para que a veciñanza reunida nas Asambleas de Barrios e asesorada polos respectivos Consellos Sectorias tomen as decisións pertinentes unha vez formadas e informadas. Así faríamos cos 14 barrios da cidade e os 9 do rural. Unha vez que teñamos o proxecto global se elaboraría un novo PXOM tendo en conta a opinión de tod@s.
Apoiamos o naval, pero somo conscentes que temos que ir hacia unha diversificación do tecido productivo de Ferrol, así que a través da ESS (economía social e solidaria) promoveríamos as cooperativas de traballo asociado en todos os eidos y outras formas de emprego a traves de clausulas socias na contratacion por parte do concello, que fomentaran un reparto mas equitativo dos recursos. Fomentariamos o comercio local (pequeno comercio, ferias, mercados...) e apostaríamos forte polo rual y a rexeneracion da ría como fonte de riqueza.
En vivenda apostamos pola rehabilitación como forma de creación de emprego e ir hacia un certificado de calificación ambiental que tivera en conta aspectos como a mobilidade, eficiencia enerxética, utilización de enerxias renovables nas vivendas, aforro de auga, recollida selectiva do lixo...todo isto tambien podería ser fonte de emprego. Tamén contemplamos a posibilidade de conveniar con IGVS un gran parque de vivenda en aluguer, mediante a compra de vivendas ou a cesion temporal por parte dos propietarios.
Respecto a xuventude favorecer iniciativas culturais para que vexan atractiva a cidade e que establezcan lazos duradeiros con Ferrol

5 teresa 22/05/2015 11:32

parece que marea artabra e ferrol en común prantexan propostas parecidas, por qué teria que decidirme por vostedes? E cal e o proxecto que cumpriran por encima de todo?

Chema:

A idea da Marea é ser unha ferramenta para que a cidadanía participe na elaboración do modelo de cidade que entre todos imos construir, así que unha das nosas metas e sacar do caixon o Regulamento de Participación Cidadá para que a veciñanza reunida nas distintas asembleas de barrio tome decisións que sexan o mais honestas e intelixentes posibles, despois de ser asesoradas nos diferentes eidos

6 Lorena 22/05/2015 11:34

Por que cres que durante esta campaña electoral houbo tanta confusión ao respeito das Mareas en Ferrol, cos medios de comunicación empeñados en afirmar que en Ferrol habia duas mareas, cando todo o mundo sabe que Esquerda Unida de Ferrol marchou da Marea Artabra para formar o que eles chaman "Ferrol en Común"?

Chema:

Penso que hai un certo temor a que a cidadanía se empodere, xa que podería facer que chegado o momento as propias dinámicas veciñales superaran a dos partidos políticos. Así que apostaron por crear confusión

7 Alberto 22/05/2015 11:36

¿Qué sensaciones te quedan ahora que finaliza la campaña?

Chema:

A sensación en xeral e boa. Penso que dentro da Marea hai diferentes sensibilidades, pero se deixamos ao lado os egos e miramos polo ben comun se poden superar. Esta foi a mellor lección que aprendí e me deixa bo sabor de boca

8 Jose 22/05/2015 11:39

Buenos días, me gustaría saber si apoyan una futura fusión con Narón.

Chema:

Un dos eixos do programa e apostar pola comarcalidade como forma supramunicipal onde se poden xestionar en comun certos servizos. Sobre a fusion dos concellos penso que deberian ser un veciños dos respectivos, os que en referendum manifestaran se apostan por esta posibilidde.

9 Pepi 22/05/2015 11:42

¿No se estaran aprovechando del arrastre de la Marea Atlántica y la visita de Pablo Iglesias? Pero ustedes son otra cosa, porque no llevan ni a EU ni a Podemos.

Chema:

Houbo uha xuntanza de Pontevedra hará dous meses onde se falou da posibilidade de facer algo conxunto todalas mareas de Galicia e isa posibilidade está ahí, pero ten que ser traballada máis. Por outro lado, nos levamos a xente que en su día estivo participando activamente en EU, en Anova e tamen inscritos en Podemos e que están a desenvolver unha grande labor dentro da Marea

10 Carlos García 22/05/2015 11:45

Leí hace unos días que aspiran a llegar a gente de izquierdas y de derechas. ¿Cuál es su ideología?

