Open uri20150703 3 1az67jd?1435922951

El líder del Xacobeo Galicia ha respondido a los
internautas en el inicio de la temporada ciclista.

1 Ezequiel Mosquera 05/07/2015 13:00

Un saúdo desde La Voz de Galicia para os aficionados ao ciclismo en Galicia, que sodes moitos e moibos.

2 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Ezequiel! Te molesta que rindes tan poco en contrareloj? Es que pierdes una barbaridad! es una pena sino podrias aspirar a mucho mas!

Ezequiel Mosquera:

Gústame que sexas tan realista... A verdade é que de donde non hai, non se pode sacar. Cada un nacemos cunhas cualidades para un terreo, pero a contrarreloxo pódela traballar, mellorala un pouco, pero a esta idade non se pode flipar. É o que hai, non me sinto molesto, ao contrario, teño que sentirme contento de rendir no meu terreo.

3 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿como ves a base en Galicia?, ¿podemos soñar con un Euskaltel galego para un futuro proximo ? .

Ezequiel Mosquera:

Penso que temos moi boa base. Quizais pasamos un bache a finais dos 90 e primeiros desta décda. Pero últimamente, ao ter saído o equip, máis co traballo dos clubes, penso que houbo un incremento grande de licenzas en escolas. Tendo en conta que Galicia sempre tivo moita tradición ciclista, é algo que pode axudar no futuro. Onde hai cantidade, hai calidade. É máis fácil que saia un ciclista no medio de dez, que no medio de cinco.

4 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Capo, je. t deseo toda la suerte del mundo para el 2010 y este año ya toca el podium de la vuelta a España... Me va a dar muxa pena no poder estar este año con vosotros y agradecerte todo lo que m habeis enseñado, que fue un monton,jje. un abrazo muy fuerte de johnnymouron.jeje

Ezequiel Mosquera:

Que pasa Johnny! Cando vin a expresión do principio xa supuxen que eras ti... Moitas gracias, deséxote moita sorte a ti tamén, que xa vin que te vas recalificar, igual que Paleo. A ver se disfrutades do ciclismo como disfrutastes este ano.

5 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿Como ves los refuerzos del equipo este año?

Ezequiel Mosquera:

Creo que tivemos uns reforzos bos e acordes con presuposto que se manexaba. Non se podía aspirar a grandes fichaxes, era coñecido por todos que ía a haber axustes. Ese é un traballo dos que mandan, a parte de opinar pouco máis podo facer. As referencias dos corredores que chegaron foron moi boas.

6 Anónimo 05/07/2015 13:00

crees que el xacobeo galicia tiene equipo para ganar una carrera por etapas o solo tiene equipo para ganar una etapa en una carrera por etapas?personalmente creo mas en lo segundo,por eso se deberia reforzar el equipo en todo lo posible.

Ezequiel Mosquera:

Como dixen antes, o presuposto é o que hai. Non sei se temos potencial para gañar unha grande ou non, pero gañar unha grande son palabras maiores. O que levamos feito ata o de agora, co equipo que temos, humildemente creo que xa ten moito mérito.

7 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿ algún equipo te ha ofrecido correr el tour de Francia?

Ezequiel Mosquera:

Si que algunha das ofertas que tiven antes de renovar co Xacobeo incluían disputar o Tour de Francia. Pero á hora de firmar un contrato hai que mirar moitas cousas, a parte do deportivo, que son a parte económica e a parte sentimental. Ao final o tour de Francia non o é todo no ciclismo.

8 Anónimo 05/07/2015 13:00

Que te parece el recorrido de esta vuelta,tiene suficiente montaña para ti. Un saludo y mucha salud de un admirador gallego desde Alicante.

Ezequiel Mosquera:

Ten suficiente montaña para min e para todos. Ao final o que matan non son as balas, é a velocidade que levan. Pero si que é unha Volta moi montañosa.

9 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Ezequiel! No te hubiera gustado que Oscar(Pereiro) hubiese fichado por el Xacobeo?

Ezequiel Mosquera:

Gustaríame que viñera Óscar, e David Blanco, e Álex Marque... Pero como xa dixen antes, eu nin pincho nin corto nese tema... Os que teñen que tomar esas decisións son os que confeccionan o equipo.

