null

1 María Encarnación Rivas Díaz 08/07/2015 20:19

Hola, bos días. Encantada de encontrarme aquí con todos os internautas, esperando poder contestar coa máxima claridade posible todas as preguntas que se formulen.

2 Anónimo 08/07/2015 20:19

Cree que la Evaluación ambiental estratégica es necesaria para el planeamiento urbanístico?

María Encarnación Rivas Díaz:

sen dúbida. O requirimento de sostibilidade ambiental é o punto esencial de partida para o planeamento urbanístico. Así o entendimos cando na Lei 2/2010, de modificación da LOUG introdúxose a avaliación ambiental estratéxica dentro do procedemento de elaboración do planeamento, integrándoa no mesmo en lugar da situación anterior na que constituía un trámite paralelo.

3 Anónimo 08/07/2015 20:19

buenos días: ¿Puede adelantar cuál será el tratamiento de la reserva de vivienda de protección autónomica en la nueva Ley del Suelo? Gracias

María Encarnación Rivas Díaz:

este tema xa está sendo abordado na nova Lei de Vivenda, actualmente en trámite parlamentario. A reserva de vivenda suxeita a algún réxime de protección non se cingue a unha porcentaxe numérica fixa, senón que se vincula á existencia de demanda real, que se vai recoller nuns rexistros de demandantes que se establecerán ao respecto,

4 Anónimo 08/07/2015 20:19

A aprobación dos plans xerias é unha carreira de fondo. ¿non sería posible na nova Lei prever un informe único de todo-

María Encarnación Rivas Díaz:

No documento de Bases para una nova Lei do Solo que se remitiu aos tres grupos políticos con representación parlamentaria, así como á FEGAMP e aos Colexios Profesionais, se indica a grande repercusión que os informes sectoriais acadan no prazo total da tramitación do planeamento. Nese senso, a proposta formulada consiste en que todos os informes sectoriais dependentes de organismos autonómicos sexan recabados dende a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; e que os dependentes da administración estatal se recaben dende as Subdelegacións do Goberno. Asemade, proponse unificar o o momento procedimental e o prazo no que se van solicitar todos os informes.

5 Anónimo 08/07/2015 20:19

Urbanizar es adapatr lo planes par legalizar a los infractores?. Se seguirá premiando el : Tí vai facendo.

María Encarnación Rivas Díaz:

En absoluto. Aprobar o planeamento xeral é acadar un marco normativo que outorga a máxima seguridade xurídica. O tí vai facendo acabouse fai moito tempo. A Xunta en colaboración activa con todos os Concellos de Galicia, leva moitos anos facendo unha labor didáctica de concienciar á cidadanía da necesidade de respectar a lei e o planeamento, porque é imprescindible para garantir o dereito a disfrutar dun medio ambiente rural e urbano sustentable. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística se ocupa da incoacción de expedientes a todos os infractores desas normas, observándose o incremento exponencial da súa labor nos últimos anos.

6 Anónimo 08/07/2015 20:19

Ola, bos días, gustaríame saber porque nun núcleo rural nunha finca non se pode edificar cando no outro lado da carretera (xusto enfrente) existen un bar, unha gasolineira, e tres casas máis en fila. É unha das poucas zonas con alcantarillado no rural.

María Encarnación Rivas Díaz:

Todas as parcelas incluídas dentro da delimitación dun núcleo rural teñen o mesmo réxime urbanístico: é dicir, gozan dos mesmos dereitos edificatorios e están obrigados ás mesmas cargas. Polo que vostede expón, debe de tratarse dunha parcela que estea próxima a outras clasificadas como solo de núcleo rural, mais que se emprace fóra da delimitación do núcleo. Poderá vostede dirixirse ao Concello para que analice as circunstancias e, no seu caso, estude a procedencia de acometer unha modificación puntual do planeamento.

7 Anónimo 08/07/2015 20:19

Buenos días. Está siendo muy comentado el hecho de que en Galicia se legalicen infinidad de edificaciones ilegales. De hecho este mismo periódico se ha hecho eco días atrás.¿No le parece que sería una decisión totalmente equivocada? ¿Se da cuenta de que es una bofetada a los que hemos hecho nuestras casas legalmente, pagando licencias, arquitectos, aparejadores, etc, etc?

