Xulio 1h

El cabeza de lista de la Marea Atlántica de A Coruña responderá a las preguntas de los internautas el miércoles 13 a las 17.30 horas

1 Xulio Ferreiro 13/05/2015 17:31

Ola, Boas tardes. Aquí estamos agardando as vosas preguntas. Nun minutiño comezamos. Grazas polas vosas preguntas.

2 Pablo Bermúdez 13/05/2015 17:32

Hai 4 anos en dous días o Dépor descendeu e Negreira arrasou nas eleccións. Ogallá este ano nesa fin de semana Negreira non gañe e o Dépor non descenda. Pero aínda así, móllate, se tiveses que escoller, prefirías ao Dépor en primeira ou que o PP non gañase?

Xulio Ferreiro:

Eu quixera ao Dépor en Primeira e un goberno da Marea Atlántica, pero se teño que elixir, o do Dépor se soluciona o ano que vén ;-)

3 Pablo Bermúdez 13/05/2015 17:34

Nas galegas AGE arrasou na última semana e deu o "sorpasso" cando uns días antes ninguén contaba con el. Tedes algo preparado para a última semana de campaña? E xa que estou, ides contar con Beiras na campaña?

Xulio Ferreiro:

Nós xa vimos con moita forza, e non teño dúbidas de que somos a alternativa ao PP de Negreira. Despois do acto de onte, multitudinario e moi emocionante, volveremos ao que levamos meses facendo, patear as rúas, falar con todos os veciños e veciñas e facer actos ilusionantes e imaxinativos. Confiamos en que sigamos facendo medrar a Marea por toda A Coruña. En canto a Beiras, dependerá da súa axenda, nós encantados se pode facernos un oco.

4 Juan 13/05/2015 17:35

¿Qué previsión de concejales tenéis? ¿Cuántos serían los deseables para vosotros?

Xulio Ferreiro:

Non queremos fixarnos un número concreto. Queremos ter os suficientes para gobernar. Cremos que podemos ter algún máis dos que nos están dando as enquisas.

5 Breogán 13/05/2015 17:36

¿Quén é ese 1% que goberna a cidade? Diga nomes, sea valiente

Xulio Ferreiro:

Creo que están na cabeza de todos. Cando falamos do 1% falamos de Méndez, por exemplo, que durante anos manexou unha institución que era de todos como a Caixa Galicia, como se fose súa, cos resultados que xa coñecemos.

6 Marina 13/05/2015 17:38

Pablo Iglesias dice que Podemos es la Marea. ¿Cuándo se va a afiliar usted a POdemos?

Xulio Ferreiro:

Pablo non dixo tal cousa. Podemos apoia a Marea Atlántica como o fan EU, Anova, Compromiso por Galicia, Equo ou Espazo Ecosocialista, e nestas eleccións municipais, quen quera votar a estas formacións sabe que a súa opción é a Marea Atlántica. A Marea é un instrumento de unidade e de confluencia, por iso participo nela. Esta é a miña aposta e non afiliarme a ningún partido concreto.

7 Rita Aldegunde 13/05/2015 17:40

De ser chave de goberno na Coruña, A Marea con quen contempla pactos?

Xulio Ferreiro:

Xa dixemos por activa e por pasiva que os pactos van depender de políticas, códigos éticos, principios, valores, programa e metodoloxías participativas, non de siglas ou etiquetas. A partir do 24 de maio na Coruña vai haber dúas opcións, a que representa o PP, coas súas políticas antisociais, de precariedade, de tristeza e a ilusión que representa a Marea Atlántica, con políticas centradas na xente e coas prioridades claras. Os demais terán que elexir en cal destes bandos se colocan.

8 María 13/05/2015 17:41

Cántos edís contas sacar nas eleccións?

Xulio Ferreiro:

Xa contestei un pouco máis arriba. Non nos planteamos un número concreto. Creo que vamos sacar algún máis dos que actualmente nos dan as enquisas e, en todo caso, contamos con alcanzar unha maioría suficiente para gobernar.

9 Soledad Trebolle 13/05/2015 17:42

Non sei se tivo oprtunidade de pasar por la rúa da Gaiteira un día de choiva, pero como veciña xa lle digo que é unha chapuza. Os rexistros de recollida de auga están colocados estrátexicamente para que non recollan nin o 10 % dela. Inclúen no seu programa algún tipo de control para as obras que non queden como deben? Habería maneira de solucionar este problema que supón risco de caer para os peóns?