10 Anónimo 05/07/2015 13:00

Según tengo entendido, has estado entrenando la gincana con las escuelas de tu zona,¿crees que le sacarás provecho este año ?yo espero que si.

Ezequiel Mosquera:

Si, estiven facendo unha preparación específica esquivando conos e saltando isletas para mellorar os reflexos.Jajajaj. Un saúdo a quen escribiu iso que é un coñecido graciosillo.

11 Anónimo 05/07/2015 13:00

Recuperache ben da fisura de clavícula?

Ezequiel Mosquera:

Estou de baixa aínda, pero non creo que por moito tempo máis. Espero estar adestrando a tope en pouco tempo.

12 Anónimo 05/07/2015 13:00

Eze, feliz ano! Cres que Contador é o mellor ciclista do mundo?

Ezequiel Mosquera:

Gracias, igualmente! Si, creo que é o mellor do mundo con diferencia. Penso que o será por uns anos, xa que aínda ten 27 anos, e con esa idade Indurain gañou o seu primeiro Tour.

13 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿Pensabas, cando empezaches no Leyma, que chegarías a onde estás agora?

Ezequiel Mosquera:

Nin de coña. Aínda hoxe pola mañán coincidín con Raúl Rey e estivemos rememorando aqueles tempos nos que ir a correr era ir a pasalo ben, e a meta do profesionalismo era unha utopía, soñabas con iso, pero só soñabas.

14 Anónimo 05/07/2015 13:00

Como é que en pleno Ano Xacobeo vos rebaixen o orzamento? Giancarlo

Ezequiel Mosquera:

Supoño que a política de austeridade abarca a todos os sectores.

15 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿si no fuera por las caidas habrias ganado la vuelta?

Ezequiel Mosquera:

Pois claro que non. Se dixera que si quedaría como un "fantasma", e como me dicían nunha pregunta anterior, este último ano non andei "un pijo" nas contrarreoloxos da Volta. Cedín máis tempo do que debería para poder optar a gañar a xeral.

16 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Ezequiel ¿Que opinas de las carreteras gallegas para realizar entrenamientos? Hay muchos ciclistas españoles que se van a otros sitios a entrenar porque consideran las carreteras de aqui un peligro!

Ezequiel Mosquera:

As estradas en Galicia están moi ben. O que hai que saber é buscar as estradas por onde se adestra. A xente que marcha para o sur a adestrar é porque lles da alerxia a chuvia. Iso é cuestión de aclimatación, hai días que pasas frío pero as estradas non son o problema.

17 Anónimo 05/07/2015 13:00

Por qué no subes con un pinon un poquito mäs grande, para aguantar mejor las arrancadas de tus rivales?

Ezequiel Mosquera:

Se me soltan subindo, vanme soltar igual cun piñón máis grande que cun pequeno. Se te viras no medio dunha subida en carreira co corazón a mil e coas pernas a punto de reventar de dor, daríaste de conta que un piñón máis ou menos ten moi pouco que ver.

18 Anónimo 05/07/2015 13:00

¿Qué opinas del regreso de Lance Armstrong? Lo ves compitiendo por el Tour o una grande esta temporada?

Ezequiel Mosquera:

O regreso de Lance Armstrong é positivo desde todos os lados que o mires. Incluso a guerra que ten con Contador, aínda que moitos españois nos toque o orgullo, cando compiten xuntos enchen páxinas de periódicos, e ao final é o que o ciclismo precisa para subsistir. Se o ano pasado fixo terceiro despois de anos sen competir, é capaz de calquera cousa.

19 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Ezequiel! Cuando anos te queden al maximo nivel? estaria bien verte en un podio en los mas alto!

Ezequiel Mosquera:

Os anos que me quedan ao máximo nivel, non o sei. Non vou botar moitos máis anos na bici, seguro, independientemente do rendimento.

20 Anónimo 05/07/2015 13:00

Hola Ezequiel, con un un poco más de perspectiva, ¿qué opinas de la sanción en la vuelta por coger agua?

