Seixas 1h

La candidata del BNG a la alcaldía de Arteixo hablará con los internautas el miércoles 20 a las 16.30

1 Silvia Seixas 20/05/2015 16:22

Boa tarde a tod@s!

2 Anónimo 20/05/2015 16:31

Boa tarde Silvia, pensas que escollemos un alcalde máis ou que o noso voto é para unha ideoloxía, para unha maneira de facer negocio?

Silvia Seixas:

Eu non penso que só escollamos goberno local penso que votamos tamén unha ideoloxía, unha forma de facer política determinada. Cando debatemos nos plenos fica claro que o goberno local do PP apoiou todas e cada unha das reformas que se puxeron en marcha por parte de Feijoo e de Rajoy: lei do aborto, privatización da sanidade, desmantelamento do centro de orientación familiar, suba das taxas das escolas infantís, rebaixa nas axudas para políticas de emprego e en servizos sociais, peche de camas nos hospitais. Todas esas políticas afectan directamente á xente de Arteixo e aplicounas o PP. O 24 de maio quen vote PP estará apoiando todo iso e estará tamén decindo que non pensa nos casos de corrupción, nas tarxetas Black, nas participacións preferentes, nas multas a emigrantes retornados, na reforma laboral...Cando se vota hai que pensar en todas estas cuestións. A xente en Arteixo ten cada vez máis problemas laborais e sociais e iso ten que ver coas medidas adoptadas e aprobadas polo PP. A política non só son obras é moito máis ca iso

3 Anónimo 20/05/2015 16:37

Cales serían as 3 medidas máis urxentes que aplicarías?

Silvia Seixas:

Eu penso que o primeiro son as persoas todo o que ten a ver coas políticas de emprego e coas medidas que hai que por enriba da mesa: cambios nos programas de formación, axudas para bolsas de formación en empresas, axudas para rehabilitación e aluguer de locais comerciais coa posta en marcha dunha bolsa de aluguer, un punto emprega donde se dea asesoramento a persoas paradas de longa duración, fomentarase as rehabilitacións de vivendas e eliminación de barreiras nas vivendas como saída a persoas con experiencia laboral na construción, Introduciranse cláusulas sociais na contratación pública (eliminaranse as subcontratacións, as horas extraordinarias, fomentarase a contratación de veciños e veciñas etc)
o segundo serían os cambios nas políticas de servizos sociais: Renda social municipal, reorganización do persoal de servizos sociais, bolsa de aluguer de pisos a prezos taxados
Servizos públicos: servizo de canguros, comedor escolar de 3-16 anos, servizo de acompañamento para persoas dependentes. Intentarase ir eliminando as privatizacións de servizos como o SAF ou a limpeza viaria

4 Anónimo 20/05/2015 16:41

Se votamos BNG, volverá a radio municipal?

Silvia Seixas:

si, sen dúbida voltará a radio municipal e será máis participativa do que era. Por outra banda intentaremos que a mocidade teña programación propia nunha radio en Internet. Os plenos serán de novo ás oito da tarde e haberá información de todas as xestión públicas na páxina Web. O orzamento farase participativo e os proxectos e a conta xeral ( en que gastamos os cartos) estarán a disposición de tod@s tanto no concello como nos centros sociais. Tamén se recuperarán as xuntanzas trimestrais con todas as entidades do concello. Os plenos serán retransmitidos en directo na web.

5 Amarillo 20/05/2015 16:43

¿Qué opinión tienes de la nueva rotonda de Sabón?

Silvia Seixas:

Penso que as obras da nova rotonda eran necesarias, penso que ninguén dubida iso. Agora tamén penso que foi unha obra incompleta, con moitas eivas e que non vai resolver o problema a longo prazo. Había que facer unha rotonda a tres niveis pensando no presente mais tamén no futuro. Hai problemas de seguridade, atascos na entrada do Polígono e na Avda. de fisterra, transporte especial que ten dificultades para entrar no polígono. Creo que non se fixeron ben as obras.

