Agustinh2

El candidato del PP a la alcaldía de Santiago respondió el miércoles desde las 12.00 horas las preguntas de los lectores.

1 Agustín Hernández 20/05/2015 12:08

Bós días a todos os internautas, espero poder respostar ao máximo número de preguntas e satisfacer as vosas inquedanzas.

2 Fernando P. López 20/05/2015 12:10

Su partido se equivocó en muchas cosas. Entre otras, en no haberle puesto al frente de esta ciudad mucho antes. Cree que los errores del PP le van a lastrar en las urnas?

Agustín Hernández:

O PP adoptou a decisión responsable que tiña que adoptar no momento que correspondeu. Esa decisión acreditou a vontade do partido e da miña persoa de comprometerse coa cidade de Santiago para resolver unha situación de inestabilidade que non foi froito unicamente dos erros propios. Os cidadáns poden nestas eleccións valorar o esforzo que fixemos por normalizar a vida do concello e acreditar unha capacidade de xestión importante.

3 Anónimo 20/05/2015 12:12

¿Que significa o Gran Santiago? Cre posible crear unha grande área metropolitana que sirva de contrapeso aos intereses do norte e o sur de Galicia?

Agustín Hernández:

Correspóndese coa área urbana recollida nas directrices de ordeación do territorio. É a zona do territorio que ten unha vinculación social, económica e física co termo municipal de Santiago de Compostela. É un feito que as infraestructuras de todo tipo (estradas, tren, novas tecnoloxías) fan desaparecer os límites municipais.
O liderado de Santiago desa gran área permitirá equilibrar o norte e o sur de Galicia.

4 J.M Gutiérrez 20/05/2015 12:14

¿Está usted tranquilo a pesar de que las encuestas no le dan la mayoría absoluta?

Agustín Hernández:

Estou tranquilo por dúas cuestións. A primeira, porque creo que contribuín, coa miña dedicación, a devolver a normalidade institucional a este Concello. E a segunda, porque confío en que os veciños valoren o traballo feito e a proposta realista e ilusionante que temos para os vindeiros catro anos.

5 Alfredo de Conxo 20/05/2015 12:14

¿Qué vai facer se non obtén a maioría absoluta?

Agustín Hernández:

A miña vocación de servizo a Santiago está garantida con independencia do que decidan os veciño@s.

6 Paco G. 20/05/2015 12:15

Cuál va a ser su gran apuesta por la ciudad en los próximos cuatro años?

Agustín Hernández:

Recuperar o esplendor perdido no eido cultural, dos servizos sociais, do emprego e do benestar e da calidade de vida. Un proxecto pensado para as persoas.

7 alba 20/05/2015 12:17

No le da vergüenza estar dejando sin aparcamiento a todo el centro de la ciudad en aras de los parkings privados??

Agustín Hernández:

A decisión da privatización dos subsolo de Santiago e da construcción dos parkings privados no Ensanche foi adoptada por Gobernos do PSdeG e do BNG. Nós imos negociar cos concesionarios a bonificación das estancias e imos impulsar a construcción dun párking público, similar ao de Xoán XXIII, con prezos asequibles na avenida de A Coruña, no Campus. É dicir, resolveremos un problema que nós non creamos e que afecta ao comercio e aos veciños.

8 Rosa Maria Gonzalez 20/05/2015 12:19

Que planes tiene para mejorar la accesibilidad de las personas con limitaciones de movilidad a traves de la ciudad, tanto compostelanos como visitantes?

Agustín Hernández:

A mellora das infraestructuras eliminando barreiras arquitectónicas, a introducción de melloras tecnolóxicas nos buses e nas paradas, extender a sinalización acústica nos pasos de peóns que aínda non contan con elas e introducir o bonotaxi para as persoas con algún problema de mobilidade.

9 Anónimo 20/05/2015 12:22

Convénzame para votarle y para que me anime a echarme a correr... usted por qué empezó a hacerlo?