Ezequiel Mosquera:

No seu momento, subíamonos polas paredes. Incluso, dábame a risa porque pensei que cando recapacitasen, anularían a sanción. Pero no. O árbitro era, cando menos, riguroso. Incluso tivo algúns enfrontamentos verbais e acalorados con Álvaro Pino. Pero a día de hoxe, se miras á clasficación, os 20 segundos non significaron nada. E como co tema de Armstrong, do que se trata é de ter presenza nos medios, e ese día non se falou doutra cousa máis que do bidón.

21 Anónimo 05/07/2015 13:00

cando te retires ( con 40 ou mais) , ¿gustariache seguir no ciclismo como director deportivo?

Ezequiel Mosquera:

Se todos os que nos retirasemos nos dedicáramos a ser directores deportivos, habería máis directores que ciclistas. Si me gustaría seguir no ciclismo, non sei en que lugar. O que está claro é que por encima de todo, máis que un profesional, son un flipado do ciclismo.

22 Anónimo 05/07/2015 13:00

Tes o reloxio tres minutos adiantado, polo menos e en directo ..... Sabes algo de si sirveu o aval e sodes continentales UCI ou temosvos que ver correndo a Volta a Extremadura, Volta a Madrid ou a Clásica de Pascua de Padrón..?

Ezequiel Mosquera:

Vaia vista que tes!! Hoxe despexábanse todas as dudas. Penso que todo se arranxará e estaremos competindo nas mellores carreiras, como ata o de agora. Pero bueno, se teño que correr a Volta a Extremadura ou a Clásica de Pascua, non sería ningunha deshonra.

23 Anónimo 05/07/2015 13:00

Ola Eze!Pensas volver a participar coa selección nos mundiais?

Ezequiel Mosquera:

Depende de se me seleccionan e do percorrido. Este ano pasado veu o seleccionado a falar tres veces conmigo, e á terceira díxenlle que o ano pasado non quedara contento co meu rendimento, e non levei ben as críticas que fixeron de toda a selección. En concreto, dos currantes coma min e algún máis. Correr un Mundial é moi bonito, pero díxenlle que prefería non ir e fallar como o ano anterior.

24 Anónimo 05/07/2015 13:00

Noraboa polo espectáculo na Vuelta. O teu esforzo tivo recompensa pois toda Galicia e mesmo moita xente de toda España vibróu cos teus ataques na montaña. E por riba tes pinta de ser un tipo sen fachenda.. Eu che quería preguntar polo material que levades. ¿E certo que as veces hay diferencia nas rodas entre os capos dos equipos e os demáis? (lembrade o caso entre Armstrong e Contador nunha contrareloj do tour? ¿Todos levades materiáis semellantes?

Ezequiel Mosquera:

Case sempre, todos os corredores levan o mesmo material. Soe ser tope de gama en calquera marca. Non creo que ningún equipo tan pouca clase como para darlle mellor material a un capo que a un currante. Como moito, poden estrear algunha novidade, con un ou dous corredores de primeiro nivel. Como o cambio eléctronico de Shimano no seu día.

25 Anónimo 05/07/2015 13:00

Saúdos Eze. ¿ Que cres que temos que facer en Galicia para que a Vuelta a España volva a pasar por aquí algún día ?

Ezequiel Mosquera:

Para que a Volta veña ten que ser a propia Comunidade ou os concellos os que soliciten formar parte do recorrido. Na Volta, en base ás solicitudes, diseñan o recorrido. Pero sen solicitudes, non hai recorrido.

26 Anónimo 05/07/2015 13:00

Como vai ese pliegue a esta altura do ano?

Ezequiel Mosquera:

O pliegue vai moi mal, francamente mal. Entre a parada forzosa, os turróns navideños e as visitas aos furanchos, vou ter que empazar a tomar medidas drásticas, e meterme no convento a levar vida de monxe, como di Iván Raña.

27 Ezequiel Mosquera 05/07/2015 13:00

Gracias a todos polas vosas preguntas. Sinto non ter contestado a todas. Feliz ano 2010 a todos, espero vervos a todos nas cunetas (como espectadores).