Xulio Ferreiro:

Eu son veciño da Gaiteira, así que si, algo sei do que me conta. Se gobernamos vamos ser moi estritos co cumprimento das condicións dos contratos e auditaremos os que están en marcha, para que non se produzan situacións como a que relata. Neste caso concreto, efectivamente haberá que buscar unha solución e estudar se se pode repercutir na empresa contratante.

10 Hadrián 13/05/2015 17:44

¿É certo que a número 2 do seu partido tivo que repescala vostede tras ser rechazada ata en dúas ocascións?

Xulio Ferreiro:

Non, claro que non. A número dous saíu dun proceso de primarias, como os demais candidatos e candidatas. Simplemente se aplicou a corrección de xénero prevista para que a lista fora paritaria, e o número dous foi o posto que lle correspondeu a Rocío Fraga seguindo esas regras, e o que ela merece.

11 Enrique 13/05/2015 17:45

Uds. han prometido una ciudad libre de desahucios. ¿Incluye también los impagos de renta de viviendas? ¿Qué hará el Concello por los propietarios que se encuentren con un inquilino que no les puede pagar? ¿Será el Concello quien asuma el pago de la renta, o el propietario se queda sin cobrar?

Xulio Ferreiro:

Cando falamos de cidade libre de desafiuzamentos estamos falando principalmente dos que son responsabilidade do goberno local (caso de Elviña) e dos impagos de hipotecas. No caso que vostede sinala, o Concello atenderá ás persoas que se quedan sen vivenda, pero non a costa dos propietarios particulares, claro.

12 Ermitas 13/05/2015 17:47

En un hipótetico pacto con Mar Barcón, a que puntos de su programa renunciaría para un gobierno de estabilidad?

Xulio Ferreiro:

Nun hipotético pacto con calquera hai unha serie de medidas que son irrenunciábeis para nós, como son o listado de 25 medidas urxentes, e as relativas ao código ético, metodoloxía de goberno participativa, transparencia, e prioridades. Isto é irrenunciábel. Vexo que moitas propostas da Marea tamén aparecen despois noutros programas, así que creo que non haberá problemas...

13 Al 13/05/2015 17:50

Cuánto vas a tener que subir los impuestos para dar todas las ayudas que prometes?

Xulio Ferreiro:

Tampouco prometimos tantas axudas, en realidade. Só a Renda Social Municipal e certas bonificacións tributarias. A única subida que temos prevista é a do IBI para as vivendas baleiras en propiedade dos Bancos e do Banco Malo, polo que para os veciños e veciñas da Coruña non haberá ningunha subida de impostos, senón ao revés, baixaremos as taxas da auga, por exemplo, que actualmente son maiores que o custe do servizo e serven para pagar os salarios millonarios de EMALCSA (o seu director cobra máis que o alcalde, arredor de 100.000 euros ao ano) ou para proxectos de dubidosa utilidade social como o Coruña Futura. Non fai falla subir impostos, só cambiar as prioridades e dedicar o diñeiro (o Concello da Coruña ten un presuposto de 250 millóns de euros) ao que realmente é necesario.

14 Carme Pérez 13/05/2015 17:51

A Marea paréceme unha boa idea, pero non vexo moi claro o futuro desta conxunción de forzas vendo a traxectoria que tivo, por exemplo, AGE no Parlamento. Que farán para remedialo

Xulio Ferreiro:

Nós non somos unha coalición, polo que non temos os problemas de funcionamento propios desta. Na Marea participan persoas e non partidos, polo que as regras de xogo están claras e non dependen da forza das siglas, senón da vontade das persoas. Esa é a gran diferencia. Aprendemos do pasado, así podemos corrixir o que a outros non lle foi ben.

15 Manuel Benito 13/05/2015 17:53

? Qué vas facer cos servicios privatizados no municipio?

Xulio Ferreiro:

Vamos auditar o seu funcionamento e vixiar o cumprimento das contratas. Pouco a pouco tentaremos rescatar os servizos privatizados, que normalmente son focos de corrupción (véxase Vendex) e de dubidosa xestión. Pero sen medidas efectistas, e con sentidiño, sen comprometer as arcas públicas só para ganar titulares.