Agustín Hernández:

Son dúas carreiras diferentes. A nivel político creo que teño acreditado, nestes 10 meses, que non se pode ter máis dedicación á miña cidade. Demostrei a miña vocación de servizo que penso manter nos vindeiros catro anos.
En certa medida a miña paixón polas carreiras obedece tamén ao elevado nivel de autoesixencia que teño en todos os ámbitos da miña vida. Anímolle a correr e a superar sempre os retos que teña diante.

10 Anónimo 20/05/2015 12:22

Siendo corredor, ¿por qué no aclara si va a habilitar un lugar concreto de Santiago donde todos podamos entrenar?

Agustín Hernández:

Temos o compromiso de habilitar un circuito de running despois de falar cos sectores beneficiados, especialmente cos clubes. Con independencia do arranxo da Alameda, probablemente o lugar sexa as marxes do río Sar.

11 José Antonio 20/05/2015 12:25

¿Porque aceptan que la USC pierda capacidad con la facultad de medicina y Santiago estudiantes y negocio, ya que se iran a vivir a otras ciudades? la realidad es que la colaboración con hospitales ya existía y lo que se abrió es la posibilidad de impartir el segundo ciclo en otras ciudades. El PP partió la USC en tres miniuniversidades y ahora lo vuelve a hacer.

Agustín Hernández:

Nestes momentos existe un compromiso asinado polos tres reitores das universidades galegas que recolle explícitamente que a única facultade de Medicina e Odontoloxía de Galicia será a de Santiago. Dende o primeiro día do seguinte mandato o Concello que eu presida vai colaborar activamente coa Universidade para conseguir ese obxectivo e, en concreto, para que sexa realidade a nova facultade nas inmediacións do Hospital Clínico Universitario.

12 José Antonio 20/05/2015 12:28

¿Porque se gastan casi 30 millones en reparaciones de la estación del tren y no aceptan hacer una nueva intermodal por 35 que su propio partido bloqueó?

Agustín Hernández:

A única estación intermodal que vai ter Santiago é a que se construirá co compromiso, xa acadado, do Ministerio de Fomento. Unha primeira fase de 17 millóns de euros para permitir a chegada do AVE. A integración da estación de buses nese ámbito, comprometida pola Xunta de Galicia, e a planificación e a dotación orzamentario do resto das fases tal e como comprometeu o Ministerio de Fomento. Ata o de agora, o único que tíñamos era un compromiso virtual. A nosa estación intermodal respostará ás necesidades ligadas á mobilidade, non aos intereses urbanísticos de ninguén.

13 María 20/05/2015 12:29

¿Tiene pensado que aumenten las frecuencias de los autobuses que pasen por la estación de Renfe (futura intermodal)?
Por ejemplo los circulares C2 y C4

Agustín Hernández:

Temos un compromiso co novo transporte público na nosa cidade a partir do ano 2016: mellores autobuses, máis frecuencias, máis cobertura dos barrios e das parroquias e maiores bonificacións.

14 blodimery 20/05/2015 12:30

¿Qué propón para mellorar as conexións do rural co centro da cidade? #preguntaagustin

Agustín Hernández:

Seguir potenciando coa Xunta de Galicia o plan de transporte metropolitano e incrementar as conexións no marco do novo contrato de transporte urbano, Tamén introduciremos o bonotaxi para as persoas con algún problema na súa mobilidade e incentivaremos o uso mixto do transporte escolar.

15 aa 20/05/2015 12:34

Boas, vostede fala dun cinturon de zonas verdes, no que non se ten en conta o Tambre, non pensa que seria positivo para estas parroquias esquecidas unha senda verde con posta en valor do patrimonio tanto cultural coma etnografico

Agustín Hernández:

Nós temos unha proposta para executar un gran cinto verde que aproveite as marxas dos nosos principais ríos urbanos, o Sar e o Sarela. A primeira fase será 3,8 km entre as piscinas do Sar e Pontepedriña e a senda entre Galeras e Ponte Albar no río Sarela. O obxectivo é acadar unha lonxitude de 23 km para disfrute da natureza e tamén das referencias etnográficas existentes nese ámbito, incluso, pechando polo norte o percorrido para crear un verdadeiro anel verde.

