Encuentro digital con el alcalde de Carballo
null
¿Que pasa con el examen de auxiliar de ayuda a domicilio?
prologacion de la calle al fredo branas a un lado nohay acera es un peligro la jente q cualquier dia pasa algo y denucio al alcalde gracias por leer el mensaje
Soy una veciña de a Laracha .Por que en Carballo tienen el el gobierno municipal menos dedicaciones exclusivas que en mi Ayuntamiento si ustedes casi triplican en población a Laracha?
Por qué Carballo é o único concello, no que o personal contratado por subvencions é obligaos a ser autónomos e nos demais concellos os contratan polo réximen xeral ?
Cree vostede que o goberno da xunta de galicia seguira os pasos da comunidade de Madrid privatizando a sanidade pública e o ensino público?
¿que pasa con la escuela de hosteleria?
Dada la situación económica de los entes locais. Por que las asociaciones de vecinos o culturales non pagan una parte del gasto de mantenimiento ( luz, agua, internet, limpieza) de los locales sociales que utilizan actualmente de manera gratuita?
Bos dias Evencio, ¿En que punto se encontra a contratacion da primeira fase da carretera de SISAMO? Saludos.
Diríxome a vostede para que me aclare a seguinte pregunta: teño dous nenos que levan esperando máis de seis meses a conseguir unha plaza nos cursiños de natación do concello.Pola outra banda vexo que nenos de outros concellos poden aprender a nadar nas instalacións municipales pagandolle a clubes privados como fogar natación ou sysca que , curiosamente, non pagan un peso polo disfrute das instalacións pero cobran uns bos cartos a os socios.Pra máis coña si un quere alugar os polideportivos o fin de semán tresulta
Porque o mercado non esta alumeado có alumbrado público??? hay que ter vista pra de noite..)
Inicio del encuentro
Bos días é un pracer parcipar neste encontro e visto o número elevado de preguntas lamento non poder dar resposta á totalidade. De todos xeitos agardo que ningún tema quede sen resposta.
Atendendo a actual crise económica Parecéllo adecuado que o Concello continúe prestando o servizo gratuito de ximnasia a maiores como esta ocurrindo agora? Non lle parece que deberian pagar unha cuota para tal finalidade?.
Carballo non tivo necesidade de facer recortes e mantemos servizos que en moi poucos concellos se siguen a prestar. Un deles é a actividade gratuita para os maiores e estamos moi satisfeitos sobre os resultados.
Alcalde en Carballo es más fácil que non toque el gordo navidad a que el Gobierno de la Xunta de Galicia non conceda para los parados una escuela obradoiro o un obradoiro de empleo
O da lotería en Carballo tampouco semella tan ocasional porque disfrutamos do gordo en dous sorteos moi recentes. Brincadeira aparte a Consellería debería colaborar en ofrecerlle aos cidadáns da Costa da Morte cursos de formación en un espazo que está moi ben equipado como o Forum.
El complejo de Forum Carballo cuenta con un gran potencial para la formación de personas y de empresas. Estará durante el 2013 en condiciones de funcionar a pleno rendimiento?
É verdade o que afirma sobre o potencial do Forum por eso procuraremos que todas as administracións -or suposto a consellería- participen nun proceso de dinamización que estará a aberto tamén a empresariado, organizacións sindicais e por suposto emprendedores.
Carballo continuará humanizando as rúas do contorno do Concello e peonalizará algunha delas?
Sempre é un pracer disfrutar do proceso de humanización de determinadas rúas. A realidade actual de rúas como Coruña ou Hórreo fannos afirmar o acerto das decisións. Dentro do posible teremos que dar continuidade a procesos de melloras noutros espazos centrais de Carballo como as rúas Desiderio Varela ou Igrexa.
Ten coñecemento de que os traballadores do Concello chegan tarde ao seu posto de traballo polas mañans e antes de empezar a traballar toman un café e despois a media mañán toman outro?
A miña percepción do traballo dos profesionais da nosa administración merece unha alta cualificación. Se hai aspectos que deban ser mellorados como é o horario laboral estaremos sempre dispostos a mellorala porque seguro que os propios traballadores municipais colaborarán en mellorar a percepción por parte dos nosos veciños
Cando tedes pensado adecentar a rúa Laracha?. Grazas
Sabe que estivemos recentemente mellorando parte da Rúa Alfredo Brañas. Ben é verdade que a rúa Laracha merece melloras e valoraremos o seu custo porque todos a coñecemos e coincidimos nesa necesidade.
Foi o é durante os últimos 5 anos conselleiro xeral de caixa galicia, novagaliciabanco...?
