Encuentro digital con Francisco Caamaño
null
Inicio del encuentro. Bos días, xa cheguei a Carballo, e estou encantado de poder estar con vós. Agardo contestar ao maior número de preguntas.
Hola Fran ! En tanto que ceense emigrado en Suiza desde 1988, quixera saber a tua opinión sobre o que a Sra ministra Báñez chama *movilidade exterior" a esa fuga, que eu chamo búsqueda de traballo, dos nosos fillos...; xa que ti e a promoción do 77-81 xa temos 50 anos pasados...José Antonio
O eufemismo da ministra é un verdadeiro sarcasmo. As receitas económicas que están a aplicar en España e Europa son un profundo erro. O incremento do paro chega a cifras insoportables. España necesita algo semellante a un "new deal", e iso require intervención dos poderes públicos na economía durante un tempo para estimular o crecemento económico. Só así deixarán de marchar mozos e mozas e os que estades fóra podedes voltar.
Que é para vostede a Costa da Morte?
A miña casa, un referente sen o cal non podería vivir. A Costa é un paraxe único de xente única, acostumada a loitar contra as adversidades e conquistar o futuro. Cada vez que estou pola "casa" recobro enerxías, pero tamén preocupacións. Temos moito que facer e só xuntos, crendo en nós mesmos, podemos acadalas.
Señor Caamaño, ¿está a favor da fábrica de tubos de Cee?
Non no lugar onde a queren instalar. Penso que é o menos axeitados de todos os posibles: Na única fachada marítima que lle queda a Cee, perto dun hospital e dunha escola, e riba dun bancos marisqueiro do que viven moitas persoas. Hai que favorecer os crecemento e o establecemento de empresa, pero na mesma ría e no mesmo concello de Cee hai lugares moitos mellores para instalala. Fagamos o posible por que os novos investimentos non prexudiquen o noso entorno e os postos de traballo doutras persoas. Como isto é posible, a Xunta debe asumir as súas competencias e determinar un emprazamento moito máis axeitado.
¿Non bota de menos a tranquilidade da cátedra de Dereito?
Moitísimas veces fágome esa pregunta ao longo do día, e máis nun momento en que se está a cuestionar moitos elementos da nosa Constitución: o Estado autonómico, o contido dalgúns dereitos fundamentais ou mesmo a Monarquía. Máis é certo tamén que en momentos difíciles como os que estamos a vivir, é cando fai falta persoas que se comprometan co público e defendan os intereses dos que menos teñen, que é dela. Cando un asume un compromiso, debe cumprilo. Agardo que axiña Galicia estea mellor, e será entón cando volva plenamente á Universidade e aos libros.
Que é para vostede ser socialista? Ruben Lema
Ser socialista é en primeiro lugar un sentimento profundo de recoñecemento dos demais. Saber que a liberdade está baleira de contidos sen os "outros", e que polo tanto é preferible repartir o que se ten entre todos, que non acaparar tesouros para vivir en soidade. Ser socialista é crer que non hai liberdade sen igualdade, e na miña opinión no século XXI é ademais apostar por unha sociedade sostible, que en troques de querer medrar permanentemente, pense moito máis en como quere vivir. Por iso, os socialistas temos un enorme reto por diante, para chegar aos demais,pero tamén para definirnos en moitas cuestións a nós mesmos.
Cree usted que el socialismo en España está en crisis?
Sí, en España y en Europa. Ahora bien, más que el socialismo, lo que está en crisis es la socialdemocracia. La búsqueda de un encuentro permanente entre el socialismo y el mercado ha hecho que en los últimos años de políticas de izquierda en Europa, el pulso lo acabase ganando siempre el mercado. El mejor ejemplo es la crisis que estamos padeciendo. Los socialistas tenemos que buscar, como lo está haciendo el partido laborista, y también algunas corrientes de pensamiento en izquierda en USA, medidas eficaces para convivir con el mercado y, al tiempo, contenerlo. Ese es el gran reto que tenemos por delante.
Moitos galegos progresistas non votamos ao PSdeG porque non queremos ver un goberno con nacionalistas, ¿qué nos pode propor ao respecto?
