Encuentro digital con Marisol Piñeiro
null
¿Cre que a estas alturas aínda queda alguén na COsta da Morte que crea que a autovía a vai facer este goberno da Xunta?
Parécelle xusto que os nenos teñan que pagar por comer nos comedores escolares?
Que quedou do Plan Galicia?
Como valora estes dous anos de Goberno do BNG en Carnota? e o traballo da oposición da que forma parte?
Ola, unha cuestión da nosa terra: Que opina da fábrica de tubos de Cee e de toda a polémica sobre ela?
Inicio del encuentro
Moi bo día a tod@s, encantada de estar aquí e espero dar resposta ó que teñades a ben preguntar
O Parlamento de Galicia foi noticia esta última semana polo altercado protagonizado por Xosé Manuel Beiras. Que lle parece este tipo de actuacións? Como o viviu?
Pois paréceme patético que unha persoa que leva tantos anos dedicado á política, vai pasar á historia por dous únicos feitos; un zapatazo e un puñetazo; esas sin as súas dúas únicas aportacións ó futuro dos galeg@s. Eu creo que nunha cámara de representación de todos os galegos como é o Parlamento de Galicia as formas revelan o respecto que os nosos cidadáns lle merecen a cada representante; e semella que a este señor non lle merecen ningún. Vivino sentindo muita vergonza allea, porque puxo en ridículo a todos os galegos e facendo que sairamos nos noticieiros nacionais como si de unha república bananeira se tratara
Vaise facer o Parador de Turismo de Muxía?
Pois esa é a intención que ten o Goberno, de feito estes últimos días viuse incrementada a partida destinada a tal fin. De todas maneiras quixera decir que o Parador tiña xa que estar feito: porque as oportunidades debense aproveitar no momento oportuno, e o momento era cando había máis dispoñibilidade económica para acometelo e agora, en tempo de vacas flacas, xa debería estar aportando beneficios á economía da zona, e non ter que estar aínda xerando gasto ca súa construcción. Creo que a estas alturas todo o mundo ten claro quen deseñou ese proxecto, quen o paralizou e quen lle volveu a dar impulso para que chegue a ser unha realidade
Hai pouco na prensa defendeu os novos aproveitamentos do río Xallas, non lle aprece que está xá moi explotado?
Esa é unha das conclusións ás que chegaron os tres grupos da Cámara (PP, PSOE e BNG) alá por 2010, que en xeral todos os ríos xa estaban mui explotados e que había que limitar este feito. Tomouse de aquela un acordo unánime de non permitir máis aproveitamentos, agás aqueles que foran de repotenciación e que non supuxeran máis obstáculos horizontais para os ríos, é decir máis encoros; e o caso do río Xallas entra nestas súas excepcións; supón unha repotenciación e non contempla máis encoros. Por outra parte vai supoñer unha forte inversión na nosa zona e unha oportunidade laboral que boa falta nos fai nos tempos que corren. Para min o máis sorprendente do caso fui o feito de que os socialistas de Galicia se opuxeran a esta obra cando creo entender que a opinión do alcalde socialista de Dumbría e favorable á mesma.
¿Por que os deputados do PP da Costa da Morte presentan tan poucas iniciativas no Parlamento?
Pois paréceme unha apreciación que non se axusta demasiado á realidade xa que, aínda que nas levo contabilizadas, o número de iniciativas tanto eu como os meus compañeiros presentamos son as suficientes para interesarnos e impulsar asuntos tanto de tipo xeral como comarcal e local. De feito o próximo martes eu mesma vou preguntar ó Presidente de Portos de Galicia no seo da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo por o proxecto da fábrica de tubos de Cee. De calquera maneira a min paréceme que a importancia do traballo dos Deputado@s non vai no número de iniciativas presentadas senon na calidade das mesmas e na repercusión que poidan ter a prol do asunto ou do territorio ó que se refiran, e as dos deputados do PP cumplen con ese obxetivo e non co de cubrir un cupo
Non é un pouco difícil decir hoxe en día que se dedica á política, e sobre todo que é do PP?