Eu participaba como Alcalde de Carballo na Asemblea Xeral integrada por 300 personas e en estas asembleas os altos directivos daban conta dos balances. Fumos moi poucos (eu entre eles) os que vendo o proceso final de deterioro importante dos resultados votabamos en contra e tiñamos que facelo dicindo en voz alta (no medio dos outros 285) o noso voto negativo e o noso nome e apelidos. Esa foi a miña participación pero desde logo sen responsabilidades en ningunha decisión e aproveito para manifestar o meu total apoio aos estafados polas preferentes.
Todas as administracións públicas están nunha situación complicada debido á caída de ingresos. En que aforrará o goberno de Carballo para continuar prestando os servizos máis básicos?
Fixemos un importante axuste e mantemos un moi alto control sobre o gasto. Esto permite ao noso concello non facer recortes nin en Servizos Sociais nin tampouco en outros como promoción económica, emprego, cultura ou deportes. Recortar en publicidade, propaganda, representación ou protocolo tamén permite seguir apostando por facer de Carballo un bo lugar para vivir e posiblemente onde teñamos unha menor carga fiscal en concellos de máis de 30000 habitantes
Son unha carballesa con unha licenciatura e unha diplomatura e dous masters. O goberno da Xunta e do Estado recortan en servizos básicos e esenciais como o ensino, a sanidade, a investigación e innovación, ... Teremos as carballesas e carballeses nesta ano a oportunidade de buscar experiencias laborais no extranxeiro como no ano pasado coas becas Leonardo?
En parte entendo que din resposta ao que comenta dos recortes. É descorazonador ver como as personas máis formadas que tivo nunca a nosa sociedade (coa titulación que nos indica) teñan moitas dificultades para demostrar esas capacidades. A experiencia das becas Leonardo é altamente positiva e desde o concello seguiremos buscando novos nichos de oportunidades
Por que a Xunta de Galicia aínda non trasladou as oficinas que ten na localidade e nunha condicións bastante deficientes para o Forum Carballo?
Sería unha pregunta para as concellerías da propia Xunta porque eu entendo que a oferta de Carballo é altamente xenerosa e melloraría os servizos que presta na actualidade ao tempo que viría acompañada de un importante aforro nos alugures que despois non tería que pagar. De todos xeitos agardo que a Xunta si se traslade e acepte a oferta municipal
Recibe algún canon anual da concesionaria da autopista coruña-carballo como compensación por os terreos cedidos? se é certo canto recibe o concello anualmente? moitas grazas
A concesionaria ten que pagar o imposto de ocupación de solo e no noso concello a esta empresa aplícaselle o máis alto tipo posible para que algúns euros dese inxusto e discriminador peaxe volvan aos carballeses
non lle parece que o reparto do mercado municipal, e un fracaso total??? a cantos se ven...???
A reforma do mercado era unha urxencia, unha necesidade imperiosa. O mercado mellorou no seu aspecto externo e con elo fixo mellorar todo o seu entorno exterior. Sobre o reparto tívose en conta os metros ocupados e todos os concesionarios volveron a ter esa mesma superficie. O fracaso sería non ter feito a obra porque estou convencido que o impacto da crise no comercio afectaría moi gravemente aos concesionarios.
Sr. Ferrero, consideraría interesante que o que hoxe é a comarca de Bergantiños fose un único concello?
Entendo que esa decisión non está contrastada socialmente e sería imposible materializar no actual contexto. Tamén é certo que os concellos que mellor superan a crise son os que teñen máis recursos e a poboación é moi importante pero habería que dar pasos en outras institucións como a desaparición das deputacións por exemplo.
Que propostas levara a cabo no 2013 o goberno de carballo para axudar aos máis desfavorecidos?
Seguir atendendo as demandas que se cursan desde os servizos sociais municipais e en 2012 vimos moita máis demanda que no ano anterior e tivemos capacidade de dar resposta. Puxemos en marcha (en colaboración coa Xunta de Galicia) un centro de día na praza de Vigo e unha nova escola infantil. Estes dous novos servizos significarán un importante gasto para o propio concello pero o compromiso coas personas ten que ser unha prioridade.
Atópase vostede cómodo ao borde da maioría absoluta ou preferiría un pacto estable de goberno co PSdeG?
As dinámicas de votacións no salón de plenos son importante pero o fundamental é acertar nas decisións. Temos dito que Carballo temos que construilo entre todos. Mantivemos unha magnífica relación co PSOE e as portas do goberno sempre estarán abertas pero a responsabilidade é gobernar para todos e eso é o que estamos a facer desde o BNG
¿Cre que o Plan Xeral aprobado esta semana é o axeitado para que Carballo medre nos vindeiros anos?
