Data?1435921594

La candidata del BNG al Congreso por Pontevedra charla
con los internautas de lavoz.es

1 Olaia Fernández Davila 03/07/2015 13:06

Boas tardes aquí estou lidiando coas novas tecnoloxías. Agardando poder respostar cando menos a maioría das preguntas que me facedes porque non dispoñemos de moito tempo. Mentras tanto ó voso dispór....

2 Anónimo 03/07/2015 13:06

O BNG negociaría un ministerio en caso de ser a forza chave para que se poida formar goberno de esquerdas?

Olaia Fernández Davila:

Non é obxectivo do BNG formar parte do Goberno central senón estar en condicións de negociar con ese Goberno mellores condicións para Galiza tanto no eito social como no das infraestruturas. Esa é a razón pola que queremos ser decisivos.

3 Anónimo 03/07/2015 13:06

¿Cree que os partidos nacionalitsas teñen máis fácil conseguir escanos no Congreso que formacións como IU? ¿Con cantos deputados estaría Galicia realmente representada no Congreso?

Olaia Fernández Davila:

En Galiza os nacionalistas fomos facéndonos co noso espazo social a base de traballar e ser coherentes coas nosas propostas políticas e iso é o que fai que hoxe poidamos acadar a representación que temos. Desde o noso ponto de vista cantos máis deputados mellor, de entrada grupo parlamentar propio e de aí para arriba.

4 Anónimo 03/07/2015 13:06

¿cual es su opinión sobre la situación del ferrocarril en el area de Vigo?

Olaia Fernández Davila:

Diferenciamos esta pregunta en dous aspeitos. Un o ferrocarril de alta velocidade que é evidente que leva un retraso na Galiza en relación con outras partes do Estado. Pero nestes últimos tres anos grazas ao empeño do BNG que condicionou o seu apoio ós Orzamentos do Estado a que se incluiran partidas destinadas a acelerar estas obras, reciciu un considerábel impulso que de continuar con este ritmo nos próximos catro anos pódese garantir que se rematará o Eixo Atlántico antes do 2012 e o AVe á Meseta no 2015. Pero para iso é imprescindíbel que o BNG estea en Madrid!! Outra cuestión é o tema do tren convencional e o tren de cercanías. É preciso invesitr na mellora do convencional e defendemos a creación dunha rede de cercanías como alternativa de transporte por ser máis seguro e máis limpo desde o punto de vista medioambiental.

5 Anónimo 03/07/2015 13:06

estimada olaia son emigrante en andorra,porque o emigrante galego en andorra esta tan abandonado,e os emigrantes do resto de españa disfrutan de todos os servicios do goberno central.graciñas.

Olaia Fernández Davila:

os emigrantes que disfrutan dos seric¡vicios do Estado en principio son todos os de calquer parte do territorio estatal. En todo caso pode haber emigrantes de algunha comunidade determinada que poida tter servicios propios. Agradeceria moito que se poideras enviarme a meu coorreo un pouco mais de información para poder mirar a situación no va ser que o que ocurrre sexa que falta algunha información en relación con servicios da propia Xunta de Galiza.

6 Anónimo 03/07/2015 13:06

Olaia, parece que según las encuestas, precisamente su escaño es el único en juego en toda Galicia, muy disputado entre usted y el PP. Si perdiera ese escaño (espero que no) cree que el bng aún si solo consiguiera un diputado por Madrid, podría llegar a tener importancia en las decisiones del estado?

Olaia Fernández Davila:

Estamos a traballar non só para garantir o escano por Pontevedra senón para aumentar a nosa forza, pero no hipotético caso que comentas (que non se vai dar) a importanza dese escano dependería da correlación de forzas existente no Congreso. Todo apunta a que a situación final vai ser moi semellante á de hai catro anos. Razón pola cal aínda sería máis importante que a nosa representación fose maior.