O PSOE defende un proxecto político socialista e galeguista. O problema dos nacionalismos é o seu carácter excluínte, sexa un nacionalismo español (que nega a existencia doutros nacionalismos en Españ), sexan os chamados nacionalismos periféricos, que negan que España sexa unha nación. Os que apostamos por un modelo de convivencia democrática e poña defensa dos intereses de Galicia dentro do proxecto común de España somos federalistas. Ocorre, no entanto, que a palabra federal é unha sorte de palabra maldita no subconsciente colectivo dos españois. Penso que o futuro pasa por unha España federal onde todos poidamos convivir.
Que opina vostede da sentencia do Supremo na que absolve a Camps polos traxes regalados que recibíu?
Non lin o texto, polo tanto non podo opinar xuridicamente, máis é importante diferenciar as responsabilidades xudicial e a política. Por iso, con independencia do que teña dito o Supremo, considero que politicamente toda España coñece cal foi a xestión levada acabo polo presidente da CA de Valencia, Camps, cal é o nivel de corrupción dos seus gobernos, e cal es súas amizades: Bigotes, Correa, Gürtel, etc, etc. Ante esta realidade, con independencia da sentenza de Camps, o importante é acabar dunha vez por todas coas prácticas corruptas na política española.
¿está a favor de la inmersión linguística?
Estou a favor da defensa e a protección do galego, e de que este se ensine nas escolas de Galicia nos termos que determina a Constitucion e o Estatuto de Aut. A Constitución, o Estatuto e a xurisprudencia do Constitucional permiten que o galego sexa lingua vehicular no ensino público, sempre que se garanta que todos os alumnos que estuden en Galicia, ao remate da súa educación, coñezan o castelán. Abofé que este mesmo marco xurídico permite tamén unha política distinta, máis eu considero que os galegos temos a obriga de defender a nosa lingua (herdada dos nosos maiores), e deixarlle este tesouro aos nosos fillos. E por iso son partidario da primeira das opcións. Toda persoa teno dereito a usar a lingua oficial que desexa, pero tamén a persoas que libremente optan por querer vivir en galego en Galicia.
¿Ve capacitado ao seu partido para ser o primeiro partido politico en facer outra politica distinta a actual, que se preocupe mais polos problemas dos cidadans e que sexa mais altruista, ainda tendo a un secretario xeral que leva mais de trinta anos na politica?
O PSOE necesita unha renovación profunda, nas persoas, en algunhas das súas ideas para actualizalas ao século XXI, e no seu funcionamento interno. Por iso, alédome de que existan persoas como Edu Madina, que se postulen a secretario xeral e agardo que axiña non só en Galicia se non en toda España, o secretario xeral do PSOE sexa elexido mediante a participaciòn directa de toda a militancia a través de primarias. Para transmitir á cidadanía valores democráticos, os socialistas temos que ser, se cabe, máis transparentes e máis democráticos. E se queremos que a xente confíe en nós, temos que comezar por confiar en nós mesmos, apoiando un novo proxecto político pensado para as necesidades actuais da cidadanía española.
No cree que la justicia espanola trata diferente a los pobre que a los ricos?
Coa nova lei de tasas de Gallardón, indudablemente. Temos que ter presente que o sistema de xustiza en España opera de acordo co principio de vencemento obxectivo, é dicir, que o que perde, paga. Polo tanto, cando un quere defender un dereito, non só debe pensar o que lle cobrará a Xustiza en taxas, senón tamén ten que ter presente que se perde vai ter que pagar as taxas da outra parte, o que produce un efecto disuasorio tan grande que fai que moita xente prefira non defenderse e chegar a un mal acordo. Isto xa está pasando coas compañías de seguros ou con reclamacións a determinadas empresas do sector enerxético, expropiación forzosas... Polo tanto, hai unha Xustiza para ricos, e pouco a pouco deixa de haber Xustiza para pobres.
¿Es partidario de listas abiertas en las elecciones?
O actual sistema electoral (fórmula proporcional, listas pechadas e bloquedas) era plenamente coherente coa realidade da España que aproba a primeira lei de partidos políticos na segunda metade dos 70. España viña dunha ditadura e era imprescindible reforzar o papel dos partidos políticos. 34 anos despois, moitos pensamos que ese sistema electoral xa non é o mellor para España, ao contrario, gran parte dos defectos do nosos partidos derivan do modelo electoral que temos. Por iso, máis que falar de listas pechadas ou abertas, que é un bo debate, o que temos que facer é abordar o problema en plenitude, e pensar se non é mellor para España un modelo de tipo anglosaxón, é dicir, de distritos moi pequenos, case todos eles uninominais, e a través dunha fórmula maioritaria. Este sistema ten inconvintes, é certo, máis ten algunha vantaxe: o deputado/a depende directamente dos cidadáns, e non podo camuflarse na lista dun partido político. Se o fai ben será votado, porque todo o mundo o coñecerá na súa circunscripción, e se non, perderá. Esta conexión entre electores e elixidos creo que fai moita falta en España.