Chema:

A nosa ideoloxia esta ben definida no noso manifiesto inicial, no codigo ético, no regulamento de funcionamento interno e sobre todo no noso programa, onde falamos de cousas como remunicipalizacion dos servizos básicos (agua, lixo...) entre outras cousas e por non extenderme mais. Que a xente saque as súas propias conclusions. A Marea está aberta a participacion de cualquier veciño/a que asuma estas premisas de partida

11 Carlos García 22/05/2015 11:47

¿Cre as enquisas e que van sacar dous concellais?

Chema:

As enquisas son un reflexo aproximado da realidade e tamén unha forma de crear opinón. Creo que podemos sacar dous concelleiros e algo máis tamen

12 Carmen 22/05/2015 11:48

¿De verdad cree que podría ser alcalde?

Chema:

O mellor nun futuro, pero non é a miña meta. Me preocupa máis que a cidadanía participe na vida pública

13 Xoán G. 22/05/2015 11:50

¿POR QUE NON SE RETIRAN PARA QUE A ESQUERDA PODA TER MAIS POSIBILIDADES?

Chema:

Se A Marea se presenta as municipais e porque non asume os postulados do partido que está a governar e tampouco cree que o resto das formacións sexan a solución para esta cidade.

14 PACTISTA 22/05/2015 11:51

¿Estaría disposto a pactar con Sestayo? Porque se o fai, eu dende logo non o votaría nunca.

Chema:

Iso non depende de min, depende do que decida a asemblea da Marea despois das eleccions.

15 Xacobe 22/05/2015 11:51

¿Cales serían a súas propostas para fomentar o empleo?. Grazas

Chema:

xa esta contestada anteriormente

16 José Baños 22/05/2015 11:55

Bos días. Que importancia lle da vostede a Semana Santa en Ferrol? Tomaría algunha medida para impulsala ou cre que hai que centrarse noutras festas como recolle no seu programa?

Chema:

A semana santa e un evento con connotacions relixiosas e económicas e que está xa arraigado na cidade de Ferrol. Dende a Marea, e respetando cualquier confesion relixiosa e a debida separacion que debe haber entre a administracion e este tipo de manifestacions, aprovetaríamos este tipo de eventos para diversificar nesas datas a oferta cultural e aproveitar para que os turistas coñezcan todalas potencialidades que ofrece Ferrol

17 Juan A. 22/05/2015 11:57

Que significa economía social? como puede eso ayudar a Ferrol?

Chema:

A economia social e unha maneira mellor de distribucion da riqueza e que o xenerado aqui repercuta en crear mellores condicions de vida entre os veciños. Se pode acompañar de formulas como a moneda social con oxidacion que esta a funcionar moi ben noutros sitios.

18 Cesar 22/05/2015 11:58

Me podria aclarar la relación de Marea Ártabra y podemos

Chema:

Como dixen antes, na Marea a inscritos en Podemos, que van na candidatura e que estan a realizar unha grande labor

19 Maria 22/05/2015 12:00

Que es lo primero que hará al llegar al Concello?

Chema:

Sacar so caixon o RPC (Regulamento de Participacion Cidadá) e dinamizar o comercio local (pequeno comercio, feiras e mercados) mediante unha gran Mesa de negociacion onde esten presentes todolos axentes afectados

20 Parrulo 22/05/2015 12:02

Parécelle que coa que está a caer vostede sexa o candidato máis idóneo, tendo en conta a súa nula experiencia de xestión?

Chema:

Eu son un veciño máis de Ferrol que nunhas primarias abertas conseguin a confianza dos compañeir@s do meu partido. No ADN da Marea está a desprofesionalización da política que favorece as portas xiratorias

21 Peter Pan 22/05/2015 12:03

Plan de barrios...que opina?

Chema:

É a maneria torticeira e clientelar que ten o actual alcalde de entender a participacion cidadá.

22 knopfler 22/05/2015 12:06

Buenos días, ¿Qué medidas va a tomar para impulsar el pequeño comercio?

Chema:

Ademas do que dixen antes haberia que mirar de facer deduccions e bonificacions nas cuotas dos tributos locais para non afogalo e favorecelo tamén mediante publicidade institucional para que a cidadania entenda que é o diñeiro que gaste nel é un diñerio do que se benefian tod@s @s ferroláns

23 Chema 22/05/2015 12:07

Ben, foi un pracer estar con todos vos nesta hora. Agradecervos a vosa participación e espero que nos vexamos de novo nun futuro