María Encarnación Rivas Díaz:

A Disposición Transitoria Terceira limítase a recoñecer unha situación de facto en construcíóns totalmente terminadas con anterioridade á entrada en vigor da actual lei urbanística fai preto de dez anos (xaneiro de 2003). Este recoñecemento habilitará para a inscripción ao nome do seu titular da edificación; e, no seu caso, da actividade que se acredite estivese a desenvolverse con continuidade, sempre que se acometan todas as actuacións esixibles dende o punto de vista da calidade ambiental. En consecuencia, se consigue un doble obxectivo: dunha banda, o mantemento de postos de traballo, nun momento de especial dificultade económica como o que estamos a sufrir. E á máis, que esas naves que están a funcionar sen todos os requisitos de depuración de residuos, de illamento acústico, de emisión de fumes, de acceso ou dotación de aparcamentos, corrixan todas esas deficiencias e daquela, axuden ao mantemento do medio ambiente, Trátase pois dunha situación de carácter patrimonial e ambiental, en absoluto, dunha legalización.

8 Anónimo 08/07/2015 20:19

¿Que sentido tiene defender la legalidad y correcta actuación urbanística? CUANDO LAS INTENCIONES POLITICAS PASAN POR LEGALIZA PARTE DE LO QUE SE HIZO ILEGAL. ¿¿¿s

María Encarnación Rivas Díaz:

A Xunta de Galicia está a impulsar o traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que consiste básicamente en garantir o dereito da cidadanía a disfrutar dun ambiente rural e urbano sustentable, A eses efectos, colabora activamente cos concellos para impedir calquera actuación edificatoria que non conte con licencia municipal. Todas as actuacións do goberno van nesa dirección, promovendo sobre todo unha labor de información que acabe con calquer intención infractora, concienciando da imposibilidade de levar a cabo unha construción que non estea amparada en licencia

9 Anónimo 08/07/2015 20:19

Por que na Guarda ordenan derrubar vivendas con licencia municipal e o seu carón permiten ducias de chiringuitos completamente ilegales ?

María Encarnación Rivas Díaz:

As demolicións executadas pola Xunta de Galicia na Guarda foron o puro e simple cumplimento dunha orde xudicial emitida ao respecto.

10 Anónimo 08/07/2015 20:19

Hola, buenos días. Hace muy pocos días tuvimos en Burela Exposición Público Plan de Ordanaión. Nos comentan harán contestación a todas las Alegaciones que se han presentado. Cabe posibilidad que Concello de Burela y Equipo Redactor del Plan remitan Alegaciones a su Departamento para su estudio, como es el caso de muchas Alegaciones que se hacen relacionadas con los 200 metros de Costas que tiene la Xunta de Galicia?. En tal caso, la Xunta de Galicia contestará a cada una de estas Alegaciones que han sido presentadas. Muchas gracias. Saludos. Luis Pardo. Burela

María Encarnación Rivas Díaz:

A contestación das alegacións presentadas durante o trámite de información ao público dun plan, é da competencia exclusiva do Concello que corresponda. As competencias da Xunta de Galicia na tramitación dun plan, cínguense ao control da legalidade e dos intereses supramunicipais afectados. Respecto á súa referencia á franxa de 200 m. medida a partir da liña de ribeira do mar, a lei establece a obriga de clasificala como solo rústico de protección de costas, prevendo posibilidades excepcionais de reducción xustificada que será obxecto de informe preceptivo e vinculante pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

11 Anónimo 08/07/2015 20:19

Siempre se ha dicho que el urbanista perfecto es un arquitecto licenciado en derecho especializado en urbanismo. Por su perfil profesional, con sólo parte de esta doble faceta -arquitecta especialista-¿no teme emitir dictámenes de contenido jurídico?

María Encarnación Rivas Díaz:

Os dictames emitidos pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo recollen o análise pormenorizado coordinado entre o personal técnico e xurídico da Consellería.

12 Anónimo 08/07/2015 20:19

Hola Encarna. Recuerdo la energía que transmitías en la Escuela. Espero que no la pierdas con el desgaste de tu cargo. Una pregunta y un comentario. ¿Que tienes que decir a aquellos que, como le oí decir a un muy buen arquitecto, creemos en la buena aruiqtectura pero para nada creemos en el urbanismo? Por otro lado, en las imágenes que te acompañan al fondo se aprecia una aruitectura clásica. No existe acaso arquitectura contemporanea con valor de referencia?