Hola Francisco, son moitos os afiliados que están descontentos coa directiva actual do psoe, tanto en Galicia como a nivel central. Vostede apoiaría a Madina para renovalo partido tal como pide a maioria dos militantes, simpatizantes e a sociedade en xeral do Psoe? Gracias
Algo xa dixen antes, creo que Madina ten un bo perfil para acometer a renovación que con urxencia demanda o PSOE.
Se gobernase a Xunta, onde recortaría? Mari Carme Ubeda, Coruña
O que ten que facer un goberno antes de recortar, de axustar o gasto, é examinar a súa política de ingresos, porque se conto con máis recursos, poderei manter os servizos públicos sen ter que recortar. O primeiro que faría é cambiar a política de ingresos, para que pagasen máis os que máis teñen. por exemplo: a comunidade autónoma de Galicia é a que ten máis vivendas baleiras, proporcionalmente, de toda España. Andalucía acaba de adoptar unha solución para vivenda non utilizada. Penso que Galicia podía ter a súa propia solución, establecendo un imposto sobre ese tipo de vivendas. Non se lle expropiaría a ningún a casa, pero o que a queira ter sen usar, debería pagar un imposto,e probablemente co recadado por esta vía, os nosos fillos non terían que pagar o comedor escolar. Esa é a política que temos que facer. O Estado naceu para redistribuir a riqueza, e o PP , en lugar de facer iso, prefire desmantelar o Estado, privatizando.
No para de hablar de primarias, pero cuando tuvo la opción de votarlas en el Congreso de Sevilla NO lo hizo. ¿Cómo explica eso?
Moi fácil. Eu estaba nunha candidatura alternativa, como coñece toda España. Os que estiveron en Sevilla saben que se suspenderon as reunións ao redor das 11 da noite, e logo, con carácter urxente foron convocados os membros da comisión de Estatutos onde se votaba esa cuestión. Como moitos outros compañeiros que estivemos en Sevilla, eu non era membro desa comisión, e nesas horas negociaba co equipo de Chacón as posibilidades de chegar a un entendemento na constitución da nova Executiva que ao día seguinte ía propoñer Rubalcaba. Non teño o don da ubicuidade, pero si podo dicirche que se algúns non tivésemos firmado o manifesto "mucho PSOE por hacer", non se falaría de primarias en Sevilla.
La Justicia está politizada. Hay intercambio de asientos entre políticos y responsables del organigrama judicial. Ante esta situación, ¿es posible hacer 'justicia'? ¿Qué diferencia hay entre hacer 'justicia' y 'hacer política'?
Esta cuestión é interesantísima, pero imposible de contestar nun encontro dixital. En todo caso, nin é bo a politizaciónda xustiza, nin tampouco a xudicialización da política, porque de todo hai.
Xa que temos que aforrar, por que non presentan unha iniciattiva para deixar de pagar dietas de desprazamento a deputados que non son de Madrid? Se o soldo non lles compensa e non queren pagar aluger, que non se presenten. Por que se pagan estas dietas mesmo tendo varias vivendas? Por que hai que viaxar en business? Por que o PSOE non presenta ningunha iniciativa nestes campos? Tamén teñen deputados nesas condicións, o cal non é moi de esquerdas...
Os membros do Congreso e o Senado non teñen propiamente un salario, teñen unha indemnización constitucional polo desempeño da súa tarefa. Esta indemnización, tamén chamada salario, está composta por tres partidas: retribución básica, unha indemnización por gastos de desprazamento e residencia para aqueles deputados que non son de Madrid, e e complementos en funcións dos cargos que poidan desempeñar dentro do propio Parlamento (Mesa, portavoz...). Durante moitos anos os deputados non recibían salario, só indemnizacións, e foi un gran avance democráticos equiparar esas indemnizacións a un concepto único como é o de salario. No Parlamento de Galicia, por exemplo, non se cobraba un soldo, pero sí se cobraba por cada vez que se ía a un pleno ou a unha comisión. Resultado: as ordes do día eran moi pequenas para que houbese moitas. Polo tanto, o sistema actual tipo salario dos deputados é moitísimo mellor en termos de transparencia e de aforro que o que existía antes. No caso do Congreso, paréceme razonable que quen ten que representar aos cidadáns de Canarias, Melilla ou da Coruña téndose que desprazar a Madrid teña unha indemnizaicón para compensar eses gastos. A que dedique eses cartos é unha cuestións persoal da que cada un debe responder, pero non por iso debe facerse responsable o sistema.