16 Andrés 20/05/2015 12:37

Vai seguir gobernando mediante caprichos innecesarios e non consensuados coa cidadanía como a carreira do Conde ou o derrubamento da casa da xuventude ou polo contrario vai seguir as demandas da cidadanía de arranxo de rúas ou de mellor conexión de transporte público?

Agustín Hernández:

Nós gobernaremos utilizando o diálogo como ferramenta principal do noso día a día. Temos o compromiso, xa no 2016, de tramitar uns orzamentos participativos nos que os veciños poidan contribuir a establecer as prioridades. En todo caso, lembro que a recuperación do acceso ao parque de Belvís no lugar onde agora mesmo se atopa a Casa da Xuventude leva a efecto un acordo plenario unánime do Concello do ano 2011. E a obra de Carreira do Conde pretende, en primeiro lugar, renovar os servizos municipais obsoletos que tiña e revitalizar unha rúa que significa a conexión do casco vello co Ensanche.

17 avv 20/05/2015 12:40

obliga a los locales de hostelería a colocar placa identificativa del tipo de licencia y sonómetro, han pasado 10 años y no se han colocado ¿le parece esto normal?

Agustín Hernández:

Nestes 10 meses que levo de alcalde teño acreditado que hai moitas normativas nas que o Concello non fixo nada para garantir o seu cumprimento. Este é un caso máis. É evidente que temos que avanzar no cumprimento da normativa.

18 Luis Montes 20/05/2015 12:41

¿Por qué a unos internautas les responde en el idioma que le preguntan y a otros no? ¿Hay compostelanos de primera y de segunda?

Agustín Hernández:

Normalmente respondo en gallego pero pido disculpas. Tiene razón en su planteamiento. No obstante, en mi larga vida pública creo que he acreditado el máximo respeto al bilingüismo armónico.

19 avv 20/05/2015 12:42

el sector servicios, sobre todo la hostelería, tal y como está planteada en esta ciudad solo genera empleo precario ¿que propone usted para cambiar de dinámica?

Agustín Hernández:

Colaboración en ámbito de empleo con el sector de la hostelería, potenciación de los cursos, modernización del sector y profesionalización del mismo.

20 avv 20/05/2015 12:45

El Consorcio tuvo un rol importante en el pasado de nuestra ciudad ¿cree usted que ha sabido adaptarse a los nuevos retos y necesidades de la ciudad?

Agustín Hernández:

El Consorcio sigue siendo una pieza primordial en la vida cultural de Santiago de Compostela; no solo en el ámbito cultural sino en relación con la rehabilitación de la Catedral, la curtidoría de Pontepedriña o actuaciones en edificios civiles y eclesiásticos, así como subvencionando actuaciones de los propios vecinos.

21 Adv 20/05/2015 12:47

Vai facer algo contra o feísmo, a privatización do chan público e a deteriorización da pedra que supón a terraza pechada do antigo alameda en plena porta faxeira?

Agustín Hernández:

Estamos modificando a ordenanza das terrazas. Sen dúbida son unha oportunidade para o sector da hostelería e para a propia cidade pero hai algúns aspectos da ordeanza actual que son mellorables, probablemente esa terraza á que vostede alude non sexa o mellor exemplo.

22 xurxo 20/05/2015 12:50

Non lle vai recordar os seus votantes a permisividade do seu opoñente Noriega co entorno do terrorismo independentista galego ????

Agustín Hernández:

Se con algo temos que ser intransixentes é con calquera tipo de xustificación, directa ou indirecta, de calquera expresión ou forma de violencia. Nese ámbito non se deben utilizar palabras equívocas. Todo o mundo coñece cal é a postura do señor Beiras e do alcalde de Teo.

23 avv 20/05/2015 12:51

el 85% de la base productiva de la ciudad depende del sector servicios, solamente el 15% es de base industrial ¿le parece que Santiago debe diversificar su base económica y generar valor añadido?

