Peperepresas

El candidato por el BNG a Ponteareas responderá a las preguntas de los internautas el próximo jueves a partir de las 17.30

1 Xosé Represas 14/05/2015 17:39

Ola, moi boa tarde, estou disposto para as vosas preguntas

2 Pablo Rodríguez 14/05/2015 17:43

É certo que non vai cobrar como alcalde se finalmente consegue selo?

Xosé Represas:

Sí, é certo, e destinarei os 230.000 euros que nos custou Solla nestes 4 anos a subvencionar a creación de emprego por parte de comerciantes, autónomos e pequenas empresas

3 Anxo 14/05/2015 17:45

Cal é o modelo urbano polo que aposta o BNG para Ponteareas?

Xosé Represas:

O BNG reformará o núcleo urbano inspirándose no de Pontevedra para facer unha vila para as persoas e potenciar a actividade comercial

4 Miguel 14/05/2015 17:46

Nos últimos anos, o río Tea está sufrindo constantes agresións. As verteduras contaminantes xa son rutinarias. Se vostede é elexido alcalde, fará algo por evitalo?

Xosé Represas:

Sí, eliminando as verteduras directas ao río Tea que aínda hoxe se siguen producindo a diario e construíremos unha nova depuradora para todo o Concello

5 Anónimo 14/05/2015 17:48

Cales son as medidas sociais máis importantes que póredes en marcha, no primeiro ano de lexislatura, se chegades a gobernar.

Xosé Represas:

O goberno que agardo presidir a partir do 24 de maio non deixará a ningún veciño/a "tirada", aprobaremos o paquete de medidas que subscribimos da asociación Ponte Solidario e que figuran no noso programa de goberno, que se poderá consultar na web do BNG

6 Pedro Rodríguez 14/05/2015 17:51

¿Qué resultados cre que haberá en Ponteareas?

Xosé Represas:

É complicado facer pronósticos, pero todo indica que cunha alta participación o 24 de maio, o PP será desaloxado do goberno municipal de Ponteareas e o BNG é o voto útil para garantir ese cambio.

7 Alvaro González 14/05/2015 17:54

¿Qué nota le pondría a la gestión de Solla durante estos cuatro años?

Xosé Represas:

A nota poñeranlla os veciños o domingo 24 pero despois de 11 anos xa toda a cidadanía ten clara a súa responsabilidade na xestión do Concello. Non é preciso falar da falta de PXOM, polígono industrial ou carecer de orzamento municipal dende 2010.

8 Lucía Domínguez 14/05/2015 17:55

¿Volverá Roberto Mera para ayudar con la campaña? fue uno de los que lograba grandes resultados por el BNG en Ponteareas

Xosé Represas:

Roberto Mera participa na lista do BNG-Asembleas Abertas e está coloborando activamente nesta campaña. É unha honra contar coa súa colaboración e apoio.

9 Silvia Reino 14/05/2015 17:58

¿Para cuando un polígono industrial de calidad en Ponteareas?

Xosé Represas:

Como Alcalde unirei a toda a sociedade de Ponteareas para desbloquear o parque empresarial de Guláns-Cristiñade que o PP e Solla paralizaron en 2009. Tamén regularizaremos a zona industrial da Lomba.

10 Pepe Alvarez 14/05/2015 18:01

¿Qué razones le han llevado a seleccionar la lista que lleva?

Xosé Represas:

A candidatura do BNG non é unha lista persoal, é a candidatura aprobada por afiliados, simpatizantes e veciños e veciñas que participaron nas asembleas abertas. En todo caso é unha candidatura con experiencia e tamén con persoas novas preparadas para gobernar Ponteareas.

11 Alba Amil 14/05/2015 18:04

Qué soluciones pondría a los problemas de los colegios de Ponteareas

Xosé Represas:

O ensino público é unha prioridade para o BNG e dende o goberno municipal actuaremos para que todas as instalacións estén en condicións dignas e reclamaremos á Xunta a execución das obras da súa competencia.

12 Pedro Gutiérrez 14/05/2015 18:05

¿Qué medidas medio ambientales recogen en su programa?

Xosé Represas:

Entre as medidas medioambientais do programa do BNG destaco a recuperación do Tea e o Uma.

13 Lucia castro 14/05/2015 18:09

Con quien pactaria en caso de que no se produjesen gobiernos de mayoria?