María Encarnación Rivas Díaz:

Hola, igual de ilusionada, un poco más vieja pero tan flaca y calavera, que diría Sabina. Para mi es un verdadero lujo estar donde estoy, por el equipo en el que me integro y las posibilidades profesionales que el puesto me ofrece. No hay arquitectura sin urbanismo. En la Escuela nos enseñaron que cada obra es su integración en el entorno. E igual no nos insistieron lo suficiente en que esa integración en el entorno no es sólo ambiental, sino que pasa por su adaptación en el planeamiento. Sin urbanismo no hay buena arquitectura; y sin buena arquitectura, el urbanismo se desvirtúa.

13 Anónimo 08/07/2015 20:19

¿Colabora estrechamente la Consellería con la Fiscalía para perseguir los delitos contra la ordenación del territorio? ¿Es una relación bidireccional, o require un agente externo, como un ciudadano denunciante?

María Encarnación Rivas Díaz:

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colabora activa e estreitamente con todos os organismos con incidencia na ordenación do territorio, e concretamnte coa Fiscalía en todos os casos en que así somos requiridos. Mantense reunións de coordinación, posto que o obxectivo é o mesmo. Calquera indicio que exista dunha presunta infracción é atendido, sen necesidade da existencia dunha denuncia particular.

14 Anónimo 08/07/2015 20:19

Por qué non se facilita a tramitación dos Plan Xerales. Teñen moito valor os Alcaldes que se poñen a tarea de facer un para o seu Concello.

María Encarnación Rivas Díaz:

A última modificación da LOUG que se aprobou no 2010 foi encamiñada substancialmente a esa necesidade de axilidade da tramitación dos PXOM; e vemos que comeza a dar os seus frutos. Ao mesmo tempo, dende a Secretaría Xeral estamos a colaborar estreitamente, en todos os planos, para que os plans en tramitación acaden a súa aprobación definitiva o máis axiña posible.

15 Anónimo 08/07/2015 20:19

Usted no cree que devieran desaparecer el organismo de urbanismo en los ayuntamientos y centralizarlo por provincia como poco? despues de ver todos los dias que el TSXG ordena derribos de licencias dadas por los ayuntamientos.

María Encarnación Rivas Díaz:

A competencia municipal na formulación do seu planeamento está outorgada pola Constitución Española. Só dende o coñecemento expreso e pormenorizado que existe en cada concello, pode formularse un documento axeitado ás súas características territoriais concretas. Cousa distinta é que a falla de dotación técnica nalgúns concellos faga moi dificultosa esa tarefa. Aí estamos tanto a Xunta como as Deputacións para prestar axuda técnica neses casos.

16 Anónimo 08/07/2015 20:19

Como técnica, non cree que debe deixar de politizarse o urbanismo e empezar a promoverse unha ordenación sustentable con máis criterios técnicos que políticos? Cuestión que se pode acadar a través da utilización correcta da evaluación ambiental estratéxica e aproveitando esta época de crise para empezar a reflexionar realmente sobre o territorio e pola súa protección

María Encarnación Rivas Díaz:

Penso que a estas alturas ninguén dubida da necesaria despolitización do urbanismo, vistos os efectos nefastos que resultaron de actuacións interesadas. Todas as últimas actuacións urbanísticas veñen acadando a conformidade da FEGAMP e estanse a consensuar entre os tres grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia. A avaliación ambiental está a amosarse como un instrumento de gran utilidade no estudo racional da utilización do solo, e en definitiva, da ordenación territorial municipal.

17 María Encarnación Rivas Díaz 08/07/2015 20:19

Moitas gracias polo interese manifestado a través das preguntas formuladas. Sinto moito non contar con máis tempo para poder dar contestación a todas, pero estaremos noutro momento en conexión para que da interacción entre a cidadanía e os poderes públicos podamos acadar o marco urbanístico máis axeitado para dar resposta ás necesidades do noso territorio, na búsqueda dunha ordenación territorial máis sustentable ambiental e económicamente. Una aperta a todos.