6 Anónimo 20/05/2015 16:45

Pensas que se deberían adaptar as especialidades de FP e outras formacións ás necesidades do mercado laboral?

Silvia Seixas:

si, levamos reclamando desde o BNG anos que se incremente a oferta formativa no IES de Sabón. Non está adaptada a realidade laboral do Concello de Arteixo. Non hai ciclo do textil cando temos a industria máis grande do mundo. Mais tamén temos industria química e non hai nada desa rama por non falar de ciclos de medio natural.

7 Silvia 20/05/2015 16:49

O BNG sempre está criticando as políticas do PP, pero non me queda claro cales son as súas propostas para Arteixo?

Silvia Seixas:

Temos no programa unha serie de medidas urxentes moitas delas presentadas nas alegacións que fixemos aos orzamentos desde o 2011 ano de inicio deste mandato: algunha xa as contestei na primeira pregunta: ludoteca, axudas sociais, aluguer de vivendas, axudas a rehabilitación, novos programas de formación, ampliación do servizo de axuda no fogar, servizo de canguros, ampliación do comedor escolar, construción dunha cociña no CEIP Novo Arteixo, posta en marcha dun servizo de asesoramento afectivo sexual para xente moza, cambios na política cultural do concello, dotar os centros sociais das parroquias de actividade cultural e educativa, servizos nas parroquias do rural, melloras no sistema de recollida de lixo, mapa de contaminación, control das descargas e das obras do porto exterior, reclamar a inversión do 1% cultural....

8 Es la última vez 20/05/2015 16:54

Leva dirixindo o partido dende fai moitos anos, ¿estas son as últimas eleccións as que se presenta?

Silvia Seixas:

En principio a miña idea é que esta sexa a última lexislatura en que me presente ás eleccións mais evidentemente todo vai depender tamén dos resultados electorais e por suposto da opinión da asemblea de Arteixo. Pola miña banda eu sempre deixei aberta a porta a que fose calquera outra persoa a que encabezase a candidatura. A min o que me interese é o BNG o meu desexo é que goberne este concello, sexa eu ou outra persoa a cabeza de lista, é que lle demostre á xente que podemos facelo e facelo ben. Que temos experiencia, que temos un proxecto claro e que se confían o seu voto no BNG ímolo facer ben e seguirán confianza en nós. Eu o que observo é que donde se consigue a alcaldía a xente segue a confiar no BNG nos vindeiros procesos, demostramos que sabemos xestionar.

9 Antonio Puertas 20/05/2015 16:59

¿Qué piensas de la colaboración entre A Coruña y Arteixo? ¿Y respecto a la idea de fusión?

Silvia Seixas:

Todas as administración deben tender pontes de colaboración sexa quen sexa o partido que goberne en cada unha delas. A coordinación é importantísima e debe ser diaria. Eu penso que a área metropolitana da Coruña está gobernada por xente demasiado localista e iso non é bo para avanzar . Que non se colabore na definición das infraestruturas, na planificación urbanística leva ao caos que vivimos na comarca. En canto ao tema da fusión eu non estou de acordo coa fusión aillada entre concello que creo que non mellora en absoluto a nosa vida son máis partidaría da creación de áreas metropolitanas que xestionen e teñan competencias. De todos os xeitos a organización territorial debería ser un debate en que todos e todas participemos, que non se adopten decisións de costas á xente, temos que participar e dicidir colectivamente. Galiza ten que por enriba da mesa e de xeito urxente un debate sobre a súa organización territorial.

10 Candela 20/05/2015 17:04

¿Cree que é posible un goberno de coalición cando políticos do mesmo partido nen sequera son capaces de poñerse dacordo?