16 Francisco Puñal 13/05/2015 17:53

Por qué cre que agora o extremismo ten posibilidades de facer algo bo pola sociedade cando nunca foi quén de facelo nunha sociedade democrática?

Xulio Ferreiro:

O extremismo leva anos gobernándonos e, en efecto, non foron capaces de facer nada ben. Agora vimos a xente normal, que seguro que o facemos moito mellor.

17 Sergio Iglesias 13/05/2015 17:55

En caso de que llegues a la alcaldía, ¿propondrías medidas anti-corrupción?

Xulio Ferreiro:

Por suposto. Será do primeiro que fagamos. Non só os códigos éticos, que nos parecen fundamentais, senón tamén medidas de transparencia. Se a axenda de alcalde e concelleiros é pública, se todas as decisións que se toman están a disposición da prensa e da cidadanía e se calquera pode consultar todos os contratos que se asinan no Concello, os gobernantes estarían vixiados e a corrupción e a opacidade non serían posíbeis.

18 Diego 13/05/2015 17:56

Si consiguieses la alcaldía, ¿que posición tendría tu gobierno en relación al conflicto del parque ofimático? ¿ejecutaríais los desalojos?¿detendríais las obras que hay ya en marcha?

Xulio Ferreiro:

Isto xa o fixemos público. Nós desafectaríamos a marxe dereita da Avenida da Vedra, é dicir Elviña. Paralizariamos os desafiuzamentos, e reordenariamos o resto. Isto falámolo xa cos veciños e veciñas de Elviña e cos cooperativistas do ofimático. E, no básico, todos están de acordo.

19 Sergio Iglesias 13/05/2015 17:57

¿Aplicarías medidas anti-corrupción en caso de que llegases a la alcaldía?

Xulio Ferreiro:

O que dixen antes. Transparencia máxima na xestión municipal, para que os veciños e veciñas poñan unha lupa sobre o goberno e nos controlen. Tolerancia cero cos líos xudiciais. Calquera imputado xudicial debería deixar o seu cargo. E aplicación estrita do Código Ético da Marea.

20 Gustavo 13/05/2015 17:59

Se chegas a alcalde, cal sería a primeira medida que tomarías, nada máis entrar pola porta?

Xulio Ferreiro:

Baixarme o salario. Actualmente o Alcalde da Coruña cobra máis de 65.000 euros brutos ao ano. Eu ganaría 40.000 como máximo. E non só iso, baixariamos o salario de todos os concelleiras e concelleiros, así como reduciriamos os asesores. En total temos previsto aforrar un millón de euros ao ano neste concepto.

21 Jose Quinzan 13/05/2015 18:00

Hola Xulio, el otro día se te vio participando en un acto en el parque de Bens, que planes tiene la Marea para el parque?

Xulio Ferreiro:

Conservalo. Nós temos claro que a construción do Museo do Automóbil non se pode facer a costa de cargarse algo que é de todos os coruñeses. Hai terreos de sobra na Coruña, mesmo de propiedade do seu promotor para facelo, sen necesidade de ocupar a maior zona verde do Concello.

22 Indignado 13/05/2015 18:04

¿é certo que Héctor Tejón, portavoz de Stop Desafuizamentos, quiso estar entre os cen primeros asinantes do seu manifesto e bloquearon a súa incorporación?

Xulio Ferreiro:

Héctor non estaba entre os primeiros 99 asinantes do manifesto. Non sei se quería estar ou non. En canto a Stop Desahucios, fan un traballo magnífico nesta cidade, atendendo a situacións de urxencia social, e sempre nos terán do seu lado, porque compartimos os mesmos obxectivos: ter unha cidade libre de desafiuzamentos.

23 Jaime Graña 13/05/2015 18:04

¿Tiene algo pensado para regular las terrazas de los establecimientos de hostelería?

Xulio Ferreiro:

Aplicar a normativa municipal, e encargarlle a súa vixilancia aos servizos municipais, e non a unha empresa privada, como pasa actualmente.

24 Jose Quinzan 13/05/2015 18:07

Respecto a la movilidad, tiene la Marea algún tipo de plan o proyecto en este ámbito?

Xulio Ferreiro:

Pois si. É un dos puntos esenciais do noso programa, bótelle un ollo. En breve: facer do transporte público a primeira opción de mobilidade da cidade; reordear as liñas de buses; facer tarifas asumíbeis para todos; favorecer a bici, a peonalización.