7 Anónimo 03/07/2015 13:06

Porque cres que é mellor voto o de un partido que representa a unha comunidade autónoma que o voto a un partido do estado español?

Olaia Fernández Davila:

No caso de Galiza, o peso diante do Estado español, dado que non somos a Comunidade con máis número de habitantes nen a máis desenvolvida economicamente, ten que ser político para que poida ser tida en conta polo Gobenro do Estado ó mesmo nivel que outras partes do territorio. Ese peso político de Galiza no Estado só é posíbel através da forza que teña o nacionalismo. O ocorrido na última lexislatura na que por primeira vez se tiveron que ter en conta as demandas que desde Galiza se plantexaban grazas ao papel do BNG que fixo posíbel negociar co Goberno central cuestións como a mellora dos Orzamentos ou as transferencias pendentes, e melloras na financiación autonómica.

8 Anónimo 03/07/2015 13:06

se o final gañase o PP, pactarian con Rajoy?

Olaia Fernández Davila:

Tendo en conta o programa que presenta o PP e a actitude manifestamente anti-galega que ten Mariano Rajoy as posibilidades de pactar co PP son nulas.

9 Anónimo 03/07/2015 13:06

hola Olaia! Son Helena Cardia e escribote desde Londres donde actualmente traballo e resido. Foron varias as veces que falamos se acaso recordas. Esta e a minha pregunta. Desde o teu comezo en politica e dada a tua experiencia que opinas sobre a ainda baixisima partipacion femenina en cargos de responsabilidade. Moitas gracias!

Olaia Fernández Davila:

Hola Helena, dado que falamos moitas veces agradezo a túa pregunta pero para que tiveramos maís contacto agradeceríache que te puxeras en contacto comigo através do meu email. En relación coa pregunta: estamos a traballar na direcíón que ti apuntas e de feito nesta última lexislatura aportamos moitas melloras á Lei de Igualdade, na que, entre outras, se incorporou a obriga das empresas a ter que incluir un número deterninado de mulleres en cargos de direción, así como nas listas dos partidos políticos ás Elecións que están obrigados a ter o 40%. Que haxa unha lei non quer dicer que este resolto o problem por iso hai que continuar traballando.

10 Anónimo 03/07/2015 13:06

Que pasará se, ainda subindo en votos, o Bloque se quedán en un ou ningún deputado en Madrid?

Olaia Fernández Davila:

Ánimo que imos subir en votos e imos seguer en Madrid. Unha aperta pero ponte a traballar.

11 Anónimo 03/07/2015 13:06

Estou moi contento coa labor do BNG, pero por qué seguen coa teima de usar o termo Galiza? Non cre que lles quita votos?

Olaia Fernández Davila:

O termo Galiza utilizámolo porque é como se recolle na normativa linguística actual. Xa sabes que costou moito unificar as distintas posturas que sobre a normativa existían. De aí que unha vez asentados os acordos procuremos ser respeitosos. E non creo que o feito de sermos respeitosos coa nosa lingua nos reste votos. Pódoche asegurar que eu fun das persoas que inicialmente me resistía, máis por unha cuestión afectiva ó nome de sempre que por outra cousa pero agora estou xa tan identificada co termo Galiza como con Galicia, porque de calquer xeito é a miña nación.

12 Anónimo 03/07/2015 13:06

Pensan demandar o traslado de REganosa fóra da Ría de Ferrol o igoal que Ence da Ría de Pontevedra?

Olaia Fernández Davila:

Supoño que vosté xa coñece perfeitamente a postura do BNG en relación ao que nos plantexa, por tanto, non hai pola miña parte ningunha novidade.

13 Anónimo 03/07/2015 13:06

Por que os depositos do Ferrazo en Vilagarcía seguen en pé?

Olaia Fernández Davila:

Como saberá é responsabilidade da Autoridade Portuaria (Ministerio de Fomento) a retirada deses depósitos. Pola nosa banda, continuamos comprometidos en procurar que estes depósitos sexa retirados.