Pois realmente é unha época complicada, pero eu estou mui orgullosa da miña dedicación á política e da miña militancia no PP; e cada día levántome ca ilusión de poder aportar algo positivo para o futuro da nosa terra. É nestes momentos complicados cando a política está tan denostada, cando temos que dar a cara e seguir traballando para sacar o país adiante. Xa sei que está mui trillado o tema da herdanza recibida, pero é unha realidade que hai que ter en conta. Pero eso non é para nós unha excusa para non seguir dando cada día e seguir traballando ó 200% para revertir a situación catastrófica que outros xeraron
É certo que ahora a Xunta quere parar a autovía en Baio?
A Xunta, o PP e eu mesma o que queremos é que a autovía se faga e se remate nas mesmas condicións en que se licitou: é decir que comence en Carballo e remate (de momento) en Berdoias. No caso da autovía pasa algo semellante que co Parador de Turismo de Muxía: tiña que estar feita en época de bonanza (e non a fixeron) para poder ser agora (en tempos tan complicados) unha ferramenta de desenrolo para a nosa comarca. E unha vez máis esta sendo un goberno do Partido Popular o que lle dea forma ás iniciativas máis importantes para a Costa da Morte
Sendo unha muller que leva xa moitos anos en política quixera facerlle dúas preguntas: As mulleres téñeno máis fácil ou máis difícil na política? e que escolle: concelleira de Carnota ou deputada do Partido Popular no Parlamento de Galicia?
As mulleres debemos de telo igual de fácil ou de complicado que os nosos compañeiros, eu creo que a importancia debe de estar na capacidade das persoas e non na distinción por sexos. Outra cousa xa é a compatibilización da vida da política ca persoal; aí é onde eu penso que aínda hai que seguir afondando. Nese sentido o PP tamén foi pioneiro en medidas para facilitar a labor das mulleres na política, como é o caso de facilitar a votación das deputadas que acaban de ser nais. En canto a concelleira ou deputada é para min mui difícil de escoller: cada unha das dúas tarefas é apaixoante. Na de concelleira é onde máis contacto tes ca realidade, cos problemas cotiáns e co día a día dos teus veciños; foi e segue sendo para min a mellor escola para desenrolar a miña labor de deputada.
Vendo a situación económica e laboral que existe na nosa comarca. Que opina das protestas que hai na zona contra a mina de Corcoesto, a fábrica de tubos e calquera outra iniciativa que supoña postos de traballo"
Quero decir que respecto profundamente a todas aquelas persoas que protestan pacíficamente na defensa de calquera situación que considere que lesiona algún dos seus dereitos como cidadáns; pero dito esto considero que antes de lanzarse á protesta o que hai é que informarse.E o que me parece é que cada unha destas iniciativas estase politizando demasiado e contribuindo a xerar confusión entre os veciños. En calquera destes casos a Xunta de Galicia está actuando con responsabilidade, e así vai a seguir facendoo para que estes proxectos poidan sair adiante con todas as garantías e cumprindo con todas as normativas existentes a tal efecto. Si estas iniciativas empresariais, ou calquera outra cumplen co requerido, a min paréceme que o que precisa agora mesmo a nosa comarca é poder ofrecer oportunidades laborais a toda ese xente que agora mesmo está no paro. O que non se pode decir non a todo por sistema e non ofrecer solucións alternativas
cree que a acuicultura pode supoñer un peligro para a pesca tradicional
Non o creo, paréceme algo totalmente complementario. De feito frenta á xente que di que as instalacións acuícolas contaminan o mar acaban cos recursos naturais eu teño que lembrar que a piscifactoría de rodaballo de Stolt Sea Farm en Lira (Carnota) ten o seu desague vertendo na Reserva Mariña de Lira; e levan xa convivindo varios anos sin problema ningún coñecido, nin para a piscifactoría nin para a propia reserva.
Muitas gracias a tod@s polas vosas preguntas. Espero ter dado respostas ás vosas inquedanzas. Sigo á vosa disposición e remato felicitando á Voz de Galicia de Carballo por esta iniciativa para achegarnos un pouco máis ós nosos veciños