Por que vostede non se presenta a Secretario Xeral e candidato a Presidente da Xunta?
Nas pasadas eleccións non houbo primarias, e polo tanto o único candidato posible era o secretario xeral. O vindeiro 26, o comité nacional decidirá se vai haber primarias ou non. Para min, o importante é que as haxa. Con iso xa me dou por satisfeito. As primarias abrirán un novo escenario, e nel xa veremos o que cómpre facer. Eu son coherente co que digo, se non hai primarias, non me presentarei.
Nestas semanas é actualidade a sentencia en firme do contencioso administrativo nº 3 da Coruña que ordena a paralización e derribo de parte das obras do Tanatorio Municipal de Camariñas...Como ExMinistro de Xustiza ¿Apoia a desobediencia e desacatato que está a levar a cabo o Alcalde de Camariñas que continúa coas obras e sin facer caso a sentencia? ¿Podemos os cidadáns confiar na Xustiza cando un alcalde está a infrinxir a lei cando debería ser o primeiro en cumplila para ser exemplo ?- Jose- Veciño de Camariñas
Os procesos de execución dunha resolución xudicial son complicados, teñen o seu ritmo e os seus trámites. A postura que defende o alcalde de Camariñas é a do Concello, e polo tanto, a do interese público maioritario de todos os veciños. Como alcalde, ten a obriga de defender os acordos municipais, e tamén a de acatar as decisións dos xuíces, unha vez que o proceso de execución sexa firme e definitivo. Mentras tanto, penso que non se pode falar nin de desacato aos xuíces nin de incumprimento da legalidade.
Que opina sobre a Xustiza en España? Que cambios propoñe? María Aldao
Cando era ministro de Xustiza puxemos en marcha algunhas das reformas necesarias: lei de modernización, uso de novas tecnoloxías, redución de trámites, creacións de tribunais de instancia...Pero sobre todo, a que considerabamos máis importante, unha nova LECrim, Lamentablemente, todas estas reformas foron paralizadas e liña lexislativa do actual ministro vai na dirección contraria.
vai a esixirlle a dimisión ó alcalde de Corcubión por estar imputado por prevaricación, trafico de influencias e soborno?
Son plenamente partidario da presunción de inocencia, e penso que ningunha persoa debe padecer as consecuencias dunha lei do século XIX como é a actual Ley de Enjuiciamiento Criminal. No anteproxecto de LECrim que fixemos suprimíase a figura do imputado, e agora, segundo parece, no que está a facer Gallardón, tamén. Aínda que discrepo en moitas cousas coa súa política en materia de Xustiza, neste punto estou absolutamente de acordo.
Què vai facer para deter o saqueo do Concello de Ponteceso, onde o alcalde inflou os ingresos en 8 millòns de euros dende 2005 mentras a Xunta mira para outro lado?
A situaicón do Concello de POnteceso dende o punto de vista financiero está no límite. Nos úlitmos 8 anos, mediante a técnica de inflar os ingresos, o Concello ten un desfase orzamentario de preto de 8 millóns de euros. Os reparos da Intervención municipal aos orzamentos e aos recoñecementos extraxudiciais de crédito son continuos, e a situación, insostible. Por todo iso, vou preguntar por este asunto no Parlamento ao vicepresidente Rueda e tamén nos dirixiremos ao Tribunal de Cuentas porque, de seguir así, o Concello entrará en "default". O escandaloso de todo iso é que mentras se acumulan débedas en cada orzamento, nun concello de 6.000 habitantes, inclúese unha partida de preto de 250.000 euros en concepto de salario dos concelleiros do grupo de goberno.
Non me de unha resposta políticamente correcta. Dígame sinxelamente o que pensa. ¿Será vostede o próximo presidente da Xunta de Galicia?
Iso o decidirán os cidadáns de Galicia. Quen o sabe! Non son meiga.
Fin do encontro. Moitísimas grazas,e sento moito non poder contestar a todas as cuestións que se me formularon. Encantado de podervos atender e ata cando queirades.