Xosé Represas:

No caso de pactos, o BNG xa ten desmostrado que pon por diante os intereses da maioría dos cidadáns e despois do que decidan os veciños o 24 de maio, seremos consecuentes coas liñas mestras do noso programa, como xa fixemos na negociación da moción de censura.

14 Lucia castro 14/05/2015 18:14

Tiene algun proyecto estrella?

Xosé Represas:

O proxecto estrela é xestionar o Concello tendo en conta o que é prioritario para a xente neste momento e o máis importe e facer todo o que esté ao alcance dun goberno local para favorecer a creación de emprego: Apoiar aos emprendedores rebaixando as taxas e impostos municipais e subvencionado a creación de postos de traballo.

15 Anabel Pérez 14/05/2015 18:20

Supoñendo que a maioría absoluta é case imposible para todos os partidos da vila, e supoñendo que o PP sexa a forza máis votada, con que partidos estaríades dispostos a pactar? e xa unha pregunta de curiosidade, ves posible a entrada da Riada do Tea e de Esquerda Unida no consistorio?

Xosé Represas:

Parece difícil que tanto a Riada como EU alcance o mínimo de votos necesarios para sacar representación. Así foi nos últimos doce anos por ser preciso sumar máis de 600 votos.
Estaremos dispostos a pactar coas forzas que compartan as nosas liñas básicas: acabar coa corrupción e o enchufismo no Concello, darlle prioridade a creación de emprego, revitalizar o núcleo urbano con actividades de ocio, cultura, deporte, ..etc. e acabar coa discriminación do rural,

16 Anxo rei 14/05/2015 18:23

Que propuestas tiene para los jovenes?

Xosé Represas:

Entre outras, destaco a creación de bolsas de prácticas laborais para que a mocidade que remata a súa formación teña a súa primeira experiencia laboral.

17 Xinzo 14/05/2015 18:25

Boas tardes, ven de pórse en marcha o transporte metropolitano na área de Vigo, do que Ponteareas quedou fóra. Se é escollido alcalde, impulsará a adhesión ao mesmo?

Xosé Represas:

Sí, apoiamos a adhesión ao mesmo. O BNG aposta por impulsar o transporte público e pola relación diaria de gran parte da poboación con Vigo e a súa área é absolutamente necesario.

18 serafín.fernandez@gmail. 14/05/2015 18:31

que papel lle dan ás parroquias?

Xosé Represas:

Como Alcalde impulsarei un plan de actuacións para rematar coa discriminación do rural. Executaremos as obras de servizos básicos como saneamento do que carecen case 10.000 veciños e revisaremos a os valores catastrais para reducir a contribución -IBI- para eliminaremos os recibos de urbana de miles de fincas nas que non se pode construír.

19 Pedro Carrera 14/05/2015 18:34

¿Ante tanta marea y diferentes partidos de izquierda, qué oferta diferenciada caracteriza al BNG en Ponteareas?

Xosé Represas:

O BNG leva 20 anos no Concello, traballando para o cambio en Pontearas, inhabilitamos no seu día a José Castro e todo o seu goberno do PP, lideramos a oposición e somo a alternativa útil, segura e fiable para o cambio o 24 de maio.

20 Alex lopez 14/05/2015 18:39

Cales son os motivos polos que votar ao bng?

Xosé Represas:

Os gobernos municipais do BNG caracterízanse por aplicar políticas contando cos veciños e xestionando con transparencia os cartos de todos. En Ponteareas somos a segunda forza e alternativa de goberno para acabar con décadas de gobernos do PP.

21 Berta murado 14/05/2015 18:41

Sairía tamen pola fiestra como o goberno de solla en caso dunha protesta no pleno

Xosé Represas:

É preciso recuperar o prestixio de Ponteareas e esa imaxe lamentable non debe repetirse nunca, sexa quen sexa alcalde no futuro.

22 Berta murado 14/05/2015 18:44

Como espera encontrarse la situacion financiera del concello?

Xosé Represas:

Ademáis de estar sen orzamento dende 2010, o Ministerio de Facenda ten embargado o 57% dos ingresos do Estado polas débedas acumuladas polos gobernos de Castro e Solla, esa é a situación. Agardamos non ter máis sorpresas derivadas de gastos sen control pola "febre electoral" do goberno do PP

23 Xosé Represas 14/05/2015 18:45

Moitas grazas polas vosas preguntas e por acompañarme neste encontro dixital e grazas a "La Voz" por pormover esta iniciativa.