14 Anónimo 03/07/2015 13:06

Boa tarde, vería o BNG con preocupación a irrupción doutro partido galeguista máis belixerante co goberno central?

Olaia Fernández Davila:

En todo caso, a nosa preocupación sería que ese novo partido dividira as forzas do nacionalismo, por tanto, en vez de sumar forzas fronte ó Goberno central, debilitaríannos. Iso signficariá estar debilitando a Galiza. Só por esta razón estaríamos preocupados.

15 Anónimo 03/07/2015 13:06

se mañá pasa outro "prestige", e tengo en conta que as decisión serían outras, temos más medios que fai 6 anos? un buque anti-contimanción?

Olaia Fernández Davila:

Desgraciadamente, aínda hai moitas cousas pendentes de mellorar no terreo do salvamento marítimo. Na Subcomisión do Prestige do Congreso dos Deputados colaboramos nun informe que finalmente se aprobou no que se recollían unha serie de medidas de seguridade e salvamento marítimo, así como medidas anti-contaminación, tanto de carácter estatal como das normas que rixen a nivel internacional. Estaremos vixiantes na vindeira lexislatura para que estas medidas e propostas se leven a efecto. Non podo deixar de omitir que o BNG demanda o traspaso da transferencia de salvamento marítimo. Coido que ese é o camiño.

16 Anónimo 03/07/2015 13:06

area metropolitana de Vigo sen Pontevedra?

Olaia Fernández Davila:

Para o BNG as áreas metropolitanas deben ser organismos destinados a mellorar os servizos da cidadanía. Calquer área metropolitina ten que ser consecuencia do diálogo e do consenso, de aí que inicialmente nós presetáramos unha proposta na que se recollían catorce concellos limítrofes entre sí nesta comarca de Vigo porque entre eles xa acadaran ese consenso. Calquer novidade ao respeito terá que ser contando cos acordos através do diálogo.

17 Anónimo 03/07/2015 13:06

señora diputada ,podria esplicarme como teniendo una refineria de petroleo en la coruña l,los carburantes sean mas caros en la coruña que en león , muchas gracias

Olaia Fernández Davila:

É que na Coruña hai unha refinería non un pozo de petróleo. Bromas aparte, é de supoñer que o feito de que esas instalacións se atopen en A Coruña, as autoridades da cidade terán negociado coa empresa algunha compensación polos prexuizos que esa refinería causa na cidade. De todos os xeitos, a gasofa está carísima!

18 Anónimo 03/07/2015 13:06

16 anos de ave a Sevilla, xa o ten Cataluña en breve Valencia e Pais Vasco,e Galicia 2030? e porque soio a Madrid? non había un proxecto ave Galicia-Lisboa?

Olaia Fernández Davila:

Eso será se os galegos/as non votades ao BNG, porque desde logo por min non queda porque estaréi enriba da pista. Por suposto, que de sermos decisivos en Madrid impulsaremos os investimentos necesarios que fagan posíbel un AVE non máis alá do 2015. Para nós é fundamente que o Eixo Atlántico continúe cara Portugal de aí que nos empeñaramos que Vigo fose estación pasante o que se coñece como saída sur.

19 Anónimo 03/07/2015 13:06

¿Por qué estáis intentando hacer con el castellano lo mismo que hizo Franco con el gallego?

Olaia Fernández Davila:

Non mire, eu creo que neste momento o que se está intentado é o mesmo que xa fixo Franco, que é non permitir que o galego na Galiza estea nas mesmas condicións que o español. Ninguén persigue na Galiza aos españois falantes nen á lingua galega.

20 Olaia Fernández Davila 03/07/2015 13:06

Sínto ter que despedirme de vós porque estaba moi a gosto pero esta axenda de campaña me obriga a encamiñarme cara outro sitio. Resultoume moi gratificante este momento dixital.