É o mellor posible dentro do actual marco legal que temos que respetar e agardo que sirva de novo impulso para a dinamización como xa aconteceu co PXOM de 2003
Soy un pequeño empresario que suministra productos a diversos ayuntamientos de la zona. En el próximo año seguire cobrando de Carballo antes de los 30 días como me ha sucedido en el año 2012?
Os concellos estamos obrigados a pagar en 30 días no presente ano. É verdade que os pagos no noso concello (segundo o último informe de morosidade) se fixeron en menos de 22 días e para a próxima semana teremos pagadas todas as facturas do ano pasado. É moi satisfactorio que así sexa porque no momento actual o empresario non pode soportar ningún retraso nos pagos e desde Carballo procuraremos manter eses prazos
Canto gasta a maiores Carballo no servizo de axuda a domicilio do que lle transfire a Xunta de Galicia?
Non podo precisar unha cifra pero é certo que o Concello de Carballo ten que recurrir a fondos propios para manter ese servizo.
Vivo en Coristanco e non entendo por que pago moito máis impostos e taxas no meu concello que en Carballo. Cal ou cales son as razóns?
A razón posiblemente haxa que buscala en modelos de xestión. Coristanco é o concello máis caro de todos os que compoñemos a Costa da Morte e Carballo é dos máis baratos de todos os concellos de máis de 30000 habitantes. A nós os números saen habería que coñecer en detalle a situación coa que nos pretende comparar.
Bos dias, alcalde.Teño denunciado ante a policía local en reiteradas ocasións un feito que a meu modo de ver paréceme gravísimo: no final da calle rio mismo ao carón do paseo do anllóns existen unha serie dew "garaxes" ilegais dos que a cotío salen vehículos que transitan polo paseo invadindo o espazo de peatóns, mais das veces nenos que xogan por exemplo cas suas bicis , e convirten un espazo lúdico nun verdadeiro peligro amén de ter destrozado o pavimento do paseo, mentras a policia non está a facer nada.Eu pregunto si e necesario que ocurra unha traxedia para que alguén se preocupe desta situación.Grazas pola suá atención.
Para coñecer en profundidade a súa queixa preguntareille ao xefe da policía porque a todos nos ten que preocupar a seguridade
Teñen recibido algunha oferta de vivenda baleira para as persoas que poden desafiuzarnos ou que non podemos pagar un aluguer alto para estes tempos, logo de que vostedes ofreceran aos propietarios deses bens que non pagarian o IBI ou o lixo?
Polo de agora eu non teño constancia e sigo pensando que sería un xesto solidario que a sociedade sabería agradecer.
Algunha vez cumpliras a promesa electoral de rematar o carril bici ata Razo?
As promesas electorais veñen reflectidas nos programas. Desde logo no último nin tampou no de 2007 aparecía o que non quere decir que non siga pensando que temos que mellorar a seguridade entre Carballo e Razo e para elo debería existir un carril para as bicis e para paseantes.
Esta pregunta vai dirixida o noso alcalde e o mismo tempo a todolos veciños do concello: ¿ considera vostede que a calidade de vida dos veciños da zona do parque do anllóns e máis concretamente da rúa rio aseméllase a de outros barrios despoís de facer nun solar un aparcamento que a cotío polas noites, sobre todo o fin de semana, xenera botellóns, ruidos de todo tipo, e convirte a rua nun barrizal .Gracias.
Entendo a súa preocupación pero Carballo de todos xeitos nunca tivo o que se denomina macro botellón. Sabemos que existen localizacións de encontros de grupos de xente moza e seguiremos pendentes do control dos mesmos.
Durante todos estos años en que ha sido usted consejero en Caixa Galicia, ¿nunca tuvo usted conocimiento de lo que estaba pasando con las preferentes? ¿Cuáles eran su cometido y sus responsabilidades exactamente en la entidad? Gracias
Xa teño comentado que so formaba parte da asemblea e eramos 300 comprenderá que en ese órgano non se daba conta nin das preferentes ni de ningún outro denominado activo tóxico. Reitero que votei non cando tiven ocasión de facelo sobre a conta dos resultados e tamén sobre o proceso último o depreciación da entidade.
¿Que pasa con la prueba de auxiliar de ayuda a domicilio?
En este momento non hai ningún procedemento aberto sobre axuda no fogar polo que lamento non ter outro tipo de resposta
Bos días. Gustariame saber en que situación se encontra o traslado da oficina de emprego de Carballo ao edificio do Forum. Grazas
Xa contestei anteriormente e o tempo remata
Foi un pracer. Sempre dín que o tempo é ouro pero non foi posible contestar máis que a 25 preguntas. En algunha outra ocasión ou sempre por medio do correo da alcaldía darei resposta a todas as cuestións que se me trasladen. Bo fin de semana