25 Xabier 13/05/2015 18:09

Tedes pensado facer algo coas descargas de carbón así como co transporte do mesmo en vagóns sen tapar, incumplindo toda a normativa medioambiental e contaminando o barrio dos Castros?

Xulio Ferreiro:

Este é un problema que sobrepasa as competencias municipais, pero temos claro que o Concello debe utilizar toda a súa capacidade de presión para solucionar este asunto, que a min como veciño da zona tamén me afecta. Por exemplo, utilizar a presenza do Concello na Autoridade Portuaria para algo máis que para compadrear: para defender os intereses dos coruñeses.

26 Pepe-Hillo 13/05/2015 18:11

Síntome indignado ca postura en contra dos touros na nosa ciudade. Según vostedes o 25% dos coruñeses non se opoñen a os touros. Claro que hay tradicción taurina na Coruña. Eu por esto non penso votarlles , e creo que perderán un monton de votos

Xulio Ferreiro:

A Marea ten claro o compromiso contra o maltrato animal, e o Concello da Coruña non debería subvencionar nin activa nin pasivamente actividades deste tipo. Este compromiso está por riba de gañar ou perder uns votos. É unha cuestión ética e de principios, así como de prioridades no gasto do diñeiro público. Coas necesidades que hai na cidade, creo que subvencionar corridas de touros non debería ser unha prioridade para o Concello.

27 Manuel 13/05/2015 18:12

No tema do parque ofimático estás cos 50 desahuciados ou cos 350 cooperativistas. Negreira está cos cooperativistas. Boa proba son os cartas a entrada de Elviña. Son cooperativista mileurista que puxo 40 mil euros (15 anos de aforros) e a xente da marea trátase de potentado burgués.

Xulio Ferreiro:

Nós reunímonos tanto cos cooperativistas como cos veciños de Elviña. Cremos que hai unha solución para coordinar os intereses de ambos. A construción do parque ofimático non pode levarse por diante San Vicente de Elviña, pero isto non supón cupabilizar de nada aos cooperativistas.

28 Roi 13/05/2015 18:14

Contempla o seu programa algunha medida para tentar frear desde o Concello a alarmante e progresiva perda de galegofalantes na Coruña?

Xulio Ferreiro:

A Coruña debe recuperar a ilusión e a felicidade por falar galego. A Marea Atlántica promoverá o uso do galego no Concello e na cidade. Con alegría. Se todo vai ben, o próximo alcalde da Coruña será galego-falante e falarao con naturalidade.

29 luis 13/05/2015 18:18

¿seria posible crear una biblioteca de estudio de xestión municipal do estilo das bibliotecas da UDC o a biblioteca provincial rosalia, xa que nos centros cívicos dos barrios é moi complicado estudiar xa que a xente os utiliza case como punto de encontro? e en relación coa carcere provincial, ¿cal seria o seu uso? ánimo e a seguir loitando

Xulio Ferreiro:

Nós temos un plan para promocionar as bibliotecas municipais, e para integralas nunha rede coas que teñen outras titularidades. Haberá que mellorar a xestión (agora en moitos casos privatizadas) e respectar as zonas de silencio, separadas das de actividades. Pero tamén os centros cívicos poden ter espazos diferenciados para ser utilizados como aulas de estudo. Eu lembro que na miña época de estudante utilizaba o Centro Cívico da Sagrada Familia. Moitos exames teño preparado alí.

30 Ana 13/05/2015 18:20

Boa tarde, ¿tedes algún plan específico para Novo Mesoiro? barrio xoven, carente de infraestructuras básicas para os veciños, e no que os rapaces carecen de servicios básicos educativos como colexio público con prazas suficientes ou biblioteca?

Xulio Ferreiro:

En Novo Mesoiro apostaremos por fomentar o transporte público, moi abandonado. E utilizaremos a presión do Concello para conseguir que por fin se faga o Colexio. Ademais, habería que ampliar o centro cívico, e utilizar os locais baleiros de propiedade municipal para actividades e darlle máis vida ao barrio.

31 Xulio Ferreiro 13/05/2015 18:21

Moitas grazas polas vosas preguntas, foi un placer contestalas a todas. Calquera outra cousa que se vos pasase, sigo contestando nas redes sociais. E non esquezades, o día 24, votade á Marea Atlántica. Unha aperta!!!!