Silvia Seixas:

Se algo está demostrando este novo tempo político e os resultados electorais é que a xente quere diálogo entre as forzas políticas, que quere acordos. O BNG de Arteixo ten un programa electoral e un proxecto colectivo moi cohesionado e sobre iso falaremos e debateremos. Está demostrado en moitos concellos que os pactos funcionan se se é transparente e se quere traballar por mellor os concellos. Está tamén demostrado que moitas maiorías absolutas, como o caso de Arteixo, demostran que son antidemocráticas, impositoras e totalmente opacas e tampouco garantizan que os concellos avancen en absoluto.

11 Marcos 20/05/2015 17:11

¿Qué opinión lles merece as mareas e cómo se viviu dende a sua formación esa irrupción?

Silvia Seixas:

A min que a xente participe en política encántame,creo que se tod@s participásemos moito máis e nos preocupásemos do que pasa no día a día non acontecerían moitos dos casos de corrupción que están acontecendo. De todos os xeitos eu espero que a xente vexa e valore o traballo destes anos, que pregunte, que se interese, que participe dos debates. A participación é importantísima. o BNG tamén é xente, tamén é cidadanía e levamos moitos anos traballando iso é o que espero que se valore.

12 Arteixana 20/05/2015 17:16

Que faría vostede con todos esos cartos que o alcalde Calvelo ten sen usar? Refírome ao tan cacareado superávit que non debe atopar en que empregalo...

Silvia Seixas:

Moitas das cousas que faría penso que están contestadas noutras das preguntas que me fixeron con anterioridade ,emprego, política social, temas de accesibilidade, de educación, de cultura, actuacións concretas para a mocidade, actuacións concretas en aforro enerxético, actuacións de rehabilitación ... a maiores de actuacións concretas nas parroquias como saneamentos, abastecemento de auga, sendas peonís e instalación de tipo deportiva. Co tema do remanente de tesourería decir que levamos dous anos tirando dese aforro, levamos os dous últimos anos,estamos gastando máis do que ingresamos. Eu non son das que crea que un concello ten porque ter os cartos nun banco e non gastalos, se é necesario facer obras ou gastar en políticas de emprego hai que facelo. Hai multitude de cousas que facer no concello: actuacións medioambientais, protección e recuperación de humedais, accesibilidade e transporte público interparroquial por exemplo...

13 María 20/05/2015 17:21

¿Qué piensa que se puede mejorar en materia ecológica en Arteixo? ¿Y a nivel turístico?

Silvia Seixas:

Pensamos que o primeiro que habería que facer é un mapa de contaminación e así saber exactamente como proceder e marcarse un prazos concretos de actuación. Hai moitos problemas en Arteixo e moi diversos: descargas a ceo aberto, falta de control de verquidos nas praiais, abandono de zonas húmidas, voaduras, praga de especies invasoras, industria contaminante que no ano incumpren a lexislación sen que se faga ningún control por parte do concello. O departamento de medio ambiente do concello non existe, ten un concelleiro con adicación exclusiva que non sabemos que fai. Un concello non só pode facer actuacións illadas ten que se contundente nas medidas: protección dos espazos húmidos e poñelos en valor, medicións feitas polo propio concello, combater as especies invasoras, control de verquidos....

14 Dende o Alto 20/05/2015 17:24

Ao marxe do que aconteza en Arteixo, se o BNG tampouco acada boas cifras nestes comicios (como pasou nas europeas), consideraría que chegou o momento de replantexarse o camiño futuro?

Silvia Seixas:

Eu penso que o BNG vai conseguir bos resultados electorais neste comicios e polo tanto o proxecto do BNG está plenamente vixente como demostra que moita xente independente estea formando parte das candidaturas e estea apoiando o traballo que estamos facendo.

15 Silvia Seixas 20/05/2015 17:27

Sintoo non ter tempo a contestar todas as vosas preguntas, acabou o tempo. Se queredes no meu correo ou no meu perfil de facebook podo atendelas todas. Obrigadísima por querer achegarvos as nosa propostas, espero que poidamos contar coa vosa confianza o 24 de maio.