Agustín Hernández:

Santiago tiene que liderar no solamente el turismo sino las nuevas tecnologías y el sector servicios, no ligado a la actividad hostelera. La pieza clave pasa, como hemos propuesto en nuestro programa, por una colaboración permanente e inteligente con la Universidade de Santiago: tecnología sanitaria, campus da saúde, spin-off...

24 avv 20/05/2015 12:55

¿Que propuestas concretas llevarán a cabo para corregir el problema de los ruidos nocturnos en la ciudad histórica?

Agustín Hernández:

Mejora de la insonorización de los locales nocturnos, utilizar el nuevo plan especial como pieza clave de la ordenación del casco histórico, colaborar con la Xunta de Galicia en la clarificación de la normativa legal aplicable, labor de educación, incremento de ayudas para rehabilitar e insonorizar viviendas y actualizar el mapa de zonas saturadas. También, impulsar actividades que aumenten el atractivo del casco histórico como es el caso de las actividades de artesanía de alto valor añadido.

25 Robin Hood de Roxos 20/05/2015 12:57

En la urbanización que rodea el Colegio Público de ROXOS carecemos de servicios básicos o los tenemos parcialmente, por ejemplo, sólo disponemos de R en comunicaciones, pagamos el recibo de la luz de las bombas de pluviales y fecales del SUNP-25, carecemos de limpieza de calles y tenemos que pagarnos el cuidado de las zonas verdes. Teniendo en cuenta que los cooperativistas del SUNP-25 hacemos ciudad pues pagamos el coste de la urbanización completa, cedimos una parcela para que se amplíe el Colegio de Roxos, ...etc. ¿No le parece absolutamente injusto que tengamos que soportar estas condiciones de ciudadanos de segunda, cuando pagamos 720€ de contribución IBI 2014 como si fuésemos de primera? Ya sé que esto no es cosa de su partido si no de una planificación urbanística y unas cargas -a particulares que asumieron con sus ahorros los riesgos de "hacer ciudad"- NEFASTAS del bipartito PSOE-BNG.

Agustín Hernández:

Nuestro compromiso pasa por resolver los problemas generados de la mala planificación de aquellos Gobiernos, Queremos completar las urbanizaciones pendientes, decidir aquellos viales y aquellas zonas públicas que aún no se han podido recibir e integrar esos barrios en la ciudad. Ese es nuestro principal objetivo en materia urbanística junto con la mejora de la habitabilidad en el rural.

26 Manuel Pazos 20/05/2015 12:59

Porque siendo de saniago nadie del PP te pide el Voto

Agustín Hernández:

Estamos pidiendo el voto por la calle todos los miembros de la candidatura, con humildad y con claridad. Yo personalmente he tenido ocasión de recorrer diferentes zonas de la ciudad. Aprovecho, en todo caso, para pedirle a usted el voto. Creo que es la única opción de futuro para mi ciudad.

27 Likorkafe 20/05/2015 13:00

Si no es el más votado, intentaría gobernar?

Agustín Hernández:

Con el máximo respeto al funcionamiento democrático que tenemos, soy de la opinión de que la lista más votada debe gobernar.

28 Andrés 20/05/2015 13:02

Cantas décadas máis vai quedar decorando o edificio para os bombeiros de Salgueiriños?

Agustín Hernández:

Temos un proxecto para resolver o problema do parque comarcal de bombeiros, herdado dende o ano 1993 que pasa polo acordo coa Deputación, Xunta de Galicia e os concellos da área metropolitana e, por suposto, coa negociación cos nosos bombeiros.

29 Antonio 20/05/2015 13:04

Está enterrado el legado de Conde Roa?

Agustín Hernández:

Nosotros estamos centrados en el presente y en el futuro de Santiago. Tenemos un proyecto ilusionante, aprendemos de nuestros errores y podemos garantizar que no los repetiremos. Una lista nueva, un proyecto nuevo para una ciudad nueva.

30 Agustín Hernández 20/05/2015 13:05

Grazas pola vosa participación. Espero ter satisfeito as vosas dúbidas e aproveito a ocasión para pedirvos o apoio o vindeiro 24 de maio para continuar xestionando este Concello con eficacia, con honestidade, con paixón e coa máxima dedicación. Boas tardes.